A guerra continua

POST URXENTE.

Xa volo dixera eu....

A guerra continua agora na modalidade: PUÑALADA TRAPERA."No se vallan todavia que aun hay mas".


Caipirinha diesel, Libremercado sen libremercado e mais RDIF

OUUUUuuuu

Aproveitando a celebración do GP de Fórmula 1 o ministerio brasileiro de ciencia e tecnoloxía apresentou un novo combustibel á base de óleos (aceites) naturais. Xa fai tempo que Brasil destaca na percura de alternativas ó petróleo nos seus diferentes usos e semella que está a conquerir "colocarse ben" para cando cheguen as vacas fracas... ¿e o programa nuclear?: Tendo en conta que nos libros de texto das escolas de EEUU se considera que os recursos da Amazonia "non poden estar en mans de gobernos (pobos) corruptos e o deber dos USA é preservalos..." pois hai que ter o mesmo pao co que che van a ameazar.

Interesante é o emprego que as empresas de EEUU fan da "Digital Millennium Copyright Act" (DMCA) para impedir a libre competéncia a outros fabricantes (p.Ex. de consumibeis) como se pode leer en Wired (en inglés).
Digo interesante; porque cando outros paises ou rexions toman medidas dese tipo son "proteccionistas".

O ENEMIGO NA CASA



Mentras os nosos gobernos ceden á xantaxe do goberno USA e nos obrigará a por un chip espia nos nosos pasaportes no que se incluirán datos biométricos e, mais adiante, datos xenéticos... Se queredes leer mais aqui tedesalgo resumido e aquí información de Wired (en inglés).
En esencia o problema non é o da correcta identificación senon o da identificación sin o noso consentimento. Unha cousa é mostrar un pasaporte nun control fronteirizo e outra é que o pasaporte poda ser lido á distancia con ou sin o teu consentimento... i o mesmo para os productos que mercas (ata zapatos e calzoncillos); unha cousa é que o lean nunha caixa do super e outra é levar un identificador transmitindo eses datos a distáncia.
Con repecto a este tema pareceume moi completo un programa de "linea 900" que vin no cable estes días.

A fin do telefono...

OUUUUuuuu

Ás veces acontece que a evolución das persoas e das tecnoloxías ten un efecto sorprendente... a primeira vez que collemos un mobil o vimos coma unha solución burda a un problema puntual e dixemos: "cando se remate o saldo da tarxeta QUE LLE DEN". Logo chegou o día que nos vimos nun apuro por non termos cadanseu mobil os dous e/ou porque o mobil que tiñamos non tiña cobertura ou estaba vello/avariado... E nos "regalamos" outro(s) mobil(es). Mais adiante dixemos por vez primeira "¿e si damos de baixa o telefono fixo?"... en fin, agora escomenzamos a falar en serio de dar de baixa o fixo e pasarnos á VOZIP. (telefonía ó traveso de internet).

A telefonía por internet é o nicho de negocio que mellores resultados está a dar actualmente, ó non existires unha solución estandar ou maioritaria vemos como están no mesmo carro cousas tan diversas como o Messenger de micro$$oft e similares (yahoo, AOL, etc...) que só permite comunicacións puntuais entre quenes teñan ese programa i esten conectados nese intre ; solucions implementadas sobre protocolos P2P como skype que permiten chamadas a telefonos convencionais i estan de máxima actualidade e solucions de "intranet" para empresas... i é por este lado por onde xurden as alternativas mais interesantes.

Para non vos aburrir con datos vos deixo unha monografía sobre telefonia IP e unha fonte con información técnica. ainda que eu escomenzaría pola información básica.

Ainda hai moito que camiñar; de momento ó que está claro é que as compañias de telecomunicacions ou se adaptan ou morren.

A tregua

OUUUUuuuu

Non son eu un cronista politico privilexiado con contactos ou que ten acceso a esta clase de eventos, mais vexo moi claro que a "escenificación" destes días non é a dunha reconciliación senon a dunha tregua.

Papá Baltar conqueriu "colocar" ó seu fillo e o bando da boina conqueriu frear temporalmente a súa liquidación. A inclusión de "Pp o do muiñeiro" e outros individuos na executiva do PPdG non cadra con ton crispado de quen se ve pillado por unha situación e se conforma con gañar tempo.

Declaracions como:

Non houbo crise senon intercambio de opinions.
Con Fraga pódese dialogar, pero cando a un lle queren impoñe-las cousas...
Este partido non ten fendas.
O candidato (¿a que?) deberíamolo elexir en galicia.

Son contradictorias entre sí e non fan mais ca indicar o que xa dixen; os puñais non están gardados, están cravados na mesa.

O Bierzo en Outono...

OUUUUuuuu

UN MOSÁICO DE CORES CÁLIDAS;

BÓ XANTAR E DE BEBER BÓ VIÑO;

SOUTOS, FERREIRIAS, MINAS,

MOSTEIROS, IGREXAS, MUIÑOS...

FROITOS DESTA TERRA DIVINA

FAN COMPAÑA NO CAMIÑO

E DAN DESCANSO Ó PEREGRINO.

Non desperdiciedes a ocasión de vires ó Bierzo este outono; as Xornadas Gastronómicas son a escusa perfecta para disfrutar desta terra

Fidel Fraga Wotyla

OUUUUuuuu

ATA PARA CAER HAI QUE TER ESTILO.

Mentras un caen por mante-la imaxe marcial e militar: Mirada adiante "hasta la victoria siempre"...



Se vos fixastes no video tras un discurso (non sei de canto tempo, pero seguro que longo) Fidel sai todo espitoso mirando cara á fronte e non se decata do escalón. Cae, mais ainda ten o reflexo de bota-las mans (dende alí arriba dalle tempo, non como a min que son baixiño e...). Logo e axudado por unha gran camarilla de camaradas e ainda se preocupa de sair na TV para "tranquilizar" as celebracions de Miami; non fose que alguén morrese coa ledicia.

Outros esfarrapanse penosamente (pode que por non ter almorzado, mais penosamente igual)


e precisa da axuda de TODOS para chegar ó despacho e pecharse nel...

Claro que ainda estan peor os que xa non poden caer...



Un por vello e achacoso e o outro por parvo e ruin.

OUUUUuuuu

Grande ledicia para as nosa poesía é a invitación que fixo a Asociación Internacional Conference in Literature a Iolanda Castaño e Luisa Castro para asistir á sesión especial Poesía Española Hoy que se vai celebrar en Atlanta.

Iolanda
Luisa


Choro pola dor non consolada,

pola soidade non acompañada,

polas bágoas non secadas

e as verbas non pronunciadas...

¿Cánto tempo terei forza,

canta paciencia terá a verdade comigo,

cantas vidas perderei ata entender

que es ti quen me consola e acompaña,

quen me fala e me seca as bágoas?.

Teño unha débeda coa miña sorte

e ben sei que o pensamento non é bastante;

Mante-la concentración e non perde-lo norte,

agardar para corresponder e tirar cara adiante.

mail posting

Estou a provar esto do mail post... Coido que me vai valer para facer
post "instantáneos" dende o mobil...

O debate furtado

OUUUUuuuu

A campaña das eleccions autonómicas arrincou (xa o 14-M) descaradamente co revoltillo palaciego de Baltar e os síntomas de debilidade física de Fraguenstein; a anunciada non existencia de acordo fai evidente que estamos ante unha situación pechada en falso.
Agora xa visto o pistoletazo de saida as forzas "PANTETICAS" (Pantasma + Patético) da oposición inician as súas estratexias de erro a tódolos niveis:
1º erro: deixar pasar o debate do estado da autonomía ainda que fose para demostrar que o dinosauro xa non está en condicions físicas de gobernar nada.
2º erro: aceptar que na reforma do estatuto non se escoite a voz dos galegos...
3º erro: debatir sobre inversions do plan phantasma (aquel que ,novamente, ia sacar a Galiza do subdesenrolo ) e non sobre cifras totais dos presupostos e deixar que o PP aproveite o debate para "presentar" a A.N. Feijoo porque ¿si falamos de cartos e non pode ir Fraga porqué non Orza?
4º erro: Desetabilizar gobernos locais como parte da campaña; gobernos que non foron capaces de levar xuntos... ¿porqué agora hai acordo e non o houbo antes?.

Outros que se están a mover son as "FORZAs espectrais GALEGAs" que disque agardan por un lider cando estan é á espera dun INVESTIDOR que , agochado, vai deixar pasa-lo congreso do PPdG para tomar unha decisión.

No Bierzo

Semella que a orde de arriba foi que: "as coiteladas: en privado" ou "matádevos, pero que non se note..." E así como bos colegas se reparten os postos para o congreso rexional.
Heidi e Marco eran mais doces, pero non menos crueis... ¿quen fai de Sta. Rottenmaier?.

Perde terreo o MP3 ou estan a crear opinión?

OUUUUuuuu

Dando unha volta por ahi para non perder puntada cheguei a un curioso artigo de news.com no que se fala de que o MP3 perde presión no que se refire o almacenaxe de música.

Claro, resulta que se incrementa o emprego de WMA e de AAC os dous formatos propietários das duas maiores compañias de software e vehiculos das súas redes de venta electrónica de música (itunes e msn).

Si ben é certo que agora un gran número de "trebellos" electrónicos soporta WMA non é menos certo que a grande maioría só é compatible con MP3 e que, si un sabe configurar ben o bitrate, pode conquerir unha grande calidade de audio en arquivos relativamente pequenos con MP3.

Todo esto co engadido de que o case todo o software necesario para traballar todo o proceso con MP3 (ripeado, edición, etiquetado, almacenamento, audición, queimado...) está dispoñible de xeito gratuito e case sempre en código aberto. Polo que coido (co meu habitual mal pensar) que estamos na onda dunha campaña de opinión para ir "deixando de lado" ó MP3.

Por certo, se vos convencen de que o MP3 ten escasa calidade para a vosa mùsica favorita tal vez deberiades estuda-lo emprego de Monkeys studio e o seu formato .APE; preguntádelle a "san google".

Coma en Thailandia

OUUUUuuuu

Semella que os capitalistas teñen tomado a iniciativa e golpean òs gobernos occidentais onde mais lles doe.

Xa fai uns meses Mercedes Benz conqueriu unha "baixada de calzons" dos traballadores de Alemania para que a producción non se trasladase fora do pais; daquela a miña asesora calificou a medida como "peligroso precedente". O que na presa se viu coma unha xogada novedosa o que fixo foi quitarlle a iniciativa ós traballadores e darllela ós capitalistas.
Ata o de agora os liberais non desaproveitan ocasión para incrementa-los seus beneficios polas vias de producir mais barato e vender mais caro e xa temos a General Motors na mesma xantaxe que Mercedes e o resto non tarda en ir detrás con esas ou outras iniciativas coma a de Renault de fabricar os coches en Eslovaquia para toda europa e vendelos nos "paises fortes da UE" un 30% mais caro que nos membros mais recentes da unión.
Ninguén lles lembra que para que alguén merque os seus productos a eses precios é preciso que se manteña o poder adquisitivo e o modo de vida que temos actualmente?.

Sempre na prensa económica estan a voltas cos conceptos de costes de producción e productividade e fan comparacións entre cifras dos paises "esclavistas" e os paises occidentais; tra-las campañas de lavado de imaxe que se veñen a facer nos medios de incomunicación publicada ningúen é capaz de alza-la voz e dicir que esas cifras non son comparables porque neses paises non existen os dereitos laborais e/ou politicos.
Claro, ata os sindicalistas teñen asumido a idea do mundo global no que no existan trabas ó capital nen ós productos; ¿porqué non elimina-las trabas ós dereitos?.
Os Euros que fan funcionar as fábricas nos paises fortes da UE son os mesmos que as erguen nos paises pobres e esclavista, ¿porqué non o son os dereitos dos seus novos traballadores? ; Habería que inclui-los dereitos laborais nas comparacions de productividade e nos visados de importación de productos. Si, é proteccionismo ¡¡¿e que?!!.
Onte fixo 12 anos de esto.... Se dis que os casados se arrepinten ó cabo do tempo eu debo contradicir esto e afirmar que un se pode arrepentir de non ter estado a altura do recibido en tantas ocasions.

ESPAZOS NATURAIS

OUUUUuuuu

Mentras a política segue o seu curso nos adicamos o fin do verán a percorrer alguns dos espazos naturais protexidos (?) que hai nos arredores; asi, o día 25 de Septembro fumos ó invernadoiro (i escoitamos a berra dos corzos de verdade)



Puidemos apreciar como estivo cercado polo lume toda esa reserva natural i o efecto dos grandes encoros sobor da paisaxe, mais tamén vimos o traballo de conservación da natureza que realiza o persoal de medio ambiente; mágoa que só co fin de que alguns se adiquen á nobre (?) arte cinexética.

Nesta fin de semán tocoulle o turno o "Monumento natural" (curiosa denominación; eu coidei que iso só se lle aplicaba á miña compañeira.) do Lago de La Baña



Onde son visibles os elementos que formaron parte dun circo glaciar; ainda que mais visibles son os efectos da mineiria da pizarra a ceo aberto e as súas escombreras (sego a preguntarme a donde van todos eses cartos e porqué temos que paga-los demais o recubrimento de semellante desfeita).

IMPACTO DEMOLEDOR

Non quero morrer a ferro
mais, se está fraguado no lume dos teus ollos;
muro de frio e de luz das mañans
que cegas o meu horizonte, non berro
nin alento mais.

Denantes que xurdiras da terra
cavilaba só na escencia da saeta,
tentando imaxinala co burdo instrumento da verba.

Agora, refrego na ferida do dardo:
escoce, queima, alumea...

Tódalas veces o camiño do pensamento
topa co incorpóreo ferro,
e se deten.

Xa non importa de que está feita
a súa existencia
xustifica a paciencia
e dalle azos á esperanza.

Non quero morrer afogado.
mais, si é no zume do teu sorriso;
opaca luz que retés a noite na mañan, non nado
nin braceo mais.

INTRIGAS PALACIEGAS

OUUUUuuuu

Hai meus, que desta escacho coa risa...

Un dos acolitos de M. Rajoy expresou o seu desexo de que "Don Manuel dé un golpe en la mesa y limpie al PP de Ourense..."; ¿logo ninguén lle explicou a esta boa alma como é que o PP-Ou consegue o 54% dos votos nas eleccions?...¿ou de verdade cree que son "votos de ciudadanos libres"?.

O xogo de equilibrios de Fraguenstein chega ó seu final; eu aposto pola ruptura porque senon ¿para que se ia a incluir Fraga na deputación permanénte do parlamento galego, porqué relevar a Cuiña por Feijoo na executiva de Madrid, porqué os Baltaristas recoñecen coma un erro o feito de "ter dado tempo a Fraga"?.

Para tomalo con Humor estan os amigos de VIEIROS cos seus partes médico-meteorolóxicos sobre esta crise. ( Crisis, what crisis? )

XA NUN PLANO MAIS LOCAL...

Os acontecementos no PP-Bierzo siguen o seu curso; e as acusacions van sendo cada vez mais fortes. Nesta semana tras o abandono por parte da rebelde F. L. Placer dunha votación en Valladolid para manter unha xuntanza cos "da sua corda" nunha cafetería... (que bonita tradición Española) o responsabel da xestora comarcal acusouna de estar a preparar o seu paso a outro partido. Namentras continua a cascada de ceses-nomeamentos nos cargos "politicos" da comarca; e a rumoroloxía segue a gozar de cada mañan.

OS COITELOS

Tamén andan con problemas estes PPros en outras provincias... pode que sexa só pola proximidade do congreso nacional ou que "algunos interesados" están a abanea-la árbore a ver que cae tra-la derrota do 14-M o certo é que (dende fora) semella que sacaron os coitelos de matar gochos e andan con iles todo o día.