"Y aún recuerdo aquel ayer..."

OUUUUuuuu

Era unha vella canción que veu a min mentres estaba na anoxia dunhas duras series e me lembrei con ela dunha FEIRA DO COCIDO hai xa tanto que non sei cando foi; se cadra foi a famosa feira do "abrazo de Lalin" entre Cuiña e Rajoy; non sei...

Non por anunciada nen por agardada foi menos polémica a presentación da candidatura de Xosé Cuiña á presidencia do PPdG. A escenificación a min non me gustou e, como din nalguha páxina das xurdidas ó redor deste debate, " En breve, comenzarán a llamarle el candidato esperpéntico o algo por el estilo". Nese lugar pasaron cousas importántes para min (e supoño que para moitos de nós) e non me gusta velo 'contaminado' pola política.

Do resto do acontecido nesa presentación e mellor que vos informedes na páxina xa citada ou na Non oficial do PPdG, tamén hai un blog de blogger sobor do tema.

As reaccions dos outros implicados no proceso van, en xeral polo agardado mais; a min (ignorante) chámame a atención a 'desmesurada' reacción de Cacharro e a resposta de Fraguestein á proposta "galeguista" (un galeguismo esperpéntico/Valleinclanesco? moi significativo.) de Cuiña. A primeira cheira a pacto Barreiro-Cuiña, a segunda cheira a medo a unha escisición ou, se cadra, á mesma lembraza que comentei ó inicio deste post.

I é que aquel día de Febreiro no palco da feira do cocido (Ese si que é un lugar solemne para chegar ó común dos mortais) Xosé Cuiña afirmou, caseque xurou, que él se retiraría cando se retirase Fraguenstein...

A criminalización do enxebre.

OUUUUuuuu

Dende o derradeiro cuarto do século XX escenificouse en Galiza o xiro cara a unha sociedade mais urbana e industrial reflexado e vehiculizado na emigración dos mais novos ás cidades con polos industriais e ás vilas cabeceiras de comarca... Mais o vínculo coa terra seguia vivo e se materializaba nas fins de seman a modo de desprazamento: "marcho para a aldea a respirar" i, o mais importánte, con forma de sacos de patacas, ristras de chourizos, ovos e carne de polo ou galiña. Ainda así foi chegando un intre no que xa non había na aldea a quen visitar nin que recoller ou, simplesmente, o desprazamento non se podía realizar. Por uns motivos ou outros os cidadans empregan como emulación da vida no campo e como esparcimento algunhas actividades que, ó dicir de Manuel Rivas, nos poñen en contacto coa natureza. Agora e por mor de unhas medidas tomadas (e xa rebatidas no seu intre) no momento álxido dun debate político mal plantexado e peor levado os cidadans vemos como se criminalzan esas actividades que tanto nos gustan.

E foi que aquel lume de Guadalaxara que tan traxicamente saltou a actualidade e tan prontemente foi magnificado e manipulado politicamente recibiu si unha resposta desproporcionada, deslocalizada e fora de tempo; e vimos a pagar os pratos rotos nesta terra que tanto sabe de lumes forestais ( 24% dos lumes e 20% da superficie queimada en 2004; 20% da superficie do pais/nación/CCAA queimada dende 1989).

Segundo aquel decreto de Xullo xa non podemos facer eses churrascos no monte nen sardiñadas nos piñeirais das praias para os que tantas infraestructuras hai montadas; haberá que eliminar todos eses asadores dos merendoiros (é mais, haberá que desface-los merendoiros).
Pola mesma razón; xa non podemos facer magostos no monte ...nen se poderá achegar un no seu coche por unha pista forestal até un alto para dar un paseo polo monte.

E non remata eiquí a cousa. A grave preocupación da gripe aviaria e a posible PANDEMIA de gripe human leva a OMS e ós responsabeis de saude pública e veterinaria a tomar unha serie de medidas lóxicas que teñen como consecuencia a prohibición de actividades tan enxebres como a FEIRA DO CAPÓN de Vilalba ou a cría das galiñas nas eiras das casas... e adiós os ovos da aboa ou ó suministro de carne de ave caseiro.

Claro, todo isto si a lexislación se "leva polo libro". Si, como é habitual, se emprega a máxima de "O descoñecemento da lei non exime do seu cumprimento, o seu coñecimento SI" pois...

