DNIe

OUUUUuuuu

Sen dúbida vai ser un tema que vai a ires a mais nos próximos meses porque se trata dun troco fundamental en algo que nos resulta obrigatorio a tod@s e que pulará do desenrolo da sociedade da información no estado español.

Moitos cartos se levan metidos no deseño e desenrolo do DNIe e mais se meterán na súa posta en marcha e divulgación; sei que hai unha chea de sitios onde conquerir información experta sobor do tema e que o goberno habilitou xa unha boa páxina própia para este asunto (por certo sen versión en galego) mais coido que é importánte decires algunhas cousas...

Como ben saberedes padezo algo de CONSPIRANOIA i en especial lle teño algo de xenreira ós chips RDIF pola súa facilidade para ocultarse e polo doado que semella facer lecturas dos datos contidos neles.

E agora sumemos:

O DNIe vai levar un RDIF cos nosos datos persoais (ainda que só os mesmos que os actuais).

Levar enriba dun o DNIe será tan obrigatorio como leva-lo DNI actual.

Colocar lectores (capturadores) de RDIF é doado, barato i xa se fai.

O seguimento dos individuos está feito a menos que...

Inventemos un simil do Oubeo tecno e levemos o DNIe nun sobre "protector".

A este suposto que acabo de plantexar non vexo resposta por parte da administración e, que eu saiba, os meus datos de filiación tamén son datos persoais a protexer ¿non?.

Por riba si temos en conta a aprobación da directiva europea sobor da retención de datos podemos concluir que calquer documento asinado co DNIe vai ser seguido (¿copiado?) pola administarción pola 'nosa seguiridade' e, seguindo coa teima 'conspiranoica', se a "casamos" coa LSSI veremos que calquer atisbo da actual 'liberdade' na rede vai ser un espellismo nun futuro próximo.

Faranos moita falta acudires á comisión das liberdades informáticas e da EDRI. Para mantervos informados vos recomendo o Last-info do DNIe.

No hay comentarios: