Se hai un tempo mo dín non o creo... I é que todos temos dereito a trocar de opinión e/ou rectifica-los nosos erros. Iso é o que está a facer o PP de Mariano Rajoy que, tras anos de goberno (4 de eles en maioría absoluta) aprobando leis orgánicas no parlamento (LOCE, LOU...) agora se deron conta do "pouco democrático" que isto é e se adican a pedir un referendum nacional co galo da aprobación do novo estatuto de autonomía de Cataluña. Só queda que responten:
- ¿En cal nación se fará o referendum?
- ¿Esta iniciativa é para tódalas leis orgánicas ou só para cando o PP perde as votacions no Congreso?
- ¿Someteranse a referendum as leis xa aprobadas ou só as futuras?
- ¿A proposta exclue as leis elaboradas e aprobadas polos parlamentos autonómicos e as normativas europeas?
Coido que o asunto promete... o malo é que si lesen a constitución esa que din defender se decatarán de que o primeiro que habería que facer sería reformala para permitires semellantes referendums. Por certo, se precisan orientación sobor do tema poden dirixirse a Otra Democracia Es Posible onde estaremos encantados de falarlles de decisions tomadas polos ciudadans e métodos democraticos para establecer i exerce-lo goberno.
HABILIDADES 'ZETAPISTAS'
É certo, estou asombrado coa manobra política de ZP e do sector "centrífugo" do P$O€ que, pondo a venda denantes da ferida, conquire posicionarse no centro-centro cunha reforma que non reforma ren ó mais puro estilo gatopardesco... Porque, si o PP non está de acordo coa reforma (bueno, eles non estarían de acordo con caseque nada) e ERC vota ; ¿quen está no centro?: ZP.
Aprendeu; iso si, de Ibarreche que co seu plan tamén quedou no centro entre os verdadeiramente intolerantes da esquerra abertzale radical (intolerantes porque xustifican a violencia) e o nacionalismo 'centripeto'.
Todo elo para evitar que na próxima reforma constitucional (por mor de Leonor e o TCUE) se poda tentar modificar algo de verdade; mais ó contrário, atopadas as fallas polas que nos derradeiros anos uns e outros (non esquenzades os 'centripetos' quen escomenzou o xogo da cesión de impostos) colaron ampliacions de competencias os informes sinalan xeitos de impedilas nun futuro.
Por riba todo isto non fai mais que devolve-la presión a Maragall e reconcilialo con Bono e Ibarra...
Coido que ate Maquiavelo palidecería de envexa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario