OUUUUuuuu...Tal é a sensación de catástrofe neste día das letras que nin esta entrada se escribe o mesmo día 17 senon o 18 como si o mundo tivese dado unha volta de menos por mor da crise.
Hai crise tamén para a lingua galega enfrontada ó reto dunha minoría maioritaria que non só non quere que se lle "impoña" senon que o rexeita e con grupos radicais en ámbolos extremos que ameazan con desmembralo de xeito irreparable.
Fixome gracia que o sitio onde mais escoitei falar galego nestes derradeiros 5 días foi no Parque Warner de Madrid...e o noso sino, o empregamos pero moitos non só non estamos orgullosos del senon que o temos como ferramenta do privado, como xoia ou lencería para empregar só na casa, cos íntimos, como un xeito de comunión.
Non teño dúbida que non haberá ningúnha política presupuestaria que contribua ó emprego natural do galego, que serán os falantes os que o debamos de manter vivo porque nestes tempos que corren os cartos só están para o que están: para salvar ós cartos. Así que é mellor deixar de laiarse polo que non se fixo ou polo que non se fai dende os gobernos e facer lingua cada día como se poda...aínda que só sexa neste oceano de bits...
No hay comentarios:
Publicar un comentario