12
Son os anos que cumpre a miña flor...
doce son os aromas que me lembra,
doce bicos e un gran corazón,
doce o sabor do ollar que me alimenta.
Segredo doce é o son
da voz de chiculate e menta;
doce ducias doce as memorias
que a salientan.
Nen doce segundos preciso
para ver a túa faciana atenta.
Hoxe é o día elexido pola ONU para "Día mundial do medio ambiente"; ben podía se-lo día do lixo ou día da
Verdegaia nos lembra cómo de insustentabel é o modelo no que habitamos. Greenpeace nos lembra a cantidade de actos nos que tivemos e temos ocasión de participar... mais, o acto co que mellor podemos facer honor a tódolo que nos rodea é ese acto cotián e inadvertido, esa rutina diaria mais reflexiva, ese xestiño sen esforzo mais con consciencia: Pecha-la billa, Separa-lo lixo, apaga-la luz, mercar con 'sentidiño'...
No hay comentarios:
Publicar un comentario