Consenso apropiado, consenso roubado, consenso frustrado

OUUUUuuuu

Están os nosos proto-demócratas a celebra-los 30 anos desta especie de réxime de dictadura-constitucional ó redor da verba CONSENSO sen se decatar que cada negociación ten un marco ineludible que a acompaña e a condiciona.

Na actualidade semella que na resolución da carencia democrática deste modelo ten triunfado a máxima gatopardesca de: "que todo troque para que todo sega igual" sendo os trocos estatutarios ( teito do ordenamento ó que se está disposto a chegar ) unha boa mostra delo por virse a roubarlle-lo debate á cidadanía; porque, en moitos casos, eses trocos non son refrendados polos cidadans antes do seu debate definitivo e por demostrarse prontamente que só constituen outra peza do xogo partidista e non unha auténtica reforma consensuada do marco lexislativo.
Para mostra os botons da paralización da reforma do estatuto canario por parte dunha forza política para castigar a outras que lle "rouban" o goberno dunha comunidade ou a sinatura dun pacto político no que se aposta pola ruptura do marco territorial dunha comunidade que acaba de aprobar (na sé parlamentar que non os cidadans) un novo estatuto en cuio debate non se falou desa ruptura territorial...por non falar de acordos políticos en concellos entre partidos que, pouco mais, se declararon a guerra no momento do debate do estatuto de autonomía da súa nación.

É evidente que a carencia democrática do sistema politico-electoral non vai ser resolta ou consensuada ata que se produza, como hai 30 anos, a conxunción da fartura da poboación polos contínuos abusos das clases dominantes (económicas e políticas) e algún feito catarquico (a morte do dictador) que reste parapeto ó ordenamento actual... Mais sei que somos moit@s de diferentes xeracions, ideais económico-territoriais e referentes políticos @s que coidamos que o actual modelo nin é democrático nin representa xa o equilibrio preciso.
A democracia é "poder do pobo" e debera acadar tódalas esferas do poder e non só ó lexislativo e parte do executivo; un poder que se debe demostrar non tanto na potestade de elexir representante senon na potestade de controlar verosimilmente a eses representantes mercede o poder de revocación do nomeamento representativo. A democracia é representativa cando non deixa fora de escena a grupos de persoas porque non acadan unha cifra arbritaria de representación o que fai de cortina na que se esconden os que non entenden o verdadeiro significado da verba 'negociar'.

A sociedade que virá froito dunha situación cultural, económica, educativa e DEMOGRÁFICA; diferente non vai poder alentar dentro do corsé dun sistema tan hipócrita que lle rouba a capacidade de decidir os seus roteiros e marcos de referencia. Porque o que non vexo que fagan os telediarios que tanto louban os avances acadados dende hai 30 anos é compara-la sociedade rural, de nivel cultural medio, aislacionista, tenebro-relixiosa, 100% indíxena de 1977 coa sociedade tecnourbana, de nivel cultural alto, globalizada -a ostias mais globalizada-, laico-hipócrita e mestíza ó 70% de 2007. A sociedade troca: o modelo político-electoral debe trocar e non do xeito gatopardesco e oscurantista que alguns propoñen senon dun modo aberto e participativo.

Sei que nalgun marco de referencia falla un elemento fundamental como é a inexistencia da ameaza coa violencia física contra os individuos; noutros falla deixar de mezclar eidos que só se tocan unha vez establecido o sistema político-electoral ( relixión e politica, lingua e política, economía e politica) pois iste debera ser un debate só sobre FORMA POLÍTCA I ELECTORAL non sobre as aplicacions que ese modelo de toma de decisions que ten toda sociedade (eso é a política o modelo de toma de decisions da sociedade) no campo da realidade.

Só son UN ( cidadan, traballador, home libre) que sabe que goza do privilexio da aparente liberdade de expresión; que sabe que non ten a formación que outros supoñen que hai que ter para falar destes temas e que sabe que actuando de xeito individual-independente non se pode acadar nengun troco de calado no grupo da sociedade mais tamén sei que calar é consentir, que non votar é aceptar e que a participación política se acada dos xeitos mais insospeitados.

No hay comentarios: