Cando veu a estrema dereita a nos lembrar que vivimos nun simulacro de democrácia; que, nen o pobo soberano nen os seus representantes poden reformar nada do establecido.
O peor de todo é que o cesamento deste exaltador só vai servir para dar azos á idea do "quebrantamento d'españa" e para lle proporcionar un novo martir 'politico' ó PP. Sei que incluir a restriccion das liberdades políticas e de opinión nos corpos militares é algo común nas democracias occidentais para evitarmos chantaxes mais...
Monarquia "MAJA"
Como ben sabedes a dos reis de oriente é a única monarquia que acepto xustamente porque non é sucesoria e se encarga de agasallar á ilusión e ilusionar ó agasallo. Podeselle pedir o que mais se desexa e sempre se pode agardar que se cumpra.Mais eu que son así de contradictorio a quen lle enviei a carta de peticions (outra xenialidade de quen me honra acompañandome na vida) foi á "outra" monarquía.
Señor rei: Escribolle esta con motivo de facerlle chegar, como cada ano a partires de agora, as miñas peticions cara ó 2006:
- Que se escomence a camiñar na via da DEMOCRACIA para que @s cidadans actuais e futur@s sexamos responsables das nosas vidas e non prisioneiros de pactos anteriores.
- Que os seus chamamentos se dirixan a que sexa consultada e respectada a vontade ACTUAL d@s cidadans en tódolos aspectos da forma e organización do estado e a sociedade.
- Que sexa vostede coherente e someta o cargo da "jefactura del estado" á vontade da cidadanía e non ó mecanismo arcaico da herdanza biolóxica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario