Cocidazo

OUUUUuuuu

Xa vai outro ano alá, voltamos por Lalin para facernos o honor de degustar o estupendo Cocidazo do Deza.



Falar cos amigos de tanto tempo e "adestrar" para o entroido. O clima invitaba a meter algo quente e sólido no corpo e o cocido prestou ben.

Por un ano a politica quedou en segundo plano.
Desafio dos sentimentos á lóxica,

Reto do corazón á razón,

Loita entre a realidade e a esperanza,

Combate do sempre e do nunca;

Guerra.

Ollar que serea e dá Paz,

Sorriso que agarima e abraza,

Voz que ó corazón alcanza,

Xesto que o mal trago facilita,

Silencio que ó pensamento invita.

Amor.

MÁRTIRES

OUUUUuuuu

Ainda estaba eu repasando o escrito hai uns días cando ocorreu... unha manifestación na que se lembraba ás victimas do terrorismo polo cabo de ano de Gregorio Ordoñez convertiuse nun remedo das manifestacions que fan os militantes musulmans dos "Mártires de Al Alksa" ,armas incluidas.

Sego a preguntar:

  • ¿É o sangue destes inocentes dabondo para DIRIXIR a vida politica dun pais?.
  • ¿Porque interés se segue a identificar a todos os que reclamamos unha reforma do modelo de estado cos que ameazan á vida de outros?.

    A politica e as actitudes dos gobernos do PP, tinguindose deste sangue para unxilo coma garante da "unidade indivisible de España", pode ter enxendrado un monstro; de tal xeito, que outra minoria pode considerarse xustificada a actuar violentamente si os camiños da democracia prosperan, e se abre un debate sobor do tema; non digamos xa si o debate dá nunha reforma do actual modelo.
  • CAMPAÑA ILEGAL

    OUUUUuuuu

    Xa fai tempo que Outra democracia é posible se ven enfrontando coa campaña do governo sobor do TCUE (Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa) que lonxe de seren informativa apoia claramente o "SI".

    A campaña é tan evidente que a JEC tivo que desautorizar ó goberno ainda que só en aspectos concretos o cal está a ser habilmente empregado polos "fontaneiros" para non retirar a campaña e prosegui-lo ritmo intensificativo que teñen previsto até o 20-F.

    se tendes interés ahí embaixo vos queda o enlace ó tema do recurso e ás respostas da JEC.

    OtraDem pide el cierre de la página gubernamental sobre el Tratado constitucional

    IMBÉCILES

    OUUUUuuuu

    Teño de min dende hai tempo que a principal e mais fiel aliada do Partido Popular na súa teima pola "Una, Grande e Libre" é E.T.A.

    O atentado de onte non fai mais que alonxar calquer posibilidade de paz verdadeira en Euskalherria pois, dende logo, non se dan as condicions para un diálogo sereo.

    Pregunto eu; ¿na esquerda "abertzale" hai alguén que asuma os principios de Mandela?.

  • Se se quere abordar un conflicto coma este dun xeito progresista é preciso facer unha alternativa: ¿a é o "Plano Ibarretche"?. No PSE-PSOE pensan que non, se cadra por non a ter elaborado eles, se cadra por as enormes (e naturais) diferencias de concepto e de opinión que teñen cabida no seo dese partido. Mais coido que Zapatero si é quen de abordar unha iniciativa que solucione esta loita; de hai as súas verbas dun novo marco de estabilidade ás que engade (de xeito coherente) un marco temporal:20 anos.

  • Non hai que excluir a ninguén á hora de negociar nen hai que impor conquen reunirse.É xustificable que o PP non quera negociar coa esquerda "abertzale" por respeto coas victimas (mágoa que non lle apliquen o mesmo principio a Israel, China ou os EEUU) mais isto constitue en sí unha politización das própias victimas que elas rexeitan pois eran (e son) inocentes e a súa morte non debeu ter lugar: polo tanto, non son mártires de ninguha causa politica e non deben ser usados coma tales.

  • Hai que por tódolos asuntos enrriba da mesa e non chegar a nenguha conclusión por adiantado. Evidentemente o marco constitucional limita unha negociación i é unha falacia hipócrita referirse á constitución coma inalterable cando ó mesmo tempo se estan a argallar estrataxemas para modificala nos aspectos que lles interesa ás forzas maioritárias.


  • ¿SI PRAGMÁTICO Ó CONTO DE FADAS?

    OUUUUuuuu

    Co díario El País deste domíngo 16 de Xaneiro entregouse unha copia fascimile do Tratado Constitucional para a Unión Europea (TCUE) como parte dunha campaña institucional e mediática a prol desta iniciativa que será sometida a referendum (ainda non teño claro si vinculante ou non) o próximo 20 de Febreiro.

    No mesmo diario na sección de debate aparecen dous artigos baixo a cuestión “A esquerda, ante a constitución europea”; cada un dos artigos argumenta o voto nese referendum en senso afirmativo ou negativo.

    O primeiro artigo defende o “SI” i está escrito por Cesáreo Aguilera, que tenta desbaratar 5 supostos argumentos en contra do TCUE, pero mais que desbaratalos os amortigua sen conquerir negalos e facendo, principalmente, un plantexamento estratéxico (SI pragmático) apoiado na própia historia do proceso europeo dicindo: “rexeitando o tratdo de Roma non estaríamos aquí”. Mais o certo é que non conquire rexeitar-lo déficit democrático deste tratado tanto na súa concepción como no própio resultado. Non conquire rexeita-la imaxe neoliberal (banquero-mercantil chámolle eu) da Unión. É consciente do problema que plantexa unha estructura como a da UE sen cesions reais dos estados e sen definir “nación” nen dar mais saida á plurinacionalidade que a que cada estado adopte na súa própia constitución. Recoñece expresamente as graves carencias no tocante á sustentabilidade e protección medio ambiental; e, para rematar, tenta pasar de puntillas sobor do tema militar dando por suposto que a pertenza a OTAN xustifica unha estructura e unha “misión” militar da Unión.
    Si fose eu o que empregase argumentos como o apoio das direccions sindicais ou dos partidos verdes; as consecuencias dun eventual non ou a lembraza a anteriores oposicions que agora semellan (mais cuia argumentación segue vixente) desfasadas nun exame sobor dun texto sería tratado de pueril ou inxénuo.

    O segundo artigo, o que defende o “NON” Escrito por Carlos Taibo. Entra nunha digresión intelectual sobor das lóas que habitualmente virten os “mass media” sobor da U.E. no que denomina “exercicio de autocomplacencia”(conto de fadas) perdendo unha oportunidade para desmiuzar as fallas da xénese e do documento en si e referenciar artigo por artigo as carencias que fan necesario un NON tallante como chamada de atención á Bruselocracia para que se decaten que non poden montar un sistema de goberno do povo sen contar co povo.

    Eu non son antieuropeista, mais coido errado un proceso constituinte que sae dunha “comisión de expertos” e non dun parlamento electo con esa misión, coido erradas as referéncias á herencia relixiosa e vexo escaso reflexo das necesárias proteccions sociais (a auténtica solidaridade) e medioambientais (a auténtica garantia de futuro) e moita preocupación por desregular e ofrecer liberdade de movimento ós capitais.

    Coido que nesta elección se fai mais necesário que nunca unha reflexión alonxada de condicionantes persoais ou de política local pregúntandose cada un ¿son estes os principios e a organización que mais nos convén os cidadans de europa?.

    O Plan do que temos que falar...

    OUUUUuuuu

    A actualidade politica anda entorno a dous planos de definición (redefinición) do marco político aparentemente incompatibles e que teñer, dende o meu punto de vista, abondosas caréncias democráticas.

    Ámbolos dous son tratados con distinta sorte polos medios de in-comunicación maioritarios do estado e polos seus ideologos, os dous son obxecto de sesudísimos debates nos parlamentos e os dous van ser sometidos ó refrendo da povoación á que afectan; mais, coido que carecen de legalidade democrática.

    A verba constitución fai referéncia a un texto legal moi particular que "emana" do povo i é redactado por unha asamblea ELEXIDA "ad hoc" pola cidadanía, eleccions na que o cidadan sabe previamente a posición que manten cada individuo ou grupo sobor de: a definición i estructura do estado, o sistema electoral, o grao de descentralización, o grao de democracia (isto é:poder dos votantes)que vai ter o sistema , o sistema socio-económico, o sistema de saude i educación... Logo esa asamblea elebora unha proposta (sempre me preguntei porqué unha e porqué todo o bloque xunto) que é sometida á ratificación cidadan nun referendum do que, si non sae aprobada, se volta a convocar elección a parlamento constituinte...

    Unha constitución é un "asunto moi serio"; non sei vos, pero eu non puiden votar no referendum convocado para a actual (teño 37 anos)e iso xunto coa non obrigatoriedade de consultar a súa vixencia nun certo período de tempo (25 anos me semella dabondo para o que están a durar outras leis fundamentais) me fai dicir: "vivo baixo unha dictadura constitucional". Nun mundo no que todo troca mais rápido cada vez, os "pais da patria" sosteñen que existen leis inmutabeis ou que só poden trocar cando se lles fai necesário a eles. Porqué: ¿como é que unha lei tan inalterable e necesária para a estabilidade pode ser trocada só cos votos dun parlamento que existe gracias a ela?,¿non deberiamos ser os cidadans os que refrendasemos os trocos directamente?.

    Sosteño que un parlamento non se pode arrogar se-lo representante dos cidadans e decidir pola súa conta no que afecta á lei da que saiu. Se queren alterala que convoquen eleccions a parlamento constituinte e que se mollen de certo na campaña.

    Cuestions candentes:


  • ¿Si España se considera perxudicada pola constitución europea pode redefinir a súa presencia na unión?.

  • ¿que é menos democrático: sacar un proxecto de reforma dun parlamento ou dunha "comisión de expertos"?

  • ¿si o sistema actual é tan democrático porqué os referendums son tan escasos e porqué a prensa se burla da abundanci de referendums que hai en Suiza (por exemplo)?

  • ¿algun dos porpoñentes se molestou en explicar que ocorreria (en feitos reais) si gañase o "non"?

    Eu non me considero antieuropeista, nin antiespañolista. Pero teño para min que alguns ven a palla no ollo alleo e non ven a espiga no propio. Diráseme que ambas iniciativas non son comparables mais a súa coincidencia temporal fai esta comparanza inevitabel.
  • A moda do video

    OUUUUuuuu

    Dende logo o momento da fotografia dixital está a pasar rápidamente como todo nesta era da tecnoloxía. Agora o que está en boga é o vídeo; Dende que as cámaras de video dixitais melloraron a sua resolución, capacidade de almacenamento, captación de luz etc. moitísima xente se está a pasar a este medio. Esto xunto coa mellora constante da velocidade e calidade das redes e o aumento das capacidades dos almacenamentos (discos duros, aloxamentos web etc.) están a apuntar a un grande número de videos "colgados" na rede que só agardan algúen que os quera ver.

    Xa falei o outro dia do video search de yahoo


    Como dixen emprega RSS para achar os contidos e polo tanto hai que ter interés en ser atopado nas percuras (e o programa e o código axeitado).

    Un pouco mais alá vai BLOGTELEVISION.NET

    Que fai un blog de contidos de video coas entradas de outros blogs e as "aportacions" de xente de todo o mundo... o seu lema é moi indicativo do que vai pasar nun tempo: "Stop Reading and Start Watching" (Deixa de ler e escomenza a mirar).¿a diferencia coa TV?: mais contidos para escoller (xusto: escoller)e o emprego de ferramentas de percura como a anterior (por frases) ou por etiquetas (tags) para atopar o que buscamos.


    Tamén estan a xurdir servicios de novas con contidos de video como é o caso de que ofrece un servizo de noticias baseado na percura de video en linea (streaming); dispon de un buscador por verbas e de clasificación por etiquetas.


    Tamén están de moda as webcams e non só as públicas senon aquelas que, conectadas a internet(teñen servidor incorporado), se supuña que non ian ser atopadas... tal é o caso das listadas neste blog.Esto ten unha explicación tecnica para curiosos


    A diferéncia está en que mentras as webcams ofrecen imaxes contínuas en tempo real(aqui a universidade de helsinki ou un casino de Las Vegas) e non é necesario mais ca un plug-in que soe vir co navegador (ben con java ben co flash) nos servizos de video streaming os diferentes formatos de compresión, tipos de arquivo e sinal e os intereses mais ou menos comerciais fan que seña preciso descargar un "player" case para cada sitio de onde queiras ver os videos; confio en que todo se andará.


    Para rematar, a pregunta que me rolda na testa é:¿que fai google sobor desto?. Coido que pronto teremos resposta.