OUUUUuuuu
Un país dá e recibe, proporciona prosperidade e fai prosperar na medida na que a súa sociedade é quen de aproveita-las oportunidades que ten nel.
O Silicio é un elemento relativamente abondoso na natureza mais a súa presenza en forma industrialmente aproveitable non é moi común concentrándose en xacementos de cuarzo de grande pureza que soen explotarse en canteiras a ceo aberto.
O silicio é un mineral estratéxico tecnolóxicamente pois emprégase en multitude de compoñentes electrónicos utilizados en electrodomésticos i equipas informáticas e tamén se emprega nos paneis solares fotovoltáicos, paneis que son fabricados en Alemania con compoñentes provintes dos paises nórdicos que os fabrican con silicio provinte de...
O Pico Sacro; monte mítico perto de Compostela, brila ó sol das tardes o seu cúmio branco de cuarzo purísimo cun 90% de silicio. Dende alí arrinca un filón cunha fronte de ate 40 quilómetros con diferentes profundidades que dificultan a súa explotación; mais o que actualmente está a causar problema ó aproveitamento deste recurso case único é un entramado de intereses políticos i económicos que, xunto coa nosa cegueira, nos matan de sede no oasis.
A pólemica canteira (a da foto) da zona de Boqueixón vese afectada polo trazado (1 dos 3 propostos; si, 3 e non 2) do novo tren non-lento de Compostela a Ourense e o seu actual propietario (que moita historia de cambalaches ten esta industria) solicitalle ó estado 900 millons de €uros de lucro cesante pola expropiación da canteira e negociou co anterior goberno da xunta outras "contraprestacions por deixar ese ceo aberto sen renunciar á explotación do resto da fronte do filón. Todo isto sen explicar ninguén como é que este mesmo señor pode estar "nos dous lados" da mesa... e sin garanti-los postos de traballo da xente que está agora na canteira.
Mais eu non quería falar de embrollos nen politiqueos senon dos feitos: como noutros tantos casos temos un recurso, neste caso único, e deixamos que o noso papel sexa o de unha nación do terceiro mundo exportando a materia prima para voltar a mercala pagando un alto valor engadido; iso cando non se colle o recurso e se emprega como recheo de obras...
¿Pechará algun día Galiza o ciclo productivo e integral (que inclue I+D+i, reciclaxe e procesado) de algún dos seus recursos ou será esta a CONSTANTE GALEGA?.
1 comentario:
O Galicia Hoxe publica na súa sección de opinión este comentario que explica i enfoca o tema dende o punto de vista da construcción do AVE ó traveso da canteira e da aplicación dunha analise global de custe-beneficio pedíndo explicitamente que se retracten PsdG e BNG de teren apoiado o paso do tren rápido pola canteira; mais esquece de falar da oportunidade estratéxica que é o cuarzo para o pais e do seu escaso aproveitemento.
Publicar un comentario