OUUUUuuuu
Ainda tentando manter unha obxectividade raiana coa inocencia o certo é que quedou plenamente demostrado que a xente do partido popular non distingue entre a actuación política do seu partido e as obrigas institucionais das entidades e institucions que ten a responsabilidade de xestionar por mandato dos cidadans e aplica neles o axioma que levan metido no caletre dende meniños: Quen non está conmigo está contra min...
¿Que temos?; unha proba de que acción de oposición non se basea na argumentación ou na presentación de alternativas senon en planificar estratexias a tódolos niveis para obstaculizar calquer acción de goberno.
¿Explica isto a rara distribución xeográfica e temporal dos lumes de Agosto?: Non por sí sólo mais agora calquer cidadan debe calibrar si poden existir grupos de individuos dentro desa gran organización que pensaran en "complementar" esta estratexia formal con 'luces' ou silandeiramente presionando a supostos perxudicados polos trocos nas cuadrillas (xefes que deixaron de selo, etc...) ou polas medidas que se ian tomar na xestión dos montes.
¿Ata donde se está disposto a chegar polo poder?
1 comentario:
¿Sabes que é o peor de todo esto? Que non me estrañaria nada (pero nadiña, ¿eh?) que tiveses razón, aínda que eu debo de ser medio parvo porque non mo podo terminar de crer...
Publicar un comentario