Adorando ó becerro de ouro

OUUUUuuuu... Nestes días de fundamentalismos e acusacions non está de mais sinalar sen medo e sen ira quen é verdadeiramente irracional nos seus comportamentos e que se sirve da irracionalidade dos outros para vivir.

Efectivamente o sector da hostelería non pode descreer da relixión católica por moi irracional e fundamentalista que lle semelle a súa fachenda e por moi hipócrita que lle semelle ver á xente facer cousas que, cando son os seguidores de outras relixions quenes o fan, cualifican de 'tolerías' i extremismo. Nen os mesmos "curritos" podemos facer mais 'obxección' a este festexo do calendario lunar que ofrecernos para traballar ós moitos que non lles importa esta incongruencia con tal de poderen viaxar ou cando menos descansar uns días.

I nelo estou; percurando poder traballar e que pasen rápido estes días tan hipócritas que ata os ultraliberais os empregan para agradece-la intervención dese estado ó que detestan e que eses impostos dos que renegan eviten a quebra dos propietarios de estafadores que se viron estafados pola dinámica dunha economia -a financieira- que basea na especulación a creación de riqueza e cuio maior producto é o diferencial de tipo de interés que foi, seica, o que permitiu que en EEUU existise unha burbulla inmobiliaria que daba un interes do 5-6% a cartos que foran pedidos prestados no Xapón ó 0%.

Era bó que agora os adalides da rebaixa de impostos explicaran de donde se poden saca-los cartos para conxuga-las perdas das entidades financieiras que hai que salvar para evita-lo efecto 'dominó' sobre o sistema. E sería aínda mellor que explicaran porqué o sistema financieiro merece ser salvado da quebra á que é levado polas súas ineficiencias de mercado xustamente cos cartos que eles negan que se deban recadar para evita-la quebra das politicas sociais que eles cualifican de ineficientes.

Como troca o conto cando é o rico ó que "pilla o touro" da crise e queda co cú ó aire cando él pensara que tiña os cartos seguros para o seu disfrute sen ter que "alimentar a esa pandilla de vagos"... Agora QUE COMAN OS PISOS CON SAL E PEMENTA que dentro de pouco as tímidas rebaixas (ou non tanto que seica chegan ó 30%) serán saldo.

A mesma mensaxe para todos aqueles que, coidando facerse de ouro en 3 días, elexiron traballar sen soldo nen cotización porque así "todo el beneficio es para mí" que agora veñen pedindo axudas e condonacions de débedas, o único que lamento é que o tipo de xuro non subirá mais porque un diferencial grande cos EEUU no interesa que si non...

En Yankeelandia saben que a cousa pinta moi negra, o congreso reuniuse a porta pechada por primeira vez en 35 anos e a reserva federal botou man de prerrogativas que non empregaba dende a 'grande crise' de 1929 para o asunto do banco de investimentos ese que o Venres valía 1300 millons de $ e o Luns foi vendido por menos de 250.

Remate i explicación

OUUUUuuuu... Como veu, marchou. A misteriosa avalancha de visitas rematou o 10 de Marzo.


Supoño que tiña que ver co vídeo do tubo mais o curioso é que a maioría das visitas se dirixían a unha páxina do ano 2005 e non á páxina actual...


Bueno, pois benvidos @s de sempre e ata outra ós de paso.

Os deuses do comentario

OUUUUuuuu... Onte á noitiña de camiño de leva-la moza ó traballo escoitei na galega (a crónica Martes 10/03/2008 sobre as 21:55) un dos tantos balanzos sobre as eleccions nos que persoeiros que se coidan non só en posesión da VERDADE senon tamén que coidan que son os únicos que poden facer ouvir a súa opinión sen que se lles poda replicar veu a dicir que él na noite electoral apreciou a inutilidade do sistema de "listas abertas" porque, como se ve no reconto do senado, ¡¡¡retrasa que os resultados se coñezan!!!. Así, segundo Pereiro (é o que a indignación me permitiu entender do nome deste novo DEUS) coida que o importante non é a capacidade dos cidadans de elexir verdadeiramente ós seus representantes senon que o que importa é a inmediatez (e a invariabilidade, engado) do resultado.

Non importan as irregularidades, nin os colexios electorais non accesibles ás persoas con disfuncions ou simplesmente vellas, nin a desaparición de papeletas, nin o tratamento de "minoritarios" que se fai da maioría das opcions políticas; o que realmente importa o día dunhas eleccions é que se poda ir a xente cedo para a cama coñecendo o resultado da representación.

Mal lle pode ir á DEMOCRACIA si persoas que teñen altofalantes dende os medios públicos se adican a parangonar sistemas electorais antidemocráticos como as listas pechadas e os recontos 'flash'; logo nos viran co "boto" electrónico e por internet para poder dar resultados instantaneos.

Por certo, esquecíame puntualizar que os RESULTADOS aínda non se coñecen pois quedan os CERAvotos por computar e, sempre, dan choio ós periodistas...

E D'hont fixo o resto

OUUUUuuuu... Novamente fomos a botar (polo menos eu que sempre que o presidente de mesa dí "vota" dou un saltiño). Mais como veño teimando nos derradeiros tempos o grande gañador da campaña e, polo tanto, dos cómicos -si volto a por cómicos- foi o BIPOLARISMO-escañado. Fíxome gracia o sr. Blanco falando de "pluralidade social" cando estaba a dicir que o 90% dos escanos o reparten duas opcions; semellaralle que ainda hai demasiados partidos.

O certo é que o "BI" está instalado na consciencia colectiva e que aínda vai a ir avanzando; porque ó gañador técnico desta xeira non lle queda mais remedio que pactar e ó opositor só lle queda a estratexia do desgaste desa necesidade de pactar e a crítica feroz do pacto en sí mesmo. E todo pola teima que temos de pensar que si o noso voto -o persoal- non acada reflexo nun representante, non ten valor. Como si o representante acadado o puidesemos vixiar, obrigar, ameazar coa reitrada do apoio; bueno, como si realmente fose representante e non unha persoa que colle un 'acta' e fai o que lle peta nos vindeiros catro anos. Como dixo a miña compañeira; como no futbol ¿que fai tanta xente de Ponferrada sendo do Madrid ou do Barça?: Sentirse representado e coidar que ten oportunidade de que quen o representa acade éxito.

Unha teima infantil na nosa consciencia nos impide votar con ela e un artificio matemático axudado polo cercenamento das que son 'verdadeiramente' as forzas minoritarias (as que non acadan a porcentaxe precisa para entrar no reparto) fai o resto e desta volta fixoo a prol do P$O€ que transformou menos de 4% de vantaxe en votos nun 5% de escanos.

Ó BNg semella que non lle foi tan mal; mais si se miran de perto os resultados a perda de votos nas cidades -futuro demografico á alza- agás en Compostela se viu compensada por un cremento moderado nos núcleos medianos e pequenos que, demograficamente, teñen menos 'percorrido'.

Ainda eu "Fedeguico" se frote as mans o certo é que ERC baixou pola abstención dos seus votantes e que os 'seus' escanos os acadan PSC, CiU e PP ainda que estes dous últimos perden votos... Coido que mais chasco levaria Citadans que non viu reflexado nas xerais o acadado nas autonómicas.

Rosa Diez acadou seguir vivindo da política 4 anos mais e, con elo, a pensión vitalicia. Fixo "pupa"?? xa se verá si a fai como deputada.

A democracia manipulada

OUUUUuuuu...Tentando aclararme respecto da video pregunta a ZP e do troco de condicions que se fixo respecto delo iso sí todo con moita simpatía e bó rollo...
Estimado Kandpalleiro:

Al principio sólo se permitía enviar una pregunta por usuario, pero después decidimos permitir que enviárais tantas como queráis.(só que esqueceron comentalo, foi un feito consumado cando se percataron que o mesmo tío facía varias preguntas con varias contas no seu mesianico afán por 'salvarnos' democraticamente a tod@s)

Lo de dar la cara o no ya es una decisión personal que estamos seguros el público valorará a la hora de votar.

Agradecemos mucho tu interés.

Un cordial saludo,

el equipo de Medios Interactivos de RTVE
O certo é que o meu vídeo se pode ver mais, malía que non teño bloqueadas as opcions de comentarios, xa non se pode comentar e; seica, non sae na relación dos videos ofrecidos para votar.

Eu quixen respostar ata 3 veces á derradeira pregunta de Txarrena2000 mais en ninguna ocasión o meu cometario foi engadido...
19/02/2008
Hola; van 3 veces que posteo resposta na túa mensaxe mais non sei porque non sae.
Tes información oficial nesta web:http://europa.eu/lisbon_treaty/index_es.htm

E información critica en:http://www.tratadolisboa.blogspot.com/

Eu o que critico é que un tratado con esas implicacions e no que contraemos obrigas para nós e os nosos fill@s non sexa aprobado por referendum.
De tódolos xeitos só tiña que teclear "Tratado de Lisboa" e calquer percurador o levaría á páxina oficial do tratado.

O tema é que ¿que se pode esperar dun sistema no que ata a mais mínima manifestación de "libertade de expresión" é manipulada deste xeito?. Os rumores de 'pucherazo' ó redor das eleccions de 2004 foron por mor dun feito realmente traumático, os de 2008 o serán pola manipulación dos medios.

¿foi un erro participar nunha cousa así?; non, era o único que me quedaba e os 10700 visionados e 12 votos positivos son un balanzo mais que axeitado; mágoa non percatarme que se trataba dun concurso de estética ou de orixinalidade se cadra tería feito outra cousa; mais eu, coitado, pensaba que se trataba dunha ocasión seria de facer "democracia participativa", que tamén que denominación mais contradictoria; ¿non?, porque si é DEMOCRACIA, non precisa de mais 'participación' pois no "goberno de tod@s" xa participamos tod@s. Bueno, o caso é que o própio sistema mostrou as súas eivas no aspecto mais crítico dun sistema político.

A partires da publicación deste Post temo-la única ocasión de trocaren VERDADEIRAMENTE isto coa única arma masiva mais non destructiva: O VOTO

Tristura, vergoña e rabia

OUUUUuuuu...Non puido ser. Outra volta a pantomima da votación vese entorpecida pola tolemia dos cobardes. Outra volta 200 vidas ou unha ¿que mais ten? segada(s) por non se sabe ben que crime ou en nome de qué patria ou por mor de qué dignidade ou en virtude de non se sabe qué concesions que non se queren facer...

Mais a parodia lonxe de parar como anúncian os heraldos arrecia e as declaracions coas que os compañeiros do brutalmente asasinado cidadán xa tiñan un 'regusto' algo raro. A mensaxe aclarouse coa sucesión: ETA pide a abstención, ETA asesina, Non lle queremos dar gusto a ETA, ZP pide unha maioría ampla... Coidei que era unha paranoia miña; catro anos escoitando teorías conspiranoicas tiñan que ter algún efecto secundario.

Tiven que viaxar i estiven escoitando RNE de seguido; todo tiña a mesma cor; un SI pero NON, un deixamos mais pedimos.

O colmo do despropósito foi escoitar e ver á furgoneta do BNG pasando a megafonía polo Barco de Valdeorras ás 7 da tarde. E coitado, pensei que xa non se podería ir mais lonxe... Logo, na volta, escoitei o esperpento do pleno de Arrasate no que ANV fixo o seu 'papel' mais decidiu deixa-lo bastón de mando a EB-IU para os actos do sepelio...
Xa mais de noite de camiño da clase de gaita o remate da mán da persoa que falou no nome do PP á saida da xuntanza no congreso dos deputados no que se asinara un documento unitario de condea do atentado. ¿Tanto insitir na unidade dos demócratas para logo sair anunciando a súa posición particular cando a xornada de reflexión xa se iniciara 'de feito'?. Qué baixo me semella. Insitir nas teses sostidas durante a campaña neste intre É pedi-lo voto i É insistir no único tema no que o PP "recauda" votos: O MEDO.

Sego a defende-lo papel da negociación como resolución final dos conflictos e da libre expresión da vontade das persoas, mais NUNCA por baixo do valor da vida das persoas. É por elo que coido que o único que estivo atinado nas súas decalracions foi o señor Lendakari.

¿Debatiron?

OUUUUuuuu... O bipartidismo está servido; só que os dous contrincantes pensan que son eles os gañadores i é certo; a perdedora é a DEMOCRACIA que voltará a pasar de longo nun día para seren ignorada durante catro anos mais.

As manienquisas (enquisas manipuladas) outorganlle pouco ou nulo impacto ás aparicions estelares de "Ciudadanos" e "UPD" que semellan non acadar ese papel de bisagra que tanto precisa todo bó bipartidismo que se precie.

Faime gracia que falan de situación ingobernable cando a xente pode dispor da súa representación dun xeito proporcional acadándose nos parlamentos un autentico reflexo da multilateralidad da sociedade da que emana. En troques, os salva patrias democratas ben alimentados cos cartos que se manteñen nas segundas liñas nos queren facer crer a tomadura de pelo do 'voto útil' ou da 'abstención por dúbida' que non sei que me resulta mais insultante porque que queiran dirixi-lo meu voto sen outra proposta que "ou nós ou o lixo" eme tan incoherente como quen dí "xa que non nos vas votar -que só queremos que nos voten os de sempre- polo menos non lles deixes seguilo facendo tan mal".

Bueno, coido que, salvo nova desgracia vai se-lo derradeiro post sobre este tema antes da traca final...

Votemos malditos, votemos mais fagámolo só pensando no que nos propoñen os representantes que imos a elexir e quen son eses representantes.

Critica da razón centrífuga

OUUUUuuuu... Aproveito este primeiro post Wi-Fi (i é allea) para facer unha pequena e non maliciosa crítica do tríptico que atopei na casa do meu finado pai.

Disque a forza de equilibrio político en Galicia pode acadar un número de escanos dabondo nas cortes centripetas de xeito que poda participar na responsabilidade de gobernar no todo dende a parte, pequerecha do noso recuncho atlántico.

Escomenza o triptico coa verba máxica para acada-la atención deste modesto cidadan mais, !!que decepción¡¡ non se fala da DEMOCRACIA, fálase da pluralidade dunha parte do mundo ignorando cal é o significado de tal verba. Unha forza que se supón plural mais que non ten DEMOCRACIA no seu comportamento interno non debera entrar en criticar ese aspecto da sociedade da que é parte.

O resto do programa semella o mesmo salaio redencionista de tódalas formacions con ancora e limite nun anaco de terra. Sen unha prespectiva de a quen se dirixe e que é o que ten que demostrar, non só á xente que xa lle vota, senón a tódolos cidadans cos que comparte realidade... curiosamente unha realidade que eles mesmos afirman (e saben) que está espallada tanto polo mundo adiante como dentro do seu anaco de terra algo que ó final si recollen no belísimo caseque onírico derradeiro punto; tan grotescamente semellante ó archicoñecido "y acabar con la paz mundial" atribuido na lenda urbana ás misses e loiras.

Non semella que sexa moi coherente denunciar que Madrid ignora e vilipendia o mesmo que non se lle reclama a Lisboa; pois si se ten dignidade se ten fronte a todo non só respecto a quen podes chantaxear para acadar parceliñas de poder.

hala amiguiños a darlle.

Sarko e Palestina

OUUUUuuuu... Cada día que escoito ou vexo novas do que lle está a acontecer á poboación de Palestina non podo menos ca sentir noxo e rabia. Tanta desgracia concentrada dende tempo inmemorial nun espazo tan pequeno. Pedras contra misiles, nenos e vellos acribillados, inocentes dun e outro pobo mancados ou mortos.

As accions e reaccions sucedense e os combatintes non poden, non saben, non queren ou non lles deixan outra solución. O talión funciona dia e noite como unha máquina de mallar mais só nos indefensos.

Na mentras temos a Sarko, a versión europea de Chaves co seu populismo exibicionista, coa súa chulería toda ela concentrada en tan pouco espazo que semella o reflexo da república que preside; feita a sí mesma sen modelo nen copia e subida no pedestal dos seus desexos para mirar... cara a outra banda.

No tema de Palestina hai estados mais responsables ca outros; e, teño claro, que os que decidiron no seu momento apadriñar á guerrilla xudea en palestina e deron apoio á creación do estado de Israel sabían que creaban un conflicto de solución nula e equilibrio imperfecto. Israel creouse coma un estado militar sitiado e nunca tivo, salvo en pequenos i esperanzadores intres, atisbos de coñecer a verba negociación, a verba humanidade e o concepto de memoria social. Mais ben teñen callado no caletre o concepto de guerra eterna e de vinganza permanente.

O punto de unión estaría na intervención do gran SARKO no conflicto israelo-palestino sen as trabas da UE; só co seu uniforme de Mad-Max e subidiño no pedestal mais mirando de fronte ós nenos coas pedras, as casas derruidas, ás rúas reventadas... Palestina e Israel só teñen unha solución: Entenderse e a responsabilidade de chegar a ese punto é, principalmente, dos que propiciaron esta situación mais fai falla valor e tolemia, para afrontares este reto.