Vaites, vaites...

OUUUUuuuu

Foi o estrés final o que me decidiu. Nin un nanosegundo mais. Non o podo aturar, o aire espésase dentro dos meus pulmons e a bomba vai a trompicons; a calor fai estragos no ceo e ergue espellismos de realidades desgraciadas e inexplicables cadeas. Ollar por ollar, coma mirando unha parede branca; traspasado pola bafarada de calor livian e pesado querendo sen querer facer ren. Insostible sustento das mañans...

E pode que desta volta afogue, caia ou revente. Mais seguro que non, que A VONTADE seguirá a levarme e a aturarme e aturar debaixo dos meus pensamentos sen afogar nen caer nen reventar... A VONTADE sabe cumprir e sabe facer o que ten que facer e non outra cousa. Lonxe quedan as lembranzas de cando era pequena e se foi criando entre calor e humidade ela consigo mesma i eu contra os demaís e cando despertou súbitamente para me sacar do abismo do retorno. E cando me congraciou coa vida e me sinalou o camiño da realización. A VONTADE que se convertiu en entrega grata e sentida e deu nun amor que non imaxinara. Agora ela ten problemas i eu teño que aprender a vivir só sen o seu impulso; ainda mais, teño que refacela de novo, sacala de embaixo desa morea intanxible de conexions neuronais e impulsala eu.

Provando Photoblogging

OUUUUuuuu

Como vedes teño un novo blog... mellor dito un photoblog. Agora vou provar si me sirve como servidor de imaxes para outros usos.
atentado cultural

AGROPOP-ART

OUUUUuuuu

Estase a organizar un festexo certamente singular...



Para o día 18 de San Xoan na Casa das crechas . Xa sabedes; "arreglao, pero informal".

Pode que este festexo teña que ver coa recente publicación dunha enquisa da Real academia galega (RAG) na que se ven a dicir que os galegofalantes: "ou pailans, ou do bloque". I eu inquiro: ¿Porque sempre me toca quedarmos fora das enquisas?. Xa me sinto becho raro.

Non todo ian ser malas novas

OUUUUuuuu

Esta pijada a min aledame bastante, e dame esperanza... Estase a testar no Xapón un coche coma o noso movido por Hidróxeno.



Neste ARTIGO veredes que o test é bastante esixente no que se refire a circulación urbana.

Neste outro ARTIGO pódense apreciar as principais características do vehiculo.




Que ven a ter as mesmas características interiores que os modelos de motorización tradicional. Tamén é de mencionar o seu sistema de conducción por Cable . E non só Opel-GeneralMotors anda nesto; tamén Honda, que fai un tempo comercializa un vehiculo mixto ven de Presentar un vehiculo de pila de combustible.



Istas novas non só se publican no eido do motor; senon que se estan a seguir con atención no mundo das Enerxias renovables por si estas tecnoloxías teñen aplicacions domésticas.

Ainda que tamén estan as opinions de que coida que se trata de Unha tomadura de pelo . Eu coido que é un erro buscar unha "solución pura e única". Para substitui-lo petróleo en tódolos eidos nos que se emprega (combustible para desprazarse, para xerar enerxia, para facer fertilizantes, para fabricar pezas...); é un erro porque a diversidade ten sempre solucions ós problemas. Troca-lo sistema económico-enerxético no se vai facer nunha xeración.

MAIS DE ENERXIA

OUUUUuuuu

Pode que a actual suba no prezo do petroleo se deba ós ataques en Iraq e Arabia S. (en tal caso os terroristas estan a dar certeramente...) pero, o certo e que se trata da suba mais prolongada e persistente da historia e que esta a afectar e afectará ás economias; sobor de todo ás mais "desenroladas" que tiñan crecementos pequenos... Nas páxinas da BBC en castelan se pode ler un artigo titulado Cuando el petroleo se acabe que escomenza " Como la muerte, nadie sabe cuándo ocurrirá, pero de lo que si podemos estar seguros es que ocurrirá: un día tendremos que vivir sin petróleo. ". Tamén se fai unha reseña da recente conferencia de Berlin sobor das alternativas de enerxía renovabel . Mentras o verdadeiro problema segue a comentarse nos foros técnicos e segue a sair aqui e ala nas publicacions diarias; no derradeiro boletin da ASPO (pdf) se comenta a auténtica situación das reservas Saudies... e neste outro de Reuters se ve como a interconexión do actual mercado de petroleo provoca a "transmision" de calquer alteración no mesmo.

Para rematar comentar que a retirada de Indonesia da OPEC non é casualidade pois pasou de exportador a importador; ven sendo un reflexo da situación en asia e un referente: China, India, Indonesia, Vietnam... paises cun desenrolo precario ata o de agora se estan a constituir en sociedades desenvoltas (dende os criterios occidentais) e as suas clases medias (porque ali a brecha rico-pobre é enorme) demandan con inusitada rapidez e suman xa un 400 millons de furibundos consumidores (tal coma os "yupiies" dos nosos 80) o que fai mais que previsible unha expansión exponencial da demanda.

Mentres alguhas persoas razoables buscan alternativas factibles... como este comentario sobor do Biodiesel (tras cuxa lectura me alegro da construcción da planta de Narón.