OUUUUuuuu
Mirade; eu non son afiliado a nengun partido político tradicional e, ainda que se poda dicir que son afín ós grupos que compoñen o goberno galego coido que non carezo de espiritu crítico cara ás suas accions. Na mesma liña teño que en anteriores post teño falado da comunicación á que nos submeten os grandes medios i este é outro exemplo.
Nesta data aconteceu que o goberno da Xunta e a Fegamp anunciaron a sinatura do pacto local polo cal os concellos recibirán unha compensación polos servizos que prestan e que non son da súa competéncia. O importante deste pacto é que por fin os politicos semellan facer algo para o que foron elexidos e que este pacto foi asinado por persoas pertencentes a forzas politicas de distinto signo o que pode indicar un certo síntoma de madurez dandolle todo o senso a verbas como TALANTE e NEGOCIACIÓN.
A ver si se vai impondo o SENTIDIÑO e se deixan de lerias...
No hay comentarios:
Publicar un comentario