LIBERDADE

Compoñentes: Libre albedrio + coñecemento

Facer algo sen coñecemento e con libre albedrío non é liberdade é actuar ó chou.

Facer algo con coñecemento sen libre albedrío non é liberdade é esclavitude.

Unha decisión libre baséase na capacidade de elexir e no coñecemento da información relevante para elo, entón non hai erro senon responsabilidade.

Carta máxica

a: Proto-dictadores, dictadores, bispos e outros chamanes das metafísicas, reis e pontífices:

Neste día das peticions dos inocentes quero facervos chega-lo meu mais profundo anceiro de que as vosas mentes se iluminen e sigade-lo recto camiño polo que vos conduza a expersión libre e soberana dos grupos de persoas ós que, por tan diversas vías, mantendes en estados de represión.

A tí Hugo, que estás a piques de remata-la túa transformación a "dictador" só podo indicarche que, por desgracia, ó único xeito de demostraren que non o eres é deixando que caduquen os anos que a constitución que tí mesmo promulgache e que outra persoa elexida polo pobo venezuelano acade o goberno do pais. Isto non quere dicir que as partes mais populares das reformas que querías implantar se desboten; seguramente si as plantexas nun referendum aparte acadarían unha victoria sen paliativos.

O señor ese de Pakistán, ó de Quenia, ó de Corea do norte, ó comandante Fidel, e a tódolos dictatores en xeral; non deixdes de vixia-las vosas contas en Suiza, que coa crise financieira do 'lixodrillo' (lixo+ladrillo) nunca se sabe... E pode que ises aforriños que contanta sangue están tinguidos desaparezan por arte de maxia. Que a morte non vos pille sen xulgar mais iso sí, coa rectitude que vos non aplicastes no exercicio do poder, só coa verdade e sen xustificacions finalistas.

Á tódolos hipócritas que se ven mais altos porque a súa mente elexiu o camiño de creer no que non se ve para poder soportar a realidade da propia desaparición ó morrer; non nos culpedes ós demais por se-lo dabondo lúcidos como adopta-las nosas própias decisions ó respecto e non confundades o voso medo á morte coa capacidade de xulgar ás actuacions dos demais no plano etico/moral cando, na realidade, estandes tan aferrados ó poder 'deste mundo' calquer outro humano.

Ós que ocupan os cumes das sociedades e grupos en virtude de herdanzas biolóxicas ou de eleccions restrinxidas; Deixade de empregar eses escanos para proclama-la igualdade dos homes, e unha mofa demasidao grande como para non sentirse un humillado. Cada día que pasades na vosa posición hai outra presoa que coida que a igualdade entre os homes non depende do que fai (o seu traballo, a súa visión, o seu libre albedrio) senon de como se poda aproveitar dos demais... e contribuides a tódalas desgracias que percorren o planeta.

¿U-la a rexeneración D?

OUUUUuuuu Bueno, non sei como me sairá este post nun día coma o de hoxe mais vendo as novas luctuosas, que por fin o Sr. Presidente do goberno acusa recibo do meu escrito (ver imaxe), que o tema do sistema electoral semella interesar e, sobor de todo, vendo que nesta ocasión os politicos teñen esquecido totalmente a promesa de "Rexeneración democrática" pois dame por escribir...

O certo é que hai 4 anos no único no que ZP e Rajoy non concordaban ren era na necesidade de anova-la democracia da nosa sociedade. Tras 4 anos dunha dura disciplina pactista e tra-lo fracaso da manobra europea primeiramente posta en evidencia polos tribunais en España para logo fracasar nos referendums Francés e Holandés os azos de ZP e os seus ideólogos diluíronse e non trascende cara ó público ninguha iniciativa neste eido.

A suposta ideoloxía democrática do P$o€ descompúxose no xogo do poder de tal xeito que, como dixo o estudante de 'Leons por años': A política ten como único obxectivo a conservación do poder... E agora nin sequera se quere falar de como se regula o tema do 'voto CERA' garantindo ó mesmo tempo limpeza e dereito a votar.

No tema das liberdades públicas se ten voltado para atrás nalgún eido como o demostra a incautación de publicacions por divulgar debuxos e a comprobación de que a xustiza é un poder público ó servizo de diversos grupos de interese e das diferentes visions das persoas que obstentan dito poder.

Do financiamento dos partidos escoitouse un clamoroso silencio e da reforma do senado para convertilo en cámara de representación autonómica aconteceu o que sempre na política: desapareceu.

