OUUUUuuuu
Após corenta anos ainda queda lixo radioactivo que limpar en Palomares; EEUU e o CIEMAT asinaron un acordo para a limpeza e descontaminación desta pedanía de Almería na que caeron os restos dos aparellos implicados nun choque aéreo.
O acordo publicado o domingo non ven acompañado pola famosa foto propagandística dun cargo político do réxime vixente bañandose na praia con toda normalidade...Mais, desa mesma persoa, agora senador, ven unha agresiva entrevista (que curiosidade) na derradeira páxina do xornal gubernamental.
A min pareceme ben que se tomen medidas no canto de elimina-la contaminación en Palomares ainda que sexa 40 anos dempois... O que me pesa é pensar cantos "Palomares" descoñecidos temos. Moitos, moitísimos incidentes industriais acontecen en todo o planeta sen que se faga eco deles a 'propaganda comunicativa', e sin que se abra nenguha clase de investigación ou seguimento epidemiolóxico das zonas afectadas e dos seres vivos que nelas habitan.
¿Que foi da rotura da balsa no 'entorno de Doñana'?... Silenzo, non interesa nin para o futuro turistico da zona, nen para a minería, nen... Unha especie de 'Komplot' entre autoridades, empresas, veciños e difusores de novas acaba sempre no mesmo; a nova, segundo a gravedade, pode chegar a estar un mes no cabeceiro, logo vai pasando a segundo termo, ós 6 meses algúen se lembra dela, no aniversario publícase algún "artigo de fondo" (deses que quedaron no caixon dos editores cando a nova estaba no cumio) e logo vaise perdendo a pista no tempo...
Ven ahí outro aniversario do feito que partiu e alquitranou o meu corazón; seguen a darlle voltas politicas ó tema, os tribunais seguen a deliberar, os estudos cada volta son mais confusos, os fondos para a recuperación empregáronse con maior ou menor acerto en camiños de madeira pola praias, accesos, etc. A xente da zona segue emigrando caladamente como caladamente aceptou os cartos por calar neses días.
A verdade: a recuperación do medio, o estudo dos efectos de semellantes catástrofes, a repercusión social destes feitos... nada interesa; a consigna sempre é "apariencia de normalidade" e teñen razon en tanto que os cidadans esquencemos, imbuidos pola droga diaria das pantallas e os altofalantes, que mentir non debía ser gratis e que as mentiras non só se xulgan nos tribunais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario