OUUUUuuuu
Declarou Ibarra (presidente de Estremadura) que os nacionalistas das autonomías son señores feudadis que queren mante-los seus privilexios nun mundo globalizado; opinión que comparten os meus analistas politicos. Ibarra non sabía de Baltar e Cacharro ( non esquezades a Cacharro que calado ten mais perigo que falando ) pero agora si lle soaran.
Nestes días a cabeza do caciquismo Ourensan está a facer órgado á grande tratando desesperadamente de mante-lo control do partido na provincia e a súa influenza na autonomía (tanto no PP coma no parlamento de Santiago). A época é propicia pois estanse a elaborar as listas para as eleccions autonómicas (causa do conflicto) e hai moito "refuxiado de Madrid" que hai que colocar; se non me trabuco o mesmesemo vicepresidente da Xunta e conselleiro Nuñez Feijoo (que si fose él só non habería conflicto).
Pero a batalla ven de antes, de moito antes; de cando se dixo que para ter un máximo cargo institucional non se podía ter un máximo cargo no partido e acto seguido algúen conquería saltarse a norma e ser ministro e presidente provincial a un tempo. Aquel conflicto pechouse en falso e agora os protagonistas e os seus peons están a voltar a moverse no tabuleiro.
Todos saben que está en xogo a maioria absoluta na Xunta e os de Ourense deberían lembrar a rápida dixestión que se fixo de Victorino Nuñez e os seus Centristas...
Os feitos dos derradeiros días danme a entender que é a derrota do 14-M e o "descenso" de destacados peons dende Madrid cara a Galicia o que veu rompe-lo equilibrio; por outra banda aprecio certa falla de forza (que non de intelixencia) en Don Manuel para manter "prietas las filas".
Pero o que mais está a influir nesta crise de machos é que nos atopamos na tempada de BERRA dos corzos no Invernadoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario