Imaxes do home

Atalaia dende a que abrín os ollos ó mundo

Carballo grande, sombra do verán, protección no inverno

Fonte da que bebín as esencias da lingua e do "sermos"

Rompeondas no que bateron as presas de neno barbudo

Firmamento no que non atinei co roteiro

ata que a paternidade me amosou a túa guía

Abrazo agardado, desexado na porta da festa; alegría

Asubio pola mañan, música da banda ó mediodía

Agasallo dos meus bens, premio dos seus esforzos

GALEGO de Palmou, de Lalín e do mundo enteiro.

Fronteira non, encontro

OUUUUuuuu

Dempois de escoitar , sen sabelo, o derradeiro asubio alegre de quen me deu vida acudín ó teatro Bérgidum a participar da festa do "galego-berciano" na entrega dos premios xarmenta. Acudín a participar porque para "facer bulto" non facia falla...



Foi un acto completo dabondo, con actuacions musicais bercianas, galegas e do mundo e no que se falou "berciano", galego, castelan e sefardí.

Ainda sorprendeume polo seu manexo das cordas e coitelos das verbas, Uxía agasallounos con 3 luceiros do mais clásico repertorio galego un deles -"unha noite na eira do trigo"- de fonda lembranza emigrante que me voltou a levar ás xuntanzas das fins de semana caraqueñas... Dona Argentina Frey e 'alegría berciana' puxeron imaxe e voz ó que é o singular sincretismo "galego-berciano".
A remozada música sefardí de Sirma amosou artisticamente a escencia do encontro que ten lugar en "terras de paso" como esta.
Rapabestas fixo notas da singular paisaxe e idiosincrasia berciana.
Os de Vagalume cos seus 'curtos' teatrais antes de cada entrega oficial deron boa mostra do "humor galego" e da extensión das teimas é redor da lingua mais aló dos ancares.

Da parte política só me quero referir á presencia do 'consejero' de cultura da JCyL porque me sorprendeu a altura da representación política enviada dende Valladolid e o contraste coa auséncia (polo menos na escea) de representación política do concello de Ponferrada...

A emocionada digresión de Amancio Prada lembrando como coñeceu él a escencia do galego na terra berciana ainda antes de saberes da existencia do idioma coma tal e a súa emoción ó recibir os versos rosalianos na lonxana terra de pucela abríronme os ollos o titular da entrada: O bierzo non é fronteira, é encontro. Tivo/ten a oportunidade de estar como "Portico de Galicia" na 'internet medieval' que era o camiño e aproveitouna multidireccionalmente.

O discurso do presidente da RAG puxo moitas cousas no seu sitio; en primeiro lugar: Non se trata da festa da cultura galega no bierzo; trátase da festa da cultura "galego-berciana", unha homxe ós que se esforzaron i esforzan en conservar, difundir e transmitir uns valores i expersions tan propios como galegos.

As dúas reivindicacions do acto:

  • A construcción da "casa Sarmiento" en Vilafranca do Bierzo

  • A reivindicación de Antonio Fernández Morales; autor cababelense de adopción que publicou en 1861 un "ensayo poético en dialecto berciano" con 15 poemas en galego. e a proposta para lle adiacar o día das letras galegas nos vindeiros anos.

Arroutada

OUUUUuuuu

O venres á derradeira veu a musa e me arroutei; cheguei á casa e decidín liscar lonxe sen plano nen guia... Calmoume o diálogo coas tapiñas e o "likor-maría".


Espertei para concreta-la iluminación. Fomos cumpli-lo desexo dos rapaces gracias a un bó amigo.



Andivemos de compras pola zona mais "viva" da capital, comemos "verde" e nos enguliu a besta para podermos ir patinar.


Cando rematou o día esquencerame da sombra e da luz.

Ó día seguinte fomos "pradear" por pasear...

Galeria de Tintoreto no museo do prado

Foi unha visita curta mais intensa; chea de conversas clarificatorias. É o que ten viaxar; que contactas con outras realidades, calibras e decides.
Espertacheme da inconsciencia de min mesmo

sei que a emoción que me condea é a miña esperanza

a realidade de cada día nin é ceo nin abismo

a clave da felicidade esta no valor da lembranza.

O solpor do dialogo

OUUUUuuuu

Veño sendo puntualmente des-informado polos medios dos dous "procesos" politicos mais importantes que se están a desenrolar na actualidade e seméllame estar diante dunha escena de cinema ou de "best-seller".

Por unha banda a recomposición de zapiavelo con 'roubado' incluido chamándolle erro ó proceso de paz (do que recoñecera os riscos hai xa tempo) non bastou ó nacionalismo centripeto que quería/quere unha rendición en toda regla ás súas teses de demonización de tódalas ideas que replantexen o marco territorial "escrito a ferro e lume" na actual "carta de chumbo". Os mesmos que executaron o aillamento das ideas contrárias ás súas son agora os que se queixan de seren postos en "cuarentena sanitaria"... i é que a 'lealtade institucional' (como tantas outras cousas) no lles é de aplicación cando lles toca a eles levala a cabo.

Ainda así zapiavelo esta a manobrar con desesperación para conquerir un marco que lle permita asumi-lo fracaso do proceso de paz e supera-los "globos sonda" que unha e outra volta lanzan os medios afins á esquerda abertxale nunha tentativa desestabilizadora para(?). Ten polo de agora apoio político mais ca dabondo para elo mais debera reflexionar porque igual que as parellas SEMPRE se rompen por 'culpa' dos dous implicados tamén nos díalogos rotos ámbalas dúas partes puderon facer algo mais.

A paz merecía (e merece) esa oportunidade, a verba non pode permanecer silenciada permanentemente (esto si é un "Malaverbismo"= Malabares+verbas) e, antes ou dempois, as persoas de ben voltarán a tentalo.

FRONTE ESTATUTIÑO

Se nas parellas a ruptura e culpa de ámbalas partes nos trios seica sempre hai algúen que non "empuxa" dabondo... Malia que él dí que se esforzou o certo é que a min me semella que Touriño non quixo apretar mais para non descolocarse por si os adiantos electorais... ¿Pudo ceder mais o nacionalismo centrifugo?; se cadra, seguindo a teoría do "slow nation" o que se debeu ofrecer mais que un menú de 'isto é o que hai' foi un:
-aceptamos "nacionalidade diferenciada" (ou a fórmula que levase Feijoo), mais ¿ti que aceptas?: Marco competencial ampliado, Novas capacidades de financiamento e lexislación, representación económica e política internacional para asuntos de incumbencia/competencia directa, politicas activas (de discriminación positiva, non de imposición) de fomento da cultura e lingua do pais...
Morreu unha oportunidade, foise incapaz de manter un dialogo mais non pensedes que se perdeu algo mais ca tempo... Os humanos pasamos, as ideas evolucionan posicions que hoxe son "centro" mañan serán reaccionarias.

Entelequia Enerxética

OUUUUuuuu

Ten o debate "práctico" sobre o futuro enerxético e sobre o transporte moito de política e debe telo para que resulte efectivo.

Partimos dun modelo que esta a dar signos de esgotamento: A producción enerxética baséase nun "mix" no que predomina a combustión de carbón e derivados do petroleo e a enerxía nuclear; está medrando a producción con 'ciclo combinado' e alguhas fontes renovabeis "non constántes" (eólica principalmente). No transporte estamos ainda no imperio do motor de combustión a base de derivados do petroleo co nacente pulo de combustibles mixtos (biodiesel) e motores mixtos (híbridos).

Os tres principales problemas son:


  • O innegable efecto invernadoiro sobre o cuia orixe podería admitirse debate mais sobre a súa velocidade é CULPA do desenrolo tecnolóxico-industrial dos derradeiros 150 anos.

  • A dependencia enerxética dos paises occidentais (en especial de europa) que lastra gravemente as opcions de futuro das vindeiras xeracions.

  • O encarecemento e progresivo esgotamento do petroleo e o gas natural froito da lóxica limitación natural das reservas e da entrada no mercado dos millons de consumidores dos novos paises desenrolados (China e India) cuias clases medias ainda que fosen mais conscientes que as clases medias europeas de hai 20 anos consumirán mais petroleo ca eles polo simples feito de seren mais.



No número de Novembro da revista Investigación y Ciencia faise un repaso á situación do troco climatico produccido polo "efecto invernadoiro" e as medidas que poden contribuir en conxunto a paliarmos a emisión destes gases sen afectar ó desenrolo económico mais SI trocando alguns dos nosos hábitos.

Cito en concreto o artigo ¿que facer co carbón? porque afecta moi de perto á bisbarra berciana i entra nun tema que se atopa no debate político local: A captación do CO2 producido na combustión do carbón evitando a súa emisión a atmósfera.

Ten o proxecto do CIEMAT para o Bierzo demasiado calado político pois o se tratar do proxecto "duns" os "outros" semellan adicarse só a sementar dúbidas no doado camiño da grandielocuencia e a inconcreción dos primeiros.



Ten moitos valores que remarcar un proxecto coma este para que se ande a facer política de "postiños" con él. A simples opción de seguir producindo enerxía co carbón sen que repercuta na emisión de CO2 á atmósfera debera ser motivo dabondo para a esperanza desta terra.
Que un centro de investigación sobre as dúas facianas do tema (captar o CO2 e almacenalo) se faga no bierzo constitue un xeito lóxico de centrar a investigación alí donde está o problema.

A elo se engade a "posta en valor" dunha instalación histórica e condeada á desaparición como era a central vella da MSP na marxe do sil dentro xa do casco urbán de Ponferrada que se vai a adicar a 'museo da enerxía' con visión de futuro (espero)

A "aparición" de proxectos paralelos de empresas que figuran no proxecto CIEMAT-Bierzo só indica unha vontade obtruccionista e a necesidade de xustificarse; pois sin que ningúen llo pregunte respostan a ¿porqué non se fixo esto antes?:
La apuesta por buscar fórmulas para “secuestrar” el CO2, se produce según Pizarro, en un contexto en el que los costes que generan hacen rentables los estudios. “Cuando se pone precio al CO2, empieza a haber costes y compensa la investigación”


Porque haberá que explicar que no futuro o 'mix' enerxético e de transporte non poderá ser como o actual; á marxe da desaparción ou non da enerxía nuclear de fisión, a desaparición paulatina das centrais de gasoleo e gas natural, a modificación das centrais de carbón como xa se sinalou e a irrupción de formas de producción de enerxia renovables e 'constántes' o futuro será dependente de xeito principal de COMO ESTEMOS DISPOSTOS A NOS IMPLICAR NEL; pois as medidas de eficiencia enerxética deberan estar nas prioridades non só cotians senon (principalmente) nas prioridades de deseño de edificios, máquinas, actividades etc.

Por exemplo: sempre me chama a atención a cantidade de enerxía que se debe empregar na iluminación nocturna; no derradeiro tempo ando abraiado coa iluminación do novo parque da Rosaleda. ¿non sería dabondo con alguna luz menos?, ¿non se poderían por lámparas de baixo consumo ou sistemas LEDs?, ¿non se poderían colocar farolas con captación fotoeléctrica cargando unha bateria polo día para iluminar, cando menos, parte da noite?... Ahí falla a presencia do "pensamento ambiental" no deseño e posta en marcha de moitas iniciativas.

Deixemonos de paos de uns para outros e de críticas non realistas, non existe unha única via para acadar unha contención do CO2 mantendo o desenrolo económico.

O valor entre as bombas

OUUUUuuuu

Un día destes o presidente do goberno español comparecerá en sé parlamentar para explica-lo remate do proceso de paz que ETA notificou estruendosa e tráxicamente o 30 de Decembro (tal e como predixera Patxi Zabaleta). Fai ben en comparecer no parlamento pois foi ata alí a facer público o inicio do mesmo e a formar unha maioría política que o respaldase, fai ben en mostra-la súa disposición continúada cara ó dialogo fronte ós que coidan que os berros ou a violencia poden solucionar REALMENTE algo e fai ben porque é preciso explicar agora que o goberno no se "estaba rendindo" nen se estaba "entregando" ás pretensions políticas da esquerda abertxale.

Eu da incredulidade pase á 'credulidade' total; créome que o goberno non sospeitase ren mailia que desde hai 3 meses a espiral de "faroles" ia en aumento i ETA xa comunicara o remate do outono como data límite. Créome que a esquerda abertxale non soubese ren malia ó peche das canles de comunicación co goberno e a "mesa de partidos", créomoe que esa salvaxada de bomba fose detoada pola policía e que isto se negase ó saberse dos dous desaparecidos (agora falecidos) e creo que o mesmo presidente do goberno que dixo no lugar do atentado que mantiña a súa vontade para acada-la paz considerase rematado, roto e ··· o proceso.

Agora Zapiavelo vai ter que sacar unha nova reviravolta para que a forte aposta que foi o proceso de paz non o acabe arroxando nunha aperta asfixiante (PACTO) que só pretendeu no seu momento silenciar ós que consideramos ó actual marco constitucional SUPERABLE.

Pode que tivese algo de razón no que a 'pedra de toque' era a NECESIDADE da esquerda abertxale de se presentar ás eleccions municipais tanto polo aspecto económico como polo manexo de información que os resultados que acada lle significan; como queira que fose o goberno esixiu algún xesto mais aló da tregua "permanente" (que ó cabo foi mais efimera que un peiteado) e que 'os nervios' fixeron o resto.

Agora ¿aproveitará ZP para consensua-la reforma anti-salica co PP de tal xeito que, ante a próxima abdicación de Juan Carlos en Felipe este poda; dentro da actual lexislatura, levala adiante como xeito de "xustificarse" cara á poboación 'gañando o seu referendum'?.

Carta Real

Como hai un ano...

Señor rei: Escribolle esta con motivo de facerlle chegar as miñas peticions cara ó 2007:


* Que se escomence a camiñar na via da DEMOCRACIA para que @s cidadans actuais e futur@s sexamos responsables das nosas vidas e non prisioneiros de pactos anteriores.

* Que os seus chamamentos se dirixan a que sexa consultada e respectada a vontade ACTUAL d@s cidadans en tódolos aspectos da forma e organización do estado e a sociedade.

* Que sexa vostede coherente e someta o cargo da "jefactura del estado" á vontade da cidadanía e non ó mecanismo arcaico da herdanza biolóxica

Iniciativa

OUUUUuuuu

Escomenzo o ano "atropelado" polo camión da gripe e da decepción do que xa supuña que ia pasar (mais os brutos non perderon a súa capacidade de me sorprender).

Tamén o escomenzo participando noutra inciativa política. A iniciativa Can de palleiro á que cheguei vai chuza¡ ; trátase dun espazo para o debate sobre o pais e o seu futuro que espero non se vexa invadido de "trolls" nen 'fanáticos'.



Hala, vou para cama a cura-la gripe que xa sabemos todos o que quere dicir "proceso autolimitado".