¿U-la a rexeneración D?

OUUUUuuuu Bueno, non sei como me sairá este post nun día coma o de hoxe mais vendo as novas luctuosas, que por fin o Sr. Presidente do goberno acusa recibo do meu escrito (ver imaxe), que o tema do sistema electoral semella interesar e, sobor de todo, vendo que nesta ocasión os politicos teñen esquecido totalmente a promesa de "Rexeneración democrática" pois dame por escribir...

O certo é que hai 4 anos no único no que ZP e Rajoy non concordaban ren era na necesidade de anova-la democracia da nosa sociedade. Tras 4 anos dunha dura disciplina pactista e tra-lo fracaso da manobra europea primeiramente posta en evidencia polos tribunais en España para logo fracasar nos referendums Francés e Holandés os azos de ZP e os seus ideólogos diluíronse e non trascende cara ó público ninguha iniciativa neste eido.

A suposta ideoloxía democrática do P$o€ descompúxose no xogo do poder de tal xeito que, como dixo o estudante de 'Leons por años': A política ten como único obxectivo a conservación do poder... E agora nin sequera se quere falar de como se regula o tema do 'voto CERA' garantindo ó mesmo tempo limpeza e dereito a votar.

No tema das liberdades públicas se ten voltado para atrás nalgún eido como o demostra a incautación de publicacions por divulgar debuxos e a comprobación de que a xustiza é un poder público ó servizo de diversos grupos de interese e das diferentes visions das persoas que obstentan dito poder.

Do financiamento dos partidos escoitouse un clamoroso silencio e da reforma do senado para convertilo en cámara de representación autonómica aconteceu o que sempre na política: desapareceu.

Non estamos como estabamos, estamos peor porque o verdadeiro pacto entre PP e P$o€ existe no eido da política para manter este bipartidismo de facto...


O cancro do hiperbeneficio

OUUUUuuuu Aproveitando que Chuza! sufriu unha especie de dejavú vou facer un comentario que xa hai moito que teño no caletre tanto que, de feito, non sei si o terei xa escrito mais como a nova ven ó caso pois...

A nova.

O regulador monetario español (que xa pouco regula) ven de enviar un sinal ás caixas de aforros para que non manifesten incrementos nos beneficios mais aló do 10% senon que empreguen esa maior renda en tomar provisions contra a mais que posible desfeita no mercado das inmobiliarias e o incremento da morosidade entre os clientes que teñen (temos) un creto hipotecario.

Indo por partes; primeiro se demostra o xa coñecido de que as entidades que fan prestamos hipotecarios son as que menos desexan que a xente non pague porque eles sí que non queren os pisos para nada polo que existe unha falla de mercado; isto é alguén vaille sobrar algo que non quere...

As caixas de aforros teñen algo predido o seu papel 'social' cando se adican a competir no mercado dos cretos hipotecarios e invisten ó mesmo tempo nas empresas do sector; mais ben semellan ter unha "dirección comprometida" cuns cantos amiguetes...

Tercerio. Os reguladores i os economistas recoñecen que se poden "apañar" en parte os beneficios que se fan públicos cada ano.

O HIPERBENEFICIO

O que a min, lego da economimetría, me ten atribulado é o feito de que ó redor dos servizos que prestan as administracions se faga o falaz debate dos impostos empecinandose uns e outros en temas como a rebaixa de impostos ás empresas, a eliminación de impostos sobre grandes masas monetarias e a igualdade na tarifa impositiva.
En troques a min me ven ó caletre que os impostos deben seguir o ritmo da marcha económica de tal xeito que nas épocas de vacas fracas unha disminución de impostos permita "respirar" as empresas que realmente teñen problemas e nos ciclos alcistas unha suba de impostos faga de reeequilibrio entre os que se aproveitan de informacions e contactos para acadar incrementos de beneficios moi por riba do crecemento xeral da economía contribuindo así a 'enfriar' azos expansionistas.
Un imposto sobre o "incremento de beneficio" que grave ós cartos que superen ó incremento de PIB nun 10% a maiores do que xa lle correspondería (p.ex. en troques de paga-lo 18 pois o 25), e progresivamente (para 25% de hiperbeneficio un 35 de impostos etc.). Poderíase aplicar cecais non como un imposto senon como unha "obriga de depósito" algo que asegure que a empresa que acada ese 'hiperbeneficio' non marcha cos cartos na seguinte onda descendente senon que lle sirva ás administracions para proporcionarenlles as axudas neses ciclos restrictivos. Así remataría a sensación que temos moitos cidadans de que as empresas non 'comparten' nas vacas gordas e que logo hai que por entre todos para que non se afundan nas vacas fracas.

Ó cabo, si incluo esto no tag lerias é porque realmente se trata dunha 'constante mental' que me preocupa. As caixas de aforros naceron como ferramenta financieira de redistribución social e como apoio para as administracions que as participan e gobernan mais xa hai moito que se comportan coma empresas financieiras que só percuran beneficio cos clientes normais e danlle esas 'oportunidades' só ós amigos.

O día do xuizo

OUUUUuuuu Onte o nivel de stress chegou a "escatro" e non sabía como facer unha nota para estes 'entrañados' días (entrañados porque todos en occidente levamos nas entrañas o que estes días significan por pura aprendizaxe condicionada).

Debera ter sido un día magnifico para mín, mais pasou como un día atribulado cheo de pensamentos que pouco podía imaxinar eu o día que fora, por fin, ó xuizo polo roubo da mochila...



Onte cobrei parte do que a sentencia ditaminou, o valor do "roubado" e mais unha indemnización. Quedan aínda os intereses dos dous anos dende que iniciei a carreira xurisdiccional primeiro en Ponferrada, logo en Madrid e finalmente en Barcelona.

No vídeo que enlazo poño a versión corta dun programa da TV3 de cataluña sobor dos estravíos de bagaxes nos aeroportos feito co galo da "crise do Prat" de Xullo. Subireino todo pero ó meu KANLEPALLEIRO.

Ó cabo, eu que falo sempre de todo e mal desta volta non me podo queixar demasiado; eu soiño me presentei no xulgado cun escrito e un montón de copias (Dos billetes, das cintas de facturación da equipaxe, as facturas do que tiña, os faxes i escritos intercambiados co servizo de des-atención ó cliente...) e me fun poñendo as pilas ata chegar ó xuizo que era a verdadeira meta. Gañeino e coidei que a compañia recurriría e xa remataría a leria para min, mais non, resulta que aínda debendo realizar unha chea de trámites o certo é que a sentencia foi firme.

Tiven que solicita-la execución e estar pendente de recoller eu o exhorto co mandamento de pago, igual que agora vou ter que estar atento ó tema da liquidación de interese; mais iso non é problema cando o que se reclama é xustiza.

De remate

OUUUUuuuu... Tal e como se me plantexan os temas pode que non volte a escribir ata o ano que ven así que agora vouvos sinalar esa chea de intencions que non soio cumplir...

Non me fallar por exceso, non te-lo defecto de non fallar.
Non saber esquecer, deixar de lembrar.
Reflexionar na alegría e actuar na tristeza.



Para os legos: Imaxe dun TAC ("escaner") no que se vé un corte transversal do torax dun doente que leva no peto dereito da camisa un paquete de tabaco (ó que lle falta un cigarillo) sinalado pola frecha "Etiology" e que ten unha masa no pulmón esquerdo; seguramente un cancro avanzado sinalado pola frecha "End efect"

Entre dúas luadas marchou unha estrela nen a mais brilante nen a mais senlleira,
marchou nun solpor de lume nunha tarde frieira,
foise sen poder dicir cada unha das verbas da súa leria
Chegou e xa partira, partiu e aínda non chegara.

Postos a cobrar...

OUUUUuuuu Haberá que ter coidado agora cando se leven folios en branco nunha carpeta; pode que algun autor branco, negro ou gris che quera cobra-lo imposto da chantaxe intelectual porque es capaz de ter ideas.

Manda nabiza; agora é a dereita a que quere retira-lo canon que ela puxo e a esquerda a que o quere ampliar no canto de oporse... E mentras paga por tod@s nós o "clavo" do canon das bibliotecas: Canto se 'progresa no nome de EUROPA'.

Claro que pagar por pagar teremos que acabar pagando por respirar e farase progresivamente; os que facemos deporte teremos que pagar mais... ou tamén ahí diran que "somos todos iguais, poren uns mais iguais ca outros"?.

Ó cabo; terei que escribir tódolos folios que teño para 'reciclar' non vaia ser que veña a SGAE.

O mesmo problema, dúas facianas

OUUUUuuuu... Cometín o erro de tentar dar un 'flash' sobre o que realmente se está a xogar no cimeiro de Bali chuzando unha nova e linkando outras 3 para non pasa-lo choio de facer unha entrada que sei que non vai ler ningúen porque aportar non aporta ren.

Mais como son así de sentidiño e vin que algúen se molestou pois díxenme:"hala, agora hai que deixa-la peli para mais tarde e a escribir".

Plantexo: No cimeiro que a ONU organizou en Bali deberíanse negocia-los acordos que substitúan ó "protocolo de Kyoto" e posibiliten xa non a disminución da producción de CO2 senon o estancamento da súa producción.

Enredo: Como era de supoñer os paises que aínda non "disfrutan" do noso nivel de desenrolo entenden, non sen falta de razón, que teñen dereito a percorre-lo mesmo camiño ca nós no que atíngue a producción de enerxía de fontes non renovabeis e a emitir CO2 segundo as súas necesidades malia que alí sobre sol ou vento; entre outras cousas porque esas tecnoloxías lles resultan moi caras de implantar e de escaso rendemento para as súas proxeccions de crecemento.

E ahí cando entra os argumento cientistas do 'troco climático' ou, para seren mais exactos, da influencia das actividades humanas (directa ou indirectamente) nas variacions naturais dos parámetros climáticos. Unha teoría que existe e ten argumentos convincentes dende os anos 70 mais que ata o de agora fora tomada de "cogna" polas clases dirixentes.

Sei que o que vou plasmar non me creará simpatías mais é como o penso; por unha banda vexo que agora o tema do 'troco climático' é unha moda mais da sociedade consumista e vexo que non hai unha verdadeira acción á posible raiz do problema mais aló de tentar vendernos o que nos teñen que vender empaquetadiño nun envoltorio verde. É un "greenwashing" político ben dirixido por quen sabe que o negocio petroleiro remata e quer colocar en primeiro plano as alternativas que só admiten un tipo de producción industrial que manteña nas súas mans o 'oligopolio' enexético.

Non é tanto a presenza de voces e argumentos contrarios á tendencia xeral o que me fai pensar así; iso é o normal no mundo cientifico, a teoría da relatividade segue a ser controvertida nalguns aspectos e non pasa ren... o que me alarma son as voces que queren proclamar esta teoría como dogma (teño lido que coma delicto penalble) algo que é o culmen do anticientismo.

A contaminación por CO2 é un feito incotestabel e o seu efecto sobre o complexo sistema climático e o resultado de todo elo un enigma que non desmerece un grande esforzo investigador e preventivo; é por elo que acadar acordos en Balí é importánte tanto no plano da emisión de CO2 como das alternativas para a producción enerxética cara ó futuro.

Os estados europeos deben seguir percurando a reducción do consumo enerxético, a producción de enerxía menos contaminante e a "independencia" enerxética... e nesas entra en xogo, outra volta, o tema nuclear. Xa sinalei un estudo asisado do Instituto "Elcano" sobor do engano de pensar que a alternativa "atom" é a mellor para a independencia enerxética por múltiples motivos; pero o tema volta a estar na campaña política e todos sabemos xa por onde se decanta cada partido (PP, P$O€).

Un argumento a prol do que digo é que semella que o tema da contaminación só debe ser atendido no canto de afectaren ó clima, ou seña, no que respecta á emisión de CO2 e que; pola contra, no resto de contaminacions (das augas, da terra, dos xenes...) as alarmas dos mesmos investigadores que sinalan os perigos da aceleración antropoxénica dos trocos do clima non son atendidas sen tan sequera comentadas.

Segue sen atacarse o tema FUNDAMENTAL de que vivimos unha sociedade no que paga mais a pena tirar algo tras un primeiro uso e mercar outro producto que producir e mercar útiles e elementos con mais vida funcional. Segue a despreciarse a creación de zonas de conservación ABSOLUTA do medioambiente e o mantemento da diversidade da vida como garante ante problemas actuais e futuros. Pérmitense novos desenrolos xenéticos e tecnolóxicos sen probas sólidas sobre os seus efectos a medio prazo e sen coñecementos amplos sobre os seus mecanismos de actuación... Mais agora o CO2 é o único que conta; imos cegados polas bucinas dos medios mentras nalguns despechos no alto dos rañaceos rien...

A terceira vitima

OUUUUuuuu... Tráxicamente a morte voltou a domeñar e as verbas que a outros lles brotan a borbotons da bucinas que levan na boca non as fan facer calar nen van callar na consciencia dos dementes que, maidia a leva, din que fan un favor afogando ás gorxas da grande maioría de galeg@s que berramos: PAZ.

O meu escaso número de conexions neuronais non me permite alviscar como se pode facer unha nación grande de verdade sobre unha morea de cadáveres, sobre ameazas e o terror.

Hai duas persoas mais mortas no sanguento percorrido que, xa non sei dende cando, ven tentando matar á súa terceira vítima: O sentido común. Eu, por sorte, non coñezo outro conflito armado mais ca iste; mais tampouco lembro de ningún conflito desta índole que se resolvese sen DIALOGO.

Póren para que iste se produza e se poda argumentar que ningúen se pode arrogar eternamente a vontade de "la mayoría" sen consultar a isa maioría. Antes de poderen plantexar que 30 anos de incapacidade decisoria sobre os aspectos básicos da organización política na que se asenta a nosa sociedade son dabondo para considerar que nos atopamos nunha "ditadura documentada" é preciso renúnciar ás mesmas erroneas ferramentas que colleron en 1936 para calar á vontade dunha maioría e facer valer o criterio de que o único IRRENUNCIABLE é que sexan @s cidadans quen decidan.

Eu nascin nunha ribeira do Arauca...

OUUUUuuuu... O pobo venezuelano tivo a ocasión de votar nun referendum e decidiu que NON; 6 horas dempois de pecharen a votación o proto-dictador Chavez felicitou ós seus opositores polo triunfo e manifestou a súa intención de seguiren tentando a reforma constitucional que el promove.

Eses son DATOS. Logo cada quen se pode descolgar por donde queira...

Que si se quería perpetuar no poder, pois eiqui temos un xefe de estado nomeado por un DICTADOR golpista que non concorre a eleccions. Chavez incluia a reelección continuada do presidente da república o que quer dicir que, como neste caso, podería perde-lo cargo si o pobo venezuelano o dicidise.

Que a súa linguaxe é ameazadora, que non sabe comportarse nos foros internacionais, que o simbolismo que arrastra é de tempos pretéritos, que mezcla a imaxe romántica do libertador cos conceptos da revolución social... pois si; é un proto-dictador pero alí tiveron ocasión de votar nun referendum de revocación e mais en dúas eleccions e saiu reforzado. De defectos coma eses ou peores temos moitos exemplos na política ibérica: Un xefe de estado (non elexido nin revocable) que manda calar a outro nun foro internacional, un xefe de goberno que non facía outra cousa que lembra-los felices tempos do "pan e traballo", maquiavelicos manipuladores dos medios que van trocando de apoios ó son das enquisas e; cousa curiosa, a prohibición dos referendums ou, ainda peor, a convocatoria monopolistica dun ó estilo "esto ou o barranco".

Queda por ver como acepta Chavez en realidade o resultado; de momento ten sido mais democrático que outros que os tiveron peores e levan 4 anos de insidias a bombo e platillo dos seus medios afins...

O debate ó redor desto ten diversos niveis e conviría analizalos separadamente.

O nivel persoal: a persoaxe de Chavez causa sensacions contradictorias; moitos o vemos como a figura do proto-lider populista encumiado ó poder polo pobo mais pobre que agarda del a miragre que o saque da pobreza 'repartindo' e non mellorando... cos comportamentos xa comentados e con atitudes extravagantes mais tamén, hai que dicilo, cun punto de vista claro en moitas esferas.

A economía: Venezuela é o paradigma de pais rico empobrecido que quer culpar ós demais do que lle acontece e sermpre está a toma-las mesmas medidas contra 'os que nos rouban'; os meus pais xa pasaron por unha situación similar no final da anterior dictadura venezuelana antes de que eu nacera (alí). O que non se preguntan en Venezuela é quen é que ten os cartos venezuelanos na Suiza ou en Florida.

A politica: a "revolución bolivariana" semella quedaren polo de agora en 'Chavismo'; pode que este resultado permita aclarar pronto si o secuestro das forzas de esquerda pola figura deste home rematará e permitirá un movimento democrático e social de ampla base dentro dunha economía non colectivizada.

É certo, mantén boas relacions coa Cuba e con Fidel ó que dí ter por modelo...mais Fidel non convoca referendums nen eleccions con libre concorrencia.

Polo de pronto o referendum en Venezuela voltou a ser limpo, o resultado pode ter collido a moitos por sorpresa porque a prensa ibérica tiña moi machacado o tema do 'apaño' e resultou que non mais, claro, non rectificarán. En troques, na Rusia Putinista as eleccions SON unha fraude recoñecida mais os medios calan e falan de claro resultado a prol dun home que emprega tácticas mais insidiosas que organizaren "equipos" nos barrios do pais; este envía ás forzas especiais ou a axentes de paisano a 'resolver' as diferencias que teñan os seus disidentes.