Evolución

OUUUUuuuu

Ó longo do tempo os humanos temos feito as nosas moradas (ocupado o espazo) de diferentes xeitos ata chegares á tupida rede urbana actual; dentro desta rede non é difícil distinguir entre aldeas, vilas, cidades, URBES e megápole. Si, xa sei que volto a botar mán da imaxinación para describir algo que xa está mais que visto, pero é así como alcanzo a describi-lo que percibo.

Ponferrada nestes 9 anos que levo morando nela ven de acada-lo chanzo de URBE para ben ou para mal. A conexión cunha vía de alta capacidade, o remozamento urbán incrementando o espazo peonil e desprazando a circulación cara un círculo ó redor do centro, a creación de zonas urbanas novas, a aparente mellora do transporte público... todo iso acadou o seu colofón coa apertura dun macroespazo comercial.

Eu non son moi partidario dese tipo de lecer aínda que recoñezo que nun día de choiva é mellor pasear por un espazo cuberto que quedar na casa e malia que a presenza de multitudes non me arreda ó certo é que xa dende fora o aspecto de mercado "reconvertido" por obra e maxia do márketing non se lle pode negar...Mais,!!! Que diferentes as mazás e a verdura dun mercado na rúa ás que están asépticamente envoltas nos plásticos da modernidade ¡¡¡. Este tipo de centros constituen os novos templos do consumismo e do isolacionismo da sociedade occidental actual e coas súa presencia calquera cidade se ve impulsada cara a unha nova categoría urbanística.

Normas para uns e para outros

De tódolos xeitos o que mais me indigna do acontecemento este é o xeito que se ten de facer certas cousas; hai uns meses coñeceuse en Ponferrada que un establecemento hostaleiro de ocio nocturno non podía abrir-las súas portas por non teren marcadas as liñas do aparcamento... Eu, que acudín ó acto de inauguración do centro, non vin mais que cables descubertos, roturas en chans e paredes, un parking tan cheo de polvo que a xente que tiña que dirixi-lo tráfico precisaba mascarilla e unha iluminación que fallaba minuto si e minuto tamén... O que ten moito delito dado o barato que lles saiu poñela.
Nun aspecto mais legalista indigname que eu para poder visitar a que sería a miña vivenda tiven que agardar a ter a licencia de primeira ocupación e aquí temos unha chea de locais sen licencia de apertura e sen luz 'oficial'.

!!!Recristo o baptismo é un rexistro¡¡¡

OUUUUuuuu

E tivo que ser un tribunal o que finalmente desfixese a diferenza entre a teoría e a práctica á hora de facer vale-lo dereito fundamental da capacidade de decisión sobor dos seus datos persoais...

Na sentenza queda claro que
: Os libros baptimais son ficheiros de caracter persoal e, polo tanto, están baixo o mandato da LOPD.
Que dito rexistro pertence "aparentemente" á igrexa católica.
Que a inviolabilidade dos arquivos da igrexa non é predicable fronte ó cidadan que tenta exercita-lo dereito fundamental a decidir sobor dos seus datos.

Así que os bispos xa poden ir ideando outras estratexias e, na mentres, ir ameazando co que lles veña ó caletre.

Aproveito para vos presentar unha nova páxina sobre o tema (en castelan): Apostasía.es

Mais movilidade

OUUUUuuuu

Como ben se sabe, e sin que ningun primo me teña aleccionado sobor delo, o problema da emisión de CO2 ten un dos seus cabalos de batalla no transporte automotriz; este tema ten diversas "frontes colaterales" como os atrancos circulatorios e os accidentes. Unha das alternativas nas que veño teimando é a inclusión da bicicleta como alternativa de transporte dentro do entramado urbano e complemento ás redes de transporte público en desprazamentos curtos.

Este concepto está a ser aplicado en diversas cidades creando sistemas de alugueiro barato de bicicletas que permiten "usar e deixar" o velocipedo por unha módica cota. Tal é o caso de BICING en Barcelona.

Trátase sen dúbida dun sistema que se atopa ben integrado co resto do transporte público pois en cadan súa estación de metro, tranvia, tren así como en moitas paradas de autobus se sinala dentro do mapa da zona a posición da estación mais próxima. Mais poñe-las bicis non é o único que hai que facer pois un sistema así só pode triunfar si as persoas que circulan nas bicis se sinten seguras e ofrecen seguridade ós demais; por elo se teñen integrado na rede viaria carriles-bici nas principais arterias. Sen deixar de lado á opción de emprega-la própia bicicleta para os que residindo nunha zona prefiren este medio para os seus desprazamentos locais; por elo se teñen colocado barras para aparca-las bicicletas ben repartidas por toda a cidade con especial atención ós centros de uso público.

En resumo, unha boa aplicación que, ainda pensada para residentes, pode aportar un xeito rápido de se desprazar pola cidade cando un visita barcelona.

De tódolos xeitos, e posto a facer de avogado do diaño: ¿Non teríamos que empregar casco ó desprazarmonos na bici?, coido que a normativa de circulación é clara no tema.

Mellora local

En Ponferrada teñen aumentado moito o número dos aparatosos aparcadoiros para bicicletas colocados nos lugares axeitados mais aínda non se ten apostado deste xeito pola bicicleta como alternativa de transporte; eu boto en falla estacions de Ponfebici na estación de autobuses e na de tren.

Outra acción ¿valeira?

OUUUUuuuu

De igual xeito que os apagons masivos que non son masivos e, pode, que gasten mais enerxía en se convocar que a que formalmente se aforra; o día da acción blogue convócanos hoxe ós que temos a impudicia de publica-los nosos pensamentos sen ser "creadores de opinión" nen aspirantes a nobel da paz, a facer unha entrada sobor do medioambiente e a súa conservación.

Nun principio eu pensei en colocar simplesmente un enlace á etiqueta de Eko-lo-sis-mo na que englobo tódalas miñas paridas sobor do tema seguida de outro enlace á etiqueta Natureza de Chuza! e algunha referencia á falcatruada que se está a consumar a escasos 30 Qm. da miña casa coas torres do macroparque eólico de "El Becerril" como exemplo da terxiversación das ideas conservacionistas e do imperio da cultura do 'mono' (monocultivo de aeroxeradores). Mais onte mentras subía a costa de Molinaseca cara a Lombillo veume ó caletre cal debe se-la miña principal preocupación respecto do medio no que vivo.

Realmente é moi pretensioso pola miña parte pretender que cunhas verbas mal escritas nun sitio que só ven 4 ou 10 persoas se pode estar a facer algo pola conservación dos recursos da terra. Tamén é moi pretensioso coidar que reitera-la difusión das confusas novas que se van publicando sobor da forma na que estamos a acabar co mundo se pode captar algunha consciencia cara ó "lado da luz incómoda".

Porén diso coido que o meu papel debe se-la reflexión diaria e contínua, a acción día a día no meu propio facer para salvar ó mundo de min mesmo e, co meu exemplo real, facerlle chegar á miña 'audiencia de carne e oso' as preocupacions e os remedios que cada un de nós DEBE por para que, no día de mañan, @s que habiten na terra teñan unha vida tan boa como a nosa.
Dúbida intolerábel da inconsciencia,
Débeda consciente da tolerancia,
voz que brilla ó traveso da brétema,
ollar no que rompe a esperanza.

¿Es torre ou es facho?
Ámbolos dous e ningún.
Sorriso aberto no breve amencer;
nunca serán meus os teus serans de Xuño.

Desterro de min mesmo, illa, onda,
aloumiño segredo, invisibel, intanxibel...

AUTÉNTICO.

Como o desexo do futuro que se achega.

Hispanidade "Real", Hispanidade verdadeira as cores o xesto e Xibraltar

OUUUUuuuu

Nós no día de onte fumos a percura-las únicas cores que teñen interese: As cores do outono; desta volta fixemos o roteiro cara ós lagos de Burbia na verquinte berciana dos Ancares. Mais o mundo que semellaba tan lonxano i estrano no medio daquela fraga de carballos, acibeiros e teixos seguiu danzando e deixounos un contraste cando menos curioso.

Pola mañán realizouse o acto oficial de celebración do que sexa que se celebra e ali vimos ós uniformados civiles e militares cunha chea de armas a desfilar entre cores de perigo, rostros marciais e aires de seriedade. No medio delo os que falecen cumprindo cunha parte da nosa solidariedade internacional recibiron un sonoro abucheo.
Pola tarde a Hispanidade TODA reunida nas avenidas centrais de Madrid celebrouse a sí mesma ó son das músicas de tod@s coas cores de tod@s entre rostros sonrintes e xestos de alegría e parte da grande "lenda negra" da antigua e da actual expoliación dos recursos e persoas quedou redimida.
Nembargantes é preciso facer caso das indicacions dos nosos próceres e pedir un xesto si, un xesto para que escomence o reequilibrio das desfeitas provocadas, unha revisión do levado e do deixado. Agora que se inicia a semana de acción global contra a débeda externa é preciso abandoa-la hipocresía que nos resposta que "a culpa é dos seus gobernantes" e deixemos claro que a culpa é de quen se beneficia de semallante expolio e destrucción.

Non por elo sen precaución co que se fai porque si contra a "Lei de revancha histórica" (huy que erro; quero dicir memoria histérica) se ergueu unha "guerra -preventiva- de bandeiras" coa artillería xudicial ben disposta a tomar en consideración calquer xesto caricaturistico ou 'crematorio' ¿que non farán para que non sinalemos ós verdadeiros culpables e ós seus depósitos de cadáveres verdes nos paraisos fiscais? ¿Para cando un bloqueo financieiro ás illas Caiman?.

Outra. Resultame ben curioso que os mesmos intelectuais que se rasgaban as vestimentas pola reacción do "círculo integrista islámico" ante as caricaturas de mahoma non se escandalice de igual xeito coa reaccion do "círculo integrista autárquico" pola queima dunhas fotos do seu mais senlleiro membro.

¿E como pode ser que, tendo o Thomahawk na mán, non se teña falado de ilegaliza-las eleccions no peñon de Tarik que rompen esa unidade indisoluble sen a que alguns semellan non saber vivir? Vexo escaso de forzas ó persoal centrípeto; nin pedrojota nin jimenezlosantosdedios se atreveron a polo tema no candeleiro; non fora ser que Mariano se fundira.

Esperanza Verdadeira

OUUUUuuuu

Mentras os politicos profesionais seguen terxiversando con auténtica desvergoña as necesidades de reforma do sistema electoral segundo o eido que lles pete, perseguindo con 'flecos legais' a quen está farto da pantomima hereditaria na que se escudan os poderosos para domeñarnos e transformando os verdadeiros obxectivos desta politica pseudo-democrática de "goberno de todos" para "goberno dos nosos". Mentras todo isto acontece nas vesperas dunha nova convocatoria cómica a min me semella que existen grandes esperanzas de que, mercede ás tecnoloxías da información, se produza un auténtico "TROCO SOSEGADO".

Otra Democracia É Posible volta a ter algo de actividade nos seus foros e os seus membros comproban como varias das ideas alí expostas foron ou están a ter un "alter ego" dixital:

A breve mais intensa campaña de CONCORDATO.org posiblemente orquestada dende os sectores mais esquerdistas do partido no poder cesou de xeito misterioso xunto coa baixada da tensión entre o goberno de Madrid e a Conferencia Episcopal. Logo, o debate deixou o plano legal i económico das relacións igrexa católica-estado para enfocarse no eido educativo enrocado cadanseu protagonista na sua campaña propagandística de confusión.

Mais interesante i efectiva semella a idea de RESPONSABILIDADE POLÍTICA que percura a inclusión dun método para garantir que os políticos cumpran cos seus programas e, sobor de todo, percura a inclusión do dereito á revogación dos representantes como mellor mecanismo de control democrático. O emprego da "agrupación de votantes xeralista" é un sistema de chamada á autoresponsabilidade dos cidadans que, co seu voto, poden obrigar á inclusión de certos puntos nun programa electoral.

Outra iniciativa é a D3 (Democracia, Directa, Dixital) na que se exploran as posibilidades das tecnoloxías da información na transformación do actual sistema politico para achegalo a unha democracia ó mais puro estilo ateniense (sen escravitude e con tódol@s cidadans). Posiblemente se trate dun plantexamento novedoso por ter forma de partido político legalizado para loitar dende dentro contra eses grupos de intereses que son os partidos tradicionais. Neste eido caberá seguir con moita atención ás forzas recen xurdidas como Ciutadans, UPD, etc. para ver como lles vai afectando a necesidade de financiamento segundo van acadando representación ou posibilidade real de conquerila e como vai trocando a súa opinión no que respecta ás reformas politico-electorais segundo as súas necesidades.

Para rematar este pequeno repaso quixera invitarvos a visitar ERES PODEROSO unha páxina que fai un pouco de Parlamento Virtual no que tod@s poden participar e votar no tema de debate proposto para o mes. Tamén ten unha sección de foro para propor e ir debetindo outros temas. Destaca a presentación dunha sección de "Nuestras Cuentas" cousa que sería moi de agradecer nos partidos que se din independentes.

O mono e o Diverso

OUUUUuuuu

Son as contradicións as que lle quitan credibilidade a calquera mensaxe político, social, filosófico,...publicitario.

Por iso me sorprende que alguén aínda poda creer certas cousas como a "atención personalizada" das grandes compañías ou a "estratificación dos recursos" da administración. Simplemente quere dicir que empregan algoritmos e diagramas de fluxo nos seus procesos de atención e toma de decisións; danlle un tratamento estatístico, converten en valor numérico.

A tendencia a mostrarense "diverso" non oculta mais que o triunfo dun único modelo de entender e face-las cousas. A adaptación camaleónica de calquera tendencia emerxente ó modelo 'monista' de entende-las cousas remata desbaratando calquera esperanza de troco.

No modelo enerxético e de transporte por exemplo a aparición das enerxías renovables é ben acollida, mais cando esta esperanza queda atrapada no monocultivo do muiño de vento e o biodiesel vese claramente quen sae favorecido e quen perxudicado. E tal o impacto desta 'monificación' que os muiños de vento pasaron á lista negra das mesmas organizacions que, hai 20 anos, os promocionaban.

Trátase pois dun problema no xeito de facer, un problema de "borreguismo", un problema de volume.

¿que o que 'mola' é construir? todo o esforzo para o ladrillo; xa investigarán outros na biotecnoloxía, na reciclaxe e na reducción de impactos ambientais. ¿que se leva a minisaia verde?; tenta tí mercar un pantalon marrón a ver si tes sorte... O paralelismo é evidente. Tamén en outros campos se dá este fenómeno; se un tratamento médico se pon 'de moda' vai ser dificil discutir ren sobor del. Se unha tecnoloxía de software ou un trebello acada certa aceptación o resto está condeado ó "ostracismo".

Seguimos a ser unha sociedade "Monoteista", seguidista da tendencia que marca o sumo sacerdote ou gurú de turno. Cando a 'moda dos blogues' remate non escribirei este comentario; por iso o deixo aqui agora.