Entroido e van 20.

OUUUUuuuu

20 veces que corro diante dos peliqueiros... Mi madriña¡¡¡ toda unha vida entroidando. Este ano "os 'dansantes' do Bolshoi" serán a sensación.


Peliqueiro

Buscadeo por baixo da roupa... si o atopades 'sejuro' que son Eu... dádeme un pouco de licor café, un pouco de bica (ou un bico si eres muller), e veredes como me recupero.

Xa porei algunha foto.

Campañas

OUUUUuuuu
Cal e area son os resultados da vida, hai derrotas que, sin convertirense en victorias, deixan de selo e victorias que; debido ó esforzo, ás concesións ou á manipulación, son talmente pírricas.
.

Stopbolkestein
Así, coido un éxito en termos xerais o resultado (até o de agora) da directiva sobor da liberalización dos servizos na UE na que Stopbolkestein seguirá a ter un papel importánte na súa vixilancia pois ainda queda moito por andar...

O consello europeo ten que facer outra proposta e alí veremos que sucede...

Constitución Europea
O 'impass' do Tratado polo que se establece unha Constitución para a Unión Europea causado polo NON de estados tan senlleiros como os Paises Baixos e Francia ten o seu reflexo no cadro de ratificación no que podemos ver como a República Checa, Dinamarca, Portugal, Suecia, Irlanda e o R.U. da Gran Bretaña teñen suspendido o sistema de ratificación ( parlamentar e/ou referendum ) e mesmo en España a suposta reforma constitucional que sería precisa está nunha segunda fila (¿incluirana no "lote Leonor"?). Até o "plan D" semella paralizado á espera dunha decisión do novo goberno alemán.

Eiquí a cuestión será: ¿Convocará ZP un novo referendum si o TCUE é reformado?; ¿Qué argallará o PP para non aliñarse co P$o€?... Agora que lles deu polos referendums; ¿Proporán eles un? "TODOS TENEMOS DERECHO A OPINAR".


Nas campañas abertas hai que estares moi atentos á de Concordato.org pois neste trimestre se deberán produci-las negociacions sobor do sistema de financiamento da igrexa toda vez que a Comisión Europea ten requerido a España para que esta asociación (si, a igrexa É unha asociación) pague o I.V.E.
Concordato.org
Os amigos de Concordato.org invitanos para que requiramos da Vicepresidenta primeira e do Ministro de xustiza (encargados de tales menesteres) que se fagan públicas as datas e lugar das ditas negociacions para poderen exercer o dereito de manifestación así como para facer entrega das 70000 sinaturas recollidas até o de agora e; curioso (ou non), que non teñen conquerido nenguha repercusión mediatica...


As campañas contra da monarquía estan a tomar bastante pulo tanto o movemento popular contra da monarquía como o Manifesto contra da monarquía. O autor deste último ten entregado unha solicitude no congreso dos deputados para que se abra un proceso que conduza á terceira república. Podendes descarga-lo modelo en galego i envialo por trámite administrativo (certificado + acuse de recibo).

Agora estase a plantexar unha demanda contra o cidadan Juan Carlos de Borbón perante un tribunal militar por manifestarense políticamente... como lle sucedeu ó Tenente xeral José Mena Aguado sería de agardar un ARRESTO DOMICILIARIO (ou non).


Hai xa ben tempo desto...
Os que pensarades que a miña teima cos RDIF se aproxima á paranoia podedes ter por seguro que en 5 anos levaredes un no peto queridades ou non (senon dentro do corpo...) as contínuas campañas de MEDO no medios de in-comunicación van conquerir que "GH" semelle unha casiña de bonecas...Saberán onde andamos, que mercamos etc... Sorte que o hacking xa nos está a botar unha man.

A aprobación polo parlamento galego da ILP Rios (Iniciativa Lexislativa Popular) é o resultado de outra campaña exitosa pola que sentires optimismo ainda que haberá que seguirmos atentos pois nin o tema das minicentrais está pechado nin era esa a única fornte aberta no eido do conservasionismo en Galiza.


CENIT

OUUUUuuuu

Como aconteceu co troco climático o cenit (peak) da producción petroleira xa non é algo discutibel... Agora só queda seren verdadeiramente conscientes destes dous problemas intimamente relacionados e seren capaces de nos decatar que da negación non imos obter nenguha solución práctica.

O marco económico mundial terá que trocar para asumires que certos custes que foron despreciados á hora de adoptares a producción en masa e a globalización industrial (que non financieira) vanse tornar insalvabeis..

Se hai un mes saiu nos medios de in-comunicación unha nova de segunda liña na que un científico do JPL (laboratorio da NASA) denunciaba como as distintas administracions dos EEUU levaban "décadas" escondendo os informes que anunciaban un troco no clima debido ás emisions de gases de "efecto invernadoiro" do que dá proba por exemplo este informe sobor da duplicación da velociadade do desxeo en groenlandia na derradeira decada.

É evidente que esta negación ten moito ou todo que ver coas grandes empresas enerxéticas que non queren que se lles faga asumir os verdadeiros custos do seu negocio cargando toda a sociedade cos custes meioambientais (en tódolos aspectos: clima, saude, degradación meioambiental e biodiversidade...) e continuando eles a tirar beneficios; senon como se explica que as accions de estas empresas suban cando a orixe do seu negocio e as súas materias primas están en dúbida?.

E para mostra un botón do noso camiseiro... os 3561 MILLONS DE EUROS (si lestes ben "millons de €uros") que o estado español (é dicir todos nós incluidos os denostados catalans) imos ter que lle pagares ás empresas eléctricas por "déficit de tarifa" ou, digo eu, exceso de faciana sobor de todo dos anteriores gobernantes que foron os que liberalizaron o mercado eléctrico nestas condicions e sen forzaren nengun plan efectivo de reducción da dependencia petrolifera... como en Suecia.

Os nórdicos teñen, se cadrar, ainda mais necesidades enenxéticas ca eiquí e nembargantes se teñen posto en marcha para facerlle fronte a este problema ainda que cun horizonte temporal realista mais non dabondo: Queren eleimina-la dependencia do petroleo en 15 anos mais, segundo algunha das contas que hai por ahí este só vai durar 12...

E non, non van botar man da enerxía nuclear (ou non en exclusiva) teñen optado pola lóxica solución mixta i ecolóxica co cal evitan os riscos que ten unha reactivación do emprego da enerxía nuclear tal e como afirma este informe do Instituto Elcano de estudos estratéxicos:
La reactivación de la opción nuclear sólo tendría sentido y trascendencia si se hiciera globalmente y con una magnitud significativa. Ocurre, sin embargo, que un despliegue de centrales nucleares capaz de cubrir la demanda eléctrica mundial en las próximas décadas es inviable, por múltiples razones. Y un programa nuclear reducido a lo posible tendría poca incidencia sobre los precios del petróleo; no reduciría significativamente las emisiones de CO2; muy probablemente tuviera que hacer frente a una escasez de uranio fisible; monopolizaría las inversiones energéticas con un enorme riesgo financiero; generaría grandes cantidades de residuos de larga vida; empeoraría la seguridad, y aumentaría el riesgo de proliferación nuclear.
Ó cabo até a mais ultraliberal administración ten que recoñeceren que algo hai que facer; ¿asinarán tamén os acordos de Kyoto?... Non teño dúbida de que as campañas militares das "tropas imperiais" só teñen que ver co control das fontes de petroleo e intuo que tras dos movementos extremistas islámicos hai outros intereses que precisan deste enemigo (e non outro: China) pois así manteñen as súas tropas perto da orixe dos recursos petroleiros e teñen en Xaque a Europa que ten unha elevada porcentaxe de poboación non só musulmana (que en USA tamén a teñen) senon con importantes ligazons familiares cos paises islámicos. A seguinte escala será no "patio traseiro" (Venezuela, Ecuador...) ó tempo.


Entrementres Spain segue sen un PLAN estratéxico que prime ó aforro enerxético, ás fontes alternativas e a responsabilidade no consumo e na adaptación/adopción de estas medidas. O IDAE seméllame non pasaren dun xogo lúdico e as medidas de calado están mediatizadas politicamente centrandose en Operacions Puramente Administrativas (OPA) e non en aproveitaren o tremendo potencial solar desta 'pel de toro'.

Bó día... para comer cocido.

OUUUUuuuu

Contra da opinión do temporal directamente vido de Groenlandia acudimos á terra do Deza a facerlle honra ó superheroi local...Porco de Lalin



O que, a diferencia de outros, se lle tira proveito de TODO


I é que co conto de dares conta do rei da "dieta galega" (versión inverno) xuntase xente do mais dispar. Entre saraiba e chuvieira con refachos de sol e cintileantes ventos 'forsa' sete ainda tivemos tempo de non aplaudires o Pregón dese "home cromo" que é Gallardon... Digo o de cromo porque é o único co se lle podería facer un cambalache ó PP:
Trócoche o teu Gallardón por un PacoVazquez e regáloche a Ibarra. ('sejuro' que o non iamos notar moito)


O día grande en Lalin ainda houbo persoal dabondo para nos atascar o centro urban e sufrires certos atrancos nos locais... Se cadra demasiada xente; un día imos ter unha 'desjrasia' nese palco pois non baixan os de antes e segue a subir xente.

Eso que da "esquerda-esquerdosa zurda asquerosa" ainda non houbo nengún pregoeiro... que xa lles vale os da organización; que algun haberá que saiba mellor falar que outros dos que xa teñen ido... mais eu coido que ningúen coma o primeiro pregoeiro.
E hoxe estou en sombra

Dende que o alba rachou a neboa
co fulgor igneo da forza

Dende que a escuridade foi
sustituida pola lembranza

Dende o brilante cumio
enchido polo crú do inverno

Hoxe son burato negro

Que fai desaparecer tódala beleza
do mundo que me arrodea

Que destrue tódala felicidade
que a vida deposita en min

Que absorbe tódala luz
da túa fonte inesgotabel...

¿Descafeinada?

OUUUUuuuu...

Aprobouse en primeira lectura a directiva europea de "Libre circulación de servicios" ainda non vin a análise que desto se fai por StopBolkestein mais lendo o resumo que vos enlazo semella que a información que a califica de 'descafeinada' está escrita dende o outro lado.

Tanto pola non implantación do temible "principio de pais de orixe" como pola lista de "servizos expluidos da normativa" semella que os obxectivos se cumpliron nesta ocasión... Insisto en que hai que agardar á leitura do texto completo e a análise que delo se faga por voces mais autorizadas cá miña.

Vai de blogs...

OUUUUuuuu..

Dende que escomencei este tema da bitácora teño ido probando todo o que vou atopando para complementar ou apoiar o que expreso: Os diversos formatos e cores do texto, Os enlaces, as imaxes, as animacions, os vídeos... Tamén me apuntei ás 'oportunidades' da rede engadindo a casilla de percura de google e os anúncios de google adsense... Na mesma liña, e para facilita-lo seguemento do blog, puxen os enlaces da RSS (os cabezallos das entradas) e o agregador para MyYahoo.

Agora estou a ver que ainda estou demasido curto; Por unha banda vou emprender o traballo para conquerir que poidades escoitar música (selecionada por min) na mentres navegades no meu blog como acontece en Calidonia.

Pola outra estou a pescudar no xa moi descrito fenómeno do Egoblogging. I é que os que nos expomos nestes escaparates soemos engadir links a él dende moi diversos sitios pode que para reforzar o que dicimos mais tamén para difundi-la existéncia da nosa bitácora; Kandpalleiro acada 6507 "Egopuntos" acadando o calificativo de "Prosaico".

Logo, un pode coidar que o que fai ten algún valor "crematistico" e xurden sistemas coma este que che calcula...


O meublog Vale $564.54.
Canto vale o meu blog?



¿pouco?, ¿moito?... tanto me ten é só un exemplo do que se está a facer ó redor de esto. Polo que poida pasar eu tamén fixen cun código IBSN

Por San Valentín: Activismo.

OUUUUuuuu

Sonvos así; sei que o amor é mais tamén coido que "hai que estares na fronte" así que este ano nada de lamentos pola xente que está soiña nen queixas por se ter transformado (coma todo) nun producto de marketing... Este ano CAÑA.

1- Un cidadan solicita ó congreso a instauración da terceira república...



O autor do Manifiesto contra da monarquía se presentou no rexistro do congreso i entregou un escrito solicitando a instauración da república. Eu traducín dito escrito ó galego e de eiqui o podendes descargar para envialo polo procedemento administrativo (correo certificado con acuse de recibo) á presidencia do congreso dos deputados c/ carrera de San Jerónimo; Madrid 28080.

2- Blokestein... Os "facedores de cartos" non descansan nen por San Valentín e nestes días chega ó europarlamento o debate sobor da devandita directiva de liberalización dos servizos... Lembrade que queren impor o criterio de 'pais de orixe' co que unha empresa Lituana (por por un exemplo) pode operar en España co réxime laboral de alí... Unha bicoca.

StopBlokestein fixo circular un modelo de mail (en Inglés) para enviares ós europarlamentarios...

Tres eran tres.

OUUUUuuuu

Ainda que non corresponde co concepto que temos de "renovación" o certo é que o panorama político galego ten trocado (Por fin¡¡¡) tras 20 anos coas mesmas persoaxes e o mesmo esquema de relación de forzas...
Xa hai un tempo que Xosé Manuel Beiras emprendeu o longo camiño do aillamento ainda que somos moitos os que opinamos que a súa retirada é unha grande perda intelectual para o galeguismo e que se lle debera dar voz nos procesos que se abren para facer realidade un novo pais. Manteño a miña opinión sobor do mal plantexamento que se lle deu a ese troco.

A Manuel Fraga o "xubilou" o resultado (que non derrota) electoral e o saberense entender de Touriño e Quin (moi a pesares de outros) e; resolto co derradeiro estertor do León o tema da sucesión, fuxe cara a 'xaula de ouro' (con piscina, ¿ou xa non?) do Senado. Hai que recoñecer que, dende o punto de vista estratéxico este señor sabe entrega-lo relevo (ainda que facelo lle costa moito...).

E agora...

Coruñeses: Paco...IS GONE

Non queda claro no medio do ruido mediatico se marcha ou "o marchan" se a xente queda contenta (@s mil fill@s de pita fixeron rachí) ou se haberá procesión; se vai gaña-lo ceo ou vai ó único lugar do mundo no que non quedan fincas edificables... O certo é que Francisco Vázquez Vázquez "Sir Paco" sae (polo de agora) da politica galega e sae pola 'porta santa' dunha embaixada non convencional.

O autor de tantas frases apoteosicas non pasará desapercibido na súa nova posición e seguro que agardará con paciencia o momento de voltar...até entón Moratinos e o corpo diplomático que tomen tila.

SIC TRANSIT GLORIA MUNDI

Foron ereccions e non eleccions

OUUUUuuuu

Co tema do permiso por paternidade que próximamente vai a emprega-lo 'vice' mais de un non sae do seu asombro...

I é que si botamos contas nos días que ós cidadans nos tocaba escoitares os discursos políticos supostamente encargados de nos convenceren a prol de tal ou cal opción Anxo andaba pluriempregado viaxando i 'empurrando'... ¿ou foi o "subidon" da noite electoral (sería 'erectoral')?.Notábaselle que o emparellamento é beneficioso para a saude. Bueno, como quer que sexa NORABOA e que todo discurra con normalidade.

Nestes centoepico días de BI-goberno (si, algo de descoordinación hai, ¿non?) os claroescuros son constantes; o presidente é un Guadiana e Suarez Canal está a dar un nivel bastante impresionante do que debe ser un gobernante que se esixe o mesmo que pedía dende a oposición.

Nota 'familiar'

¿Non notades certo troco nas actuacións da conselleria de medio ambente dun tempo a esta parte?.

Ainda que hai quen non está de todo conforme o certo é que algo se vai conquerindo do moito que hai por facer e que dende certas posicions hai que escoitar a tódalas partes e actuar con mesura ainda a risco de estragaren un capital tan delicado e dificultoso de recuperar como é o medio ambental.

Agora que vou indo vello decátome que as verdadeiras reformas teñen que ser así; pausadas, hai que chegar, ollar, estudar a situación (sen caer na parálise) e "amoldar" os nosos proxectos ás realidades atopadas. Iso debe ser o asunto do "Sentidiño".

Marcha xa o Fragasaurio



Dito e feito; unha das personalidades que mais marcaron ó noso país no derradeiro medio século volta "ó servicio de España" (¿e algunha vez non estivo a él?) deixando, iso sí, o fedento sabor dunha amizade rota. Eu non teño moitas dúbidas sobor de quen VOTOU EN BRANCO na súa desiganción coma senador en representación de Galiza. A ver si conquire saca-la reforma da cámara alta da lameira na que se atopa e se "encaixa" na reforma constitucional (insisto) como cámara de representación e coordinación territorial.

Intolerantes e provocadores en todas partes os hai.

OUUUUuuuu

A miña comentarista política hai tempo que o dí... as persoas compórtanse na vida pública coma nenos. Durante 8 anos cada volta que o goberno do PP recibía unha crítica argumentada ou non a súa resposta era a dun neno despeitado: "E ti mais, e ti peor", cando se lle criticaba por apoiar os plans do conglomerado Bush (porque estou seguro que ese non planifica nen a súa hora do baño) respostaban "Si, mais o meu pai ten..." ou "meu pai é...". Cando perderon o combate de manipulacions que foron os cómicos (si, pon cómicos porque votar nesta protodemocracia dame risa) de Marzo de 2004 escomenzaron como un neno "Foi falta; non vale, eu empurrei, mais tí tamén..." Logo, cando se constituiu un goberno alternativo i este escomenzou a face-las reformas que prometera "Eu así non xogo, non xogo e non xogo...".

Agora vemos dous exemplo de NENOS patalexando porque outro lle dixo non sei o que ou lle pintou non sei que cousa... i estiveron faltos de tempo para sacar a natureza animal dos homes.

Así non imos resolver ren.

Non era o que semellaba

Ouuuuuuuuuuuu
Cando xa estaba eu a piques de asinar a solicitude de referendum do PP coidando que se trataba de incrementares a iniciativa lexislativa popular até as leis orgánicas e/ou o submetimento de estas a referendum (calquera das dúas opcions e democrática, o actual non) viñen a ver que a cuestión está plantexada no clásico xogo centripeto/centrifugo no que teñen confiado os actuais dirixentes do PP (seguindo a vereda do seu reverenciado Ansar). Ainda así Kandpalleiro non quería quedares fora da festa rachada que iniciou Eva Hache facendo asinar a Spiderman e Mariquita Perez na pouco seria e fiable páxina de recollida de sinaturas do PP, mágoa que algúen se lembrou do servizo de sinaturas de Firmas on Line (100% seguro) e nos chafou a carallada.

Maquiavelo tamén palidecería diante da artera manobra de preguntar sobre a igualdade de tódolos españois i enfocalo cara a unha reforma dun estatuto de autonomía; ¿logo porqué non enfocalo cara a ter TODOS opción á xefactura do estado?.

Da gusto ver como se notan as gañas de traballar dos amigos ós que se lles brinda unha oportunidade ¿ou non?. Hai están os resultados.