A cegueira de conceptos de ZP

OUUUUuuuu... Onte indo no coche escoitei as entrevistas dirixidas coas que nos agasallan os políticos e ás que lles dan por chamar "rolda de prensa". Neste caso a que deron Zapiavelo e o primeiro ministro Francés.

O asunto da lei para a consulta da poboación de Euskadi planeou durante tódala sesión, con especial interese no presidente do goberno español. Nunha destas respostou: "La democracia es un sistema legal...". E será que veño dun curso sobre escoita activa e tal mais de seguida caín de conta e saltei coma un resorte...

Porque a DEMOCRACIA non é un "sistema legal"; é un sistema POLITICO que, neste caso, designa un parlamento para que aprobe un sistema legal sin que elo signifique que podan modificar ó seu antollo os grandes rasgos da ordenación legal sen consultar @s cidadans. Polo tanto; constitucions, estatutos e tratados deben ser submetidos OBRIGATORIAMENTE ó referendo de tod@s.

Claro que non me extrana que os políticos de madrid e de bruxelas non queran que se fagan consultas á poboación vistas as medidas xenófobas (directiva sobre inmigración) e liberais (directiva de ordenación do tempo de traballo -con matices-) que están a tomar co seu "mandato divino" coidan que terían dificultades si tivesen que xustificar esas e outras conductas (normativas medio ambientais e de productos quimicos) no seu exercicio do poder. Europa semella un conglomerado de intereses económicos que preconiza a semi-escravitude como punto de partida do beneficio e o remata enviando o seu lixo ós paises pobres... O que estrana é que aínda así haxa tanta e tanta xente que arrisque a vida por vir ser explotada eiquí; co que un se pregunta ¿e non serán os mesmos que os explotan eiquí os que os empuxan dende alá?.

A xente é inmbuida dende os medios in-comunicativos a prestar atención ó que se dí e non se cuestiona o que NON SE DÍ; así que moitos repiten o argumento de que "8 millons de Irlandeses non poden condicionar..." e cando lles respostas que si europa fose DEMOCRATICA faría un único referendo nunha mesma data non saben por onde sair... Haberá que agarda-la resposta dos 'deuses do comentario'.

Cando digo NON É NON

OUUUUuuuu... Diranme outra volta que Kale. Mais a verdade é que isto semella unha violación; os eurócratas tentan conquerir un poder decisor ABSOLUTO sobre os aspectos fundamentais lonxe de calquer posible 'represalia' na toma de decisions mediante o voto.

Menosprecian a decisión dos Irlandeses como farían con calquer pobo pequeno que está colonizado.



O clamoroso silencio dalguns medios e formacions políticas que se dín DEMOCRÁTICAS non mostra mais ca conformismo de futuros "dedócratas" que agardan unha migalla do pastel.

Si as persoas que tentan 'construir europa' foran coherentes cos principios da DEMOCRACIA, proporían un referendum único europeo para aprobaren un tratado político-económico e social que non só regulase as relacions internas senon que regulase as poliíticas exteriores impedindo o comercio con paises que subvencionen e sosteñan principios diametralmente opostos ós que ese tratado expoñen; senon sería paradóxico que as mesmas empresas europeas teñan que manter uns comportamentos para producir e vender en europa e non os respeten cando producen ou venden en outros paises.

Europa e os europeos non debemos aspirar só a instaurar unha sociedade xusta, solidaria e democratica no noso continente senon que debemos aspirar a que os principios universais dos dereitos humans sexan respetados no mundo e iso non se conquire cun goberno autócrata no que as decisions importantes as toman persoas non electas DIRECTAMENTE polos gobernados.

Campaña ¿65 horas?; Nin de borma

Bueno; como ás 10 non podo pois fago o post agora. Pouco pode engadir ó xa dito e hai moita xente con mais seso, información e capacidade para integrar pensamento e acción así que só poñervos



Edición 28 de Xuño: Teño que recoñecer que sei que a directiva non se refire a 65 horas de traballo contínuo efectivo senon ós tempos de guardia; mais dado o meu medio laboral resulta moi dificil separar "estar de guardia presencial no centro de traballo" de "estar de servicio efectivo". Ademais; resulta moi grave que se volte a introducir o tema do acordo "libre" entre empresa e traballador por fora da negociación laboral xeral pois todos sabemos como remata iso.

O triste NON e os prepotentes

OUUUUuuuu... 1º: Declaración de tendencia. Non son anti-europeo, nen sequera coido ser anti-español; outra cousa é que me queiran dicir que para unha "españa forte" faga falla ser 'todos un' ou que unha "europa cohesionada" precisa a instauración dunha 'oligocracia maniquea'. 2º: O que son; o que apoio deíxollo, en xeral, ós feitos pois como bó galego sempre teño retruque para todo (ou non).

O resultado do refrendo en Irlanda ten moitos, moitísimos motivos para seren triste. Mais os meus motivos teñen pouco que ver cos enunciados por políticos e deuses do comentario que, malia a admitir en privado as razons dos meus, prefiren insistir nos deles.

En primeiro lugar; entrísteceme a escasa participación que, como xa teño comentado, réstalle validez ó resultado e ó suposto 'espiritu europeo' de tod@s xa que logo non se é quen de manifestarse en cuestions de PRIMEIRA ORDE como a adpción de tratados que obrigan a emenda-la propia constitución e modificarán substancialmente as oportunidades de futuro. No que lín e ouvin (e foi moito pois ia no coche) este dato foi ignorado supoño que pola comparación con outros que sí foron favorabeis no seu intre e, mais aínda, pola sensación de paradoxa de que a unha poboación que se lle consulta non resposta mentras que a nós nin nos preguntan...

Entristeceme outra volta ouvi-los comentarios sobre o resultado denantes de remata-lo reconto e as alusions á suposta tardanza dos mesmos: ¿Preferirián un resultado "instantáneo" mais inseguro?. Para min, as garantias de limpeza e o cómputo de TODOLOS votos emitidos ten un valor mais importante que a suposta prisa dos medios in-comunicativos en te-lo resultado e percura-las reaccions.

Entristéceme a machacona mensaxe dos medios in-comunicativos insistindo unha e outra vez en que o tratado está aprobado en españa cando non ten nada que ver co tratado da "constitución europea" e si precisa unha reforma constitucional na que se nos van colar 'outros temas' para manternos igual outros 30 anos.

Dame medo a prepotencia dos políticos de eiquí (electos) e dos de alí designados por non se sabe quen nin como que insisten en que "o proceso continuará"; burócratas estudando xa como saltarse a vontade dun pobo ou agoreiros que interpretan o resultado como lles convén e manifestan o seu "anti-oquesexa" mais pertinaz sen recapacitar dos qués e dos porqués... Tanta prepotencia non se pode xustificar pola necesidade dunha 'europa forte' pois a principal forza de europa é a liberdade do que se pode manifestar democraticamente e de quen é libre para soster as súas opinions sen, por elo, ser un criminal ou ter que recurrir á violencia; por iso este blogue leva o meu nome no cabeceiro i estou disposto a me rexistrar onde sexa sempre que me garantan que ninguen vai poder escribir nel suplantando a miña identidade.

Xa dei unha clave no anterior comentario e foi o exemplo palmario da modificación da directiva sobre a regulación da xornada laboral na que un grupo de ministros deu de paso a proposta dunha equipa de funcionarios NON ELEXIDOS por nós pero si a soldo de tod@s mais que só reciben ós lobbistas.

Europa precisa de crer na DEMOCRACIA e deixar este xogo de votos ponderados, maiorías de bloqueo e pesos relativos. Para escomenzar poderían propor un único referendo en toda a UE sobre o novo tratado; o próximo pois xa se sabe que como no REACH ou no tema tranxénicos teñen dereito a insistir ata acada-lo que pretenden mentras que outros non teñen nen dereito a intenta-lo. Digo que para a nova proposta fagan un único referendo en toda a UE e que incluan dunha vez a elección dos membros do poder executivo e da máxima maxistratura europea, a revocabilidade de todos eses cargos e a plena transparencia dos seus bens e axendas (con quen se reune e onde).
Logo xa poderán falar de 'limpeza' e tal porque si eles queren te-lo poder de decidir teranno dende a esixencia de facelo polo ben común e non por intereses extranos.

Hoxe Irlanda SI decide... por nós.

OUUUUuuuu... Mentras a crise financiero-crudoespeculativa golpea en Europa co agravante "ladrillil" no estado español. Agora que a UE ven de dar 65 hostias ben dadas para demostraren como a "NON-Democracia europea" pode trocar elementos básicos das regras socio-económicas sen que, polo menos, podamos sinalar a un partido político como 'culpable'. Mentras o Terrorismo de Cabina loita para mante-lo seu marxe de beneficio a costa dos impostos de outros e o zapiavelismo fai malabares para cumplir as promesas electorais de tempos de 'vacas gordas' cos cartos das 'vacas fracas'.

Mentras todo iso acontece; dáselle a puntilla definitiva da instauración dun novo xeito de goberno totalitario que terá a característica de non parecelo porque se pode votar "Si" ou "claro que Si". Nese intre, insisto, son os Irlandeses os únicos privilexiados que poden expresarse de xeito que vai se-la súa opinión a nosa, a de tod@s os demais cidadans da UE.

O Consello da Unión Europea de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumidores mais o comisario de emprego, asuntos sociais e igualdade de oportunidades decidiron algo moi importante e a información verdadeira é mais ben escasa i en Inglés (nota de prensa .doc; resumo na páxina do comisario europeo) mais resulta tremendamente 'gracioso' que os límites de 60 e 65 horas se podan adoptar por "acordo" entre a empresa e o traballador... Logo, como non podemos "competir" cos custos laborais chineses nen conxelando nen baixando os soldos -en termos "constantes"- (iso si, ata o límite que nos permitan seguir mercando os seus productos) pois rebaixamos as condicions laborais.

Sorte que a crise do transporte que está por vir fará retrocede-la 'globalización' e a lóxica imporá a reaparición dos ciclos productivos e de consumo locais e as redes de comercio interconectadas a media escala deixando o transporte a longa distancia para medios de alta eficiencia enerxética non dependentes (directamente) dos hidrocarburos: O tren (dobre via, electrificada).
Vin o sol e saín;
cegoume cun ollar de terra orballada
que me fuxiu logo de me fundir.
Puiden centrarme;
Fixen do peso, impulso;
da vergoña, alento;
de querer, poder.

Trocou o vento;
rolou no medio da travesía,
Saquei forzas para remar
camiñei sen afrouxar
facendo do motivo, precaución;
da meta, intermedio;
de conquerir, compartir.

A débeda de Rajoy

OUUUUuuuu... Bueno, eu que non me ia manifestar ata que pasara o congreso da oposición debe deixar escrito e alto o porqué non atopo nin odio nin ledicia en min polo que pasa no principal partido centripeto; mais fareino con preguntas.

¿é democrático o que está a pasar?. Grupos mediaticos facendo claras presions sobre as partes interesadas en virtude a manter ou non certas liñas políticas mais que nada no referente ós xeitos que non ó fondo. Flashmob's o mais puro estilo 13-M con auténtica intolerancia verbal e física. Fotos e mais fotos de encontros e desencontros. Mais votacions polo de agora 0.
¿si existe unha alternativa, non debera mostrarse ó seu electorado? Unha parte mostra programa e candidato; a outra non se sabe ben quen é nin o que propón.
¿acatarán uns e outros o resultado? O congreso non está decidido nen moito menos e queda por resolver si existirá un BRUTO na mesa alta ou si quen perda acatará silenciosamente a derrota.

Polo demais ante esta escenificación de como entenden a democracia o que teño é medo de que a tenten aplicar (novamente) algún día dende o goberno como xa fixo o señor Rajoy nada mais ser nombrado ministro que imcumpriu un acordo do anterior goberno e nos fixo ós traballadores públicos un "0,0" en dous anos... Nunca se disculpou malia a sentencia da audiencia nacional. ¿e donde estará este tema? no laberinto do minotauro de Bruxelas.

Así que cando se fagan suxerencias para palia-la crise inmobi-financieira haberá que decirlle que os bancos e as inmobiliarias-constructoras teñen que contribuir ó crecemnto do pais caendo con dignidade ou tendo algunha perda como xa a tivemos os traballadores públicos.

Outra cousa ben diferente e distinta é solventa-la crise inflacionista enerxética tal é o tema que FG que lanzou a moratoria nuclear hai mais de 10 anos promove agora reabri-lo debate polo risco, dí, de convertírmonos nunha illa que non produza mais si consuma electricidade 'nuclear'. O que ningúen quere e aceptar que se perdeu moito tempo e se sigue a perder en medidas paliativas e que tódalas solucions esquivan o espinoso tema da reducción de consumo que NON se está a producir malia o alto prezo do combustible (ou seña que non está tan alto ou que somos moi incosncientes) hai 2 eixos fundamentais:

O transporte de mercadorias a longas e curtas dintancias

A calefacción dos fogares

en ambos o atraso nas alternativas está a ser preocupante e van lastrar e moito os resultados que se podan acadar a medio prazo.