-Fun de Fallas e viñen coa permanente.
-Co pelo como as falleras?.
-Non, cos pelos de punta...Polo dos "petardos".
Que frase mais enrevesada... i é que das verbas escollidas nesta ocasión por E.T.A. a min o que mais gracia me fai é o adxectivo que non o é tal ainda que o diccionario 'online' da RAG non sinale o 'outro' significado podemolo ver no DRAE:
Permanente.Os da miña quinta lembramos ben ás nosas maiores naquelas sesións longas i estresantes metidiñas alí dentro desas máquinas... !!!Cantas voltas non xogariamos nós metendo a cabeza alí coma si fose un casco de astronauta¡¡¡
(Del lat. permănens, -entis).
1. adj. Que permanece.
2. adj. coloq. Se dice de la ondulación artificial del cabello que se mantiene durante largo tiempo. U. t. c. f.
Dos 54 millons de resultados que nos volta o santo dos lentes ('san'google dito:Sanjujle) poucos son os que se refiren xa a esta técnica de perruquería e serán menos a partires de onte.
Moitas, e moito mais competentes e informadas que a miña, son as opinions do 'estético' comunicado destes 'liberadores'. Non vou a entrar a valora-lo permanente estado de incredulidade disfrazado de cautela dos dirixentes do PP......abandoados na illa do "non pasarán" por unha realidade que non deixa de trocar por moito que eles desexen permanecer no doce momento do triunfo de 1998.
Xa facía moito tempo que fixera público ó meu parecer no canto de que a violencia física (xa sabemos que "Outras Violencias Existen") só favorecía ó nacionalismo español. Tamén levo moito tempo deixando pistas sobor dos pasos necesários para unha negociación seria (os "principios de Mandela"). Onte escoitei con gran satisfacción como un 'opinador profesional' nunha cadea de TV con claro control dereitista (TVCyL) empregaba respecto ás víctimas o meu argumento:
ás victimas débeselles recoñecemento e respecto; indemnizacions e vantaxes sociais mais... non son mártires políticos de nengunha causa e non poden condicionar o devir político do estado senon: ¿faranse eles responsabeis dasEntrando no paralelismo co proceso irlandes vexo que non se emprega a VERBA MALDITA (se cadra é o que mais lle doe ó PP) i, entroques, si se fala de "Cese ó fogo" (non de tregua) tal e como o I.R.A. fixo no seu momento para propicia-las negociacions que deron nos acordos de 'venres santo'. Nese post preguntábame eu cando E.T.A. daría este paso e comentaba eu xa que no P$o€ había unha liorta interna para se liberaren de ERC percurando outros socios... Logo veu a xenial xogada de "ZmaquiaveloP" devolvendo a pataca 'requentada' a "M'amargall" (pola faciana de amargado que ten) que... bueno, eso outro día.futuras victimasque unha negociación poda evitar?
No hay comentarios:
Publicar un comentario