Ós agnósticos, ateos, anticlericais ou simplemente cristians en desacordo coa xerarquía da igrexa e a súa descomunal hipocresía aceptando e apoiando ós que teñen TODO mentres lle falan das virtudes cristianas á xente de a pé. A todos estes só nos quedaba a alternativa de nos borrar dos rexistros (apostatar) da igrexa para non ter nada que ver con ela mais...
¿Pensastes que o do "Bureau-fax con acuse de recibo e certificado de contido" das telefónicas era un xeito de impedi-la baixa de contratos abusivos?; iso non é nada comparado co complicado que é a apostasía sobre todo si non vives no territorio no que fuches babtizado...
Porque a igrexa sae rápidamente clamando pola liberdade de consciencia dos pais para que se poda "obxectar" fronte a nova asignatura da educación primaria 'educación para a cidadanía' mais nunca recoñeceu nen ofreceu ese dereito respecto á asignatura de relixión e, de feito, os centros de ensino relixiosos (ainda os subvencionados) non ofertan alternativa ó respecto. E menos aínda recoñece o libre albedrío das persoas para se borrar dos seus rexistros.
O certo é que existe un bó número de recuros e fontes de información e divulgación sobor do tema, incluindo unha alternativa puramente galega (ARRENEGO) mais eu, polo problema antes comentado non acabo de facelo.
Nestas veu o vaticano a darme a solución···(que non a absolución)
A Excomunión
Xa sei que non é o mesmo pois a igrexa o describe como unha exclusión parcial da vida da igrexa privando ó individuo dos sacramentos e, polo tanto, do recoñecemento de deus. Mais é unha forma de que a igrexa lle recoñeza a un como 'disidente' e, con elo, lle asigne o dereito a obxectar das súas directrices.O de conseguila xa debe ser outra cousa; polo momento sei que hai que incurrir en certas faltas que marca o código de dereito canónico para ser condenado a esta "pena medicinal".
A min a que mais me mola é a do CISMA e me gustaría que a relixión que se propuxo entorno a Yolanda Castaño fose aceptada como causa...
Sería unha dupra publicidade que non tería prezo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario