Carroñeiros miserentos

OUUUUuuuu

Ós adestradores de futbol os afeccioados pídenlle victorias e bó xogo ou, cando menos , victorias. Porque un afeccioado desfruta mais ufanandose das victorias da "súa" equipa que do xogo do conxunto e non lles proe gañar "de penalti injusto en el último minuto".

Na política hai partidos que se asemellan demasiado a equipas de futbol con incondicionais que son capaces de aplaudir as mais grandes barbaridades con tal de que o seu lider teña unha posición aparentemente reforzada. Xente que vai votar unha vez cada catro anos 'porque toca' e que vota 'ó que toca' sen ter en conta nen no mais mínimo o programa politico e os feitos da(s) persoa(s) que logo dín que teñen a súa confianza.

Os membros dos 'think tanks' dos partidos traballan con esa hipótese do votante-borrego que bala nas furnas e nos bares o que os seus líderes repiten machaconamente polos seus altofalantes de in-comunicación, unha manada que vota e bota impasible ós demans mais terribles dos seus dirixentes dándolles un feed-back de falso acerto coa realidade.

Só así se pode entender que moita xente sega votando formacións que teñen a desvergoña de escudarse contínuamente detrás de victimas para levar adiante os seus idearios empresariais, como consumidores de carroña alí onde hai un morto de calquer clase (civil ou militar ; home ou muller) ou por calquer motivo (guerra, barbarie ou tolemia) vanse a reivindicar como os únicos defensores acusando ós demais de tomar accions que eles xa tomaron (como negociar) ou de facer leis que eles non fixeron (violencia de xénero).

!!!Ay dos políticos que fan chegar á sua voz por medio da voz calada dos mortos, Ay das víctimas que reclaman vinganza e non xustiza, Ay da sociedade que vota como si mercara un desodorante¡¡¡

Centrada a atención en feitos como unha negociación paralizada, un xuizo moi longo e complicado ou a inevitable enchenta dos servizos sanitarios quedan fora das campañas as liñas principais que SI interviran na vida cotían do futuro: O modelo económico-social que dí como e de que vivimos e como nos organizamos, o modelo de relación co medio ambiente e os balanzos que nesa relación deixamos.

Ninguén nos ensina a pensar na sociedade como o conxunto que debe ser e como podemos contribuir cada un de nós nela senon que semella que nos ensinan a pensar somentes en que podemos sacar da sociedade cada un de nós. Cando un goberno tenta que se ensinen estes conceptos na escola pública láica o sector sectarista dogmático apela á "obxección" e a "desobediencia" porque sabe ben o que é facer adoctrinamento na educación: Levan séculos facendoo.

Entroido 2

OUUUUuuuu

Bueno, por motivos alérxicos non puiden facer mais crónicas matinais sobre o entroido 2007. Mágoa

Vaivos entón unha crónica xeral.

Sábado: Espertei cedo e fun chapotear, logo de arranxar un asuntiño do PC da miña amiga escribin a crónica do folión de Laza. Dempois de traballar un pouco o "cigarrillo" probou o traxe e sairon coas chocas postas.


Tra-lo xantar chegou a hora dos disfraces dos cativos e da fariña na praza que, coa choiva, semellaba unha grande mesa de facer masa. Ainda así nos enfarelamos e bailamos ata a hora de irmos cear.

Fixemo-lo troco de tercio e nos disfrazamos os maiores, logo fomos ó noso sitio de cear destes anos e alí fixémola boa co noso arte tirikitao, cando saimos xa eran as dúas fomos ó archiconcurrido Fidel´s a saudar a tódolos amig@s e veña mais baile. Paramos na verbena porque xa non chovía e ainda estivemos alí ata cerca das catro. Chegamos ó "local" mais non gostamos do ambiente 'normal' coma si o entroido parase na porta e liscamos para a casa que xa eran as 5 longas.

O Domingo amaneceu xa despexado e os nosos colillas xa estaban inquietos dende cedo; foron tantos os nervios que houbo que pedir sorrisos para as fotos a quen sorrí de gratis todo o ano. Sorte que co pasar do desfile foi collendo confianza e pasou logo 3 horas moi feliz correndo pola praza; mais o mellor chegou coa entrega do diploma de estrea do cigarrón.
Logo grande xantar caseiro-cocideiro amenizado pola coral do xarrón que interpretou o "himno nacional" con grande marcialidade.
Xa a noitiña voltamos á praza para 'quencer' a noite danzando e cantando.

Ás 22:30 arrincamos para Laza con parada no "tiramisú" para acompañar á tropa que estaba a cear. Alí fun informado da situación de absoluto dominio da temática enxebrista nos locais por mor do "peche" do entroido de Castro; como adalides da 'biodiversidade kultural' os membros da CCCP (Comision Coordinativa Contra Pachanguera) optaron por unha estratexia de enfrontamento dialéctico-musical que nos levou a estarmos cantando de todo con mosqueo dos menos entroideiros ata as 5, a esa hora chegou a artillería pesada ó comisión e escomenzou o baile. Marchei ás 6:30 porque ainda tiña intención de ir a chapotear pola mañan do luns...

Acordei ás 9 mais non era quen de colle-lo coche, din media volta ata ás 11 e sain almorzar. Chovía a manta e non había ningúen na picota. Tiven que agardar ata as 12:30 cando deixou de chover e apareceu o "jakuzi" no que prepararon os farrapos. Outro ano mais grande éxito, paseino bomba, non me manquei e fixen bós brancos.
Por un fallo loxistico meu rompin coa tradición do baño no lavadoiro mais empreguei igual auga fría. Ás 2 xa era novamente visible e fomos outra volta ó "tiramisú" a xantar. Visto o que chovía non sabíamos ben que facer i estivemos a dubidar ata ben tarde se marchar a Oimbra ou quedaren en Laza para as formigas. O CCCP argallou estratexias de confrontamento contra o "integrismo enxebrista"...
Fomos visita-la nosa caseira Avelina que deu mostras de ter moi boa memoria e moito mellor humor... Probamo-lo "xastré" caseiro i esas bicas de clara tan ricas antes de metermonos na marabunta da baixada de morena. Topei alí á miña xentiña que se estaba a mollar e os metín no comisión dende onde percibiron o rebumbio...
Tra-lo lusquefusque veu a hora de danzar baixo a auga, ainda gozamos da oportunidade de probar en familia mais xastré caseiro e mais bica branca. Logo a cea "de traje" na casa e veña mais auga pola noite. A sorpresa foi que tanto no Portajero como no comisión non habia "gaitas" senon mais ben algo moderno co que o CCCP se disolveu e fixemos unha "jam sesión" con invitado escepcional. Ás 5 collín o coche e marchei para Verín durmir coa miñas mozas.

O martes fun chapotear novamente e logo tomamos as derradeiras á saude do entroido que ven. Xantamos e preparamos ós cigarrons para o desfile televisado que foi un grande éxito pois o viu a súa aboa dende o Deza e o abó dende o ceo.

Nova guerra fría?

OUUUUuuuu

Volto do entroido e vexo nos medios a un xeral con gorro de plato enorme, corentamil condecoracions e faciana de 'coñecedor do vodka' que fala en ton serio. A voz que o traduce ven dicir que o seu pais non consentirá novas bases da OTAN perto das súas fronteiras porque estas non son mais ca un truco dos EEUU para amedentralos. Fala de misiles de curto alcance, que non poden chegar a europa dende Iran ou Corea do Norte (curioso xa ningúen fala de Libia) e de que o seu pais SI queda dentro do hipotético alcance dos misiles das novas bases.

Logo sae unha señora de cor (negra) traxeada e con cara de "tensa" que detrás dun petríl co escudo dos EEUU fala tamén en ton serio. A voz masculina que lle poñen na traducción non desencaixa coa súa expresión e ven a dicir que as novas bases son precisas e que a alianza cumprirá os seus compromisos cos novos socios...

E froto as orellas, miro o calendario e digo: ¿logo non pasaron xa 20 anos?.

Os paises do leste estan a desenvoltar un movemento pendular para pasar da ferrea disciplina comunista á obediencia Otanista sen medir ben as consecuencias das súas decisions.

Nun mundo con 50 guerras/conflictos bélicos en marcha ¿é precisa mais tensión armamentística?. A próxima invasión do Iran fai necesario o consentimento de Rusia e pode que por esa banda veña a explicación a este xogo de misiles que, de momento, estan a deixar sen traballo á xente como a da fábrica de armas de A Coruña. ¿a cantos deixan-deixarán sen vida no vindeiro ano?.

Os "amos do universo" moven pezas de todo tipo co único motivo de controlar as fontes dos recursos enerxéticos e dende Iran non só se controlará o petroleo do golfo persico senon tamén os descomunais recursos das republicas islamistas ex-sovieticas que poderán ser levados ata EEUU pola meseta Persa sen pagar 'peaxe' a Rusia.

Entroido 1

OUUUUuuuu...

Onte, Desmpois da trona no corazón e de casi esquece-la ferramenta fundamental arrincamos cara o entroido das terras máxicas do val alto do támega.

Foi unha grande sorpresa ver como remataban 14 anos de "desvio provisional" na OU-533 en Freixido, coido que non tería ningúen a desvergoña de inaugurar esa obra e si o fixeron xa puideron poñer un palco ben grande para tódolos implicados en semellante acontecemento.

Pola noite fomos ó remozado folión de Laza, que, non sabemos si polas críticas do ano anterior ou por ser este o ano que é o certo foi que se preparou unha boa facendo un xantar de masivo no pabillón do que xa saimos "quentes" para andar cos choqueiros, os maragatos e o folión por Cimadevila e por Laza. Mágoa de chuvia, é o peor que lle pode pasar ó entroido; por pouco frio que vaia si chove... xa se corta o tema.

Xa teño ó choqueiriño pola rúa. Estamos que non collemos en nós.

Hoxe á noite sae o "jrupo cordobé universá" vai ser un gran acontecemento comparabel coas actuacions da KAR (Kordinadora Abertzale Rumbera) haberá danza e likor. ¿alguén dá mais?.

No Introitus

OUUUUuuuu

Como xa pasou o cocido...




no que loitamos por encher este valeiro físico...


Como xa abriron as mimosas e se escoitaron os primeiros trinos

Sabemos que o ven ahí... O entroido que xa leva 3 semanas de emocions no tríangulo máxico.

Vai ser algo totalmente diferente. A forza da ausencia, o tempo que non deixa de pousar o seu peso de vellice e borralla, o nosos rapaces de cigarons... As novas condicions de "pernocta" en Laza, ¿trocará a calidade do likorkafé?.

Dios, que ledicia se me mete no corpo só de imaxinarme alí neses días.

Entroido mais ca nunca, entroido mais ca sempre
entrando pola porta, saindo a "catro pés"
cantandolle a Maruxa, cantandolle a Xosé
bailando sen vergoña, danzando até caer.

Democracia berrada

OUUUUuuuu

O facer o que un critica e apoiarse no que un despeza non quita para nada o dereito a facelo ou criticalo nin engade mais dignidade ou lexitimidade o criticado/desprezado.

Chámame a mín a atención nesta lexislatura o contínuo recurso ó referéndum de berridos ou á capacidade de convocatoria dunha iniciativa, dun ideal, dun colectivo... de tal xeito que nos atopamos instalados nun 'combate' entre manifestacions, nunha versión 3.0 neocon das flash mob (Multitudes instantáneas) TODAS con claros fins partidarios.

É moi triste para unha sociedade que ningúen se rebele contra semellante uso e abuso do dereito a se manifestar por parte de uns e de outros e faga ver que o único verdadeiramente coherente nesta situación é facer unha fonda reforma do sistema político para "por en valor" a premisa democrática de: Unha persoa = un voto de tal xeito que cando certo número (que cando menos debera ser do 20% do total) de cidadans representados ou non por organizacions políticas ou sociais ... pedise a participación na toma de decisións políticas de "novo cuño", este debate se resolvese mediante referendum de votos.

Os cidadans debemos lembrar estes intres nos que uns e outros nos chaman a mobilizarnos por tal ou cual causa que xa están a debate no parlamento para visualizar como, o que o sistema chama, a democracia; se atopa ancorado nun pasado (recente, mais pasado) no que a 'velocidade da información' non permitía mais ca unha participación indirecta nos asuntos políticos mediante representantes elexidos para longos períodos de tempo e que non lle redían contas ós seus electores mais ca unha vez cada catro anos nunha especie de DEMOCRACIA INTERMITENTE... Agora se pode avanzar senon cara a un sistema asambleario (que non lle interesa a case ninguen) si a unha DEMOCRACIA CONTÍNUA, na que eses representantes poden e DEBEN consultar ós seus electores e respostar diante deles das súas actuacions políticas tendo a súa representación SEMPRE dependente do apoio da poboación do seu distrito electoral.

Así as decisións gubernamentais como negociar con bandas terroristas ou enviar tropas a unha zona de conflicto sen mandato da ONU non se poderían apoiar en coalicions puntuais ou en maiorías de un día e non sería preciso o confrontamento na rúa de grupos de cidadans nos que non todos saben o que se está a reivindicar e nos que existe o risco, xa demostrado, de que un pequeno grupo de persoas alleas ós bandos se adique a "reventar" esas manifestacions, causando incidentes que xustifiquen 'estados de sitio' para que "os outros" non se podan manifestar.

Ainda mais, si seguimos con esta espiral de manifestacions e contramanifestacions poderá chegar outra "revolución laranxa". ¿imaxinadesvos a Rajoy acampado na castellana?. Surrealista.

Fracasado o apagón acendamo-lo futuro

OUUUUuuuu

Onte á noitiña tiñamos unha cita importante para facer patente tódolos cidadans de xeito individual/familiar o noso recoñecemento do problema causado polo consumo enerxético e as emisions de CO2 e outros gases de "efecto invernadoiro" e o noso COMPROMISO para tomar medidas cara ó futuro.

Tratábase dun xesto ben sinxelo; apaga-las luces e os trebellos eléctricos do fogar durante 5 miserentos minutos... abondaba con ir á caixa de contadores e baixar o fusible "main"...

Para os nenos tratouse dun xogo mais, alí ó redor da vela e a linterna falamos do que acontecía e cando nos decatamos ian 6 minutos.

A convocatoria foi un FRACASO rotundo; malia á difusión polos medios de in-comunicación (telexornais incluidos), a adhesión de moitísimas organizacions de todo tipo (dende asociacions veciñais e de amas de casa ata grupos ecoloxistas) e a das propias administracions que se implicaron "sumando" ó apagón monumentos i edificios institucionais o certo é que un descenso dun 2,5% (en Galiza seica un 0,5%) é moi pouco para significar ren... Cun pouco mais de calor ou dentro dun mes con algo mais de luz se consigue ata un 5% menos de consumo.

Debemos se-los cidadans os que poñamos este complexo problema enrriba das mesas dos políticos e poderosos, e non á inversa como aconteceu en Davos pois xa sabemos que esta clase de xente non se caracteriza polo seu altruismo e que "non dan puntada se fio"... dentro duns anos, si os deixamos, farán realidade aquela imaxe dunha obra de Orwell e lles deberemos "o aire que respiramos".

Fan falla mais iniciativas e mais integración ("transversalidade" din os entendidos) nos plantexamentos políticos e precisase tamén unha adaptación local dos postulados cara á diminución das emisions de CO2. Eu mesmo me vexo na obriga de rectificar e decir que o problema non é a combustión de carbón senon o nulo interese en face-lo dun xeito sostible.

Deixemos de agardar a que unha única implementación nos arranxe este complexo tema e deixemos de preocuparnos por temas vanais ou por "circos". Abramo-los ollos somos nós os que habitamos na terra, somos nós os que causamo-lo problema, só nós podemos solucionalo.

Edición 5/02/2007

Evidentemente se podería ter investigado mais como fixo xerelo para dar datos exactos sobre a repercusión da convocatoria que, por certo, non constituía en sí mesma unha medida de aforro enerxético (e moito erra quen así pense) senon que tiña a dobre finalidade de facer unha chamada de atención sobre a situación e os evidentes riscos para o noso futuro e de facer un "calibrado" de ata donde chega o coñecemento real sobre a situación entre a cidadanía... e ahí é onde eu atopo o FRACASO pois a escasa baixada do consumo nunha hora "pico" na que os cidadans (os que temos fill@s) soemos estar no fogar; debeuse, coido, mais ó "apoio" das institucions que as accions dos própios cidadans. Os gobernantes andiveron 'listos' para se apropiar da iniciativa e non deixarse sinalar como responsables de non tomar medidas reais para atalla-lo tema.

En canto a si a medida é contradictoria pois logo, ó voltarmos a encender todo, se gastou mais... repito que NON era unha medida de aforro enerxético. O aforro faise tódolos días, non en 5 minutos: Aforro non é igual a pelotazo por moito que en Davos os poderosos así o pensaran.