Xa escribin recentemente que a liña da néboa marcou o 'limes' da lingua galega na chaira berciana... daquelas non coñecia o mapa que ilustra ese post nin coñecia en profundidade o fato de 'chorradas' que se viñeron a dicir respecto a esta REALIDADE que é o uso do galego por parte da poboación do occidente berciano; coido todo elo moi na liña da política local tan confusa como o própio PP comarcal. Non descarto que toda esta polémica viñese incitada dende fora da UPL para ver si algunha formación política dende Galicia "picaba" i mostraba certa vea 'expansionista'... pero, non hai maior desprezo que non facer aprecio e o debate estase a xogar 'en casa' i a agrupación comarcal da UPL estase a decatar do erro cometido.
Convenio
¿e non podería algunha administración, partido politico ou organización sindical facer un convenio para por publiciade no meu blog? así eu saería de perdas. Eu aseguro que dito convenio NON afectará ás miñas opinions respecto á entidade que 'conviniese' comigo; total, si La voz puede ¿porqué eu non?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario