As abellas

OUUUUuuuu

Onte á tardiña ouvin a nova da preocupación que está a causar nos Estados Unidos a desaparición de milleiros de colmeas dun xeito case misterioso. Tentei chuza-la nova mais cheguei tarde; tardei en percura-lo suplemento da "Cerna" de Septembro de 2005 (nº 47) que falaba da importancia deste insecto para a humanidade e como se viñan vendo afectadas dun xeito lento polo emprego de pesticidas (ou masivamente como en Francia en 2004) e por outros perigos ambientais ata o punto de os definir como "sensores bioloxicos" dos problemas medioambientais.

En diversos artigos e investigacions se sinalan causas do mais variopinto para este gravísimo problema e todos eles de mala solución existindo moita desorientación sobre o tema.

A min semellame que se trata de un acumulo de causas nas que pode que se atope o troco do clima e as súas consecuencias sobre as especies animais e vexetais mais tamén cousas tan sinxelas como o emprego de millo transxénico, unha afección microbiolóxica ou, incluso, o incremetno de ondas electromagnéticas como consecuencia da implantación das redes de comunicacións avanzadas. Tamén se apunta á posibilidade dunha desorientación masiva por mor das emisions solares como hai 50 anos...

O perigo é evidente pois; como xa dixo Einstein: "Si as abellas desapareceran da terra ó home só lle quedarían 4 anos de vida; Sen abellas non hai polinización, non habería plantas, non habería animais... non habería humanidade".

O medo á paz

OUUUUuuuu

Logo do mitin de onte en RTVE vai ser dificil que a alguén lle queden dúbidas sobre as intencions de Zapiavelo. O programa estivo hábilmente conducido para facer ver un contraste moi forte entre a aparente crispación do pais polo tema ETA-Otegui-DeJuana e a xestion xeral do goberno, en particular as políticas desenroladas en torno ó chamado "estado do benestar" que para mín é o estado normal pois o 'outro' é a xungla neoliberal.

Así pois, hai o valor e as gañas dabondo para dicir en alto que o díalogo é o unico camiño cara a paz mais que ista so se pode concebir dende o cese da ameaza. Polo tanto todo diálogo estará condicionado ó cese da violencia.

Polo ton de algunhas afirmacions de ZP semella que nestes días (se cadra o día que lle toque a Mariano) ETA vai dicir 'algo' ó respecto.

O certo é que coa manipulación do debate (desprazando o tema ó inicio e o remate) se viu que hai alguén que non fai o seu traballo e non o fai non porque non saiba senon porque as súas propostas van na liña contraria ó feito e polo tanto terían que dicir: Non subiriamo-las pensions mínimas, non faríamos unha lei integral da violencia de xénero, non instituiriamos un dereito cidadan á autonomía persoal, non faríamos unha lei de igualdade de xenero (...) non retirariamolas tropas de Irak.
¿Qué acontecería co PP si ETA declara o cesamento da violencia e se abre un proceso que, coas evidentes diferencias locais, desemboque nun proceso de paz como en Irlanda?. A resposta a dan moitos alcaldables do partido que piden outras iniciativas para se apoiar nelas nas campañas electorais e só atopan o desencadeamento dun "confilcto de medios" que se engade á 'guerra civil económica' na que estamos inmersos, meus pobres, non sabían onde se metían.

Esperanza; mellor de tres en tres

OUUUUuuuu

Pode que pensedes que me sumo á campaña política, mais o certo é que a consciencia social no tocante á sustentabilidade escomenza a tomar corpo dentro da campaña electoral e cada vez son mais os servizos que se poñen en marcha e que apuntan nesta dirección.

Na nosa 'cidade' (termo que pasará a 1º plano da campaña nos vindeiros meses) vense de presentar o novo sistema de transporte urbano TUP que engade novas liñas de autobús e novas paradas, buses que funcionan con biodiesel (parche, que non solución) e novo sistema tarifario que pode fomentar algo mais o seu emprego ó permitires un transbordo na primeira media hora (deberan ser 45'), outras melloras apuntan mais á comodidade e o emprego polos foraneos que á sustentabilidade (nova sinalización nas marquesinas e sistema GPS de información),tamén quero sinalar que a información web seméllame ben deseñada ainda que lle faltaría sinalar que servizos públicos e zonas de interese turístico son accesibles en cada parada/liña. No plano político estou a agardar que alguén diga que se fai campaña subliminal coa cor dos autobuses...

A segunda iniciativa ten que ver con algo que se anunciou tamén para Ponferrada e que xa critiquei por incompleto ainda que tamén sinalei que haberá que agarda-la súa posta en marcha... En Barcelona botou a andar Bicing que si é unha iniciativa encamiñada a fomenta-lo uso da bicicleta como vehiculo de transporte urbano habitual, con un sistema de aluger-abono, estacions de aparcamento en zonas de concentración pública e un sistema de carriles bici ben sinalizados.

Por derradeiro punto sinalar esta nova de Código cero na que se referencia a posta en marcha dun sistema de auga quente sanitaria no Centro Oncolóxico de Galicia que ten como particularidade quedí aproveita non só o sol senon tamén a choiva e o vento.

Día da auga

OUUUUuuuu

Semellará un chiste a calquera que habita por estes lares mais neste día debéramos celebrar a nosa maior riqueza e na celebración deberamos facernos conscientes do necesario que é empregala mellor.

A escaseza de auga é un dos principais problemas dos seres humanos en todo o mundo e afecta a millons de persoas que non teñen acceso a ela nen para o consumo vital mais simple. Claro que nesta terra malamente se pode comprender esto pois dúas semanas sen chuvia xa son chamadas 'seca' e calquer pequena incomodidade ó respecto do seu uso ocupa tempo i espazo nas protadas dos medios; o que sería si tivesemos verdadeiras dificultades coa auga... pronto o saberemos.

O contraste entre zonas como a nosa na que a abundancia aparente de auga permite un despilfarro cotián e continuo que se cifra nun 10 - 15 % do consumo doméstico e zonas como Lusaka (Zambia) na que se aproveita a auga sucia das fochancas para consumo humano se vai poder escoitar hoxe no parlamento galego na voz dos nenos que nos chamarán a atención sobre esta "diversidade non desexable".

Mentres eiqui abondan uns usos e sistema de mercado que non dubido en calificar de INMORAIS en piscinas individuais, axardinamento, fontes, campos de golf, xeración de enerxía e, sobre todo, limpeza de vías públicas. Mentras, o que pagamos pola auga eiquí, non cubre nen sequera o custe do mantemento das infraestructuras hídricas porque a proporcionalidade entre a auga estrictamente precisa por persoa, a recomendada e o consumo execesivo non se reflexa na escala tarifaria.

Descoñecemos moitas cousas sobre a auga e o seu uso, por non saber non sabemos con exactitude canta auga cae e dónde e como evolucionan esas precipitacions mais coidamos ter "controlado" o recurso e por elo temos e mantemos o seu uso inconsciente.

Pode que chegue algún día no que sexa preciso facer verdadeiras restriccions no uso deste recurso ignorado, pode que ese día lembremos a necesidade de termos responsabilidade individual e colectiva no seu emprego, pode que ese día vexamos cos ollos estuporosos dos nenos so sur que cada verán nos visitan como outros malgastan o que para nós é unha necesidade vital... e pode que acudan a nos "salvadores" en forma de compañías que poñan toda a auga baixo o candado do rendemento económico (como en Bolivia, Zambia e tantos outros lugares) i entón moitos non poderán acceder a ela para que uns poucos a segan empregando de xeito irresponsable.

Unha boa información sobre o tema a tendes eiquí

Lembrando o inesquencible

OUUUUuuuu

Mentras algun familiar, amigo, coñecido ou cidadan se erguia esta mañan en Madrid e se preparaba para ires ós actos organizados en commemoración daqueles atroces atentados seguro que non se lembraba da situación penitenciaria de ningún presidiario en concreto, nen do tráfico de onte, nen da contaminación... seguro que lembraba aquel día tan cotián que acabou en traxedia hecatombica.

Son dos que me atopo un pouco contrariado pola situación pois considero prioritario a consecución da paz e o esclarecimento da verdade ó cumprimento dunha condea que, non esquezamos, é por ameazas. E teño de min que todo este "ruido de berros" ten que ver mais con restar protagonismo ó xuizo dos feitos que hoxe se conmemoran que a un verdadeiro e lexitimo medo á cesión ante a xantaxe; de tódolos xeitos benvidos os que berran ó lugar onde nos situaron cando estabamos en contra dunha medida do goberno, lugar que daquela era duns ninguén e que non merecía mais de 1 minuto dos telexornais...

Mentras no lonxe eu cavilo por entre as pistas rodeadas de paxaros cantores e de amedoeiros e mimosas floridas, en Madrid alguen quere homenaxear ós que aquel día sufriron e queda parado nun valado a dous quilómetros de Atocha... Houberalle sido mellor velo pola TV.

Trens cheos de xente normal seguen a circular por todas partes, seguen tamén os motivos para que algúen arrisque ou malgaste a súa vida atentando contra eles.

A miña analista dí que a guerra do ano que ven xa está decidida, que é só unha cuestión de "tempo"; eu onte vin un documental sobre o poder do sector de producción militar nos USA e as súas repercusions directas e indirectas na politica daquel pais, vexo a Bush de xira por sudamerica enviando mensaxes a China e a India para que empreguen biocombustibles e, de paso, lle deixen tranquilo o 'patio traseiro' como o definiu Teddy Roosvelt hai un século.

Estase a disputa-la terceira guerra mundial nun xeito de puzzle no que as pezas son os recursos de todo tipo (os mais importántes os enerxéticos) e os movementos son como "por turnos" para que a maquinaria de producir cartos non 'pinche'; asi pois, nun mundo no que o primeiro que se globalizou foi a guerra agora é a guerra a que está fragmentada coma se os conflictos non tivesen nada que ver cando son parte do mesmo teatro de operacions.

Muller

OUUUUuuuu

Como dixen no xantar:

Brindo polas mulleres; porque si elas gobernaran o mundo habería mais homes felices.

A superioridade moral do estado

OUUUUuuuu

Seica non abonda coas directrices marcadas na constitución e demais lexislacions para explicar que nesta sociedade hai un sistema de facer xustiza entre os humanos e por humanos que non ten como obxectivo marcar a ferro ó infractor, castigalo de xeito permanente ou envialo ás catacumbas sociais senon que; tras conquerir vence-la presunción de inocencia mercede a carga da proba reiterada nun rosario de xuizos apelatorios instáncia tras instáncia, o culpable pasa a un sistema penitenciario que aspira a reintegralo na sociedade rehabilitado para o ben común.

Seica cando un pai castiga a un fillo o fai para que sufra e que si logo lle levanta o castigo e o fillo volta a reincidir non pode consentir que a nai lle atenúe o novo castigo.

Unha vida humana é dabondo para que un culpabel vaia á cadea; un goberno pode, polos motivos e procedementos que se determinan na lei, indultar o reduci-la pena por ese crime e o culpabel pode voltar a facer ese ou outros crimes... Sería doado botarlle a culpa a quen o indultou sen que se arrepentise ou enmendase, sería preciso que a lei lle pedise responsabilidades. Mais esa tampouco é a "letra" do sistema de xustiza que 'nos deron'.

Vintepico vidas deberan ser dabondo para cumpliren unha condea penitenciaria longa, mais non de por vida. Unha condea que non se sabe si influirá na persoa do criminal ata o punto de facerlle sentir a necesidade de pedir perdón ou ata o punto de troca-los déficits morais que lle levaron a xustificar eses crimes ne nome de non sei que farrapo de gaita; mais un goberno é soberano de lle reduci-la pena por mor de un obxectivo maior: A oportunidade de Paz.

Agora, eu que coido que a oportunidade de paz pasou, non lle vexo mais sentido á actual polémica que manter unha apariencia de "estado de sitio" na confrontación política polo escaso pastel das persoas que votamos consciente e reflexivamente e non de xeito 'gonadal' sen ser capaz de ver o que uns e outros NON fan.

ZP preferiu non darlle un martir ó movemento abertzale que alongaría a espera para unha nova oportunidade. "Fedeguico" prefire a incoherencia de falar agora onde antes estivo calado a ter que agardar catro anos mais para que os seus intereses se vexan favorecidos dende a moncloa. As victimas amosan ese amargor que dá vivir coa carga dunha perda irrecuperabel pedíndo castigo para crimes xa castigados e condeas XA CUMPRIDAS, nunha reviravolta que os pon no centro do conflicto politico e, definitivamente, os debilita dende o punto de vista moral pois se queren erexir en xuices e carceleiros aplicando unha lei non escrita e non aceptada polo resto da sociedade.

Si, está mal que este individuo reciba beneficios penitenciarios sen se arrepentir dos crimes polos que xa foi condeado mais ¿porqué non pedirlle contas a quen o beneficiou realmente por eses crimes?.