Pola dúbidas

OUUUUuuuu

Europapress ten organizado un foro de debate co galo das eleccions autoanémicas 2005. Neste foro os cidadans (identificados recurrentemente co DNI) podemos formular cuestions sobor dos programas electorais e os temas da campaña ós candidatos das principais forzas concurrentes (do resto de forzas preséntase un acceso á web e unha copia .pdf do programa electoral).

Pois neste foro un internauta preguntoulle a Fraga si era certo que galicia perde CADA DIA 50 NOVOS e o prócer respostou:
No es cierto que cada día más jóvenes gallegos abandonen nuestra Comunidad en busca de trabajo, sino todo lo contrario. Los datos del Instituto de Estadística son la prueba de que actualmente Galicia registra un saldo migratorio positivo; son más las personas que buscan trabajo entre nosotros, que los gallegos que buscan trabajo fuera.

En los próximos años, seguiremos trabajando y mejorando nuestras políticas de empleo, con acciones específicas para fomentar el empleo juvenil estable. Prestaremos, además, especial atención en las zonas con menores oportunidades de empleo. Además apoyaremos los contratos en prácticas con una duración mínima de un año. Ampliaremos, también, los programas especÍficos para universitarios, vinculando el Plan Labora a la empresa y creando un programa específico para que los universitarios gallegos puedan trabajar antes de acabar la carrera.


Mais; como demostra este artigo de Xornal.com os dados do INE non din o mesmo...

Estes SI son os argumentos da campaña electoral:


  • Tras 15 anos de Fraguismo seguimos sendo rexión obxectivo 1 de europa. Un país subvencionado e dependente, sen iniciativa: Cos brazos baixados.


  • Os dados estadísticos demostran un claro retraso comparativo co noso entorno inmediato; é dicir progresamos menos do que correspondería.


  • Os casos de Nepotismo, Discrecionalidade, Enchufismo, Acoso sexual, Acoso Moral, Malversación, Prevadicación... etc. na administración pública son de sobra coñecidos i estan sentenciados polos tribunais.


  • As taxas de desemprego seguen sendo das mais altas do estado, especialmente entre os novos


  • Os gastos en propaganda e autobombo superan ós investimentos estratéxicos en investigación, desenrolo e innovación.


  • Nas zonas afectadas polo verquido do 'Prestige' reducironse as capturas con respecto a 2002.



    Estes NON:
    * Desmembramento de España.
    * Terrorismo.
    * Os investimentos do goberno central e de europa.

    Se cadra é que coma durante a transición (!!!hai 30 anos xa machiños, que NADA é eterno¡¡¡) unha minoria maioritária conqueriu impor un pacto (nuhas circustáncias moi concretas) coidan que agora pode ocorrer ó contrario e non queren nen escoitar falar delo... Non saben a diferéncia entre dialogo e imposición.

  • 1 comentario:

    Anónimo dijo...

    Argumentos medioambientais:

    * Retoma-la política de RSU; abandoando a queima e fomentando 'os 3 R' (Reducción, Reutilización e Reciclado).

    * Planos de infraestructuras que teñan en conta a necesidade das áreas metropolitanas no eido do transporte; plans de movilidade urbana que fomenten o transporte público e o emprego de medios non contaminantes (Bicicleta)

    * Reciclado da industria para evita-los seus impactos ambientais: Fomento da eficiencia enerxética, a coxeración e traslado ou peche das industrias contaminantes. (ENCE)

    * Plano de conservación medioambiental que seña realmente conservacionista i evite as tentacións de 'posta en valor' dos espazos naturais protexidos.