Xornadas Gastronómicas

OUUUUuuuu

Ben se sabe que son de "bó saque" e que moito me gusta acudir a estas citas gastronómicas. Este ano fixéronse esperar (politicas por medio xa se sabe). Mellor prezo, veremos si mellor calidade. A min xa me falla o mellor sitio; espero que só por este ano.

Oubeo tecno...

OUUUUuuuu

Como onte foi o famoso día de internet e o deixei pasar pensando nas miñas carreiras de Kan; pois hoxe a enmedala con dúas de tenoloxía.

Por unha banda e antes de que a telefonía sobor IP (Skype) triunfe (ollo cos seus buratos de seguridade) xa se está a argalla-la evolución... i é que hai moita xente con inquedanzas e coñecimentos para xuntar unhas cousas con outras e facer algo realmente novo, mirade se non o proxecto FON de Martin Varsavsky. Aproveita-lo ancho de banda exedentario de múltiples usuarios de internet e facer deses ordenadores puntos de acceso á telefonía IP. Xenial.

Outra. Xa sabedes que son padecente de CONSPIRONOIA ainda que tomo poucas medidas sobor dela (non hai mais que ver este blog para saber quen son e onde moro). Os chips RDIF sempre foron un tema preferido meu i este artigo non fai mais que reafirmar o que penso; Claro que si hai quen toma precaucions, e vaia precaucions mais orixinais.

Jran D Polemica

OUUUUuuuu

E colleu Bieitiño e sacou os pes do tiesto. Nun movimento cualificado como meditado sacaron o sacho do rego e foron a pola directora xeral de Politica linguistica e tamén a por "Pacochet" ó que calificou de 'delincuente'.

Desta non puiden conterme e me sumei ó "ruido do foro"; trascribo eiqui o dito coa esperaza de que este oubeo non sexa en vano.

"ACORDO SOBRE BASES PROGRAMÁTICAS PARA A ACCIÓN DA XUNTA DE GALICIA QUE ASINAN OS GRUPOS POLÍTICOS PSdeG-PSOE E BNG:"(enlace a .pdf 73 Kb.) "5. EDUCACIÓN, LINGUA E CULTURA" "LINGUA"
A Xunta promoverá unha política de recuperación de falantes da lingua do país e de extensión do seu uso normal en todos os ámbitos da sociedade.
Asemade, potenciará o intercambio cultural cos países de lingua oficial portuguesa, no cal se atribuirá un papel de relevo aos medios de comunicación públicos. Outras medidas contempladas son:
- Desenvolverase o plan xeral de normalización lingüística aprobado polo Parlamento en 2004, con dotación orzamentaria, programación e avaliación anual.
- Crearase unha Institución para a promoción exterior da lingua e da cultura de Galicia.
- O goberno galego empregará a nosa lingua de forma sistemática en todas as súas comunicacións orais e escritas e promoverá o seu uso normal nos servizos e dependencias da Administracións autónoma e das Administracións locais. Garantirase en todo caso o dereito dos cidadáns a ser atendidos en galego en todas as súas relacións coa Administración.
- A Administración galega velará polo cumprimento estrito do Plano Xeral de Normalización Lingüística tanto no seu funcionamento interno como nas relacións con outras institucións de Galicia e cos cidadáns.

Dende o primeiro día Mendez Romeu incumpre este acordo que él mesmo negociou; o seu mentor (pacochet) incumpre sistemáticamente e con alevosía a lexislación en tódolos aspectos relacionados co galego.

GALIZA é un termo aceptado pola normativa vixente i é aplicable administrativamente dende o momento en que a normativa o recoñece como oficial.

A camisola é horrenda como o feito de ter como prioridade ter unha selección dun deporte profesional (si, é o que ten mais raigame. ¿e qué?) abocado ó fracaso. De ter necesidade da presencia internacional dos nosos deportistas para reafirmarmonos como NACIÓN escomencemos por apoialos individualmente (escomenzando por David Cal e Gomez Noia por exemplo) e colectivamente :Unha seleccion de hoquei a patins ou de balonman tería mais perspectiva de exito e pode que atopasen menos trabas por parte do nacionalismo español. E como a camisola é horrenda pois casequeme aledaría que houbese que repeti-lo proceso de deseño. Que rectificar é de sábios.

Edición 24 de Outubro



Seica até os membros do goberno galego pola banda do BNG incumplen o acordo arriba mencionado. Cito do Foro de Correr en Galicia:
Entiendo que siendo la carrera en Santiago,capital de Galicia,con la presencia de la nacionalista conselleira de educación y deportes, se debiera utilizar como lengua oficial de la carrera, la que es oficial y propia de Galicia.Ni por escrito,ni por palabra (acto entrega premios) se utilizó
para nada el Gallego. Las autoridades deportivas ( conselleira,secretario
Xeral para o deporte, etc.) debieran promover la normalización y utlización del Gallego en el ámbito deportivo.
No se puede entender una carrera en Santiago, y sobre todo en el momento actual, que menosprecie por escrito y por palabra la utilización de nuestro idioma propio y oficial.
.

Eu non quedo ós protocolos de entrega de premios (para min ter gañas de participar é un premio) e non podo saber si o mencionado comentário é verdade mais de selo meréceme a mesma ou mais repulsa que a actitude de Mendez Romeu pois Xela tamén estivo na comisión negociadora e coñece e debera sentir a importáncia do exemplo. E non me vale que se diga que había participantes de fora... se cadra os Keniatas e demais entenden o castelan.

Extremos ¿tócanse ou chocan?

OUUUUuuuu

Segue o debate do "estatut". Ningúen lle poderá nega-la virtude de por a organización territorial do estado e as relacions entre as diversas administracions sobor da mesa; mágoa que sexa na mesa dos políticos e os medios de in-comunicación e non se consulte de xeito global ó POBO SOBERANO.

Os extremos son: pola banda do nacionalismo español O PP e as súas contínuas chamadas ó medo rupturista, contan coa inestimabel axuda de individuos como Bono, Ibarra e Paco "o da bandeira". Como dí a miña asesora politica:Si por estes fora seguro que Isabel e Fernando non casaban.... Pola banda dos nacionalismos periféricos e deixando fora da análise (que non esquencendo) o emprego da violencia física (a coactiva emprégana ámbolos bandos) hai certas posicions radicais incomprensibles por moi argumentadas que se atopen e outras que me desconcertan.

Neste derradeiro grupo inclúese o derradeiro artigo de Brais Prego de Montaos (sospeito que 'alter ego' de Suso de Toro) que ven a dicir que a non aceptación do estatut (insistimos aprobado polo 90% dos representantes do pobo catalán) non faría mais que acelera-lo proceso sececionista catalán. Emprega para elo o paralelismo co proceso de independencia de Eire deixando caer que, naquela ocasión o Sein Feinn so obtivera o 73% dos deputados por Irlanda e ainda así se constituira o parlamento irlandés independete (Dail).

¿u-lo quid da custión?. Moita xente da rúa opina que se trata dun tema de cartos..."os catalans sempre pensando na pasta"; mais non piden ren que non exista xa baseandose iso sí en instrumentos tan medievais como a monarquía (falo dos Fueros) i eu coido que xa é horas de que cada goberno 'autoanémico' se faga responsable de recauda-lo que gasta. O que non sería de recibo e deixar de manter uns fondos interterritoriais de compesación pois até os cutres da UE os teñen.

Eu sego a teimar conque o tema principal é a inexisténcia dunha capacidade decisoria por parte dos cidadans no canto a como se organiza o estado politica e territorialmente.

Novo enroque

OUUUUuuuu

A estratexia da primeira xeira fora do goberno semella vir definida dende o plano municipal; non esquezamos que "toca metela" en 2007. I ten como liña de actuación principal a reivindicación de infraestructuras e compromisos varios dende a esfera e/ou a óptica localista ... así a reivindicación dun laboratorio de hemodinámica para Ourense tivo como "brillante" defensor a Miguel Santalices; si, o mesmiño que non a reivindicou nas súas diversas responsabilidades na sanidade provincial durante o "Fragosceno" (era de Fraga). A circunvalación de Riveira ven a ser reivindicada con fiereza polo 'león' do Barbanza Torres Colomer o mesmo que non fixo ren para conquerila dende as súas diversas responsabilidades provinciais e autoanémicas. O "Show" do circuito galego de velocidade no que diversos concellos solicitan a mesma infraestructura (coido que con escaso "valor engadido") e así moitas mais hai e haberá até que se arrinquen as tripas en Febreiro e a ver que fai o sucesor...

O que non se debería facer dende as agrupacions locais dos partidos no goberno e caer na desautorización pública i entrar a estes "farrapos" sen mais; de momento, ainda se admite que eles tiveron 16 anos para facelo e non o fixeron. Sobra tamén pola miña banda dicir que; ainda que estou contento por elo e que penso mercar unha camiseta en canto poda, coido que en Galiza temos outras prioridades tanto socio-económicas coma de auto-afirmación e representación.

Contraofensiva dixital

OUUUUuuuu

Pois si que está trocando o patio... si antes eran os populares os que sinalaban ás páxinas de internet (los genoveses, arredemo etc.) como fonte de difamación e crispación agora semella que entenderon que as TIC permiten non só proporcionar a información que a cada un lle interesa senon que ten a vantaxe engadida de obter o tan preciado "feedback" e non só iso; senon que coas ferramentas axeitadas todo o tráfico se pode analizar para obter datos ate o de agora insospeitados.

Así, o fillísimo ten un blog no que hai alta participación; tamén hai un confidencial adicado específicamente á sucesión de Don Manuel e outro sobor dos "desmanes" do Bipartito no que non admiten as opinions anónimas á que son tan dados noutros foros; moitas opinions se verquen no foro "o futuro do PPdG" que ten un link a un rancio exemplo das características desta xente: A elección da "chica PPdG.com".

En fin, ando a cavilar que o que realmente acontece na politica deste pais non é un conflicto territorial senon un conflicto xeracional (inter e intraxeracional) dos que as pasaron 'putas' co franquismo e chegaron a esta oligo-protodemocracia e os que fomos educados no conto de fadas do "poder do pobo" e "un cidadan un voto" que non vemos por ningures. Mais desta volta o poder establecido non está pola laboura de adaptar o modelo político a esta nova sociedade, polo de agora...

O estatuto das 7 pragas.

OUUUUuuuu

Coma si dunha maldición mesiánica se tratase está a ser tratado o texto da proposta de reforma do estatuto de cataluña(.PDF en castelán 384Kb.) aprobado polo 90% dos deputados do "parlament". A inicial alarma do tradicionalmente nacionalista español Partido Popular se veñen a engadir outras formas non menos chamativas de reacción dende o "donde dije ni una coma digo nada fundamental" ate reaccions que dan risa por non chorarmos como "urticaria" por parte dun 'urticante nato' ou desmembramento de institucions que neste momentos están duplicadas ou triplicadas (como o de valedor do pobo) ou supostas trabas na "cohesión interna" da economía...

Entón coido que o erro de Maragall (¿ou de ERC?) foi non facer un referendum ANTES de enviar a proposta ás cortes xerais; veríamos o apoio real (en cifras de participación e aprobación) do texto e tamén como respostaban os politicos profesionais á "vontade do soberano" que tanto din representar. Está claro por outra banda que alguns ven palla e borralla para os demais e consinten e calan no própio...porque si o problema é o 'poder politico' e os 'movementos envolventes' nas caixas de aforro ("la Caixa", CajaMadrid e outras como peons dos partidos) haberá que porlle solución e non trabar as solucions que os demais lle dan. O mesmo que ter un defensor do pobo que non proporciona información e atención na lingua dos cidadans i, é mais, critica que se protexa e fomente esta parte do patrimonio cultural cando debera actuar coma un ente descentralizado e coordinado (unha especie de consello interterritorial) a nivel europeo pois os dereitos cidadans que están destinados a protexer son os mesmos ¿ou non?.

Indefension, inmersión, opción e revisión.

OUUUUuuuu

Nestes días en que as forzas centrípetas anda a argallar como terxiversar a vontade do 90% do parlament de catalunya (¿logo non din que os representantes equivalen á poboación e, por elo, negan o dereito ó referendum vinculante?) eu quixérame centrar en como TOD@S falamos da feira como nos vai nela e facemos causa de liorta aquela discriminación que nos interesa (económica ou ideolóxicamente) e no a discriminación en sí mesma.

Vai uns días Enrique Múgica sacou da chisteira (i é que semella un chiste) unha misiva á ministra de Educación sobor dos "modelos de inmersión linguistica" que se estan a aplicar en cataluña, baleares e ¿galiza?. I é que ó chistoso este preocúpalle só a lesión de dereitos que sofren os que queren usa-lo castelan como lingua vehicular e residen nesas comunidades... para partirmonos.

Dende eiquí non podo mais que proclama-la miña indefensión diante dunha persoa tan partidista ó fronte dunha institución como a de "defensor del pueblo" que se lembra só dos dereitos que lle peta e ignora (como reflexa este informe do consello de europa) a marxinación que ainda vive o galego non só na educación senon na vida cotián. Eis esta o informe do 2004 no que ignora as reiteradas peticions da Mesa Pola Normalización Linguistica i entroques si reflexa como discriminatorias as politicas dos escasos concellos que promocionan o galego coma "lingua vehicular". Seguro que a este o fan membro de honra da AGLI.

E xa que estamos a falar de liberdade de elexir (si claro, sempre que se elixa o que eles queren). ¿Porqué non incluimos na carta á ministra de educación unha petición para que seña o ensino da relixión católica unha opción e substituimos esa hora obrigatoria por unha asignatura de "Cidadanía e convivencia" na que se lle ensine ós rapaces as súas obrigas e dereitos como cidadans i a facer as colas, non tirar lixo ó chan etc.?. Esa opción non lle interesa ó señor Múgica e polo tanto a institución que dirixe (rixe digo eu) fai "mutis".

Con respecto a esta liberdade de elexir e ó polémico trato privilexiado da relixión católica no contexto dun "estado aconfesional" (art. 16.3 constitución española "amén") con "relacions de cooperación" quero facer causa e difundir unha iniciativa cidadan que solicita ó goberno a revisión do concordato coa iglesia católica.
Dende esta páxina (en galego) podedes asinar electrónicamente a solicitude, baixarvos o texto da mesma e baixar formularios en .pdf para recoller sinaturas.
Nos foros podedes opinar sobor do tema e relata-las vosas experiencias.
Coido que é unha iniciativa interesante e, de feito, está no punto de mira do liberalismo capitalista que a ataca co débil argumento de que hai outras relacions privilexiadas (como ás dos sindicatos); si, débil porque en concordato.org ningúen lles impide montar unha iniciativa similar co fin que desexen; só queremos deixar de subvencionar directa e indirectamente a unha institución que tente impor os seus puntos de vista por tódolos medios i emprega a educación para adoctrinar e crear inxustiza social i de xénero.

12/10/2005: Veño de cavilar en que o ensino obrigatorio da asignatura de relixión constitue unha estratexia de "inmersión"; xustamente esa que tanto se critica con respecto ó ensino dun idioma. Polo tanto o que queda meridianamente claro é a falta de liberdade para elexir que é contra o que reclamamos uns e outros i é o que non temos en todo: dende o modelo de estado e goberno até que i en que idioma deben estudiar os nosos fillos.



En derradeiro termo, mais non menos importante quero difundir e facer explicito o meu apoio á candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués a ser proclamado pola UNESCO como "obra prima do patrimonio oral e inmaterial".

Sensación confusa

OUUUUuuuu

Xa se ve que ando algo "lento" nestes días i é que ando mais ás miñas carreiras e comentários varios que a deixar eiquí testemuña do que penso.

A piques estiven de atoparme con Iolanda Castaño (xa sabedes que lle teño grande admiración) nun obradoiro de poesía organizado pola Fundación Caixa Galicia en Santiago (coido que este Venres hai outro). Mágoa xa sabedes o mal que se me dan as verbas, sempre me corto con elas.

Eclipseime; foi un fermoso espectáculo (ainda que a min o de aplaudir me semella parvo), moi didáctico por moito que os docentes lle temesen e puxesen trabas para que os rapaces o visen.

Tamén é que estou a agardar unha nova aportación de Brais Prego de Montaos sobor do curso das cousas en Eire tra-la entrega das armas i o abandono da violencia por parte do IRA. Eu vexo moita esperanza nas desesperadas manifestacions de quen, de súpeto quedou sen escusas para trata-los temas políticos que de verdade afectan á vida dos habitantes do Ulster. A pelota está no tellado unionista.