Diferencias...

OUUUUuuuu

Hai quen se empeña en que a situación do actual goberno con respecto á manifestación da AVT é similar á que tiña o goberno de Ansar con respecto ás manifestacions de "NO A LA GUERRA" mais...

¿Calificaban os NO-DO de Urdaci como 'masivas' aquelas manifestacions (que tiveron mais xente en conxunto que esta)?; non, os telexornais da Moncloa ignoraron ós millons de manifestantes e fixeronse eco só das declaracions dos membros do goberno sobre que eles non creian que a rúa fose lugar de reivindicar ren (curioso; agora estaban todos na rúa reivindicando...).

¿Recibiu Ansar a alguén apos aquelas manifestacions?; non, Ansar acudiu a Açores coa gomina na testa dicindo que 'os que se manifestan non son ninguén'. Agora ZP recibe os primeiros ós membros da AVT cando está mais que claro (e así o califican os medios de in-comunicación mundiais) que é un títere do PP.

Insisto, ás victimas débeselles recoñecemento e respecto; indemnizacions e vantaxes sociais mais... non son mártires políticos de nengunha causa e non poden condicionar o devir político do estado senon: ¿faranse eles responsabeis das futuras victimas que unha negociación poda evitar?.

1 comentario:

XMMeijome dijo...

Nestes días Noruega celebra o centenario da súa independencia de Suecia. Aquela foi unha separación pacífica (que non doada) e se fixo sobor da base do dialogo e de escoitar á poboación de xeito democrático e directo.