Clase media?

OUUUUuuuu

Alguns medios de in-comunicación queixanse de vicio da súa perda de "audiencia"; o que coido que lles acontece é que viven de costas á realidade do pais, inclusive os xornalistas con mais visión cometen ese erro de 'foco' e falan en xeral de cousas que só son de privilexiados.

Así lle aconteceu onte e Maria Yañez, para moitos a musa actual do xornalismo galego, na sua columna de opinión en "El pais" onde ven a dícir que a maioría da poboación de Galicia se despraza nestas feiras de primaveira cara a unha segunda residencia conquerida, iso si, con grande esforzo e abandoada 330 dias ó ano.

Preocupase moito de aclarar que non está a falar da "casa da aldea" nen do fogar duns familiares senon dunha 'finca' cun pequeno lugar no que pasar estes días de lecer.. Esta muller debe de vivir nos "mundos de Yuppi"; efectivamente nestes días hai moita xente de feiras por todas partes, efectivamente alguns teñen finca con 'cortello' ou "casita de campo" mais de eso a esquecer ós milleiros que nestes dias traballan (e arreo) ainda que só sexa no sector hosteleiro-turistico é un erro de bulto.

Falar da Arcadia dunha Galiza repoboada por obra e maxia duns días de lecer nas cidades soa a prepotencia e coido que poucos se poderán sentir identificados con semellante modelo ainda que, seguramente, moitos teñen ese tipo de vida como obxectivo a acadar (ese e o coche de grande cilindrada, a moto ou o trebello que sexa) e, polo tanto, como motivo de falsas espectativas que a vida en sí mesma se vai encargando de por no seu sitio.

Si semellante artigo se escribira nun blog algúen lle comentaría que é unha snob, ali só recibirá os cartiños correspondentes e un ou dous comentarios benévolos, 300 visitas ademais de 50 ou 60 votos...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Paréceme axeitado o que comentas (e estou de acordo en que hai unha nova xeración de escritores/periodistas galego con unha alta dose de "esnobismo"/"listismo"), mais teño que dicir que non vai tan desencamiñada a columna á que fas referencia. Qizais o desencadeante da situación sexa precisamnte a precariedade do panorama laboral galego que leva a moitos a ter que sair do noso pais. Moita xente nova que co tempo quere ter un anaco da Galiza ao que volver cando lle peta ou cando o tempo o permite. Por desagracia isto e cada vez máis habitual.
Saudos...