A oitava marabilla

OUUUUuuuu... Seguimos en psicocrise e pasamos do concepto de desamparo ó de inferioridade... As burbullas do Ladrillet aínda non estouparon de todo na peninsula malia que algunhas caixas xa estan velas vir como a Laietana (rating BBB) mais, lonxe de se preocupar do especial impacto que esta crise revida sobre a crise da volatilización ZP e as forzas visibles (os invisibles somos os cidadans) preocúpanse de acadar unha silla na sala de reunión na que ficticiamente se 'refundará' o capitalismo.

A peninsula ibérica encerra moitísimos tesouros naturais e moitas obras humanas que merecen admiración e coidado, mais non vexo por ningures que o apilamento de 3 multinacionais de segundo nivel xustifiquen o que, ó meu entender, é a primeira estratexia transversal-flash levada a cabo por unha organización tan complexa como o goberno español: Somos a oitava repiten os telediarios, @s ministros, o da coroa, os bispos e o das barbas; somos a oitava corean as asociacions de seguidistas e palanganeros; somos a oitava din na cola do supermercado nai e filla...

O capitalismo non precisa refundacions, e si precisa estratexias para iso estan as verdadeiras xuntanzas dos poderosos (Bildenberg e demais grupos); o capitalismo non está en crise porque o sistema segue a se-lo mesmo e porque a única volatilidade que hai é a dos rendementos prometidos/debidos a millons de aforradores que se ilusionaron por batir á inflación e se atopan co perigo de perder o que investiron; volatidade, bonito palabro para designar que os cartos voaron... ¿cara a onde?, malia ás palabras de Sarko eu penso que os cartos están en forma segura (ouro, e outros minerais que subrion de prezo no tempo inmediatamente anterior) escondidos en algures.

Que non vos despisten as manifestacions dos políticos; eles teñen o papel de controlar á turba mentras se lle esfuman os rendementos de anos de traballo; accions, pisos, bonos, depósitos... todo vai valer menos que unha merda. Eles prometeran que van tomar medidas e que controlarán as transaccions e que impediran os paraisos financieiros.

A oitava marabilla é ver como os medios de control de tod@s diluen a indignación xeral e xustifican o pago do beneficio privado (banca, empresas) cos tan denostados impostos... alguen escribiu unha entrada cos pecados capitais que levaron a esta situación; trabucouse na pereza. A pereza non foi do regulador; a pereza é a de tod@s que permitimos isto porque coidamos que imos seguir tan tranquil@s coas nosas vidas.

Nostradamus, Obama e a fin do mundo coñecido

OUUUUuuuu...Non é que transfome este blog nun site de esoterismo; só que dándolle voltas ó tema da ¿crise? e das eleccions imperiais tiven unha 'visión'.

Nostradamus predixo os acontecementos da fin do mundo que coñecía dende a súa prespectiva falando do home mais poderoso sobre a terra como o papa de Roma; hoxendia sabemos que ese home poderoso é o papa de Washington e mira tí por donde todo apunta a que vai ser un afroamericano (café con leite que dí a miña observadora) o que ocupe ese posto. ¿e qué? pois que a predicción de nostradamus fala dun papa negro...

O capitalismo financieiro que tomara as rendas do mundo como unha continuación do mercantilismo cunha alta refinación e complexidade ven de sufrir graves feridas que, a pouco que apreten os problemas verdadeiros da xente (contaminación, insustentabilidade do modelo mercar-tirar, troco do clima, superpoboación, falla de alimentos, falla de enerxía...) a cousa se pode convertir no "final dos tempos coñecidos".

É doado deixarse levar pola imaxinación e casar pequenas pistas, o temor fai funcionar a mente de xeito selectivo vendo e casando o que precisa para retroalimentarse...O medo é libre mais, carallo parece que se achega.

Sarko, Gordon e o silencio neocon

OUUUUuuuu... Pois si que che vai boa; nin que tivesen sintonía mental. Primeiro Gordon B. o afundido 'premier' do RU se adiantou ó seu propio partido e, da man de Alistair, botou a casa pola fiestra para NACIONALIZAR á banca en dificultades sen trampullos; si vos vai mal pois pasades ó estado e logo xa se verá. A intención era intubar ó capitalismo financierio británico, poñelo en coma barbiturico para podelo despertar cando a crise pasara... ¿sen mais?; non sei.
Mais veu Sarko e dixo: Axudamos, avalamos créditos, intervimos bancos; pero HAI QUE FACER ALGO MAIS. ¿Porqué o fai?, por instinto político, porque é o que toca dicir e logo xa se verá.

Entón Gordon dixo; pois si intervimos na banca claro que haberá cocelleiros nomeados polo goberno...
Pero, as enquisas demostraron que era precisa mais 'leña' e Sarko voltou a estar mais presto: e manifestou que non pode haber ferramentas financieras sen control e que hai que acabar coas 'zonas grises'... Neso xa estou mais na onda.

Mais... ¿U-los neocons?; eu dende o 2001 levo aprendido que dos medios in-comunicativos hai que atender a 2 cousas: 1- En qué insisten 2- Que é o que 'non din'. E mosquéame que non hai nen un pio de páxaro dos neo-cons sobre cal foi a falla de mercado que permitiu esta bola de neve.

Os Abandonos

Si noutra entrada sinalei ás accions de apoio social como víctimas desta crise e tamen puxen na mira ós problemas de subministro enerxético e de sustentabilidade do actual modelo social i económico a presteza coa que persoas que calan respecto da crise financiera se teñen dado para solicitar o aprazamento das medidas de reducción de emisions (A única iniciativa de Berlusconi en todo este tempo).

A min dos silencios extranos me chama a atención que aínda pouco se ten falado do impacto de todo esto nos fondos de pensions e, senlleiramente, nos recentemente autorizados investimentos dos 'sobrantes' da Seguridade Social nos mercados financieiros; quixera que algúen preguntase por elo en sede parlamentar...
¿Imos ter que socorrer ós pensionistas de Telefónica ou de Endesa que INSOLIDARIAMENTE escolleron a xestión privada dos cartos dos seus fondos para gañares eles mais que os outros?... ó tempo, que iste baile ainda acaba de arrincar.

Biertono

Collage de mosaicos pixelizados
en cores que afastan a néboa,
tsunami de indiferencia e prepotencia
vida do centro en comunicados.

Colleita tinta e gorentosa;
verde, marrón e roxa
sabores que baixan pola gorxa,
saen desta terra portentosa.

¿a probreza non ten fin?

OUUUUuuuu...Como a tristeza da canción a pobreza semella non ter fin; mais ben sigue avanzando deixando en ridiculo ó principio de Pareto do 80/20.

Hai tamén, e iso é peor, mais "pobreza de alma" na que o egoedoconsumismo nos afoga creandonos a sensación de que non temos nada que facer e que loitando contra a pobreza só se pode conquerir empobrecerse un mentras que o número de pobres vai seguir medrando... Enganados pola droga publicitaria seguimos o camiño doado do "eu non perxudico a ningúen mais non me vou a sacrificar nelo" e o espectáculo de centos de persoas botándose a morrer no mar cada día, dos milleros de nenos morrendo de fame no mundo cada día, dos millons de persoas que subsisten con menos de 5 €uros cada día continúa.

As valeiras promesas dos poderosos non son mais ca o froito da indiferencia dos que somos os seus cidadans e ocurre porque os cidadans non impulsamos ós nosos gobernos para que se preocupen de faceren pequenas cousas mais efectivas para que as circunstancias melloren un chisco para miles de millons de persoas.

Os boicots ós productos por motivos políticos locais son tan ridiculos como serían eficaces para que as empresas multinacionais deixaran de ser causa de pobreza no mundo. Existen moitas organizacions que se adican a denuncia-la explotacion da poboación dos paises pobres polas grandes empresas do mundo e que poderían indicar, de xeito independiente, cales toman medidas para que a súa presencia non sexa (polo menos) a causa desa pobreza.

Disque a felicidade é a auséncia de medo, está claro que os medos para nós, os que moramos no 1º mundo son, na maioría dos casos, cousas que lle darían a risa ó 80% da poboación mundial... Medo é pasar fame, non ter onde durmir, sufrir violencia e persecución... a pobreza.



Golpe de estado da Banca

OUUUUuuuu... Camiñando pola estepa ten un tempo dabondo para reflexionar. Mirando esas grandísismas extensions de terra cun tractor a traballar nelas e NADA mais pensei que o dono de todo elo arriscou no cálculo dos custes de terras, máquinas, fertilizantes, combustible, man de obra... e na cantidade e prezo que obtería pola súa colleita; menos mal, que no modelo neokeynesiano si a cousa sae mal o estado o vai a rescatar, lle vai dar cartos pola terra sen lla quitar e vai poder seguir traballando nela...ou non.

Porque iso só lle pasa á banca. Esa que nas reconversions industriais aplicou os inmaculados 'principios do mercado e o libre comercio' e trapala trapala; mandando a milleros de familias ó paro 'noutros sectores productivos'; esa que dicia que os cidadans temos que ser responsables das nosas accions e toma-las decisicions dentro das nosas marxes de risco. Esas que, ás empresas con perdas lles aplicaban ratios de interese mais elevados pola súa 'exposición' e esixían o cese de directivos que tomaban 'decisions pouco eficaces'... A banca que aínda non presentou perdas, que se escuda no seu papel dentro da economía non-financieira como intermediario fianancieiro de operacions cotians e futuras, a que oculta quen calculou mal os riscos, a que oculta a quen beneficiou durante estes 7 anos de bonanza financieira e a dónde foron eses cartos, a banca agora dí precisar axuda.

A miña compañeira que é moi intuitiva e as vé voltar cando eu as vexo ir dí que, en verdade, non estamos ante o golpe de estado da banca senon ante a demostración de quen ten o PODER na socio-política. Porque isto con ser indignante e denigrante non sería nada si existisen mecanismos verdadeiros para que a poboación se informase e se organizara para impedir que persoas que levaron miles de millons de €uros CONTANTES deixen agora buratos VIRTUAIS que teñamos que tapar entre tod@s con cartos non-ficticios.

Zapiavelo e Sarkomán artellaron algo de teatro para frear a crecente indignación social sobre o rescate que Gordon e Alistarir lle deron á banca británica. Que si condicions "eticas" para avalar préstamos no interbancario, que si nomear directivos de bancos rescatados, que sí sancions ós que 'cometeron excesos'... KK de la vaka. A percura de ata o derradeiro céntimo do movilizado cara a 'paraisos fiscais' por directivos mandos dos bancos e o seu entramado, pago dos impostos de eses cartos 'fuxidos' e dos beneficios obtidos cos 'activos tóxicos' (o 'palabro' desta crise), financiamento directo do estado a cidadans e PeMes(+autónomos), Rescate dos que teñen 1 e solo 1 hipoteca propia que non poden pagar porque non teñen traballo; os outros (que teñen mais de 1 hipoteca) eu considero que son inversores e xa se sabe como é ese xogo: hai que deixar os derradeiros céntimos para outros.

A administración non debe permitir que esas organizacions mafioso-financieiras que son as caixas se 'marchen de rositas'. Agora que hai problemas esquecen o seu papel SOCIAL e escomenzan as restriccions retirandolle as aportacions ás organizacions que traballan no entramado de apoio socio-sanitario como asociacions de enfermos (Alzheimer, esclerosis, etc.) e discapacitados, no entramado cultural de base (asociacions, formación de base etc.) mais non deixan de financiar a clubes deportivos que pagan con ises cartos a persoas que xogan a un deporte (fuchibol, balón(cesto,mán,volea) case como ocupación principal. Claro que nestes tempos de crise "pan et circus" versión moderna: Fuchibol e puticlubs...

E repito, todo isto non vai ser nada si en 3 meses non se toman medidas que impidan DEFINITIVAMENTE que se xogue ás casiñas con cartos que NON EXISTEN porque a lección que se está a dar é que os directivos da banca poden arriscar os cartos (os de outros ) en operacions que den beneficios aparentes (para eles vía bolsa, bonos etc.) e "deixalo caer" para que os donos dos cartos clamen ós gobernos (os seu fieis lacayos) que lles recuperen o perdido... ¿preocuparonse eles das garantías que tiñan os seus cartos cando os investiron?, ¿preocuparonse de pagar os seus impostos polo beneficios ou quizais investiron así para fuxir da "excesiva" presión fiscal?. Xogar á bolsa ten riscos e mais si é no extranxeiro...

Buscando nas illas desesperadamente

OUUUUuuuu... Os directivos de AIG gastaron 440000$ na semana que estiveron a negociar a operación de "rescate" pola que o goberno americano puxo 85000000000$ dos seus contribuintes (que segundo McCain non deberan paga-los impostos).

Agora ZP vai crear un fondo de 30000000000€ para inxectar liquidez á banca e "garantir" os depósitos dos aforradores ata 100000€.

¿Cando se vai proceder PENALMENTE contra os responsables de todo isto?; dende logo, non se debería proporcionar un só €uro do erario público sen que a entidade que solicita a axuda xustifique a orixe do seu problema, e demostre ter iniciado procesos xudiciais e internos contra os directivos que tomaron as decisions perxudiciais e as empresas que avalaron ditas operacions e as garantiron. Os ditos procesos deberían esixir o rembolso dos cartos perdidos polos accionistas ou depositarios das entidades nesas operacions.

A suposta "unidade de actuación" dos bancos centrais debería demostrarse recuperando os cartos colocados nos derradeiros anos en paraisos fiscais por persoas directa e indirectamente vencelladas a estas e tantas operacions financieiras de alto risco. Para elo deberase por declarar nulas calquer depósito, garantia ou aval contra contas ou bens situados en paraisos fiscais e non autorizar ningún movimento financieiro dende o cara a eses paises ata que non se identifique con certeza ós propietarios de todolos fondos alí situados e a súa orixe.

A vontade de tomar medidas para que NUNCA MAIS volte a acontecer algo semellante debera tomar XA a forma de propostas de lexislación comunitaria; non vaia ser que pase como no 'prestige' e teñamos que ver 5 ou 6 anos despois as mesmas operacions financieiras como vemos os buques monocasco aínda no mar.

No mar están as illas esas nas que os directivos, ese tiburons das finanzas, toman daikiris e brindan polos cartos que lles entregamos por segunda vez tan doadamente. A primeira foi xa cando do traballo de tod@s (incluidos autonomos e empresarios de PyMES) lles xerase rendementos por 4 verbas nun papel.

Confianza, Crise, Horizontes e visions

OUUUUuuuu...Nas actuais circunstancias de globalización financieira, que de outras cousas non, era de prever que a grave falla do mercado hipotecario e financieiro dos EEUU repercutise en todas partes. Que os gobernos europeos o ocultasen e logo actuasen ás presas nas primeiras vias de auga xa non é moi tranquilizador, que veñan agora garantindo depósitos que xa a lei garante dá algo que pensar.

Mais todo esto non por importante e por repercutiren no devir diario de todos pola vía de falta de cartos cos que operar as transaccions mais habituais debera cega-la visión dos estrategas das nacions. O principal problema do noso pais a medio e longo prazo é a DEPENDENCIA ENERXÉTICA e o MODELO DE CONSUMO.

A unha provoca "por defecto" un déficit na balanza comercial que non sempre se vai poder suplir con turismo ou expoliación de recursos de outras nacions, ademais de que os combustibles predominantes actualmente teñen perigo no seu transporte, son enerxéticamente pouco eficientes, teñen efectos nocivos sobre a saúde antes e dempois do seu consumo e xeran residuos de toda clase que afectan ós ciclos vitais do noso medio (e ós nosos alimentos), a nós mesmos e; en gran escala, ó planeta, ó seu clima...

A outra xera unha visión de inesgotabilidade falsa dos recursos e do medio, unha falla de responsabilidade sobre o que temos baixo o noso control e unha escasa visión a longo prazo das consecuencias dos nosos actos. Todo elo repercute nun maior consumo de recursos e na xeración de maiores cantidades de resíduos perigosos e caros de manexar.

Así pois, é bó que o estado lembre a existencia da garantía de depósito para os aforros mais debe ter maior perspectiva e debe seguir adícandolle grandes esforzos (non só cartos, hai outras facilidades) á Investigación, Desenvolvemento e posta en marcha de iniciativas de alternativas enerxéticas e medios de aforro e maior eficiencia así como a fabricación de productos mais duradeiros e con menores impactos tanto na súa fabricación como no momento de remata-lo seu uso.

Non deixemos que unha falla no sistema financieiro se convirta nunha falla de confianza no futuro por unha crise de ficcions, excesos de listeza e falla de responsabilidade de quen tiña que garantir e de quen actuoou tarde e mal.

Recurtando nas migallas cobardemente

OUUUUuuuu... Hai crise; ata Solbes o dí. O diñeiro cobarde fuxe como cantaba YOSI e as administracions recadan menos así que deciden facer recurtes... no esencial.

Hai pois menos cartos na sanidade, na atención á dependencia, na educación. As inspeccions de traballo e os médicos de AP reciben presions para dar altas forzadas, desaparecen fondos de formación e de estratexias de calidade... A espiral retroalimentase.

Os sindicatos seguen coa canción de aumentar os ingresos via impostos ás empresas sen acepta-la súa parte de culpa en dar placet a 'reconversions' nas que se atou cans con chourizos e se pagan, a conta de todos, prexubilacions de mineiros a oficinistas de 50 anos, traballadores da banca etc. Os deputados e cargos dos gobernos conxélanse os salarios mais ningúen semella decir nada das pensions vitalicias de 4000€/mensuais que se concederon a persoas saudables, con formación e coñecementos... mentras se racanea en servizos a persoas dependentes ou se apiñan 35 rapaces nas aulas da ESO.

Pagamos cos impostos de todos ensino segregado por sexos ou clases de adoctrinamento relixioso en centros que fuxen dos criterios do reparto por distritos e 'seleccionan' por raza ou orixe. A prestación sanitaria resulta confusa; semella que os centros privados fan mais intervencions por cama/ciruxan mais nos seus custos non quedan incluidos as persoas con patoloxías crónicas nen as complicacions (evitables ou non) das própias atencions; seguindo esa lóxica sen analizala no global do sistema entrégase a prestación do servizo a empresas privadas por ter mais cintas que cortar...

Vil Linguismo

OUUUUuuuu... Sei que vou ser acusado cando menos de plaxio, fago constar que eu tamén pensei nesta denominación mais non a citei por falla de tempo, quería centrarme en cousas verdadeiramente importantes como a CRISE.

Entón temos a unha chea de xente reclamando dereitos que xa teñen e que eles mesmos e os que se ocultan tras deles negaban (e negan en territorios do galego irredento) ós que agora sinalan como opresores... todo un teatro ben maquinado e aventado por medios in-comunicativos con UNHA clara finalidade, GRANDE interese en que a situación continue e a xente non sexa LIBRE.

Agora entran na teima da 'destrucción' do castelán, da súa '¡persecución!'. A verdade é que hai moito odio que se retroalimenta; algunhas persoas pensan que a obriga do que eles opinan como correcto é a única coidan xustificarse con identicas actitudes dos que defenden a idea contraria.

Non cabe dúbida que é importante o papel da educación obrigatoria na aprendizaxe e no emprego dun código (lingua) concreto, mais o papel dunha lingua nunha sociedade ven dado por moitos factores, xustamente moitos dos que mantiveron "VIVA" á lingua galega non foron escolarizados, ou o foron en castelán... o galego tiña, e ten, valores arraigados no país non precisa de imposicions.

A transformación social cara a unha paisaxe mais urbana, industrial, consumista integrada nun suposto 'mercado' superior non xustifica virarlle-las costas ó propio patrimonio, a diversidade non é un valor só no campo biolóxico, tamén no linguistico e si esa diversidade nos enlaza con cousas e tempos non lonxanos e valedeiros non se xustifica mais ca no medo ó descoñecido ese odio visceral cara á música do falar.

VIL: Indigno, torpe.

Facer unha guerra agora desta cuestión cando hai 30 anos que se promulgaron as leis nas que se sustenta... simplemente demagóxico. Como aquel que dicía respeta-la lei mais que cando as leis lle dixeron que non tiña razón cantou... La, lalalá, lalalá, lalalá.... e gastou os cartos de todos en defender a súa teima.

Esta 'cruzada' contra a lingua é VIL.

Edición 14/2/2009

Quero destacar agora esta entrada de illas ficas "Me mola tu antítesis (3)" na que desmonta as argumentacions xurídicas dos vil linguistas e dos seus principais apoios políticos (incluso demostra que o PPdG estivo a prol delo).
Como se comenta alí; as actitudes de centros particulares e de docentes particulares non xustifican unha campaña xeralizada contra a lexislación vixente.