Non estamos como estabamos, estamos peor porque o verdadeiro pacto entre PP e P$o€ existe no eido da política para manter este bipartidismo de facto...


O cancro do hiperbeneficio

OUUUUuuuu Aproveitando que Chuza! sufriu unha especie de dejavú vou facer un comentario que xa hai moito que teño no caletre tanto que, de feito, non sei si o terei xa escrito mais como a nova ven ó caso pois...

A nova.

O regulador monetario español (que xa pouco regula) ven de enviar un sinal ás caixas de aforros para que non manifesten incrementos nos beneficios mais aló do 10% senon que empreguen esa maior renda en tomar provisions contra a mais que posible desfeita no mercado das inmobiliarias e o incremento da morosidade entre os clientes que teñen (temos) un creto hipotecario.

Indo por partes; primeiro se demostra o xa coñecido de que as entidades que fan prestamos hipotecarios son as que menos desexan que a xente non pague porque eles sí que non queren os pisos para nada polo que existe unha falla de mercado; isto é alguén vaille sobrar algo que non quere...

As caixas de aforros teñen algo predido o seu papel 'social' cando se adican a competir no mercado dos cretos hipotecarios e invisten ó mesmo tempo nas empresas do sector; mais ben semellan ter unha "dirección comprometida" cuns cantos amiguetes...

Tercerio. Os reguladores i os economistas recoñecen que se poden "apañar" en parte os beneficios que se fan públicos cada ano.

O HIPERBENEFICIO

O que a min, lego da economimetría, me ten atribulado é o feito de que ó redor dos servizos que prestan as administracions se faga o falaz debate dos impostos empecinandose uns e outros en temas como a rebaixa de impostos ás empresas, a eliminación de impostos sobre grandes masas monetarias e a igualdade na tarifa impositiva.
En troques a min me ven ó caletre que os impostos deben seguir o ritmo da marcha económica de tal xeito que nas épocas de vacas fracas unha disminución de impostos permita "respirar" as empresas que realmente teñen problemas e nos ciclos alcistas unha suba de impostos faga de reeequilibrio entre os que se aproveitan de informacions e contactos para acadar incrementos de beneficios moi por riba do crecemento xeral da economía contribuindo así a 'enfriar' azos expansionistas.
Un imposto sobre o "incremento de beneficio" que grave ós cartos que superen ó incremento de PIB nun 10% a maiores do que xa lle correspondería (p.ex. en troques de paga-lo 18 pois o 25), e progresivamente (para 25% de hiperbeneficio un 35 de impostos etc.). Poderíase aplicar cecais non como un imposto senon como unha "obriga de depósito" algo que asegure que a empresa que acada ese 'hiperbeneficio' non marcha cos cartos na seguinte onda descendente senon que lle sirva ás administracions para proporcionarenlles as axudas neses ciclos restrictivos. Así remataría a sensación que temos moitos cidadans de que as empresas non 'comparten' nas vacas gordas e que logo hai que por entre todos para que non se afundan nas vacas fracas.

Ó cabo, si incluo esto no tag lerias é porque realmente se trata dunha 'constante mental' que me preocupa. As caixas de aforros naceron como ferramenta financieira de redistribución social e como apoio para as administracions que as participan e gobernan mais xa hai moito que se comportan coma empresas financieiras que só percuran beneficio cos clientes normais e danlle esas 'oportunidades' só ós amigos.

O día do xuizo

OUUUUuuuu Onte o nivel de stress chegou a "escatro" e non sabía como facer unha nota para estes 'entrañados' días (entrañados porque todos en occidente levamos nas entrañas o que estes días significan por pura aprendizaxe condicionada).

Debera ter sido un día magnifico para mín, mais pasou como un día atribulado cheo de pensamentos que pouco podía imaxinar eu o día que fora, por fin, ó xuizo polo roubo da mochila...



Onte cobrei parte do que a sentencia ditaminou, o valor do "roubado" e mais unha indemnización. Quedan aínda os intereses dos dous anos dende que iniciei a carreira xurisdiccional primeiro en Ponferrada, logo en Madrid e finalmente en Barcelona.

No vídeo que enlazo poño a versión corta dun programa da TV3 de cataluña sobor dos estravíos de bagaxes nos aeroportos feito co galo da "crise do Prat" de Xullo. Subireino todo pero ó meu KANLEPALLEIRO.

Ó cabo, eu que falo sempre de todo e mal desta volta non me podo queixar demasiado; eu soiño me presentei no xulgado cun escrito e un montón de copias (Dos billetes, das cintas de facturación da equipaxe, as facturas do que tiña, os faxes i escritos intercambiados co servizo de des-atención ó cliente...) e me fun poñendo as pilas ata chegar ó xuizo que era a verdadeira meta. Gañeino e coidei que a compañia recurriría e xa remataría a leria para min, mais non, resulta que aínda debendo realizar unha chea de trámites o certo é que a sentencia foi firme.

Tiven que solicita-la execución e estar pendente de recoller eu o exhorto co mandamento de pago, igual que agora vou ter que estar atento ó tema da liquidación de interese; mais iso non é problema cando o que se reclama é xustiza.

De remate

OUUUUuuuu... Tal e como se me plantexan os temas pode que non volte a escribir ata o ano que ven así que agora vouvos sinalar esa chea de intencions que non soio cumplir...

Non me fallar por exceso, non te-lo defecto de non fallar.
Non saber esquecer, deixar de lembrar.
Reflexionar na alegría e actuar na tristeza.



Para os legos: Imaxe dun TAC ("escaner") no que se vé un corte transversal do torax dun doente que leva no peto dereito da camisa un paquete de tabaco (ó que lle falta un cigarillo) sinalado pola frecha "Etiology" e que ten unha masa no pulmón esquerdo; seguramente un cancro avanzado sinalado pola frecha "End efect"

Entre dúas luadas marchou unha estrela nen a mais brilante nen a mais senlleira,
marchou nun solpor de lume nunha tarde frieira,
foise sen poder dicir cada unha das verbas da súa leria
Chegou e xa partira, partiu e aínda non chegara.

Postos a cobrar...

OUUUUuuuu Haberá que ter coidado agora cando se leven folios en branco nunha carpeta; pode que algun autor branco, negro ou gris che quera cobra-lo imposto da chantaxe intelectual porque es capaz de ter ideas.

Manda nabiza; agora é a dereita a que quere retira-lo canon que ela puxo e a esquerda a que o quere ampliar no canto de oporse... E mentras paga por tod@s nós o "clavo" do canon das bibliotecas: Canto se 'progresa no nome de EUROPA'.

Claro que pagar por pagar teremos que acabar pagando por respirar e farase progresivamente; os que facemos deporte teremos que pagar mais... ou tamén ahí diran que "somos todos iguais, poren uns mais iguais ca outros"?.

Ó cabo; terei que escribir tódolos folios que teño para 'reciclar' non vaia ser que veña a SGAE.

O mesmo problema, dúas facianas

OUUUUuuuu... Cometín o erro de tentar dar un 'flash' sobre o que realmente se está a xogar no cimeiro de Bali chuzando unha nova e linkando outras 3 para non pasa-lo choio de facer unha entrada que sei que non vai ler ningúen porque aportar non aporta ren.

Mais como son así de sentidiño e vin que algúen se molestou pois díxenme:"hala, agora hai que deixa-la peli para mais tarde e a escribir".

Plantexo: No cimeiro que a ONU organizou en Bali deberíanse negocia-los acordos que substitúan ó "protocolo de Kyoto" e posibiliten xa non a disminución da producción de CO2 senon o estancamento da súa producción.

Enredo: Como era de supoñer os paises que aínda non "disfrutan" do noso nivel de desenrolo entenden, non sen falta de razón, que teñen dereito a percorre-lo mesmo camiño ca nós no que atíngue a producción de enerxía de fontes non renovabeis e a emitir CO2 segundo as súas necesidades malia que alí sobre sol ou vento; entre outras cousas porque esas tecnoloxías lles resultan moi caras de implantar e de escaso rendemento para as súas proxeccions de crecemento.

E ahí cando entra os argumento cientistas do 'troco climático' ou, para seren mais exactos, da influencia das actividades humanas (directa ou indirectamente) nas variacions naturais dos parámetros climáticos. Unha teoría que existe e ten argumentos convincentes dende os anos 70 mais que ata o de agora fora tomada de "cogna" polas clases dirixentes.

Sei que o que vou plasmar non me creará simpatías mais é como o penso; por unha banda vexo que agora o tema do 'troco climático' é unha moda mais da sociedade consumista e vexo que non hai unha verdadeira acción á posible raiz do problema mais aló de tentar vendernos o que nos teñen que vender empaquetadiño nun envoltorio verde. É un "greenwashing" político ben dirixido por quen sabe que o negocio petroleiro remata e quer colocar en primeiro plano as alternativas que só admiten un tipo de producción industrial que manteña nas súas mans o 'oligopolio' enexético.

Non é tanto a presenza de voces e argumentos contrarios á tendencia xeral o que me fai pensar así; iso é o normal no mundo cientifico, a teoría da relatividade segue a ser controvertida nalguns aspectos e non pasa ren... o que me alarma son as voces que queren proclamar esta teoría como dogma (teño lido que coma delicto penalble) algo que é o culmen do anticientismo.

A contaminación por CO2 é un feito incotestabel e o seu efecto sobre o complexo sistema climático e o resultado de todo elo un enigma que non desmerece un grande esforzo investigador e preventivo; é por elo que acadar acordos en Balí é importánte tanto no plano da emisión de CO2 como das alternativas para a producción enerxética cara ó futuro.

Os estados europeos deben seguir percurando a reducción do consumo enerxético, a producción de enerxía menos contaminante e a "independencia" enerxética... e nesas entra en xogo, outra volta, o tema nuclear. Xa sinalei un estudo asisado do Instituto "Elcano" sobor do engano de pensar que a alternativa "atom" é a mellor para a independencia enerxética por múltiples motivos; pero o tema volta a estar na campaña política e todos sabemos xa por onde se decanta cada partido (PP, P$O€).

Un argumento a prol do que digo é que semella que o tema da contaminación só debe ser atendido no canto de afectaren ó clima, ou seña, no que respecta á emisión de CO2 e que; pola contra, no resto de contaminacions (das augas, da terra, dos xenes...) as alarmas dos mesmos investigadores que sinalan os perigos da aceleración antropoxénica dos trocos do clima non son atendidas sen tan sequera comentadas.

Segue sen atacarse o tema FUNDAMENTAL de que vivimos unha sociedade no que paga mais a pena tirar algo tras un primeiro uso e mercar outro producto que producir e mercar útiles e elementos con mais vida funcional. Segue a despreciarse a creación de zonas de conservación ABSOLUTA do medioambiente e o mantemento da diversidade da vida como garante ante problemas actuais e futuros. Pérmitense novos desenrolos xenéticos e tecnolóxicos sen probas sólidas sobre os seus efectos a medio prazo e sen coñecementos amplos sobre os seus mecanismos de actuación... Mais agora o CO2 é o único que conta; imos cegados polas bucinas dos medios mentras nalguns despechos no alto dos rañaceos rien...

A terceira vitima

OUUUUuuuu... Tráxicamente a morte voltou a domeñar e as verbas que a outros lles brotan a borbotons da bucinas que levan na boca non as fan facer calar nen van callar na consciencia dos dementes que, maidia a leva, din que fan un favor afogando ás gorxas da grande maioría de galeg@s que berramos: PAZ.

O meu escaso número de conexions neuronais non me permite alviscar como se pode facer unha nación grande de verdade sobre unha morea de cadáveres, sobre ameazas e o terror.

Hai duas persoas mais mortas no sanguento percorrido que, xa non sei dende cando, ven tentando matar á súa terceira vítima: O sentido común. Eu, por sorte, non coñezo outro conflito armado mais ca iste; mais tampouco lembro de ningún conflito desta índole que se resolvese sen DIALOGO.

Póren para que iste se produza e se poda argumentar que ningúen se pode arrogar eternamente a vontade de "la mayoría" sen consultar a isa maioría. Antes de poderen plantexar que 30 anos de incapacidade decisoria sobre os aspectos básicos da organización política na que se asenta a nosa sociedade son dabondo para considerar que nos atopamos nunha "ditadura documentada" é preciso renúnciar ás mesmas erroneas ferramentas que colleron en 1936 para calar á vontade dunha maioría e facer valer o criterio de que o único IRRENUNCIABLE é que sexan @s cidadans quen decidan.

Eu nascin nunha ribeira do Arauca...

OUUUUuuuu... O pobo venezuelano tivo a ocasión de votar nun referendum e decidiu que NON; 6 horas dempois de pecharen a votación o proto-dictador Chavez felicitou ós seus opositores polo triunfo e manifestou a súa intención de seguiren tentando a reforma constitucional que el promove.

Eses son DATOS. Logo cada quen se pode descolgar por donde queira...

Que si se quería perpetuar no poder, pois eiqui temos un xefe de estado nomeado por un DICTADOR golpista que non concorre a eleccions. Chavez incluia a reelección continuada do presidente da república o que quer dicir que, como neste caso, podería perde-lo cargo si o pobo venezuelano o dicidise.

Que a súa linguaxe é ameazadora, que non sabe comportarse nos foros internacionais, que o simbolismo que arrastra é de tempos pretéritos, que mezcla a imaxe romántica do libertador cos conceptos da revolución social... pois si; é un proto-dictador pero alí tiveron ocasión de votar nun referendum de revocación e mais en dúas eleccions e saiu reforzado. De defectos coma eses ou peores temos moitos exemplos na política ibérica: Un xefe de estado (non elexido nin revocable) que manda calar a outro nun foro internacional, un xefe de goberno que non facía outra cousa que lembra-los felices tempos do "pan e traballo", maquiavelicos manipuladores dos medios que van trocando de apoios ó son das enquisas e; cousa curiosa, a prohibición dos referendums ou, ainda peor, a convocatoria monopolistica dun ó estilo "esto ou o barranco".

Queda por ver como acepta Chavez en realidade o resultado; de momento ten sido mais democrático que outros que os tiveron peores e levan 4 anos de insidias a bombo e platillo dos seus medios afins...

O debate ó redor desto ten diversos niveis e conviría analizalos separadamente.

O nivel persoal: a persoaxe de Chavez causa sensacions contradictorias; moitos o vemos como a figura do proto-lider populista encumiado ó poder polo pobo mais pobre que agarda del a miragre que o saque da pobreza 'repartindo' e non mellorando... cos comportamentos xa comentados e con atitudes extravagantes mais tamén, hai que dicilo, cun punto de vista claro en moitas esferas.

A economía: Venezuela é o paradigma de pais rico empobrecido que quer culpar ós demais do que lle acontece e sermpre está a toma-las mesmas medidas contra 'os que nos rouban'; os meus pais xa pasaron por unha situación similar no final da anterior dictadura venezuelana antes de que eu nacera (alí). O que non se preguntan en Venezuela é quen é que ten os cartos venezuelanos na Suiza ou en Florida.

A politica: a "revolución bolivariana" semella quedaren polo de agora en 'Chavismo'; pode que este resultado permita aclarar pronto si o secuestro das forzas de esquerda pola figura deste home rematará e permitirá un movimento democrático e social de ampla base dentro dunha economía non colectivizada.

É certo, mantén boas relacions coa Cuba e con Fidel ó que dí ter por modelo...mais Fidel non convoca referendums nen eleccions con libre concorrencia.

Polo de pronto o referendum en Venezuela voltou a ser limpo, o resultado pode ter collido a moitos por sorpresa porque a prensa ibérica tiña moi machacado o tema do 'apaño' e resultou que non mais, claro, non rectificarán. En troques, na Rusia Putinista as eleccions SON unha fraude recoñecida mais os medios calan e falan de claro resultado a prol dun home que emprega tácticas mais insidiosas que organizaren "equipos" nos barrios do pais; este envía ás forzas especiais ou a axentes de paisano a 'resolver' as diferencias que teñan os seus disidentes.

Endogamia compartimental

OUUUUuuuu... Disque os foros políticos andan revoltos por non sei que "renovación" dos órganos de control da xustiza. Disque esta ten capacidade de autocontrol e regulación porque existen casos de expulsión da carreira xudicial de persoas que se aproveitaron do seu posto para favorecer intereses cercanos ou própios...

A min todo iso sóame a 'cortiña de fume'; explicome, o mais importante sería que algún proto-demócrata me explicase como se pode falar de "poder cidadan" se os cidadans só decidimos parcialmente sobre un dos tres poderes. A elección sesgada, non proporcional e mediatizada dunha parte (quedan fora moitos senadores) do poder lexislativo non é dabondo para falarmos de DEMOCRACIA.

A elección é sesgada porque se fai mediante listas electorais pechadas elaboradas de xeito case segredo por persoas que forman parte da estructura de poder politico e, polo tanto, tenden a maniobrar para se manter nel. É sesgada porque as circuscripcions electorais non atenden á realidade social dos territorios e non equilibran a capacidade de decidir entre o amplo abano da totalidade e o local. É sesgada porque logo cada representante electo pode facer o que lle veña en gaña sen ter que respostar de ren ata os seguintes 'cómicos' diante dos seus electores.

A elección é non proporcional polo sistema de asignación de representantes desbota parte das opcions dos cidadans; e non me refiro sómentes ás candidaturas que non acadan a porcentaxe esixida senon tamén ó desprezo dos que acuden a votar para manifesta-lo seu descontento con TODO o sistema votando en branco...

A elección está mediatizada polo financiamento que os partidos precisan para as campañas de marketing que son os anuncios electorais e polo papel relevante dos grupos de intereses económicos na difusión das mensaxes dos candidatos mediante os medios de in-comunicación que forman parte deles.

