Golpeou o sol no horizonte
sinalando un banco valeiro,
solitario, dourado e brilante
Acomodouse nel o solpor escumante,
agardando que saíses, luceiro;
albiscando no aire vibrante,
a presenza do verdadeiro.

Afogou no mar nun bramido granate;
partiu sen contempla-la luz,
o brilo, o fulgor, do arrecendo
do teu pelo, da túa face.
Sen poder cheirar o extrano
bico que se dan a area e o mar
pensamentos de ida e volta
do sono á realidade.
Certidume do que non será
nin posible nin desexable.

Isto é to..., isto é to..., isto é todo...

... Yankees.

Tempos novos, tempos salvaxes.

Dende hai uns anos vese que o patrón non manda, ten perigo mais non manda; chegou á cima e na cima non había ren. Venceu mais non convenceu pois non tiña un verdadeiro sistema sostible, só unha máquina de medrar en base "0" -cero-.

Foi a comenzos do século cando se lle viron os pés de lama a este xigante, o polbo do capital convulsionou en varias ocasions mais non puxeron as barbas a remollar ata que vai 7 anos os golpearon na casa, estertores, invasions de provisions.

Agora perden a fé nas súas creenzas, o mercado é falible en mans de xente sen escrupulos e resulta que os de tranxe teñen menos ca ninguen. Vaiche boa, agora hai que merca-la súa merda cos denostados impostos de todos mentres eles se poñen o bañador nas illas esas de alá.

O mundo xira, vai tempo que o centro gravitatorio virou cara ó Pacífico, en China, Singapur... as grandes compañias seguiran co seu só Australia vai mante-la faciana caucasiana do poder. E xa podemos albiscar o que nos espera; baixa de dereitos laborais, indefensión, inseguridade alimentar... Nin Orwell deu con elo.

Os vellos enemigos se voltan a erguer, sinalando a debilidade do poderoso. Teñen poder para rematar co mundo moitas veces, mais non para controlalo; xa non agora controlan outros e teñen o seu poder en constante movemento sen bandeira nen himno, apátridas,

Pés de lama, China controla grande parte da débeda americana. collidos pola gorxa, polos seus enchufes e tubos de escape mana a enerxía de 3 paises coma eles. Incertidume, non poden deixalo caer todo porque caerían eles, non poden arranxalo sós porque se trata dun buraco mais grande ca eles mesmos.

Que risa, volta Keynes... a máquina dos billetes. Agora é que se ve que as 'inxeccions de liquidez' non eran mais ca soro na vea do moribundo... ¿recuperaranse eses i estes cartos?.

O Burato negro

OUUUUuuuu... Seica hai un temor importante entre alguns grupos de cientistas a que o experimento do gran colisionador de hardones remate nun 'mini burato negro' que se trague todo o sistema solar...

Pode que teñan razón; non só se vai tragar o solar, senon tamén ó edificio e a todos os que vivimos nel, o burato é a crise financieira internacional agravada pola tremenda carga crediticia e de vivendas sen vender que o consentido 'pelotazo urbanístico' nos deixa ó que se engaden as tensions no "dogal enerxético" que ben polo 'peak' do petroleo, ben por problemas puntuais non dá tregua. Todo conforma unha maraña embadurnada de todo o lixo, a contaminación, a destrucción e depredación do medio natural que fai desexar dicir aquelo de: "Parade que eu baixo".

O 'crak' do 29 demostrou o endeble do sistema capitalista pois se fundamenta nun optimismo retroalimentado, na espectativa duns pagos futuros que se dan por feitos, se "solidifican" en ferramentas financieiras e se engaden ó engranaxe de hoxe, rodas de papel entre tornillos de ferro, e cando unha racha fai escorar todo. Entón están as verbas tranquilizadoras e, o mais importante, 800.000.000.000 $ que solventan a situación renunciando ós principios do capitalismo: cando toca gañar gaño eu, cando perda perderei eu... ou non.

Econo-Ficción

OUUUUuuuu...

Sei que se trata dun exercicio básico e que ven mellor descrito na película "El concursante" mais ocurriuseme nas revoltas dun treino e coido que é ilustrativo

Fai 3 anos: Banco- ten 100000 €, Eu- Teño un traballo con nómina de 1400€ (+/- 400), Productor/Contructor- Ten un ben que lle custou facer 60000e (e que posiblemente llos prestaran), Estado recauda un 14% da miña nómina como cotizacions sociais. Total de cartos "verdadeiros"= 160000€.

O ano pasado: Banco- prestame os 100000€ para merca-los bens , Eu- collo os 100000€ do banco e mércolle ó productor/constructor o ben por 85000 + 15000 (en 'negro'), Productor/constructor- gaña 33000€ na venda, Estado- recada da miña nómina e 7000 do 7% do valor da transacción.

hoxe: Banco- Dí ter os seus 100000€ + 25000€ de intereses e os titulariza con outros dentro dun paquete que "vende" a un tipo de interese, Eu- teño un ben que valerá 70000€, Productor/constructor terá os seus 93000, Estado- recada da miña nómina (si a teño).

Ese é o quid; o 90% dos cartos NON EXISTEN nin tan só na figura dos billetes. Simplemente son bits.

Hai chistes mellores como o da "suspensión temporal da economía de mercado", ou o "novo pacto laboral" para o despedimento gratuito. Así estan as illas Caiman, as Vírxenes e aqueloutras que non lles sei escribi-lo nome... petadas de 'listos' que esquivaron os reducidos impostos e chuparon subvencions públicas a esgalla e, agora, queren "socializa-las perdas" co cautiverio do emprego.
O que o presidente da patroal, os políticos liberais e a súa camarilla non fan é denunciar a economía sumerxia, os pagos en "B" e as trucaxes para 'maquillar' contas segundo conveña.

Subamos XA as cotizacions sociais, demos subvencions @s traballadores e pechemo-la circulación de capitais ós paraisos fiscais e zonas de dubidoso respeto á vida e seguridade dos seus traballadores... podería ser un discurso bonito, mais pouco efectivo. Mágoa, as barricadas 'visten' tan ben; para mostra os do 68 alí os están todiños... nos cumios... das corporacions.

Europa; ¿eses quen son?.

OUUUUuuuu... A lenda de Sarko o rescatador engrandeceuse estes días de verán.

O conflicto balcánico é un puzzle infantil comparado co xadrez do caucaso e os rusos están a mostrarse como mestres que son do xogo das 64 casillas. Etnias, Desprazados do stalinismo, Petroleo, Oleoductos, Fronteiras feitas a lapiz... todo ven a mostrar o ridiculos que chegan a ser os "sentimentos nacionais" no mundo moderno.

O tema é que os feitos acusan a Rusia de desmembrar a Georgia pola vía das armas mais cunha escusa vaga, inconsistente. Ningúen nega a maior: o conflicto se debe ó petroleo, ó oleoducto e a crecente presencia americana (e turca) no 'flanco sur' ruso. Hai silencios clamorosos que sinalan a quen non fala e hai verbas valeiras que era mellor non pronunciar.

Nestas últimas atópase europa e o seu representante circunstancial que, coma o can, ladra e non morde. É o problema de representar a un conxunto tan amplo coma diverso de pobos: cada un ten as súas afinidades e intereses e hai compoñentes que, postos na mesa, pesan mais que a dignidade diplomatica.

Así; mentres Sarko paseaba por Georgia co chaleco antibalas os disparos se facían por teléfono en Berlín e o chaleco antimisis lle era colocado a Polonia que os rusos se encargaron prontamente de mostrar como 'non eficaz' (un movemento de consumo interno). Os americanos enviaban a "caballeria humanitaria" en forma de buques de guerra con isas cargas de alimentos e mediciñas prontas a caducar dos depósitos da OTAN e a ONU voltaba a dar síntomas do 'bloqueada' que está mercede ó inxustificado sistema de votación e representatividade que a goberna.

Desta volta Rusia non é o sistema autócrata que se desmorona por falla de mantemento e de ingresos do comercio senon mais ben ó contrario. Anos de autarquía lle permitiron ter agora petroleo e gas abondo como para manter un fluxo constante de ingresos e ter un dogal co que 'atar en curto' a Alemania.

Ide pondo a cubiteira mais preparadevos porque, desta xeira, a guerra fría non vai ser tan silente coma antano e lembrade que agora a ciberfronte está en todas partes: Eu non é por nada, mais non me creo que o caos do espazo aéreo do leste USA fose un 'fallo' se non mais ben un ensaio.