Dende que teño o blog veño deixando caer a forte implicación (que non paralelismo) que o proceso de paz no Ulster debería ter na apertura dun camiño de paz en Euskalherria. De sobra son coñecidos polas forzas politicas e policiais os contactos entre o I.R.A e E.T.A. e a forte iteracción entre o entrono abertzale e o republicanismo irlandes.
Hai medios de comunicación que ven nestes contactos un pecado imperdoable, como ven un pecado no feito de que o goberno mantivese contactos previos a estes comunicados de 'cese ó fogo' mais eses teñen os seus intereses; Como outros que din desexar que non exista mais sufrimento que o que xa hai e se adican a por paos nas rodas deste carro que acaba de botar a andar, se cadra pensan que non hai mortos dabondo neste camiño (vergoñento o comunicado de AVT e o foro de Ermua).
Falando de comunicados; mentras uns medios cualifican de 'insignificantes' as diferencias entre o 1º e o 2º comunicado de ETA eu e outros as cualificaría de substanciais pois apuntan o 3º renglon dos 'principios de Mandela' (Hai que por tódolos asuntos enrriba da mesa e non chegar a nenguha conclusión por adiantado).
Coido que, coma sempre, a miña analista política leva bastante razón: "Engananse ou nos queren enganar quenes pensan ou din que nun proceso coma este non hai que TRAGAR SAPOS E CULEBRAS"
DEFINICIONS
Entramos nunha fase en que as verbas collen todo o corpo de coitelo que teñen e....que vai a esixir que se deixen claros moitos conceptos.
O goberno se pode sentar na mesa sabéndose respaldado pola maioría da sociedade mais sen posicions maximalistas; non debe acepta-la xantaxe do sangue xa verquido como non debe acepta-la xantaxe do sangue por verquer. Presupor debilidade no outro campo pode levar a provocar situacions innecesariamente tensas como presupor forza (ter medo) do contrário leva á desconfianza permanente.
Non lle podo negar ó presidente do goberno español o seu manexo do 'tempo' político e certo progreso no emprego real da democracia pois xa consultou ó parlamento antes de seguires "pre-negociando" o 'cese ó fogo' e dí que o vai voltar a consultar neste proceso. Eu coido que os consultado antes do remate definitivo de todo esto debemos ser os cidadans mais de eiquí até aló poden pasar moitas cousas i existen moitos flecos por decidir...
Porque, ¿Que son concesións politicas?; dende o meu punto de vista concesión política sería a declaración unilateral do estado vasco sen referendum nen negociación parlamentar... dende o punto de vista da 'órbita PP' o simple achegamento dos presos (por non falar de reducción de penas ou indultos) sería unha concesión imperdoable. No medio: Un arco da vella de moitas cousas en campos moi diferentes, mais moi interrelacionados.
Vese que o proceso se vai levar nunha 'dobre mesa' nas que os temas políticos se deixaran en mans dos partidos e os temas 'militares' quedarán entre a banda terrorista e o goberno español(os franceses están a asubiar cara outra banda).Coido que a primeira vai se-la mais perigosa pois todos se coñecen e creen saber os puntos dos outros co cal se rompe o 3º punto xa enunciado... Vaise ter que fiar fino e moito nos temas que impliquen ó marco de toma de decisions e os límites desas decisions e XA se debe saber que pode ser precisa unha reforma constitucional...e foral.
Eu digo o de FORAL por coherencia; porque si sosteño que a monarquia como forma de goberno é antidemocrática, retrógrada i (no caso español) xustifica un golpe de estado (1936); tamén debo soster que os Fueros "CONCEDIDOS" por reis 'extranxeiros' non teñen sustento democrático e deben ser derogados para por no seu canto as leis que os cidadans "Nos demos".
Hai moitas esperanzas depositadas neste proceso como para non tentalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario