Biodiversidade, Terminator, Bosque e Mar

OUUUUuuuu

Celebrase nestes días en Curitiba (Brasil) o cumio anual sobor da Biodiversidade.

Neste evento centrado en temas 'esquencidos' polos medios de in-comunicación destacan:

  • Emprego dos recursos Xenetico

  • Sementes "Terminator"

  • Espazos Forestais protexidos

  • Moratorias de pesca i espacios mariños portexidos



O tema dos recursos xenéticos é un grande descoñecido; moitos sabemos que; a industria farmaceútica (como a galega Zeltia) empregan, como principio activo ou como 'punto de partida' dos seus derradeiros e carísimos productos, substáncias que obteñen de seres vivos. Maioritariamente de seres vivos que habitan áreas da selva ou do mar. Substáncias que, en moitas ocasions, xa son empregadas polos habitantes desas zonas na súa mediciña tradicional....o que non teñen regulado estes "magos do capital" é ese roubo de ideas e patrimonio xenético que eles realizan ó empregar esas substáncias con fins comerciais.

As sementes "terminator" son outra mais na conta dos tranxénicos. Xa sabemos que os problemas destes experimento son dous; normalmente ó que o cidadan de a pé lle preocupa é si eses alimentos feitos con organismos modificados xenéticamente van ter efectos sobre a súa saude cousa pouco probabel e non demostrabel até dentro de moitos anos, mais o realmente grave deste tipo de organismos é a CONTAMINACIÓN XENÉTICA a que submetemos a tódolos seres (sobor de todo do mesmo reino) ó cultivar estes dentro dun ecosistema. O pole dun organismo transxénico non queda só nas plantas do seu cultivo senon que se esparrexa por tódolos arredores "contaminando" ás outras plantas; o resultado... Moitas poden acada-las características (por exemplo as 'suicidas') do organismo inicial sen que se coñezan os efectos desta cadea a longo prazo.

Nesta ocasión semella que se conqueriu algún éxito mais Monsanto xa prometeu seguir dando guerra.

Tamén se debatiu sobor dos espazos naturais a protexer e moi especialmente os forestais; greenpeace presentou os gráficos das zonas de urxente protección de bosques e mares...

Dos bosques só un 10% da superficie da terra esta cuberta de bosques intactos e o desenrolo das novas potencias non agoira nada bó...

Tendes unha info moi completa eiquí.

Edición 4/4/2006

Ó respecto dos roubos de "capital xenético" veu no diario el mundo do domingo unha interesante reportaxe... Así é como se crea odio entre pobos e cadeas que nunca rematan. Os occiendtais seguimos a comportarnos como si todo estivese no universo para o noso uso cunha mentalidade colonial evolucionada polo capitalismo tecnolóxico, pero colonial.

Roteiro

OUUUUuuuu

Comprenderedes que empregue esta verba e non a traducción ó galego da consabida expresión en castelán... Hai veces que a traducción pode ser un problema; senon que llo pregunten ós leitores das versións traducidas ó galego dos 'grandes' da imprensa estatal.

O certo é que vía Chuza chego a este texto cun Hipotético roteiro moi ben explicado sobor do que se quere facer para conqueri-la paz en Euskalherria.
Marzo 2006

Declaración de ETA del alto el fuego permanente. Incluye el cese de la "actividad armada", del cobro del impuesto revolucionario y de la "kale borroka".

Junio 2006
Zapatero pide al Congreso autorización para iniciar formalmente las conversaciones con ETA.

Julio 2006
Destrucción o inutilización del primer arsenal de armas y explosivos de ETA.
Reagrupamiento de los presos de ETA en las cárceles del Pais Vasco y de comunidades autónomas limítrofes.

Septiembre 2006
Destrucción o inutilización del segundo arsenal de armas y explosivos de ETA bajo la supervisión de un Comité de Desarme formado por representantes de la Iglesia vasca, de Austria y de Irlanda....
Salida en libertad condicional de aquellos presos de ETA que no hayan cometido delitos de sangre. Antes de la concesión del tercer grado deberán firmar la renuncia a la violencia.

Enero 2007
Destrucción o inutilización del tercer y último arsenal de armas y explosivos de ETA.
A lo largo de este año, se examinará individualmente la situación penal de los reclusos de ETA concediendoles de forma paulatina los beneficios penitenciarios a los que hubiera lugar en función de su renuncia a la violencia.

Junio 2007
Disolución oficial y definitiva de ETA.


Ambito político


Septiembre 2006
Constitución de una nueva fuerza política de la izquierda abertzale que renunciará expresamente a la utilización de la violencia y podrá concurrir a las elecciones municipales de mayo del 2007.

Octubre 2006
Constitución de una mesa para la normalización política de Euskadi con participación de todas las fuerzas políticas.

Enero 2007
La mesa para la normalización comienza la redacción de un nuevo Estatuto para el Pais Vasco. Todas las fuerzas políticas inician esos trabajos con la voluntad de llegar a un acuerdo ampliamente mayoritario. La negociaciónn se iniciará sin condicionantes previos.

Septiembre 2007
El nuevo Estatuto se somete a referendum en la comunidad autónoma vasca.


Certo é que, como deixei constáncia no post de orixe, o proceso semella (cecais en demasía) ó proceso irlandés xa referenciado mais a min faime concebir grandes esperanzas.

Coincidencias

OUUUUuuuu

Ia eu a escribir sobor so xa archicoñecido tema da caida do mastro mais coido que abonda co artigo de vieiros... e o video en Youtube

"The answere my friend is gone with the wind..."

Mais percurando atopei duas coincidencias que non me deixan indiferente a primeira é o album de ilustracions co título "Can de Palleiro" colgada na páxina de agpilustración. da que vos amoso unha mostra.
Can de Palleiro
A segunda xa fai algo que a coñecia e tentei establecer contacto co seu blogger sen éxito i é o blog candepalheiro que tamén ten que ver co deseño gráfico ainda que baseado no retoque de imaxes.

Como dí a canción: "La vida te dá sorpresas, sorpresas te da la vida.".

Xigantes ou muiños?

OUUUUuuuu

Dentro da ilusión esperanzada e alerta que este tempo de 'aparente troco' desperta en min existen zonas escuras, nichos inominables nos que a luz do debate e o dialogo, o fouce da reforma consensuada non se tiña nen insinuado.

As persoas que estamos en Outra Democracia é Posibel (ODEP) mencionamos a cotío que un dos maiores obstáculos da nosa 'paixón' democrática son os sistemas de financiamento dos actuais partidos. Os sistemas 'legais' (subvencions directas por resultados electorais, prestamos de entidades bancarias, as donacions voluntarias) e "os outros" (as tan coñecidas comisions)

Gostaríame moito que, co galo da polémica que se lle está a montar a ERC (golpe baixo con Carod fora de xogo -¿por esto?- ) se puxese este tema enrriba da mesa EN SERIO.

Polo de agora no seu rabioso ataque o 'doberman' non caiu na conta mais eu coido que vai berrando "¡¡¡ós xigantes, ós xigantes!!!" galopando cara...ós muiños.

Porque estudando a situación coa miña conselleira política chegamos a una pregunta da que a resposta produz certo medo, unha pregunta coñecida e non menos terrorífica por elo... ¿Logo, as donancions voluntarias das empresas ós partidos son en troco de ren?; Se as empresas existen é para ter beneficio, senon venderían a precio de custe e/ou lle pagarían mais ós seus empregados. Até as coperativas buscan beneficio e, as fundacions e demais 'actos altruistas' das empresas se fan porque con elas, se calcula, se obterán outras compensacions (rebaixas nos impostos, difusión do seu nome ou marca...) mais coa "donación política" esto non acontece.

Evidentemente non estou a falar da donación particular do empresario senon desas fortes cantidades que entran nas agrupacions politicas (en tódolos eidos; local, comarcal, autonómico i estatal) de xeito "anónimo" (léase OPACO) e que son o verdadeiro alento de moitos partidos. ¿alguén con dous dedos de fronte cree en verdade que unha empresa/empresario dá eses cartos sen esperar ou pedir unha compensación?... Non teño mais que lembrar unha visita a Ponferrada de Alvarez Cascos sendo ministro cando o cacique local (Martinez Nuñez) lle dixo 'off de record' mais non en baixo: "este es el alcalde que puse en Ponferrada" referíndose a Ismael ALvarez.

Por outra banda; ainda ahi quen creea que unha persoa nomeada para un cargo 'politico' (xa non digo os nomeamentos por tribunais etc.) non ten a obriga de realizar o programa politica de quen o nomea?. Logo, ¿que problema hai en esixirlle parte do seu soldo para o grupo político que o nomea?. En Galiza o BNG tiña (agora non sei) estipulado que os postos políticos seguiran a cobrar o que xa percibian denantes do nomeamento e que o incremento (de existires) fose para a organización.

Mais xa me desviei da cuestión... ¿Que é mais transparente? as comisións (perdón¡¡¡ as "donacions") ou o pago deste 'imposto por nomeamento'?.

Dende logo calquera dos dous sistemas é perverso e non ofrece garantías de que a xestión pública quede alonxada dos intereses particulares de quen a exerce ou de quen financie ás formacions políticas. Eu coido que a orixe do problema é a escasa RESPONSABILIDADE POLÍTICA que temos os cidadans pois á hora de decidiren un voto semellamos mais estaren facendo unha compra que analizando propostas e programas cecais pola imposibilidade de facer que logo os individuos e/ou grupos electos cumplan con eles.

Por todo elo en ODEP coidamos que os cargos políticos de elección ou nomeamento deben estaren suxeitos á posiblidade de revogación (oportunidade que si teñen 'dictaduras' como a de Venezuela).

Ó cabo, coido que os 'doberman' reaccionarán cando se decaten de que é o que teñen diante e, súbitamente, calarán.

Co Ulster no pensamento. Definicions

OUUUUuuuu

Dende que teño o blog veño deixando caer a forte implicación (que non paralelismo) que o proceso de paz no Ulster debería ter na apertura dun camiño de paz en Euskalherria. De sobra son coñecidos polas forzas politicas e policiais os contactos entre o I.R.A e E.T.A. e a forte iteracción entre o entrono abertzale e o republicanismo irlandes.

Hai medios de in-comunicación que ven nestes contactos un pecado imperdoable, como ven un pecado no feito de que o goberno mantivese contactos previos a estes comunicados de 'cese ó fogo' mais eses teñen os seus intereses; Como outros que din desexar que non exista mais sufrimento que o que xa hai e se adican a por paos nas rodas deste carro que acaba de botar a andar, se cadra pensan que non hai mortos dabondo neste camiño (vergoñento o comunicado de AVT e o foro de Ermua).

Falando de comunicados; mentras uns medios cualifican de 'insignificantes' as diferencias entre o 1º e o 2º comunicado de ETA eu e outros as cualificaría de substanciais pois apuntan o 3º renglon dos 'principios de Mandela' (Hai que por tódolos asuntos enrriba da mesa e non chegar a nenguha conclusión por adiantado).

Coido que, coma sempre, a miña analista política leva bastante razón: "Engananse ou nos queren enganar quenes pensan ou din que nun proceso coma este non hai que TRAGAR SAPOS E CULEBRAS"

DEFINICIONS


Entramos nunha fase en que as verbas collen todo o corpo de coitelo que teñen e....que vai a esixir que se deixen claros moitos conceptos.

O goberno se pode sentar na mesa sabéndose respaldado pola maioría da sociedade mais sen posicions maximalistas; non debe acepta-la xantaxe do sangue xa verquido como non debe acepta-la xantaxe do sangue por verquer. Presupor debilidade no outro campo pode levar a provocar situacions innecesariamente tensas como presupor forza (ter medo) do contrário leva á desconfianza permanente.

Non lle podo negar ó presidente do goberno español o seu manexo do 'tempo' político e certo progreso no emprego real da democracia pois xa consultou ó parlamento antes de seguires "pre-negociando" o 'cese ó fogo' e dí que o vai voltar a consultar neste proceso. Eu coido que os consultado antes do remate definitivo de todo esto debemos ser os cidadans mais de eiquí até aló poden pasar moitas cousas i existen moitos flecos por decidir...

Porque, ¿Que son concesións politicas?; dende o meu punto de vista concesión política sería a declaración unilateral do estado vasco sen referendum nen negociación parlamentar... dende o punto de vista da 'órbita PP' o simple achegamento dos presos (por non falar de reducción de penas ou indultos) sería unha concesión imperdoable. No medio: Un arco da vella de moitas cousas en campos moi diferentes, mais moi interrelacionados.

Vese que o proceso se vai levar nunha 'dobre mesa' nas que os temas políticos se deixaran en mans dos partidos e os temas 'militares' quedarán entre a banda terrorista e o goberno español(os franceses están a asubiar cara outra banda).Coido que a primeira vai se-la mais perigosa pois todos se coñecen e creen saber os puntos dos outros co cal se rompe o 3º punto xa enunciado... Vaise ter que fiar fino e moito nos temas que impliquen ó marco de toma de decisions e os límites desas decisions e XA se debe saber que pode ser precisa unha reforma constitucional...e foral.

Eu digo o de FORAL por coherencia; porque si sosteño que a monarquia como forma de goberno é antidemocrática, retrógrada i (no caso español) xustifica un golpe de estado (1936); tamén debo soster que os Fueros "CONCEDIDOS" por reis 'extranxeiros' non teñen sustento democrático e deben ser derogados para por no seu canto as leis que os cidadans "Nos demos".

Hai moitas esperanzas depositadas neste proceso como para non tentalo.

PERMANENTE

OUUUUuuuu...

-Fun de Fallas e viñen coa permanente.

-Co pelo como as falleras?.

-Non, cos pelos de punta...Polo dos "petardos".

Que frase mais enrevesada... i é que das verbas escollidas nesta ocasión por E.T.A. a min o que mais gracia me fai é o adxectivo que non o é tal ainda que o diccionario 'online' da RAG non sinale o 'outro' significado podemolo ver no DRAE:
Permanente.
(Del lat. permănens, -entis).
1. adj. Que permanece.
2. adj. coloq. Se dice de la ondulación artificial del cabello que se mantiene durante largo tiempo. U. t. c. f.
Os da miña quinta lembramos ben ás nosas maiores naquelas sesións longas i estresantes metidiñas alí dentro desas máquinas... !!!Cantas voltas non xogariamos nós metendo a cabeza alí coma si fose un casco de astronauta¡¡¡

Dos 54 millons de resultados que nos volta o santo dos lentes ('san'google dito:Sanjujle) poucos son os que se refiren xa a esta técnica de perruquería e serán menos a partires de onte.

Moitas, e moito mais competentes e informadas que a miña, son as opinions do 'estético' comunicado destes 'liberadores'. Non vou a entrar a valora-lo permanente estado de incredulidade disfrazado de cautela dos dirixentes do PP......abandoados na illa do "non pasarán" por unha realidade que non deixa de trocar por moito que eles desexen permanecer no doce momento do triunfo de 1998.

Xa facía moito tempo que fixera público ó meu parecer no canto de que a violencia física (xa sabemos que "Outras Violencias Existen") só favorecía ó nacionalismo español. Tamén levo moito tempo deixando pistas sobor dos pasos necesários para unha negociación seria (os "principios de Mandela"). Onte escoitei con gran satisfacción como un 'opinador profesional' nunha cadea de TV con claro control dereitista (TVCyL) empregaba respecto ás víctimas o meu argumento:
ás victimas débeselles recoñecemento e respecto; indemnizacions e vantaxes sociais mais... non son mártires políticos de nengunha causa e non poden condicionar o devir político do estado senon: ¿faranse eles responsabeis das futuras victimas que unha negociación poda evitar?
Entrando no paralelismo co proceso irlandes vexo que non se emprega a VERBA MALDITA (se cadra é o que mais lle doe ó PP) i, entroques, si se fala de "Cese ó fogo" (non de tregua) tal e como o I.R.A. fixo no seu momento para propicia-las negociacions que deron nos acordos de 'venres santo'. Nese post preguntábame eu cando E.T.A. daría este paso e comentaba eu xa que no P$o€ había unha liorta interna para se liberaren de ERC percurando outros socios... Logo veu a xenial xogada de "ZmaquiaveloP" devolvendo a pataca 'requentada' a "M'amargall" (pola faciana de amargado que ten) que... bueno, eso outro día.

Chuzando

OUUUUuuuu

Sego a facer reformas no blog e a seguinte vai de contidos.

Ainda que o comentario da actualidade vai seguir ocupando grande parte do meu esforzo coido que ese comentario debe ter mais 'substancia' que o simple enlace cara a nova.

Para o destaque de novas están espazos como CHUZA que sigue a liña xa comentada das novas editadas comunitariamente (ou autoeditadas) unha versíon 2.0 dos blogues (que tamén lles chaman webs colaborativas) nos que varios autores poden enlazar novas que son valoradas e comentadas polo resto da comunidade decidindo esa valoración si a nova se publica ou non.



Só por facilitar o primeiro acceso coloco o enlace na barra lateral.

DNIe

OUUUUuuuu

Sen dúbida vai ser un tema que vai a ires a mais nos próximos meses porque se trata dun troco fundamental en algo que nos resulta obrigatorio a tod@s e que pulará do desenrolo da sociedade da información no estado español.

Moitos cartos se levan metidos no deseño e desenrolo do DNIe e mais se meterán na súa posta en marcha e divulgación; sei que hai unha chea de sitios onde conquerir información experta sobor do tema e que o goberno habilitou xa unha boa páxina própia para este asunto (por certo sen versión en galego) mais coido que é importánte decires algunhas cousas...

Como ben saberedes padezo algo de CONSPIRANOIA i en especial lle teño algo de xenreira ós chips RDIF pola súa facilidade para ocultarse e polo doado que semella facer lecturas dos datos contidos neles.

E agora sumemos:

O DNIe vai levar un RDIF cos nosos datos persoais (ainda que só os mesmos que os actuais).

Levar enriba dun o DNIe será tan obrigatorio como leva-lo DNI actual.

Colocar lectores (capturadores) de RDIF é doado, barato i xa se fai.

O seguimento dos individuos está feito a menos que...

Inventemos un simil do Oubeo tecno e levemos o DNIe nun sobre "protector".

A este suposto que acabo de plantexar non vexo resposta por parte da administración e, que eu saiba, os meus datos de filiación tamén son datos persoais a protexer ¿non?.

Por riba si temos en conta a aprobación da directiva europea sobor da retención de datos podemos concluir que calquer documento asinado co DNIe vai ser seguido (¿copiado?) pola administarción pola 'nosa seguiridade' e, seguindo coa teima 'conspiranoica', se a "casamos" coa LSSI veremos que calquer atisbo da actual 'liberdade' na rede vai ser un espellismo nun futuro próximo.

Faranos moita falta acudires á comisión das liberdades informáticas e da EDRI. Para mantervos informados vos recomendo o Last-info do DNIe.

Propostas sereas e respostas exaltadas...

OUUUUuuuu

Xabier Lago Mestre é o presidente da asociación Fala Ceibe; unha asociación cultural que ten coma obxectivo a defensa e promoción da lingua galega no bierzo.

Mantén esta asociación e o seu presidente (a quen non coñezo persoalmente) unha permanente presecia nos medios de in-comunicación coa participación e a organización de eventos culturais (a Exposicións, doazons de libros...).

E ainda mais...porque mantendo unha liña coherente (coido eu) co que está a acontecer no estado recentemente presentou nun comunicado de prensa (só recollido por Bierzo Digital) unha serie de puntos claves para a reforma do ESTATUTO DE EL BIERZO. A esta proposta quero eu facer unha crítica mais ben unhas puntualizacions mais non sen antes vos invitar a que vexades canto taliban-integrista se pode escudar tra-lo anonimato que premiten certos sistemas de comentarios. Por certo; en ningún punto da súa proposta Xabier dí ren dunha integración do Bierzo en Galiza nen da "imposición" do galego como lingua vehicular...

Nas propostas para o Capítulo primeiro vexo que se esquece de incluir o necesário refrendo dos habitantes dos concellos que se unan (agora? e) no futuro ó órgano supramunicipal. Neste capítulo sae a única referéncia ó galego na petición de que a co-oficialidade recoñecida polo estatuto de "Castilla y León" (art.4) se reflexe no texto regulador deste ente político territorial i é consecuencia deste recoñecimento explicito que se pide tamén que a denominación dos concellos (asunto do que xa trataran noutra ocasión) con presencia de galego falantes (os da franxa occidental desta terra raiana) e do própio territorio. Peca cecaís de un ancrónico apego ós símbolos que nos séculos pasados marcaban a identidade dun territorio (Bandeira etc.).

Nas claves do segundo capitulo postúlase Xabier coma unha persoa con visión política; algo que se lle bota en cara nos comentários mais que eu coido que é algo do que se gabar. Entra nos escuros territorios das competéncias e solicita para o ente territorial unha loga batería delas todas (ainda que non o argumenta) vencelladas pola necesidade dunha organización perto dos cidadans e do territorio e inclue dous puntos destacables: A recopilación do "Dereito Consentudinario" (que é algo que sí imprime caracter ós costumes dun territorio) i a vontade de evitar 'dupliciadaes administrativas'.

Para o capítulo seguinte; o referente ós órganos de goberno escolle o autor un foco interesante; o sistema de elección. Coido que o acerto de manifestarse a prol dunha participación mais activa da cidadanía ó traveso da elección directa non debe quedares empañado por teren esquecido á inclusión dentro do articulado do texto dunha porta para a Iniciativa Lexislativa Popular e para a implantación, por fin, dunha medida tan democrática coma descoñecida A REVOCACIÓN DE CARGOS por iniciativa dos cidadans. Como remate a este punto decídese por crear un auténtico goberno ó optares pola vinculación á maioría política e non pola actual proporcionalidade.

Volta a dar mostra dun afinado senso político cando, no capítulo dedicado á facenda, reclama a "autonomía económica" para este ente territorial e ainda vai algo mais lonxe suxeríndo a creación dun fondo que garanta a solidaridade interna dentro do territorio (eso de que tanto se queixan os detractores do Estatut de Catalunya). Un gran acerto, mais se cadra unha provocación innecesária ós poderes do territorio é a suxerencia dunha taxa ás empresas contaminantes e, por si non quedaba claro, ás xeradoras de enerxia con forte impacto ambental (e que, como teñen sede en Madrid -próximamente en Barcelona-, non pagan taxas pola merda que botan eiquí). Eiquí deixa fora a inclusión ainda que só sexa a modo de "potencia" dos chamados 'presupostos participativos' nos que teríamos gran peso os cidadans.

Remata reclamando que este remozado ente territorial poda ter (como o resto dos entes políticos do estado) dereito á iniciativa lexislativa perante as cortes de "castilla y león" mais esquece novamente o necesário avance democrático que supoñen as ILP

Ben. Agora explico porqué fago eiqui esta crítica... Para podela facer en galego sen que me digan que "non procede".

Loitando

OUUUUuuuu

Levo toda a fin de semana loitando por facer realidade o radioblogue... ainda non rula, mais xa o teño ahí... Se cadrar preciso de outro aloxamento web non comercial.




Polo de agora vou retira-lo cadro de percura de google pois até o explorer (o 7.0) o vai ter incorporado no barra do navegador...

Videos...

OUUUUuuuu

Con estes videos poderedes comprobar o 'jrande' espectaculo que deu a nosa compañía no Entroido.

Javi Dansante




Jran Actuasion


Entroidazo

OUUUUuuuu

Foi un 'jrande esito' este entroido... como todo na vida ten que ter equilibrio pois cada ano lle trocamos un pouquerechiño os ingredientes á nosa 'mescolansa' para que todo sexa do mellor.

Os "Dansantes do Bolshoi" tiveron un 'esito' arroiador.



O 'xerife' fariña e os irmans 'baixon' pasárono de medo...




Mágoa de nevada o venres que non nos permitiu achegarnos ó folión do Entroido de Groenlandia mais o 'projrama' seguiu con normalidade e rachamo-la aurora tódalas noites...

Seica tiven unha grande repercusión mediática nos Farrapos de Laza (a miña cita mais querida); a mín fíxoseme algo teatreiro... cáseque había mais cámaras que persoal a xogar cos farrapos. Eu paseino ben.

Sobor da festa das adegas de Oimbra teño orde de facer "mutis polo foro" e cumpro; mais que saibades que foi Cristina Cobelleira quen vos 'chorizou'... ¿dancei contigo esa noite?; non me lembro (unha mágoa).