Fronteiras, néboa e aillamento

OUUUUuuuu

Onte a 'fronteira do galego' se fixo néboa na chaira berciana; puidena distinguir con todo o seu brilo. "A partires de ahí, fálase galego enxebre".

I é que as fronteiras son como a néboa; sabes cando estás nela, sabes cando non estas mais non sabes onde está o límite.

No tempo do reinado de Ansar dende este espacio meu critequei o aillamento ó que se quería submeter á minoria abertzale facendo leis 'ad hoc' para enmudecer a eses 250000 votos. A cousa non saiu como querian porque... ¿que tanto ten?; vindiquei daquela o dialogo e a inconveniencia de tal aillamento, con mais motivo manifesto a miña preocupación polo aillamento (poida que autoinfrinxido) que sofre agora unha forza política que é a 1º da oposición e que representa a millons de votantes.

Ben é certo que non me retracto no dito de que o PP lle asigna ás victimas do terrorismo o papel de mártires (¿de que causa?) e que nin as armas ameazando nin os mártires clamando deben condicionar o encauzamento politico dos diferentes xeitos que temos de ver o tema da estructura politico-territorial... mais coido que deixar a este partido fora deste diálogo vai ter, a longo prazo, un custo moi alto.

actualización 25 de Maio



Xuro que cando escribin o de arriba non sabía ren disto...




Mais é certo que ese día a néboa se detivo nesa franxa.

No hay comentarios: