e alá imos...

OUUUUuuuu

Hoxe é un día simbólico de verdade; iniciase algo novo que levamos agardando moito e no que temos depositadas demasiadas esperanzas. Hoxe escomenza o tempo das decepcions, do enfrontamento, das tensións. Hoxe hai que respostar a:¿Queremos?, ¿Sabemos?, ¿Podemos?. Hoxe hai que falarlle ó mañan.

Marcho coa esperanza de atopar un goberno novo cando volte.

Censo Electoral de Residentes Ausentes (¿ou mortos?)

OUUUUuuuu

Dende o 11 de Maio levo xa 5 post sobor do tema CERA:

No primeiro repasei os datos tomados dun artigo de 'El Pais', e fixen algunhas reflexions sobor do tema e do doado que era falsificar o voto de varias persoas. En concreto aludín á presteza do SOE para 'porse a traballar' neste campo.

Logo saiu un artigo de Manuel Cortizo en Xornal.com no que reclamaba drásticamente a reforma non só do xeito de sufraxio do CERA senon a existencia dos tales dereitos politicos.

Pouco antes de escomenza-la campaña xa se via o que nos viña enriba. Os partidos pedían interventores nos aeroportos para contro-la las sacas.

Xa feitas as votacions e o escurtinio voltei sobor do tema coa miña especial predicción e con adverténcias sobor do que pasará se o PPdG non gaña nesta particular 'revalida' do voto enCERAdo.

Agora debo voltar sobor do tema do post do 8 de San Xoan. Daquela 'La Voz' publicara uns artigos de "investigación" sobor de como era de doado votar por un morto en Uruguay. Ben; este sexto post sobor do tema ten o mesmo sino. I é que, como ben indican en Arredemo.info, é moi doado votar POR VARIOS MORTOS en Arxentina. Para probalo nada mellor que o video do Quilombo eleitoral.

Huy, Huy, Huy...

OUUUUuuuu

Por si as miñas paranoias non me bastasen (e non son o único); ven Rivas Fontan (si, xa sei que no PPdG din que ten unha enfermidade mental) a dar na clave do tema. O que dí este home cadra perfectamente co xa dito por 'SIR' Paco e ainda mais; pon unha cifra de diputados para ese hipotético grupo mixto "virtual" anti-nacionalista: 13.

Mentres, o desprestigeado Lopéz Veiga quérese manter de actualidade con declaracions e análises que só veñen a demostrar o medo que ten a que algúen revise as súas 'desfeitas'.

Continúan os cruces de acusacions sobor das "sacas de Venezuela" sen que ninguén ameace con levar ós tribunais a quen difama; si fósen outros os que fan esas declaracions xa teríamos á fiscalía actuando de oficio por "inxurias ó sistema" ou calquer coña desas.

Precioso espectáculo se prepara. Mais;¿que vos apostades a que non reforman o sistema de voto CERA ?(por non falar xa da existencia dese dereito politico para quenes non habitan no pais).



Sobor do papel do galegismo


É verdade, non o nego; que eu tamén desexo que o BNG entre no goberno...

Xa deixei reflexado nangun comentário que coido que o resultado de Quin (si, de Quin e as súas candidaturas pois o 'sanedrin' deixouno só) foi bó. A campaña reflexou o 'sentidiño' que el manifestaba e centrouse nas preocupacions da xente e nos temas que de verdade nos afectan a todos; non eludiu o debate mais para levalo sempre ó terreo dos feitos reais e non para elucubracions sobor de coalicions, documentos ou simbolismos vanos.

Agora semella que pode chegar á hora da negociación e, como xa inquei o outro día, haberá que sopesar qué se entende por un pacto completo; non seña que se vexan sentados na mesa dun consello da xunta que aprobe un NOVO ESTATUTO que só apoien PPdG e PSdG. Non se poden deixar de lado as "zancadillas" de Vigo, Ferrol, etc. son leccions das que aprender. Insisto; non son tan importántes as áreas de goberno como o 'programa de intencions' completo. Se cadrar podería ser convinte deixalos que se poñan en evidencia aceptando o apoio do PPdG (ou os do PSdG;mesmo se cadra dos seus 'rebeldes') antes de aceptar un goberno que non cumpla cos mínimos mercados.

enCERAndo

OUUUUuuuu

Como xa indiquei; estamos a asistir ó bochornoso espectáculo dos nervios de quen sabe o que se está a xogar... Eu sego mantendo a miña opinión: con mais de 30000 votos no CERA de Pontevedra e, manténdose a proporción dos derradeiros anos o PPdG obtería o escano de marras. As acusacions veladas a que o goberno de Venezuela (¿porqué este é chamado réxime si obtivo o 60% dos votos?; o PPdG só ten o 46%) está a argallar algo son refutadas polos feitos; todo indica que haberá emoción até o martes 28.

Que o PSdG manifeste públicamente non só a súa confianza en mante-lo escano de Pontevedra senon en obter un en Ourense sí que resulta sospeitoso ainda mais cando o único argumento que se emprega é o de que 'xa nas primeiras eleccions autonómicas...'.

Outros que semellan algo desorientados son os persoaxes do BNG que andan a facer "contas da leiteira" con consellerias e postiños e non con programas de goberno e mínimos irrenunciabeis no NOVO ESTATUTO; porque ahí é donde debe de radicar o forte da negociación xa de entrada. Así ningúen se leva a enganos; si o estatuto o van pacto-descafeinar co PPdG como xa fixeron en Valencia pois que goberner eles sós e xa veremos en qué iniciativas lles apoia o BNG i en qué iniciativas terán que apoiar eles ó BNG.

Ma+s do mesmo...

OUUUUuuuu

Si, sei que semella que non conqueriu a absoluta, polo de agora... Pero, de manterse a proporción do voto CERA dos derradeiros cómicos voltaremos a ver como 'baila' un escano cara ó PPdG. Logo ainda quedaría o tema das Mazás podres pois xa 'Sir Paco' dixera que NON habería pacto co 'nacionalismo excluyente'; se cadra confiando nunha escición dentro do PPdG si o resultado era peor ou sabendo que a "xogada" de Madrid non foi algo tan extraordinario.

Só 41000 votos de merma electoral para 16 anos de goberno non é prezo político. A única diferéncia estivo en que caseque todo o aumento na participación (12000) e as 'perdas' de PPdG e BNG (34500 de 'efecto Beiras') foron para o PSdG Cuio único mérito foi; ó meu entender, acertar en que provincia se xogaba o Cocido e por elo puxeron alí a Touriño de cabeza de lista e fixeron alí as mensaxes maís audaces (o traslado de Pesca a Vigo p. ex.). I é que en Pontevedra é onde hai a menor distáncia para a asignación do seguinte escano; ainda que na Web de información electoral lle asignen esta posibilidade ó BNG o certo e que o escano 22 de Pontevedra será para o PPdG. En Ourense temén hai diferencias escasas mais, como o derradeiro escano foi para o PPdG o único que pasará será que incremente a súa vantaxe.

Vese agora porqué era necesário incidir no debate sobor do voto CERA i é que non atopo eu clara relación entre dereitos de protección os nosos emigrantes fora de Spain con dereitos políticos.

Obvio falar hoxe da "carretaxe" de votos nas residencias xeriátricas ou nos concellos do rural e da escasa repercusión electoral das consecuencias da desfeita do Prestige.

TEMOS O QUE MERECEMOS

O campionato

OUUUUuuuu

Onte en Lalin celebrouse un campionato... mais non só de natación. O PPdG celebrou o seu 'mitin central' en Lalin coa intención de demostrar que a unidade dentro do partido non está ameazada por nenguha escisión; mais polo que comentarn 'el pais' e xornal.com semella que foi o lugar onde, coas brasas das enquisas, rexurdiu a figura de "Pepe das Fontes".

Do que non semella que se falase no mitin é de porque as mozas que antes traballaban con soldo e seguridade social nas fábricas do puxante sector textil do Deza agora teñen que montar cooperativas (no mellor dos casos) e talleres clandestinos sen coberturas sociais para seguir traballando mais por menos. Porqué se vende o leite no Eroski a 0'39€ (superoferta) e ós labregos se lles paga a 0'19€ (ou asi ou con él quedas). Porque segue habendo baixas de tensión e cortes de luz á hora de muxir (tras 15 anos e 2 plans MEGA) mentras zumban os aeroxeradores do Carrio e do Faro. Porque ten Fraga que voltar a prometer acabar cos lumes forestais tras 4 lexislaturas prometendo o mesmo. Porqué un pais ten que depender de si Europa ou o Estado asigna fondos para tal ou cal obra tras 15 anos de asignacions de fondos 'estructurais' que se xestionaron por un partido que non foi quen de sacarnos dos derradeiros postos de europa. Porqué os mozos mellor preparados da historia de Galiza teñen que emigrar para poder traballar no seu...

Disque Xosé Crespo anda de 'capa caida' polo conto das enquisas; eu coido que xa se lle pasaria pois algo conseguiu para seguir na alcaldía.

Pola dúbidas

OUUUUuuuu

Europapress ten organizado un foro de debate co galo das eleccions autoanémicas 2005. Neste foro os cidadans (identificados recurrentemente co DNI) podemos formular cuestions sobor dos programas electorais e os temas da campaña ós candidatos das principais forzas concurrentes (do resto de forzas preséntase un acceso á web e unha copia .pdf do programa electoral).

Pois neste foro un internauta preguntoulle a Fraga si era certo que galicia perde CADA DIA 50 NOVOS e o prócer respostou:
No es cierto que cada día más jóvenes gallegos abandonen nuestra Comunidad en busca de trabajo, sino todo lo contrario. Los datos del Instituto de Estadística son la prueba de que actualmente Galicia registra un saldo migratorio positivo; son más las personas que buscan trabajo entre nosotros, que los gallegos que buscan trabajo fuera.

En los próximos años, seguiremos trabajando y mejorando nuestras políticas de empleo, con acciones específicas para fomentar el empleo juvenil estable. Prestaremos, además, especial atención en las zonas con menores oportunidades de empleo. Además apoyaremos los contratos en prácticas con una duración mínima de un año. Ampliaremos, también, los programas especÍficos para universitarios, vinculando el Plan Labora a la empresa y creando un programa específico para que los universitarios gallegos puedan trabajar antes de acabar la carrera.


Mais; como demostra este artigo de Xornal.com os dados do INE non din o mesmo...

Estes SI son os argumentos da campaña electoral:


  • Tras 15 anos de Fraguismo seguimos sendo rexión obxectivo 1 de europa. Un país subvencionado e dependente, sen iniciativa: Cos brazos baixados.


  • Os dados estadísticos demostran un claro retraso comparativo co noso entorno inmediato; é dicir progresamos menos do que correspondería.


  • Os casos de Nepotismo, Discrecionalidade, Enchufismo, Acoso sexual, Acoso Moral, Malversación, Prevadicación... etc. na administración pública son de sobra coñecidos i estan sentenciados polos tribunais.


  • As taxas de desemprego seguen sendo das mais altas do estado, especialmente entre os novos


  • Os gastos en propaganda e autobombo superan ós investimentos estratéxicos en investigación, desenrolo e innovación.


  • Nas zonas afectadas polo verquido do 'Prestige' reducironse as capturas con respecto a 2002.



    Estes NON:
    * Desmembramento de España.
    * Terrorismo.
    * Os investimentos do goberno central e de europa.

    Se cadra é que coma durante a transición (!!!hai 30 anos xa machiños, que NADA é eterno¡¡¡) unha minoria maioritária conqueriu impor un pacto (nuhas circustáncias moi concretas) coidan que agora pode ocorrer ó contrario e non queren nen escoitar falar delo... Non saben a diferéncia entre dialogo e imposición.

  • E non canso de dar CERA

    OUUUUuuuu

    Por si alguén me ven coa leria de que o que veño dicindo da mais que probabel estafa co voto CERA (non esquenzamos: 12% do total, 19% en Ourense) xa non pode pasar. Hai tendes esta nova de A Voz na que se volta a votar por un falecido.

    I é que o PP quere eso para o seu candidato: Que gañe as eleccions dempois de morto por iso presentan ó candidato 'in pectore' ós debates (¿debate; ah, pero houbo un debate?) e por iso este candidato reivindica os mensaxes nacionalistas ( "somos unha nación histórica" e "queremos un pais novo" ). Do monicreque que manodou o Soe só dicir que escomenzou o debate !!!Laiandose da ausencia de Fraga¡¡¡ (¿logo que facias tí ali meu?).

    Segundo o PP son o mesmo 20000 galegos novos con estudios que EMIGRAN: porque se marchas do país (que é nacionalidade historica) pois EMIGRAS. Digo, son o mesmo que 35000 Inmigrantes de ondequeira que haxa malas condicions de vida e se veña a traballar en precario.

    I é que até nos mitines tentan manipula-la súa imaxe: Esta es la verdad y así se la hemos contado (que diría Buroaga).

    Diferencias...

    OUUUUuuuu

    Hai quen se empeña en que a situación do actual goberno con respecto á manifestación da AVT é similar á que tiña o goberno de Ansar con respecto ás manifestacions de "NO A LA GUERRA" mais...

    ¿Calificaban os NO-DO de Urdaci como 'masivas' aquelas manifestacions (que tiveron mais xente en conxunto que esta)?; non, os telexornais da Moncloa ignoraron ós millons de manifestantes e fixeronse eco só das declaracions dos membros do goberno sobre que eles non creian que a rúa fose lugar de reivindicar ren (curioso; agora estaban todos na rúa reivindicando...).

    ¿Recibiu Ansar a alguén apos aquelas manifestacions?; non, Ansar acudiu a Açores coa gomina na testa dicindo que 'os que se manifestan non son ninguén'. Agora ZP recibe os primeiros ós membros da AVT cando está mais que claro (e así o califican os medios de in-comunicación mundiais) que é un títere do PP.

    Insisto, ás victimas débeselles recoñecemento e respecto; indemnizacions e vantaxes sociais mais... non son mártires políticos de nengunha causa e non poden condicionar o devir político do estado senon: ¿faranse eles responsabeis das futuras victimas que unha negociación poda evitar?.

    E mais CERA...

    OUUUUuuuu

    Ó parecer non ia tan desencamiñado eu na miña opinión de que ó xogo de manipula-lo voto (tanto localmente coma o emigrante) poden e queren xogar TODOS.

    Agora que sinten o frio da derrota no cú e que saben (¿porqué os coñecen? ¿se cadrar por empregalos eles?) en que puntos se pode manipula-lo voto CERA o PP pide interventores en Barajas e vixiancia contínua para as sacas cos votos.

    Debémonos preparar para o bochornoso espectáculo dun partido facendo recursos perante a JEC nos mesmos termos que noutras eleccions os desbotara porque o resultado lle fora favorabel. Non queren democracia, queren control.