OUUUUuuuu
Hoxe vos quero recomendar duas webs que tratan sobre duas das teimas que mais me ocupan.
Ecoloxía no cotián é unha web hospedada e mantida por ADEGA que baixo o subtítulo de "un compromiso práctico co ambiente" dá consellos sobre esas pequenas cousas que se poden facer cada dia para aportar un gran de area na conservación do medio ambiente.
Chip espia é un blog que ten unha chea de enlaces e noticias sobre a tecnoloxia RFID. Os chips tipo etiqueta que se poderán empregar para manter localizado calquer obxecto (e o seu portador) e que xa se estan a empregar nalguhas superficies comerciais como mecanismo antiroubo.
1 comentario:
A derradeira dos chips RDIFF é que o goberno dos U$A quere que se implanten nos pasaportes... E logo ¿non é dabondo conque os teñamos que mostar cando nolo piden?;pois non, queren saber onde temos o pasaporte cando viaxamos ou si o temos na casa.
Non tardarán moito en lexislar "pola nosa seguridade" que debemos levar un chip deses implantado.
Publicar un comentario