Navegar pola certeira deriva do tempo, impulsado polos incertos ventos das circustáncias. Escrutando na escuridade da penuria as lonxanas luces, pegadas da felicidade restante, para non me afacer ás xagas nen a enfermidade; esa, que nos fai sentires mal, nos impide facer o que queremos e disfrutar do que facemos.
Ansiaba estar nos lonxes para ollar a fraga e ver si a súa subtáncia merecera todos eses afogos, todas esas dores, o instantáneo esgotamento, a perda do verde; a ramaxe, que fora complicada de descifrar, compactouse nunha lembranza intermitente e perfecta coa vellice dos bós viños atravesando as distancias caseque sen querer.
Desfeitas as lembranzas polas verbas coas que tentaba fixalas fun perdéndome no constante trocar do tempo e do espazo, tentando esquecer o inesquecible: Non se pode evitar o inevitable.
Atravesando cidades coma redes entrecruzadas e interconectadas, teatros de marabillas que se desfan nas repeticions do cotian... Cruzandote con outras vidas cheas do senso que ti tentas valeirar da túa; destrozador de sonos incosnciente nos camiños do mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario