Entroidazo

OUUUUuuuu

Foi un 'jrande esito' este entroido... como todo na vida ten que ter equilibrio pois cada ano lle trocamos un pouquerechiño os ingredientes á nosa 'mescolansa' para que todo sexa do mellor.

Os "Dansantes do Bolshoi" tiveron un 'esito' arroiador.



O 'xerife' fariña e os irmans 'baixon' pasárono de medo...




Mágoa de nevada o venres que non nos permitiu achegarnos ó folión do Entroido de Groenlandia mais o 'projrama' seguiu con normalidade e rachamo-la aurora tódalas noites...

Seica tiven unha grande repercusión mediática nos Farrapos de Laza (a miña cita mais querida); a mín fíxoseme algo teatreiro... cáseque había mais cámaras que persoal a xogar cos farrapos. Eu paseino ben.

Sobor da festa das adegas de Oimbra teño orde de facer "mutis polo foro" e cumpro; mais que saibades que foi Cristina Cobelleira quen vos 'chorizou'... ¿dancei contigo esa noite?; non me lembro (unha mágoa).




No hay comentarios: