Acabouse a diversión...

OUUUUuuuu

Esta semán percibín mais tensión política da que me gustaría i é que o encontro das intolerancias ó redor da reforma dun estatuto non pode mais ca rematar así.

No díaro "El Mundo" do domingo viña un fragmento dun libro sobor do 23-F, (o 25 aniversario vai cadrar co Xoves de comadres ) iniciando a reseña cun anaco de "política-ficción" no que unha 'alianza centrípeta' optaba por un goberno de "unidade nacional" para "salva-la pátria" facendo un simil coa situación e os movementos acontecidos ó redor da asonada e deixando claro que houbo moitos mais civis implicados naqueles feitos dos que finalmente foron procesados; entre eles o cidadán Juan Carlos de Borbón.

Disque os temores á "ruptura de España" alimentados daquela pola posta en marcha do modelo estatutario e agora pola reforma deses estatutos (iniciada polo "Plano Ibarreche" non o esquezamos) crea grande inquedanza ós corpos armados; pois eles xuraron "defende-la constitución" ás ordes de El Rey.

Por unha volta, e sen que serva de precedente, estou de acordo con Ibarra: É preciso facer unha pausa e reflexionar. Estase facendo mal. ¿Por?; porque as casas escomenzanse polos cimentos, non polos muros.

O que hai que reformar é A CONSTITUCIÓN



E hai que facelo de xeito democrático. Os cidadans debemos ter opción a elexir:

  • A forma de goberno do estado.
  • A organización territorial do mesmo.
  • As relacions entre as partes do estado.
  • A verdadeira separación dos poderes delegados (pois o POBO SOBERAN delega en lexislativo, executivo e xudicial ).
  • A organización económica da sociedade.



E dende ahí é dende donde se deben facer as reformas estatutarias encaixandoas nesa nova constitución que será respetada por tod@s.

Mais, claro, as verbas de Ibarra non ian por ahí senon por todo o contrário e, como xa teño dito, as "forzas centrípetras" do P$O€ están a solicitar axuda urxente e desesperada ó PP para 'parar esto'.

A min o único que me mágoa é que estes persoeiros atopen argumentos para infundires medo á xente (se vos fixades os mesmos medos que en 1981 cando nada de iso pasou) porque, como era de esperar por outra banda, entre as persoas con sensibilidade "centrífuga" existen radicais que aplican a "lei do talión" e coidan arranxar desprezos do pasado (ese que dín querer superar) aplicando eles similares desprezos agora.

Si o que desexamos é democracia non se pode coartar a liberdade de elección. Unha cousa é que un cidadan nun territorio teña a OBRIGA de coñecer dúas linguas oficiais (o cal enriquece á persoa) i outra é IMPEDIR que unha lingua oficial se imparta como asignatura para promover o emprego da outra. Iso só indica curtedade de iniciativa...

Eu négome a que os meus fillos ou eu mesmo non podamos estudar a FERMOSA lingua castelán (si, fermosa ¿pasa algo?) tanto como me gustaría que puidesen estudiar os contidos xerais das outras asignaturas en galego (si, eiquí no bierzo. ¿non está xa en marcha eses convenio? ) e, inclusive, que o Portugués se incluise na ESO como unha opción mais dentro dos "segundos idiomas" xunto co Francés e o Alemán (por certo, haberá que ires estudando a posibilidade de dar "conceptos de idioma e cultura Chinesa" si o mundo segue así).

Xa sei, oubeos dun kan tolo...

No hay comentarios: