OUUUUuuuu...Onte asistimos a unha meticulosa intervención de "marketing social" na que, como sempre, os medios comunicativos centraron a mediática atención no interesante para eles segundo o guión que marca o férreo servizo de 'dominio do público' da estirpe gobernante.
Pero, que pasou coas "altas funcions" sobre as que ten 'responsabilidade' o cidadán en cuestión?...pois que quedaron desertas porque a persoa que por herdanza biolóxica (que grande criterio de selección para unha empresa) chamada a exercelas nin foi nomeada transitoriamente nin estaba no territorio da organización política en cuestión.
Seica se tentou dar unha imaxe de normalidade...pero non tiñan claro que podería pasar (a intervención podería ter durado o doble por exemplo si teñen que facer lobectomía) e coa agravante que a zona estivo virtualmente incomunicada por mor do fume de "Voldemort", que Felipín xa o dixo: "cando o volcán nos deixe iremos aló"... supoño que tería dado o mesmo, que si se precisara o meterían na embaixada aló e no despacho do embaixador o proclamarían.
Hai quen dí, que os deixaron ir a Guatemala malia a intervención para ter lonxe á oportunista esa...que seguro que si se achegaba por alí desconectaba todo o que caese na súa mán; a sabe a que tería montado.
Xa non entro a valorar o que se desprendeu da boca do encargado da intervención comparando a "un que vai traballar descargando camions" con outro "que vai un par de horas ó despacho"...cubriuse de glória...as risas na sala de prensa foron moi significativas.
Logo está a outra cuestión: Hipótese "B"; e si fose maligno, teríano dito estando Felipito aló? E si tivese algún problema na intervención (que non sei si foi 'aberta' ou por toracoscopia), estaríase esperando todo ese tempo ata que puidese voltar o outro de aló?... despreocupación total. Inneceseidade do cargo ou da institución.
No hay comentarios:
Publicar un comentario