Anticipo e diversidade

OUUUUuuuu

Como xa leirei noutra entrada o resultado electoral sempre depende da cor da enquisa coa que se mire de tal xeito que a uns lles vai ben e a outros menos ben.

Ainda que peor lle foi a quen mantivo toda a campaña un discurso de reválida das eleccions autonómicas e conqueriu un resultado que, extrapolado ó ambito do seu discurso electoral, significaría unha nova perda de representación no parlamento... Evidentemente, o silencio é a resposta mais significativa do fracaso.

Ollando o singular panorama de conflictos internos nos feudos tradicionais (ate o de agora) dos conservadores, a cantidade de concellos que por vez primeira van ter unha equipa de goberno na que non figure o mesmo alcalde dos derradeiros 20 anos, e a aparente contradicción da suba de apoios do PPdG nos entornos urbans coido que Tou-Quim deberan considerar adianta-las eleccions autonómicas para dempois das xerais (dirá o PSdG) ou para simultanealas con elas (dirá o BNG). ¿Porqué non agora? porque hai que permiti-la constitución e posta en marcha dos novos concellos e deputacions nos que os cidadans poderemos apreciar si paga a pena a oporutnidade de cambio.

Mais; dándolle voltas, se agora o PPdG tivese que facer listas electorais para o parlamento galego... podería acabarse desfacendo como un terrón de zucre?; non, non se deberan botar esas contas porque, dende o punto de vista da hixiene democrática, é preciso ter unha oposición sólida na sede parlamentar.

Hai moito cronista que carga as tintas contra a irrupción de multiples "cores" no xogo político; se cadra a súa mente non é capaz de manexar mais de dúas clases de datos a un mesmo tempo (como os computadores); mais, se aprendemos do que nos rodea na natureza veremos que a diversidade (a bio-diversidade) é unha garantía de futuro.

A reproducción sexual das especies non foi mais que un xeito de introduciren a diversidade na carga xenética dos novos seres incrementando a variabilidade entre xeracions que facilitaba a mais rápida adaptación ó medio cambiante sen ter que esperar a mutacions xenéticas que solventasen os atrancos ou mellorasen a eficacia-eficiencia da relación co medio.

Do mesmo xeito a presencia de tres ou mais partidos nun goberno debera (sempre queda a incognita do comportamento individual) ser beneficioso por permitir un fluxo de ideas e puntos de vista que; tendo todos o fin do beneficio da comunidade a medio e longo prazo, daría mellores solucions ós problemas cidadans e tería unha batería de ideas innovadoras para desenrola-las posibilidades da comunidade.

Como consecuencia deste razonamento só me cabe voltar a unirme ó coro de voces que reclaman PRIORITARIAMENTE unha reforma electoral profunda e complexa que, respetando a vontade dos votantes, distribua a representación otorgada en base á representatividade en tódolos ámbitos.

Por exemplo; Poderíanse asignar unha porcentaxe dos postos de representación (escanos) ó conxunto do territorio obxecto da elección (poñamos o 33%) co que ás opcions políticas que teñen ampla difusión mais un calado escaso se lles outorgarían parte dos postos representativos que lle corresponderían nun escrutinio global; neste ámbito xeral o límite para entar no reparto sería o que dictara a división da masa de vontantes convocada polo número total de postos de representación a cubrir no foro (parlamento, concello etc.) e o sistema de reparto sería PROPORCINAL DIRECTO.

Logo estaría o ambito tradicional (provincial ou o que se decida) que continuaría co sistema actual de reparto D'hont mais introducindo o sistema de Voto Simple Transferible de tal xeito que os votos emitidos en primeira instáncia a listaxes/candidatos que non obtivesen o 5% preciso para entrar no reparto se otorgarían a opción sinalada en segundo lugar polo votante... Si este 'movemento' provocase que algunha lista/candidato dos descartados en primeira instáncia acadase o 5% se lle incluiria nel.

E os postos de representación restantes se discernerían por candidaturas individuais dentro de circunscripcions que, dependendo do ámbito da elección, se fixarían en base a poboación; serían pois, individuos cunha filiación local cercana sen que necesariamente deban pertencer a un partido. Neste caso o representante electo podería ser CENSURADO polos seus votantes nun proceso de revocación no que se elexiría un novo (ou o mesmo) representante. Quedaría por precisar cómo evitar que a "fabricación" de demarcacions ad hoc fose empregada para manipula-la asignación de representantes.
Publicar un comentario