Benvida

OUUUUuuuu

Se hai un tempo mo dín non o creo... I é que todos temos dereito a trocar de opinión e/ou rectifica-los nosos erros. Iso é o que está a facer o PP de Mariano Rajoy que, tras anos de goberno (4 de eles en maioría absoluta) aprobando leis orgánicas no parlamento (LOCE, LOU...) agora se deron conta do "pouco democrático" que isto é e se adican a pedir un referendum nacional co galo da aprobación do novo estatuto de autonomía de Cataluña. Só queda que responten:

  • ¿En cal nación se fará o referendum?

  • ¿Esta iniciativa é para tódalas leis orgánicas ou só para cando o PP perde as votacions no Congreso?

  • ¿Someteranse a referendum as leis xa aprobadas ou só as futuras?

  • ¿A proposta exclue as leis elaboradas e aprobadas polos parlamentos autonómicos e as normativas europeas?



Coido que o asunto promete... o malo é que si lesen a constitución esa que din defender se decatarán de que o primeiro que habería que facer sería reformala para permitires semellantes referendums. Por certo, se precisan orientación sobor do tema poden dirixirse a Otra Democracia Es Posible onde estaremos encantados de falarlles de decisions tomadas polos ciudadans e métodos democraticos para establecer i exerce-lo goberno.

HABILIDADES 'ZETAPISTAS'


É certo, estou asombrado coa manobra política de ZP e do sector "centrífugo" do P$O€ que, pondo a venda denantes da ferida, conquire posicionarse no centro-centro cunha reforma que non reforma ren ó mais puro estilo gatopardesco... Porque, si o PP non está de acordo coa reforma (bueno, eles non estarían de acordo con caseque nada) e ERC vota que NON; ¿quen está no centro?: ZP.
Aprendeu; iso si, de Ibarreche que co seu plan tamén quedou no centro entre os verdadeiramente intolerantes da esquerra abertzale radical (intolerantes porque xustifican a violencia) e o nacionalismo 'centripeto'.

Todo elo para evitar que na próxima reforma constitucional (por mor de Leonor e o TCUE) se poda tentar modificar algo de verdade; mais ó contrário, atopadas as fallas polas que nos derradeiros anos uns e outros (non esquenzades os 'centripetos' quen escomenzou o xogo da cesión de impostos) colaron ampliacions de competencias os informes sinalan xeitos de impedilas nun futuro.

Por riba todo isto non fai mais que devolve-la presión a Maragall e reconcilialo con Bono e Ibarra...

Coido que ate Maquiavelo palidecería de envexa.

R.I.P. PIII 600

OUUUUuuuu

Dempois de anos de servizo abnegado e sumiso aturando dia e noite o vello trebello deixounos por mor dun múltiple infarto "placa-chip-transformador" que non tivo volta. Conquerín un PIII 900 con unha tarxetiña gráfica TNT 32mb (un luxazo para min, mendigo do Hardware) e eiquí estou de volta... cada vez custa mais por en marcha WinMe actualizado mais, sigome a negar a pasar a XP.

Pois eso, sego 'dando a vara'.

Acabouse a diversión...

OUUUUuuuu

Esta semán percibín mais tensión política da que me gustaría i é que o encontro das intolerancias ó redor da reforma dun estatuto non pode mais ca rematar así.

No díaro "El Mundo" do domingo viña un fragmento dun libro sobor do 23-F, (o 25 aniversario vai cadrar co Xoves de comadres ) iniciando a reseña cun anaco de "política-ficción" no que unha 'alianza centrípeta' optaba por un goberno de "unidade nacional" para "salva-la pátria" facendo un simil coa situación e os movementos acontecidos ó redor da asonada e deixando claro que houbo moitos mais civis implicados naqueles feitos dos que finalmente foron procesados; entre eles o cidadán Juan Carlos de Borbón.

Disque os temores á "ruptura de España" alimentados daquela pola posta en marcha do modelo estatutario e agora pola reforma deses estatutos (iniciada polo "Plano Ibarreche" non o esquezamos) crea grande inquedanza ós corpos armados; pois eles xuraron "defende-la constitución" ás ordes de El Rey.

Por unha volta, e sen que serva de precedente, estou de acordo con Ibarra: É preciso facer unha pausa e reflexionar. Estase facendo mal. ¿Por?; porque as casas escomenzanse polos cimentos, non polos muros.

O que hai que reformar é A CONSTITUCIÓN



E hai que facelo de xeito democrático. Os cidadans debemos ter opción a elexir:

  • A forma de goberno do estado.
  • A organización territorial do mesmo.
  • As relacions entre as partes do estado.
  • A verdadeira separación dos poderes delegados (pois o POBO SOBERAN delega en lexislativo, executivo e xudicial ).
  • A organización económica da sociedade.



E dende ahí é dende donde se deben facer as reformas estatutarias encaixandoas nesa nova constitución que será respetada por tod@s.

Mais, claro, as verbas de Ibarra non ian por ahí senon por todo o contrário e, como xa teño dito, as "forzas centrípetras" do P$O€ están a solicitar axuda urxente e desesperada ó PP para 'parar esto'.

A min o único que me mágoa é que estes persoeiros atopen argumentos para infundires medo á xente (se vos fixades os mesmos medos que en 1981 cando nada de iso pasou) porque, como era de esperar por outra banda, entre as persoas con sensibilidade "centrífuga" existen radicais que aplican a "lei do talión" e coidan arranxar desprezos do pasado (ese que dín querer superar) aplicando eles similares desprezos agora.

Si o que desexamos é democracia non se pode coartar a liberdade de elección. Unha cousa é que un cidadan nun territorio teña a OBRIGA de coñecer dúas linguas oficiais (o cal enriquece á persoa) i outra é IMPEDIR que unha lingua oficial se imparta como asignatura para promover o emprego da outra. Iso só indica curtedade de iniciativa...

Eu négome a que os meus fillos ou eu mesmo non podamos estudar a FERMOSA lingua castelán (si, fermosa ¿pasa algo?) tanto como me gustaría que puidesen estudiar os contidos xerais das outras asignaturas en galego (si, eiquí no bierzo. ¿non está xa en marcha eses convenio? ) e, inclusive, que o Portugués se incluise na ESO como unha opción mais dentro dos "segundos idiomas" xunto co Francés e o Alemán (por certo, haberá que ires estudando a posibilidade de dar "conceptos de idioma e cultura Chinesa" si o mundo segue así).

Xa sei, oubeos dun kan tolo...

Fotografias de Galicia

OUUUUuuuu

Xa non lembro ben como cheguei ata alí; se cadra unha nova de Codigo Cero ou de Vieiros, se cadra "navejando" polo blogomillo... o caso é que dei con Fotografías de Galicia e me apuntei.

Irei enviando fotos; a ver si as aceptan. Namentres engado un novo espacio na barra lateral no que se iran amosando fotos aleatorias das alí aloxadas. Podedes probar a "recargar" a páxina para ires vendo novas fotos. Se cadra, descobrides algun rincón no que ainda non estivestes...

Tormentinhas

OUUUUuuuu...

Ainda que o ANUNCIO (que non artigo) en vieiros da batería de medidas para a rexeneración de Galiza é do día 9 alguns non se deron por enterados até onte. Nesta ocasión deume por remarcar o único comentário que me semellou non mediado pola testosterona nen outras substáncias...

Son gallego, galleguista y si tengo que definirme más allá de ser humano elijo la "identidad nacional" gallega. Me gusta que como comentário se exponga una traducción del epígrafe en cuestión (en este caso la traducción si puede resultar necesaria pues, entre otras irrealidades, la FPG vive en la irrealidad lusófona; eso sí por coherencia política); también me gusta que se mencionen dos puntos: La presencia en la RAG "desde tiempos de Fraga" y que, en el muy improbable e hipotético caso, la integración politica debe ser 'democrática'; esto es: Decidida por la población NO por los políticos.

Ahora; todas estas "tormentillas" alrededor de anexionismos hipotéticos son tan anacrónicas... Que un padre le diga a sus hijos que siempre tiene la puerta de casa abierta no es una orden para que vuelva.

Tal vez, tanto revuelo se deba a que algunos usan (y ya han usado) esta posibilidad como medio de "chantaje" politico y otros temen ese "chantaje" porque SABEN que más alla de los rancios argumentos geo-historico-culturales existen otros más reales: Económicos, Sociales, Comerciales...(tanto en detrimento de esta zona respecto a León como de su relación con Galicia) que si pueden "dar alas" a esa opción.

También están los que simplemente quieren asustar con el Coco de la 'ruptura'...


Está na mán dos cidadans por no seu sitio tanto ós que empregan a xantaxe rupturista como medio politico (pois indica que non teñen mais ideas nen iniciativas ou coidan que o que tanto din amar e defender non ten posibilidades de seu) como ós que só saben asustar co medo; eses que, en verbas da miña comentarista, ainda estarían impedindo a voda de Isabel e Fernando.

CONTRA A MONARQUIA

OUUUUuuuu

Xa fai tempo que nos foros de Outra Democracia é Posibel vimos debatindo cos "trolls" a propósito dun "Ensayo contra la monarquía" no que se repasan os argumentos que contra esta forma medieval de entende-lo goberno debemos ter os DEMOCRATAS e como a monarquía española actual é heredeira e continuación da dictadura franquista.

Agora co galo do 75 aniversario da proclamación da segunda república española un grupo de cidadans pon en marcha unha campaña co obxecto de crear un estado de opinión social que conduza á apertura dun debate ó redor da cuestión da lexitimidade das institucions públicas, a súa representatividade, transparencia, laicidade e separación de poderes.

A dita campaña abrangue un "Manifiesto Contra la monarquía" (estase a traducir ó galego) o que se pode engadir que o desexe no enderezo: www.contralamonarquia.es/manifiesto.html

Tamén se distribuen materiais para a web e pancartas...

A danza...

OUUUUuuuu

Estaba eu ocupado facendo Videobloging, realoxando as webs, desexando asistires a entrega dos premios Xarmenta e mirando eiquí e acolá tan diversos asuntos que deixei de lado os meus pensamentos... Nesas veu a miña comentarista politica e me actualizou:

- ¿e logo, o Catalán é un baile?
- Non, o baile mais coñecido de cataluña chámase Sardana; por?
- Como o presidente do supremo dixo que :"aprendería catalan en cataluña como aprendería sevillanas en sevilla; por puro placer" coidei que o catalán era unha danza.

Si, certamente o asunto do estatut está a ser un baile no que ZP terá que demostrar tódala sua "man esquerra" política.

Así que os señores xuices non están ó servicio do pobo senon que son eles, as súas conviccions e os seus xuizos de valor os que están por riba de todo. Xa o presentiamos, non precisábamos destas demostracions.

E, antes de rematar. Quero deixar claro que o que defendo é o DEREITO A ELEXIR por elo tamén critico que o ensino nun idioma se impoña sobor de todo empregando medios arteros como o de "contextualizar" ese ensino en actividades como Educación física e talleres... coido que pagando coa mesma moeda de prepotencia e odio non se conquire a desexada liberdade nen a normalización. Para rematar cunha diglosia de séculos non se pode caer nas estratexias da confrontación; outra cousa é que os poderes públicos empreguen os impostos para "reequilibar" os usos linguisticos subvencionando o emprego dun idioma sobor de outro, mais non impedindo o seu correcto ensino nen, dende logo, o seu emprego.

Españoles Tod@s...

Pensaba facer un 'remake' da SMS que me enviou o compadre dando así por rematado o simulacro de paz e felicidade do nadal...

Cando veu a estrema dereita a nos lembrar que vivimos nun simulacro de democrácia; que, nen o pobo soberano nen os seus representantes poden reformar nada do establecido.

O peor de todo é que o cesamento deste exaltador só vai servir para dar azos á idea do "quebrantamento d'españa" e para lle proporcionar un novo martir 'politico' ó PP. Sei que incluir a restriccion das liberdades políticas e de opinión nos corpos militares é algo común nas democracias occidentais para evitarmos chantaxes mais...

Monarquia "MAJA"

Como ben sabedes a dos reis de oriente é a única monarquia que acepto xustamente porque non é sucesoria e se encarga de agasallar á ilusión e ilusionar ó agasallo. Podeselle pedir o que mais se desexa e sempre se pode agardar que se cumpra.

Mais eu que son así de contradictorio a quen lle enviei a carta de peticions (outra xenialidade de quen me honra acompañandome na vida) foi á "outra" monarquía.

Señor rei: Escribolle esta con motivo de facerlle chegar, como cada ano a partires de agora, as miñas peticions cara ó 2006:

  • Que se escomence a camiñar na via da DEMOCRACIA para que @s cidadans actuais e futur@s sexamos responsables das nosas vidas e non prisioneiros de pactos anteriores.

  • Que os seus chamamentos se dirixan a que sexa consultada e respectada a vontade ACTUAL d@s cidadans en tódolos aspectos da forma e organización do estado e a sociedade.

  • Que sexa vostede coherente e someta o cargo da "jefactura del estado" á vontade da cidadanía e non ó mecanismo arcaico da herdanza biolóxica.

TALANTE

OUUUUuuuu

Mirade; eu non son afiliado a nengun partido político tradicional e, ainda que se poda dicir que son afín ós grupos que compoñen o goberno galego coido que non carezo de espiritu crítico cara ás suas accions. Na mesma liña teño que en anteriores post teño falado da in-comunicación á que nos submeten os grandes medios i este é outro exemplo.

Nesta data aconteceu que o goberno da Xunta e a Fegamp anunciaron a sinatura do pacto local polo cal os concellos recibirán unha compensación polos servizos que prestan e que non son da súa competéncia. O importante deste pacto é que por fin os politicos semellan facer algo para o que foron elexidos e que este pacto foi asinado por persoas pertencentes a forzas politicas de distinto signo o que pode indicar un certo síntoma de madurez dandolle todo o senso a verbas como TALANTE e NEGOCIACIÓN.

A ver si se vai impondo o SENTIDIÑO e se deixan de lerias...
Navegar pola certeira deriva do tempo, impulsado polos incertos ventos das circustáncias. Escrutando na escuridade da penuria as lonxanas luces, pegadas da felicidade restante, para non me afacer ás xagas nen a enfermidade; esa, que nos fai sentires mal, nos impide facer o que queremos e disfrutar do que facemos.

Ansiaba estar nos lonxes para ollar a fraga e ver si a súa subtáncia merecera todos eses afogos, todas esas dores, o instantáneo esgotamento, a perda do verde; a ramaxe, que fora complicada de descifrar, compactouse nunha lembranza intermitente e perfecta coa vellice dos bós viños atravesando as distancias caseque sen querer.

Desfeitas as lembranzas polas verbas coas que tentaba fixalas fun perdéndome no constante trocar do tempo e do espazo, tentando esquecer o inesquecible: Non se pode evitar o inevitable.

Atravesando cidades coma redes entrecruzadas e interconectadas, teatros de marabillas que se desfan nas repeticions do cotian... Cruzandote con outras vidas cheas do senso que ti tentas valeirar da túa; destrozador de sonos incosnciente nos camiños do mar.