OUUUUuuuu
A estratexia da primeira xeira fora do goberno semella vir definida dende o plano municipal; non esquezamos que "toca metela" en 2007. I ten como liña de actuación principal a reivindicación de infraestructuras e compromisos varios dende a esfera e/ou a óptica localista ... así a reivindicación dun laboratorio de hemodinámica para Ourense tivo como "brillante" defensor a Miguel Santalices; si, o mesmiño que non a reivindicou nas súas diversas responsabilidades na sanidade provincial durante o "Fragosceno" (era de Fraga). A circunvalación de Riveira ven a ser reivindicada con fiereza polo 'león' do Barbanza Torres Colomer o mesmo que non fixo ren para conquerila dende as súas diversas responsabilidades provinciais e autoanémicas. O "Show" do circuito galego de velocidade no que diversos concellos solicitan a mesma infraestructura (coido que con escaso "valor engadido") e así moitas mais hai e haberá até que se arrinquen as tripas en Febreiro e a ver que fai o sucesor...
O que non se debería facer dende as agrupacions locais dos partidos no goberno e caer na desautorización pública i entrar a estes "farrapos" sen mais; de momento, ainda se admite que eles tiveron 16 anos para facelo e non o fixeron. Sobra tamén pola miña banda dicir que; ainda que estou contento por elo e que penso mercar unha camiseta en canto poda, coido que en Galiza temos outras prioridades tanto socio-económicas coma de auto-afirmación e representación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario