OUUUUuuuu
Nestes días de campaña electoral un tería que soportar estoicamente, incluso con ledicia, que as persoas e organizacions políticas que se burlaron das opinions e defenestraron os argumentos se apunten agora ós carros da lóxica mais sempre coa sana intención de gañar algo en troques.
Lendo un incisivo artigo de Vazquez Pumariño en Vieiros vexo que non son o único que se decata de que a chegada dos conceptos "troco climatico" e "sustentabilidade" ós medios de comunicación non é mais ca unha campaña de márketing ben dirixido e destinado, coma sempre, a que certas solucions semellen as únicas e as lóxicas e que calquer oposición a elas sexa tachada de suicida ou insolidaria.
Agora que as ratas abandoaron o barco do mercado inmobiliario xa teñen elexido o destino dos seus futuros rendementos: A "loita" contra o troco climático en forma de mais centrais eólicas, mais plantas de biodiesel (e mais cultivos destinados ó mesmo), Nova xeira de plantas de enerxía nuclear e minicentrais electricas... sen entrar nos modelos sociais e de consumo que realmente provocan un incremento exponencial das emisions de CO2, o esgotamento dos recursos naturais...
Escoitar agora falar de sustentabilidade a quen forzou a implantación de industrias insustentabeis e contaminantes me produce certo noxo porque percibo que só se trata dunha maquillaxe para seguires facendo negocio.
E non, non me abonda conque a posta "de moda" dos temas ambientais axudará a pensar á xente porque percibo que o engano está servido en forma de promesas de novos postos de traballo e crecemento sostido e sen fin... Xusto o que calquera quer ouvir; porque ningún político plantexa en serio: "Imos por impostos de circulación altos nos centros das cidades facilitando en troco o acceso mediante transporte internodal público"; "Non se farán mais vias de alta capacidade para vehiculos senon que se potenciaran as infraestructuras ferroviarias"...
O malo vai ser para a cantidade de xente que se vai quedar sen emprego na construcción (autónomos moitos deles); haberá que ver que fan os miles de inmigrantes que traballan nas obras cando non haxa choio; por cada 100000 vivendas que disminua a "producción" perderanse 300000 empregos e, sinceiramente, non me cadra que os 'novos nichos' que se podan xerar con estas industrias 'pseudosustentabeis' podan abondar para tod@s.
Pola banda da enerxía habería que respostar á pregunta de porqué as alternativas pasan sempre por grandes investimentos en xeración, investimentos que só poden facer os grandes grupos de capital...
No hay comentarios:
Publicar un comentario