A man que xa non me agasalla

mMarchou a man que me agasallaba, a que me deu aloumiños...

Pero non é tempo de tristeza porque tódolo seu esforzo e traballo non foi en balde.

Veu ó mundo ó pé da lareira e do forno da casa familiar que os seus pais contruiran eles mesmos ó pé da vella estrada... Moi pronto quedou orfa de pai e en canto tivo mais altura que as ovellas iniciou a súa "carreira profesional" pois sempre foi de oficio "traballadora".

Así que andivo coas ovellas e labrou, puido acudir un tempo á escola, apenas o xusto para saberen leer, escribir e facer contas.

Con esa bagaxe formativa xa se dedicou a outras cousas; emprendeu.

Comerciou con sombreiros na feira, fabricou fideos de pasta na casa cunha máquina que mercou, aprendeu a poner permanentes en duas sesions e de seguido se puxo a poñelas na casa materna...

Logo andivo a servir nas casas dos que podían (e dos que trataban de abusar) alí foi sen apenas roupa pero coa vontade rexa que a caracterizaba, asistiu nos partos das veciñas, prantou pinos no monte do carrio... e como a necesidade era de comer e as oportunidades poucas se dedicou a caretar no Wolframio das minas da brea nas noites sen lúa... todo elo sen deixar de labrar.

Cando chegou a hora de ter familia emprendeu outra vez... a ruta da emigración; a dor que aquela partida lle produxo era patente cada vez que contaba a longa travesía no paquebote cara a Venezuela. Alí durante 27 anos se fixo a sí mesma primeiro servindo nun aloxamento; logo cosendo, cociñando nun local cun socio e mais adiante xa pola súa conta.

Demostrou tamén grandes dotes de visión estratéxica e con habilidade nos guiou cara ós estudos e conqueriu montar unha relación tan fraternal como si convivísemos xuntos así que na hora do retorno topei que aquela música coa que me criara pensando que os meus pais "non sabían falar" era unha lingua de seu que me servía para entender á terra da miña orixe.

A volta non foi á do indiano rico e tamén demostrou capacidade de adaptación inventándose a si mesma un posto de froitas que pronto combinou  co restaurante familiar sen deixar de labrar e, en canto tivo de seu, de coidar da súa horta e a súa pequena facenda.

Alí traballou ( ata que o seu corpo non puido mais, non por necesidade crematística senon porque o seu corpo e a súa mente non entendían a vida sen traballo.

Coido que tiña tódalas cualidades que os guruses valoran nas persoaxes de éxito: Innovou, emprendeu, inventouse e reinventouse a sí mesma, tiña visión estratéxica e sabía recomponerse si a situación se torcía.

Gracias a ela e a xente como ela o noso punto de partida nesta crise é un pouco mais alto e seguindo o seu exemplo a bó seguro que habemos de sair desta situación; iso si, para elo teremos que tomar medidas como sociedade para ser nós quen ten verdadeiramente o control (e a responsabilidade) do que suceda.

A pregunta desviada

OUUUUuuuu...

Onte seica houbo quen se sorprendeu; eu non. É o que toca debatirmos agora sobre o tema territorial para distraermonos dos porqué e as solucions da situación actual.

Nin Catalunya, nin Galiza, nin Hespaña (sí con H como a escribía Castelao) se meteron nesta crise por unha cuestión de mais ou menos autogoberno. Fomos os cidadans apoiando a opcions políticas doadas de manipular dentro dun sistema feble e altamente corrompible pero difícilmente controlable por quen (segundo eles mesmos) temos "a soberanía".

Si queremos que esto non volte a pasar; si queremos que sexan os problemas das persoas e non o beneficio dos que mais teñen os que dirixan os obxectivos que debemos ter como sociedade (en colectivo) Si non queremos que esto se repita e que se sigan ignorando as grandes ameazas para a nosa supervivencia (a cuestión enerxética, a cuestión dos residuos... o equilibrio co medio ambiente) o que hai que trocar XA é o sistema político COMPLETO.

En fin, axitade bandeiras e cantade himnos que mentras o 1% se leva non só os cartos senon os recursos e nos deixan débedas e lixo.

A miña falsa-edade e a falsedade dos outros..

OUUUUuuuu... Esto publicarase o 15/11 que é a miña data falsa de nacemento porque a vida ten esas voltas e que me coñeza xa sabe que son como un quark que non se sabe ben onde está cando se quere saber del...

O certo é que a miña falsa-edade é pecata minuta si a comparamos coa falsedade dos que veñen agora por terceira volta a nos face-lo gatopardo dicindo que sí que son os que van a recompone-los valores sociais no goberno democrático e trápala trápala como si non estivesemos xa avisados.
Logo virán con conto do voto útil e as monsergas da dispersión do voto que favorece á dereita... que sí pero si queríades evitar eso TEREN TROCADO A LEXISLACIÓN ELECTORAL que ata neso son retorcidos que para acadar un goberno o aceptaron como condición cun prazo e agora que lles veñen as consecuencias enriba se fan de cruces. E que conste a á Hitler-diaz non a trago polos seus xeitos e tamén (innegable) porque ese patriotismo de salón de té que pensa que lle vai dar tan bó resultado.

Coa votación do sistema de goberno quedou claro quen son nese partido... conservadores disfrazados de pana.

En fin, que tiña gañas de falar da conferencia de conxuntos valeiros e automotivación dos que non son quen de poñer orde no único que deberan: DISOLVERSE e deixar que a xente se organice para que o goberno dos cidadans o tomen os cidadans en conxunto e non un 1%.

Ó fin burlados

OUUUUuuuu... a verdade é que non tiven azos (nin tempo) para escoitar toda a sentenza... a verdade é que esperabamos esto dende aquela... a verdade é que sabíamos que se ian rir de nós novamente...

11 anos dempois aquela negra masa volta a proir no meu ánimo... lembro as praias de Malpica, lembro as praias do meu querido Aguiño...  as horas baixo a choiva embutido no traxe coa máscara...

O tipo do chiste dos "hilillos de plastilina" é presidente do goberno... aquel chulo da torre de Marfil segue chupando do bote... os poucos imputados absoltos.... "a culpa foi do barco"... e nada se puido facer mellor.

As argumentacións son febles no que puiden ouvir, pero xa non quero escoitar mais, estou emponzoñado de dor.

O peor non é todo aquello e esta burla final o peor é que se mañan se deran as circunstancias VOLTARÍA A PASA-LO MESMO.

Diana na diada

OUUUUuuuu...

Hoxe é 11/S moitos son os acontecementos que nesta data se festexan ó longo do mundo (e mais si tiveramos en conta culturas xa extintas) pero aquí a cousa se centra na Diada como reivindicación da nacionalidade catalá escudandose nunha suposta democracia do feito nacional catalán cando unha cousa non ten porqué ver coa outra.

Para min pobre cidadán de a pé o principal valor, a "proba do algodón", dunha DEMOCRACIA é a tolerancia coas voces que discrepan e neso o sistema político no que vivimos ten dado moitas, moitísimas mostras de non cumprir ... esta "proba do algodón" só tería como barreira a ruptura cos dereitos humans, en particular co dereito á vida.

E non teño eu claro que na forma de goberno que o espectro político catalanista poda por en marcha nunha plausible independencia se tolere a presenza de forzas "unionistas" ou se deixe dentro do sistema xurídico a instaurar a posibilidade dunha nova unión (ou da independencia do val de Arán).... ou sexa que presumen ou vocean o que non teñen.

Logo está o asunto económico que ven sendo que pensan os futuros gobernantes do estado catalán que poderán estar integrados na UE (dereito que non lles nego por moito que dende Madrid pensen que teñen dereito a veto o que eles pensen non conta senon o que diga Herr Angela) e recibir fondos e prebendas... ignoran que xa vai moito, moitísimo, moiiiiiitísimo que son unha rexión desenrolada e que a súa integración na UE sería en status de CONTRIBUTOR NETO e, seguramente, dado o desfase ingresos-gastos o futuro estado nacería intervido tal e como está agora a Generalitat...

En fin, ogallá a xente fora capaz de ver as manipulacions ás que é sometida e optara "en conciencia" polo que pense que mellor lles representa e é mellor para o seu futuro pero sen autoenganos nen falsas expectativas.

Nota ó pasado...

Grazas.

Pola lección de madurez

Pola oportunidade de medrar

Pola firmeza de criterio

Porque sí.

20 de Abril

Abril non é para os necios

OUUUUuuuu... Hoxe os que viven do pasado saen a reivindicar co noxento tufo da revancha alonxando ainda mais o que ha de vir; hoxe os que queren conserva-lo acadado en xullo do 36 teñen motiovos que os reafirmen pois van "contra eles" e o señor da coroa os ha de protexer...

Onte mesmo puidemos ver unha demostración mais do efecto psicolóxico de que o xefe de estado o sexa por herdanza biolóxica e sexa intocable pola lei: en catalunya se reivindica á "casa reinante" como "símbolo" e se apupa a intervención da xustiza nos seus turbios negocios...

Coido que pasarei sin ver cómo na sociedade na que habito se establece unha DEMOCRACIA na que calquer cargo de representación sexa de elección directa e libre polos cidadans, obrigado a unha completa transparencia nos seus actos (axenda de citas) e contas (de todo o seu núcleo familiar) e baixo a única tutela dos cidadans que o nomean tanto de palabra (falarlle á faciana e decirlle o que se pense que fai mal) como de feito (revocación do cargo por votación); pero espero que acabe por chegar polo ben de tod@s e pola nosa responsabilidade...

Non podo entender que os que se manifestan hoxe non caian na conta de que reivindicar a carón de xente que pide trocos para a política tendo eles os mesmos métodos de elección que critican, sendo pouco ou nada transparentes nas súas axendas e contas, mantendo ós mesmos cadros dende vai 15 anos ou mais. Qué pode trocar alguén que leva 15 anos sen trocar ren?

Fora o borbón si; mais fora tamén o revanchismo como esperanza de futuro... a xustiza non coñece bandos e nunha guerra todos teñen algo de culpables.

O triunfo do anodino

OUUUUuuuu... Fai dúas semanas deuse unha nova que por sí soa rozaba o estúpido; os dous grupos da oposición ó goberno municipal de Ponferrada que viñeran apoiando puntualmente algunhas iniciativas do mesmo (e a investidura) se unían e presentaban unha moción de censura coa rocambolesca condición de que unha persoa elexida nunha das listas tiña que renunciar á sua acta de concellal ó día seguinte da votación da moción.

Segundo o grupo do que viría a ser o novo alcalde a cuestión estaba en coñecemento dos comités correspondentes que deran o visto bó e a "operación" era un éxito para o partido en cuestión... ata que... Carme Chacón (a coñecida desaufiadora) chiou:
 E o P$o€ fixo augas... e o Sainete, entremes ou traxicomedia chegou... pero voltemos atrás, moi atras para repasar feitos fundamentais que poñen as claves morais desta historia:

Superar, crecer, medrar...

OUUUUuuuu...

Son pequeno, hei de medrar
Non o entendo, hei de crecer
Teño un problema o hei de superar...

A Carta máxica

OUUUUuuuu.... Sego sin rendirme qué lle vou facer... eu na única maxestade na que acredito é na das persoas xenerosas, nas auténticas, as que dan o mellor de sí cada día para os seus e para a comunidade; as que comparten o mais valioso do seu saber sen reservas nen protagonismos.

Nestes intres de tremenda aflicción, de sufrimento, de desafío... temos que ser quen de plantarnos sen estridencias nin violencias, só con constancia e firmeza de decirlle á nosa sociedade que basta xa da darlle premios ós mesmos, que non se pode rescatar só a unha parte dos que tomaron malas decisions, que non se pode empeñar o futuro de todos polos beneficios duns poucos.

Esta carta máxica non sairá do espazo virtual onde a deposito mais teño confianza en que conseguiremos que deixen de enganarnos con publicidades maniqueas e academos a visión de conxunto non só como sociedade senon como especie para afronta-los verdadeiros problemas que temos por diante e que son os que se ocultan tra-la néboa dos temas financieros: O dogal enerxético e de consumo desmedido ó que nos submetemos hipnotizados.

Feliz día.