Mais CERA.

Logo haberá quen diga "Oubeos de radical"; mais cando escribin isto sobor do CERA só falei da manipulabilidade desa importánte fracción do censo electoral co galo dunha nova na que se demostraba (coma noutras ocasions) o doado que fora para un individuo votar por 17 (e tamén manipula-lo senso deses votos).

Manuel de Castro vai mais aló neste artigo de Xornal.com pois dí:"...tras años de prebendas dictadas por el actual gobierno gallego, el próximó 19-J podrán votar miles de personas que nunca pisaron ni pisarán jamás este país..." . Home, é moi forte, ¿non?. Xa sei que engadin este mismo comentario no post anterior; mais ainda lle dou voltas a como garanti-lo benestar dos nosos emigrantes (que, por outra banda, deberían ser garantidos polos estados onde residen) sen outorgarlles o dereito político e non lle atopo moita solución.

O programa e os Curtos



Onte por fin colgaron o programa do BNG na web; só puiden ler a parte de sanidade e non o quero comentar eiqui.

O que si quero recomendar dende eiquí é a descarga e visionado das curtametraxes que compoñen o documental de HAI QUE BOTALOS; en especial o titulado "Prestige: a forza das desfeitas".

No hay comentarios: