Decepción

OUUUUuuuu

Non puido ser; a ilusión de presentarmos candidatura ás eleccions ó parlamento de Galicia para reivindicar a instauración de unha DEMOCRACIA REAL (mais repuclicana) viuse rota onte ás 16:30.

A historia desta candidatura fracasada a tendes nesta hebra dos foros de ODEP; os motivos do fracaso... ¿que tanto ten? eu quería, cando menos, intentalo. Mágoa de oportunidade para emiti-lo video de Burla Negra.

Mentras, o mundo segue a xirar. As dores do inevitabel seguen o seu curso, as sombras acurtanse e alonganse e os equilibrios da vida cotián seguen a fallar no mais insospeitado. Só queda erguerse e andar.

Arredemo

No hay comentarios: