Hoxe prolongamos ata Torres del rio. ¿Seria o viño da fonte de Irache?
Lonxana Estella
OUUUUuuuu
Hoxe o cansancio Psicolóxico fixo mella... Ver a meta e non rematar de chegar faise duro ás veces. Lizarra é un lugar un tanto contradictorio; O sabor a vello da súa zona monumental contrasta coa fealdade de alguhas partes da cidade e coa abundacia industrial dos arredores. Mais si é certo o que dí o Calixtinua: Comese ben.

cumprindo obxectivos
cumprindo obxectivos hoxe chegamos a Puente la reina. Imos tocados mais aturamos.
Camiño Navarro
OUUUUuuuu
Iniciamos as etapas do camiño en Navarra. A ver si funciona o mail post. Hoxe 47 Km. dunha tirada; Roncesvalles-Burlada (Pamplona). A ver como imos mañan.

SEGUIMOS CEGOS
OUUUUuuuu
Se houbese alguén que seguise este caderno aparte de min podería albiscar que unha das miñas teimas é a transformación que vai significar o fin da era do petroleo. Ainda que xa fai tempo que non escrebo en torno a este tema elo o único que indica é que o fenómeno da "fatiga informativa" tamén afecta ós que escribimos neste tipo de medio.
Se volto a falar sobor do tema non é porque me alarme a diferenza de prezo do petroleo e as gasolinas con respecto a hai un ano (é mais, semellame menos do esperable); nin que me sorpernda que o capital vencedor das eleccions en USA se lance contra as reservas petroleiras de Alaska. Volto sobor do tema porque por fin semella que o PEAK do petroleo toma cariz de realidade informativa de 1º orde e coido que isto é importante para nos quitá-la venda dos ollos e centrarmonos na necesidade de actuarmos nunha dupra vertente:
Por en marcha as Enerxias Renovabeis e Alternativas e fomenta-lo investimento no desenrolo de novas fontes renovabeis
Por en marcha programas reais de aforro enerxético e transporte sostible.
Precisariamos que o IDAE e os organismos semellantes das comunidades autónomas tivesen mais rango orgánico e orzamentario para que puidesen canalizar ambas misions. Dar coas alternativas ó transporte cotián i á producción enerxética non vai ser dabondo pois vai ser preciso atopar substitutos a tódolos compostos que se obteñen do petroleo.
Se houbese alguén que seguise este caderno aparte de min podería albiscar que unha das miñas teimas é a transformación que vai significar o fin da era do petroleo. Ainda que xa fai tempo que non escrebo en torno a este tema elo o único que indica é que o fenómeno da "fatiga informativa" tamén afecta ós que escribimos neste tipo de medio.
Se volto a falar sobor do tema non é porque me alarme a diferenza de prezo do petroleo e as gasolinas con respecto a hai un ano (é mais, semellame menos do esperable); nin que me sorpernda que o capital vencedor das eleccions en USA se lance contra as reservas petroleiras de Alaska. Volto sobor do tema porque por fin semella que o PEAK do petroleo toma cariz de realidade informativa de 1º orde e coido que isto é importante para nos quitá-la venda dos ollos e centrarmonos na necesidade de actuarmos nunha dupra vertente:
Precisariamos que o IDAE e os organismos semellantes das comunidades autónomas tivesen mais rango orgánico e orzamentario para que puidesen canalizar ambas misions. Dar coas alternativas ó transporte cotián i á producción enerxética non vai ser dabondo pois vai ser preciso atopar substitutos a tódolos compostos que se obteñen do petroleo.
Estratexia contra Kioto
OUUUUuuuu
Á dereita empresarial e capitalista non lle sentou nada ben a aprovación do chamado "protocolo de Kioto", non en van o máximo repesentante do seu modelo de desenrolo (aloucado, deshumanizado, edonista que maximaliza o beneficio ainda en contra da própia saude e do esgotamento de todo recurso natural), os USA, non o asinou nen o asinará.
Nos paises desenrolados onde o asinou levan tempo tentando artellar como darlle a volta á natural aceptación por parte da povoación dos principios deste acordo e polo leido xa teñen a estratexia rematada:
Ameazar coa perda de postos de traballo onde as industrias deban reduci-las súas emisions.
Crear novas taxas sobor dos medio de transporte habituais deixando claro que "son debidas á aplicación do protocolo de Kioto".
Debemos lembrar constantemente que os principais emisoras de CO2 do noso pais son: A Alumnia de Barreiros (Lugo) e as Cementeras (Cosmos en Toral de los Vados p.ex.); seguidamente as centrais térmicas de Sabón, As Pontes, Compostilla (por esa orde polo atrasado das súas tecnoloxías e o material empregado...).
A solución do imposto sobre trasporte interurbano ten unha dobre vertente; aportará novas achegas para que o goberno do PP poda seguires alimentando a insaciable máquinaria constructora que non quere nen pode deixar de medrar, e permitirá alimentar o apoio a unha posible retirada do protocolo cando se mostre ineficaz.
Tolerias, diran alguns. Tamén dician que o troco climático eran tolerias e agora é un feito que ate os USA aceptan tanto nas causas coma nos efectos.
Mentras; as medidas para que esas empresas reduzan as emisions (incluidas as inxustas do própio protocolo de Kioto) son deixadas de lado; das enerxias renovabeis alternativas só se implantan aquelas controlabeis polo capital (que precisan grandes investimentos: Eólicas), os medios de transporte non contaminantes son ignorados ou postos en ridículo (vehiculos alternativos eléctricos ou a hidróxeno) por non falar do trato que recibe a magnifica alternativa que constitue a bicicleta para traxectos curtos (<10Km) e povoacions medianas.
Á dereita empresarial e capitalista non lle sentou nada ben a aprovación do chamado "protocolo de Kioto", non en van o máximo repesentante do seu modelo de desenrolo (aloucado, deshumanizado, edonista que maximaliza o beneficio ainda en contra da própia saude e do esgotamento de todo recurso natural), os USA, non o asinou nen o asinará.
Nos paises desenrolados onde o asinou levan tempo tentando artellar como darlle a volta á natural aceptación por parte da povoación dos principios deste acordo e polo leido xa teñen a estratexia rematada:
Debemos lembrar constantemente que os principais emisoras de CO2 do noso pais son: A Alumnia de Barreiros (Lugo) e as Cementeras (Cosmos en Toral de los Vados p.ex.); seguidamente as centrais térmicas de Sabón, As Pontes, Compostilla (por esa orde polo atrasado das súas tecnoloxías e o material empregado...).
A solución do imposto sobre trasporte interurbano ten unha dobre vertente; aportará novas achegas para que o goberno do PP poda seguires alimentando a insaciable máquinaria constructora que non quere nen pode deixar de medrar, e permitirá alimentar o apoio a unha posible retirada do protocolo cando se mostre ineficaz.
Tolerias, diran alguns. Tamén dician que o troco climático eran tolerias e agora é un feito que ate os USA aceptan tanto nas causas coma nos efectos.
Mentras; as medidas para que esas empresas reduzan as emisions (incluidas as inxustas do própio protocolo de Kioto) son deixadas de lado; das enerxias renovabeis alternativas só se implantan aquelas controlabeis polo capital (que precisan grandes investimentos: Eólicas), os medios de transporte non contaminantes son ignorados ou postos en ridículo (vehiculos alternativos eléctricos ou a hidróxeno) por non falar do trato que recibe a magnifica alternativa que constitue a bicicleta para traxectos curtos (<10Km) e povoacions medianas.
CERIMONIA DA CONFUSIÓN
OUUUUuuuu
Mañan continúan as comparecencias na Comisión non permanente de investigación das causas da catástrofe do petroleiro Prestige, das consecuencias económicas, sociais e ecolóxicas e o esclarecemento das responsabilidades políticas correspondentes co galo da análise da situación socioeconómica por un grupo de expertos en economía aplicada mais supoño que de seguires o rumbo trazado o día 14 non sacaremos ren en limpo.
Mentres os expertos non souberon dicir ata que punto están ou estarán afectadas as poboacions mariñas pola catástrofe (lóxico si se sabe que os H. Policiclicos afectan a medio-longo prazo); as xentes do mar deixaron na mesa un "May-Day" polo seu futuro.
Ese día traballarase cara ó futuro (¿?) para o análise da situación de seguridade marítima nas costas galegas e propostas para evitar catástrofes semellantes. Seguramente uns tentarán deixar entrever (agora que está lanzada a campaña) que en outras autonomias o goberno central (que é o responsabel dos verquidos segundo o "perfil" da ITOFF de 02/2005) ten mais medios esquecendo que ata hai un ano ese era un "goberno amigo" que trouxo unhas oficinas da UE a Vigo (eso sí se reivindica).
Mais coido que haberá algunha comparecencia imparcial da que sí se poderan tirar conclusions... como a de Michel Girin director do CEDRE (Centro de documentación para la investigación y la experimentación sobre contaminación accidental de las aguas del gobierno Francés) do cal conviña ter á man o boletin especial do 1º semestre de 2004 adicado ó desastre do Prestige (.PDF 1,9 MB).Na mesma liña pode interesar o dito na 2004 Spillcon (Conferencia internacional sobor do verquido de petroleo)en especial este documento titulado "Perspectiva europea após do Prestige" (en inglés)
A xa enlazada antes ITOFF (INTERNATIONAL TANKER OWNERS
POLLUTION FEDERATION LIMITED; Federación de propietarios de petroleros) envia unha representante que, supoño, terá a encomenda de indicar con que medios se debe contar e cales son as características dun "porto refuxio" como os que semella solicita-la UE e no que "Lord Paco" está tan interesado. Podíaselle preguntar pola alternativa do "refuxio natural" do seno de Corcubión e os medios precisos para elo e tamén polas aportacións que deberan facer e non fan os armadores e propietarios dos petroleiros para a prevención de verquidos.
Xustamente outro dos comparecentes este día: Felipe Louzán Lago (profesor de Ciencias e Técnicas de Navegación na Escuela Técnica Superior de Naútica e Máquinas de A Coruña) realizou a peritaxe sobor do emprego desta alternativa no momento da catástrofe.
As comparecencias mais polemicas dende o punto de vista politico seran as de Rafael Lobeto Lobo (ex director xeral de mariña mercante nos gobernos de FG e co autor do "libro branco do Prestige" ) e as de Joaquín Maceiras e Fernando Novoa Sanjurjo Encargado de aquela do centro de salvamento de Monte Enxa e actual director técnico de salvamento marítimo.
Por Xosé Antón Álvarez Salgado fala o seu curriculum e o seu traballo no grupo de Oceanología do IIM.
Mais centradas na seguridade portuaria semellan as comparecencias de Juan Zamora Terres (do Centro de loxistica e servicios mariños da Universidade Politecnica de Cataluña) e a de José Ramón Iribarren Alonso (da empresa SIPORT XXI de estudios de enxeneria portuaria e seguridade maritima).

Para o Día 28

O que pasou hai 366 días.
OUUUUuuuu
Reprocharaseme que non fixera ren coma homaxe ás victimas. Coidei que a mellor homaxe era o silencio.
Mais non quero deixar pasar estas datas sen difundir unha análise seria do que, daquela , aconteceu. Como se ve non son un privilexiado da información nen un deus creador de opinión coma Pedro J. Ramirez. Así e todo gustame ver reflexado o meu pensamento en informes serios e, dende logo, imparciais.
O Real Instituto Elcano fora creado polo primeiro governo do PP que "busca hacer posible los valores que la inspiran; que mediante métodos y aproximaciones científicas multidisciplinares trata de desarrollar una perspectiva estratégica y global, con vocación prospectiva, con el fin de generar propuestas políticas y sociales que puedan ser aplicadas en la práctica".
Por esto mismo e pola súa cercanía ó Neoconservadurismo (ex. AEI) é polo que me sorprende unha análise coma a referenciada. O informe fírmao nen mais nen menos que Narciso Michavila irmao do deputado i ex-ministro do governo do PP (o de Starky & Huch con Acebes).
Neste informe ( HTML , PDF ) sostense que o troco electoral de hai un ano é analizado baixo catro hipoteses:
Desexo latente de troco de governo
Conmoción polos atentados
Castigo ó PP polo apoio á guerra do Iraque
Manipulacions informativas a prol i en contra do governo de Aznar.
Tras unha analise profunda o informe conclue indicando que para o resultado sorpersivo foron precisas as tres primeiras causas e que a cuarta actuou coma reforzo. Esto veu a dar en:
A "activación" de 1.700.000 votantes que pensaban absterse.
A desición de non votares de 300.000
O troco de opción de 1.300.000 votos
Reprocharaseme que non fixera ren coma homaxe ás victimas. Coidei que a mellor homaxe era o silencio.
Mais non quero deixar pasar estas datas sen difundir unha análise seria do que, daquela , aconteceu. Como se ve non son un privilexiado da información nen un deus creador de opinión coma Pedro J. Ramirez. Así e todo gustame ver reflexado o meu pensamento en informes serios e, dende logo, imparciais.
O Real Instituto Elcano fora creado polo primeiro governo do PP que "busca hacer posible los valores que la inspiran; que mediante métodos y aproximaciones científicas multidisciplinares trata de desarrollar una perspectiva estratégica y global, con vocación prospectiva, con el fin de generar propuestas políticas y sociales que puedan ser aplicadas en la práctica".
Por esto mismo e pola súa cercanía ó Neoconservadurismo (ex. AEI) é polo que me sorprende unha análise coma a referenciada. O informe fírmao nen mais nen menos que Narciso Michavila irmao do deputado i ex-ministro do governo do PP (o de Starky & Huch con Acebes).
Neste informe ( HTML , PDF ) sostense que o troco electoral de hai un ano é analizado baixo catro hipoteses:
Tras unha analise profunda o informe conclue indicando que para o resultado sorpersivo foron precisas as tres primeiras causas e que a cuarta actuou coma reforzo. Esto veu a dar en:
CONTRAGOLPE.
OUUUUuuuu
Cando eramos mais novos...(esto indica que un XA non se sinte tan novo) unha equipa de football gañou un campionato cun sistema táctico ultradefensivo e un contragolpe mortal.
¿Será Google quen de xogar ó "catenaccio" cos seus competidores? Polo de agora semellame que si. Hai pouco escribin dos logros de my Yahoo que ia achegándose a google ; ignorante de min, non tiña nin idea deste contragolpe.(Versión persoal de google news)
As novas de google incluen agora a opción de personalización. Ten varias vantaxes e desvantaxes con respecto ó my yahoo.
Non hai que loguearse (rexistrase) polo que quedan a salvo as túas preferencias persoais no eido informativo. Para min iso é importánte.
Trátase dun servizo de percuras "actualizadas" multiples. Ti escribes a palabra clave; p. Ex.:Ponferrada e se crea unha sección cos resultados da percura. Podes situar esa sección co número de titulares que desexes no lugar que prefiras.
Ó traballares con cookies crea certa relación páxina-máquina que se pode solventar empregando o enlace que che proporcionan ó pé da páxina (onde dí: enviar a un amigo).
Como non emprega RSS a anovación queda en mans da máquina e so ofrece resultados de sitios "oficiais" de (des)información e non de blogs e outras fontes que monten RSS.
A seccion cabeceira é fixa (novas destacadas).
Non inclue novas en Galego.
Xa é coñecida a tremenda potencia do percurador de google polo que me estrana bastante que non señan capaces de incluires páxinas coma: Periodista digital, Galicia hoxe, Xornal, Vieiros ou blogs como o de Enrique Dans, Microsiervos, La Tejedora, Las Indias Electrónicas ...Estou á espera de ver que solución lle atopan.
Cando eramos mais novos...(esto indica que un XA non se sinte tan novo) unha equipa de football gañou un campionato cun sistema táctico ultradefensivo e un contragolpe mortal.
¿Será Google quen de xogar ó "catenaccio" cos seus competidores? Polo de agora semellame que si. Hai pouco escribin dos logros de my Yahoo que ia achegándose a google ; ignorante de min, non tiña nin idea deste contragolpe.(Versión persoal de google news)
As novas de google incluen agora a opción de personalización. Ten varias vantaxes e desvantaxes con respecto ó my yahoo.
Vantaxes:
Desvantaxes
Xa é coñecida a tremenda potencia do percurador de google polo que me estrana bastante que non señan capaces de incluires páxinas coma: Periodista digital, Galicia hoxe, Xornal, Vieiros ou blogs como o de Enrique Dans, Microsiervos, La Tejedora, Las Indias Electrónicas ...Estou á espera de ver que solución lle atopan.
As próximas comparecencias.
OUUUUuuuu
Sei que ninguén vai facer un seguimento da "Comisión non permanente de investigación das causas da catástrofe do petroleiro Prestige, das consecuencias económicas, sociais e ecolóxicas e o esclarecemento das responsabilidades políticas correspondentes" por esta web, nin aspiro a elo mais non quero deixar pasar esto sen pena nen gloria como fan a maioría dos medios de (in)comunicación, os mesmos que si (por desgracia) voltase a acontecer tal cousa nos saturarían de "dixome dixome" sen percurar qué está a acontecer de verdade...
O próximo turno de comparecencias será o Luns día 14. Como vedes no enlace, baixo o epígrafe de "persoal científico e técnico" van comparecer O Xerente da Confradía de pescadores de Cangas ¿?, O Tenente alcalde de Camariñas¡¡¿?!!, E o ¡¡¡Director de Marketing!!! da asociación española de codificación.
Vale que o Xerente da confradía de Cangas pode, debe, ter coñecimentos técnicos sobor dos recursos mariños e sobor navegación. Mais, a comparecéncia dun tenente de alcalde así a bote pronto semella unha "comparecencia politica" fora de lugar neste día ainda que se tratase do "coodinador" dos traballos de recollida de fuel naquel concello. Pero o mais rimbombante é o derradeiro comparecente. ¿Coida ainda algúen que o tema do prestige e "cuestión de comunicación e/ou Marketing? ou moito me trabuco ou nos van falar do sexo dos anxos...
A seguinte sesión está convocada para o Xoves 17 de Marzo. Trátase dunha comparecéncia con moito que dicir dende o ponto de vista político pois ó meu ver os temas da conservación do medio só nos interesan a "catro matados" mais, ¿a quen non lle interesa de onde vai sacar o cocido?. O "analise da situación socioeconómica" vai ver desenvolto por Un catedrático (da U. de Vigo) e dous profesores (da U.S.C.) cada cal da súa casa...e o asesor xurídico das confradías afectadas. Pola tarde comparecerán os "axentes sociais": Representántes dos sindicatos mais representativos e estelar aparición de Ramil no nome da mal parada Confederación de empresarios de Galicia.
O Catedrático ten o curriculum ¡¡¡en branco!!!(facede clic e o comprobaredes), mais, fora bromas imparte a asignatura de economía dos recursos naturais do departamento de economía aplicada.
A profesora Carmen García Negro é titular do departamento de economía aplicada da USC e Dirixe o Curso de Especialización en Economía Pesqueira e a equipa de Investigación de Economia Pesqueira e Recursos Naturais.
Do profesor Pedro Arias Veira sinalar o éxito do seu libro "España va bien" (está dito todo, ¿non? ).
Ramón Sabín é un experto defensor dos mariñeiros, pescadores e outras xentes do mar. No seu día asumiu a defensa dos intereses de dez das trece confrarías de pescadores galegas afectadas polo sinistro do petroleiro Mar Exeo representou a máis de tres mil afectados do litoral comprendido entre Cedeira e Malpica e logrou para eles indemnizacións por máis de cinco mil millóns de pesetas. Notable foi que os xuíces declarasen, por primeira vez, a responsabilidade directa do Fidac (o Fondo Internacional para Danos producidos por Hidrocarburos) e a responsabilidade civil subsidiaria do Estado español.Sabín representa agora a preto de quince mil reclamantes de sesenta confrarías de pescadores, a maioría galegas (31 da Coruña e 17 de Pontevedra), todas as de Cantabria, a de Avilés e un bo número de particulares. En indemnizacións por estimación obxectiva logrou ata agora 60 millóns de euros. (información de Galicia Hoxe)
Da comparecencia do 28 de marzo falarei mais adiante...

Outro "Logro" da UE.
OUUUUuuuu
Mediante artimañas legais que contradín o própio espíritu do TCUE a poderosa industria do software conqueriu que a Comisión Europea aprovase a "patentabilidade das ideas" diredes que este é un tema vello, mais non por elo menos alarmante. Pouco podo engadir eu ó que se dí nos círculos nos que me informo.
Xa lle debemos á UE.
Os chips RDIF ata nos pasaportes.
As patentes de software.
A mercantilización de servizos esenciais (Sanidade, Educación).
POLO SOFTWARE LIBRE EN EUROPA
Mediante artimañas legais que contradín o própio espíritu do TCUE a poderosa industria do software conqueriu que a Comisión Europea aprovase a "patentabilidade das ideas" diredes que este é un tema vello, mais non por elo menos alarmante. Pouco podo engadir eu ó que se dí nos círculos nos que me informo.
Xa lle debemos á UE.
POLO SOFTWARE LIBRE EN EUROPA
Seguen as comparecencias.
OUUUUuuuu
Hoxe seguen as comparecencias na "Comisión non permanente de investigación das causas da catástrofe do petroleiro Prestige, das consecuencias económicas, sociais e ecolóxicas e o esclarecemento das responsabilidades políticas correspondentes" (Ostia co nome).Como vedes na orde do día pola tarde comparece o amigo Martiño Nercellas quen, como representante de ADEGA, ven asistindo ás sesions e manifestou que esta nova tanda de comparecencias pode ser tan interesante como a do xoves (3/3/2005).O avance do relatorio así o dá a entrever.
É unha vergoña que a páxina do parlamento de galicia non ofreza (nin siquera a posteriori) o relatorio do debatido e que este non se reflexe no diario de sesions que "colga" na web . Tamén e terceiromundista que o diario de sesions non teña un instrumento de percura por temas ou por categorias (só por datas) Non así o Boletín oficial do Parlamento de galicia no cal podemos atopar que a primeira solicitude de comparecencia (.PDF) presentouse o 14 de Novembro de 2002 (publicouse o 21 de Novembro e debatiuse no pleno do 25 de Novembro).Con isto quero dicir que semella mais sinxelo rastrexa-lo pasado que seguir a actualidade.
É triste o escaso seguimento que a comisión ten nos medios de (in)comunicación que semellan seguir a táctica do avestruz.

A HORA DA VERDADE?
OUUUUuuuu
Cando escomenzei a "bloguear" hai xa mais dun ano un dos primeiros post "serios" que fixen foi sobor do aniversario do desastre do Prestige; neles reafirmaba a miña confianza nos investigadores independientes do CSIC i en que a verdade acabaria estoupandolles na faciana a estes cómicos que temos dirixindonos "por que yo lo valgo".
Agora, tras-la vergoña de verse obrigados xudicialmente a reabri-la comisión de investigación (e a manipulación que fan dela) podemos escoitar o que se quixo calar daquela e agora. Que foron os mariñeiros os que mantiveron as rias a salvo, que existian outras solucions e medios para impedirmos a chegada do fuel á costa, que se ninguneou e censurou ós científicos do CSIC de Vigo para confiaren en asesores "politicamente correctos"
As verbas de Ricardo Beiras sobor da publicación da conselleria de pesca "Prestige: A forza dos feitos" son contundentes:É UN PANFLETO PAGADO CON FONDOS PÚBLICOS
Namentres Lopez Veiga distrae a atención destapando supostos casos de corrupción no seu própio partido (a súa obriga cidadan sería denuncialo nos tribunais) e laiandose de agora de que a ampliación de fondos do FIDAC non será dabondo.
A min escomenzame a semellar algo certo o que se afirma neste controvertido artigo de Moises Naim sobre que a loita contra a corrupción ralentiza o progreso da democracia.

CONTRA O CANON NAS BIBLIOTECAS...
OUUUUuuuu
Estanse a celebrar na universidade complutense as II Xornadas contra o prestamo de pago nas bibliotecas.
Semella que a difusión cultural e o fomento da leitura non lle interesan á $$$$ (eses dos canones) que o que quere é cobrarnos por respirar... Si ben a directiva está en vigor dende 1992 o certo é que en Decembro de 2004 a comisión europea abriulle expediente sancionador a varios estados membros, entre eles o español, por non cobrares este canon nas bibliotecas en virtude dunha excepción introducida na transposición da directiva 92/100/CE á lexislación nacional.
O actual goberno móstrase comprometido no mantemento do actual "statu quo" e ten manifestado que de ter que ceder e modifica-la lexislación para cobrar eses canon nas bibliotecas buscaría fórmulas para que non repercutise nos usuarios.
Coma queira que sexa un grupo de cidadans preocupados polo tema está a enviar esta carta ó presidente do goberno (.doc en castelan) para que se manteña este compromiso durante a presente lexislatura.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)