No que respecta ó poder lexislativo aínda habería que engadir que o seu funcionamento está moi alonxado dos cidadans que os elixen e que semellan mais importantes para un representante electo en Teruel as manifestacions que se fan en Madrid que as que fan os cidadans que o elexiron (e que teñen problemas dabondo para ires ata alí).

¿Que dicir do executivo?; seica 'emana' do parcial e precariamente electo lexislativo e que si se fixera de outro xeito os cidadans poderíamos provoca-lo caos elexindo a persoas de tendencias diversas para os diversos cargos... Claro, non se lles ocurre que igual é o que interesa: que uns e outros se molesten en facelo ben de verdade e que se vixien dun xeito efectivo. A non elección do poder executivo seméllame que ten o seu máximo expoñente endogámico na xefactura do estado que, lonxe de ser representante máximo da cidadanía, é o símbolo mais evidente da pervivencia de estructuras de poder seculares mantendo o tribal método de herdanza biolóxica filoxenética como xeito de elección.

Ó poder xudicial é o mais enrrevesado dos establecidos de xeito clásico. Os seus membros deben ser persoas cunha formación académica que logo se vexa refrendada por unha aceptación de outros membros da carreira xudicial nunha especie de 'rito iniciático' que os inclue no "escalafón". Así, dende a base, un xuiz debe irse labrando un mundo de contactos non coa cidadanía mediante unha laboura impecable de aplicación da xustiza e mellora da lei para o ben común; non, o xuiz que queira ascender debe ir facendo 'favores', votando por outros nos diferentes foros da carreira xudicial para iren tamén gañando postos no escalafón. Logo chega a barreira, o intre no que o actual estado das cousas obriga ós xuices a se encuadraren politicamente para seguir progresando nos organismos de control desa especie de 'fraternitá' lonxe sempre do posible recoñecemento da sua laboura por parte da cidadanía ou da súa contribución académica no campo da dificil ciencia do dereito. Non semella de interese a introducción do control dos cidadans no aparello xudicial; nen sequera semella que interese falar da eficacia das actuacions xudiciais que moitas veces saen nos medio cando se inician de xeito espectacular con detencions e tal para logo esquecerse xusto no intre das sentencias absolutorias por fallos na instrucción.

Pérdome; seino, pero é que o tema ten moita complicación para un cidadan de a pé que sabe da importáncia da xustiza e que pensa que nunha democracia TODOLOS poderes deberían emanar directamente dos cidadans...

Mais aló desta organización de tres poderes debería haber outros órganos de control por parte dos cidadans de estructuras e servizos fundamentais nos que, coido, nunha socidade DEMOCRATICA a simple participación non é dabondo.

Para escomenzar o control do sistema electoral. Resultamen farto curioso que seña obrigatorio participar nas mesas electorais, un "deber cidadan" e logo tanto nas instáncias superiores como no entramado de recursos e valoracions se perda o contacto cidadan coa manifestación da súa vontade... Son funcionarios da xustiza e politicos os que controlan o sistema electoral moitas veces de xeito totalmente opaco sen publicar decisions nen normas e sempre poñendo toda clase de trabas á participación activa dos cidadans no proceso pois debe se-la única instáncia do poder na que non se poden presentar documentos con validez legal mediante tódalas vías sinaladas na lei de procedemento administrativo.

Chámame a atención de como os gobernantes non se cortan en pedir responsabilidade ós cidadans no uso de certos servizos e bens públicos mais como se obvia a participación destes directamente no seu control. A educación, A acción social e solidaria, O transporte público... sempre tan dependentes e tan alonxados dos cidadans.

Para dar remate a este oubeo quixera sinala-la falla de responsabilidade dos medios in-comunicativos no que publican e, sobor de todo nas súas liñas editoriais porque agora que eles sinalan ás accions da xustiza contra os que nos expresamos libremente mediante blogues deberían ter algo de auto-critica á hora de enfoca-las novas. Semella que SABEN que ningúen mais ca eles pode FALAR EN ALTO.

O meme das 8 cousas

Debe ser unha nova modalidade de cadea; polo de agora con intencions reflexivas mais non será de estranar que logo saian "memes fun" e xa a teñamos liada.

O certo é que unha persoa de Chuza! lanzou O meme das 8 cousas e, acaboume 'tocando', seica hai un mes; mais eu entereime agora. Gracias Lourixe

O tema vai de:
-Facer un listado de 8 cousas, as que sexan.
-Escribir esas 8 cousas no blogue e explicar como vai o meme.
-Seleccionar a 8 persoas para que o sigan e poñelos no blogue.
-Deixar un comentario no blogue conforme foron convidados a xogar e facendo referencia ao propio post "O meme das 8 cousas"

O listado xa o fixen; non tiven moitas dúbidas... Centreime no que me gusta e no que quero facer.

1-Falar libremente
2-Mirarlle-los ollos ós meus
3-Sonar desperto e durmido
4-Nen odiar nen esquencer
5-Mellorarme e axudar a mellorarse a outr@s
6-Non ser indiferente á destrucción do noso entorno
7-Problema-reflexión-acción-revisión como paradigma
8-A praia de Vilar e os Montes Aquilianos

Mais dificil vai ser facer un comentario de cada unha sen me perder.

1 Falar libremente: semella que é doado mais non o é tanto; e non me refiro a medo a inxuriar ó xefe do estado nen cousas polo estilo... mais ben penso na medida que hai que ter para que as verbas non manquen a inocentes. Por iso moitas veces opto polo silencio.

2 Miralle-los ollos ós meus: Non porque teña que descubrir algo nos que me rodean senon por mante-la dignidade e a confianza en min mesmo e non ter ren que esconder ou do que avergoñarme

3 Sonar desperto e durmido: Porque sen metas e sen desexos non se vai a ningures i entón xa estas morto

4 Nen odiar, nen esquencer: Xa teño falado delo; a vinganza non é un 'plato frio' senon mais ben podre que nos fai peores a nós mesmos e non nos devolve o que coidamos perder; lembrar axuda a aprender, saber que outros foron por un camiño e o que nel atoparon. Saber quen e como foi é información non despreciable.

5 Mellorarme e axudar a outr@s a mellorarse: No computo global un debe ser cada día mellor que si mesmo o día anterior; mellor no trato, mellor no coñecemento, mellor na reflexión...

6 Non ser indiferente á destucción do noso entorno: Recibin unha herdanza co "imposto de sucesions" de un sistema depredador incapaz de planear no mais minimo grao a relación da sociedade do medio que a rodea. Unha sociedade que se bota en bloque a cada posible solución sen decatarse de que todas son solucions parciais e que non se poden aplicar de forma universal. Así anegamos vales, fixemos minas e plantas xeradoras de fume e agora poñemos muiños de vento...

7 Problema-reflexión-acción-revisión como paradigma: Suponse que teño unha profesión científica... Actuar de outro xeito está ben para cousas que non teñen/precisan explicación (o Amor) mais non para afrontar as PREGUNTAS de cada día.

8 A praia de Vilar e os Montes Aquilianos: Os meus lugares favoritos ameazados ambolos dous pola praga dos humanos...

O das 8 persoas vai ser ainda mais complicado... Non sei que criterio aplicar.
Vai:
Fer
Ifirt
Modesto
Galegoman
Artritis
Brenlla
PedroMorgado
Dinis

Sen Mercar Ren

Innecesario.


Hoxe é o NBD Unha data como outra calquera na que se pode decidir non mercar...

O Hiperconsumo é o triunfo da publicidade; moita xente recoñece que mercar lle "pon" e que lle frustra sair por unha cidade e voltar á casa sen mercar ren. Dende esa óptica o consumismo ten un prezo importánte tanto para a economía domestica como para o equilibrio necesidades-recursos do noso planeta. Evidentemente tendo a tódolos medios de comunicación financiados mercede á publicidade non é de estranar que unha reivindicación deste tipo non teña a mais mínima acollida nos medios de in-comunicación.

Xa tería mérito que unha reivindicación deste calibre se fixera dentro dun mes en plena voráxine hiperconsumista; na que o que semella importar non é o que se cacarea (fraternidade, familia etc.) senon o valor do que se merca...

E agora, a de area: ¿de verdade se pode pasar un día sen mercar ren?; eu penso que non... dende que desapareceu o trueque e se fan pagos electrónicos é moi, pero que moi dificil non pagar ren un día. Un paga a diario a luz, as comunicacions, os impostos... mais como cho cobran a final de mes non te fas conta de que o gasto é diario.

Bueno, a celebralo ben.

Leons por años

OUUUUuuuu Ocurriuseme acudir ó cinema por un aquel de liquidar horas nas que non podo facer outras cousas que me gustan e lembrando que dunha boa peli sempre se aprende algo.

Reflexión. Esto é o que o filme pide a tod@s; pensar en que está a pasar, cales son os motivos intrínsecos de semellante situación, os erros cometidos e porqué seguimos permitindo que certas cousas pasen e nos nos sintamos víctimas e responsabeis... Un politico ambicioso que dirixe as súas miras cara ó despacho supostamente mais poderoso da terra; unha periodista xa fraguada no oficio con sona mais sen éxito deglutida na voráxine do día a día da loita pola audiencia; dous novos soldados das forzas especiais voluntarios para se poder sufraga-los estudos e os seus proxectos de mellorar 'realmente' o medio na que viviron; un profesor cazatalentos que se sinte frustrado pola marcha do seu proxecto vital e do pais no que cree e un estudante espelido que con 20 anos xa está desenganado do plantexamento social e opta pola 'vía doada' dunha vida edo-egoista consumista. Todos eles engarzados en tres tramas simultaneas que mostran as facianas dun mesmo dilema...

A relación entre prensa e poder, como se apoian un no outro cada un para os seus fins sen aportar unha clara orientación mais aló da "necesidade de gañar". Os peons do xogo estratéxico empregados unha e outra vez como coartada i escusa das súas propias actuacións enterrados nos erros dos seus mandos en conflitos non resolubles. Unha sociedade supostamente chea de oportunidades que desbota os seus potenciais para manter indemnes as mentiras de quen a dirixe.

Dous fracasos, dúas mortes e un final aberto...

A película ten gancho e frases moi boas case sempre na boca dos estudantes... O discurso republicano do político non deixa un só pao sen tocar e atrapa certos tópicos do tema como: Sair de alí (Afganistán ou Irak) sen vencer é ter que voltar en peores condicions. A firme creenza de que a sociedade americana malía ás súas eivas e ás meirandes desigualdades que acobilla segue a ser a única con capacidade de defender certos valores no mundo impulsan ó filme e poñen ó espectador diante das preguntas que, esporádicamente, van deixando caer ós protagonistas.

ANNO V. o que temos mellorado, ou non.

OUUUUuuuu

Fai 4 anos iniciei este xeito de deixar constancia de que NON ME RESIGNO, do que penso e do que coido interesante e do que vexo. Do que me fai rir e do que me indigna; do que me esperanza e do que impacta. De lerias e andrómenas, de verbas e agasallos. A terapia deu resultado e conquerín seguir polo fío encollido, mais equilibrado.

Dende hai unha semana seméllame que só recibo malas novas, mais como teño predisposición optimista lle poño as cores do outono e tiro... non foron os 40, senon os lonxanos 35 os que me mancaron.

O proxecto vital non remata coa chegada da estabilidade laboral, sempre debe haber novos obxectivos reais e fantásticos que nos impulsen e ós que nos acollamos á hora de facermos eleccions.

Un barco tivo unha brecha que encheu de escuro maquillaxe a faciana alegre do pais, un barco partiu e afundiume; vin con estupor como milleiros de persoas reaccionabamos ó unisono mais logo non actuamos con consciencia de persoas libres e seguimos a recibir o mais absoluto desprezo de quen se cree "destinado a dirixir".

Agora estou á espera do seguinte barco, alerta ós sinos das falsidades e das ocultacions. Non vou deixar pasar outro 17 de Novembro reconstrúindo en silencio o que outros desfán, non voltarei a chorar en San Adrián.

¿Porqué non abdicas a prol do pobo?

OUUUUuuuu

Si motivos hai, e non precisamente a defensa da representación institucional, para que o señor Chavez deixase a leria esa de enfocar ó goberno de Spain en 2002 como instigador daquel golpe de estado. O emprego de cortiñas de fume tan burdas e de terminoloxía retrógrada non fai mais que demostrar que se trataba dun espectáculo que o "protodictator" facía cara á súa audiencia: "Mira como le saco los colores al huevon este que dice que es rey".

Mágoa que tódalas promesas de confraternidade para acabar coa pobreza, a inxustiza e o desamparo dos pobos rematen nun novo goberno totalitario; porque nalguns aspectos do despliegue son positivos: o plano de petroleo por médicos, por exemplo.

Mais non sei si é mais grave ser elexido polo 60% da poboación e aproveitarse dun populismo arroiante para estableceren unha dictadura ou si ser imposto no cargo de "xefe do estado vitalicio" por un dictador que chegou a elo pola forza das armas e logo porlle un disfraz de democracia a un sistema de elección biolóxico.

Está claro que para estar en certos foros hai que saber e que facer certas declaracions en actos como ese non fai mais que desacreditar á própia conferéncia, mais a Chavez iso non lle importaba; el acudiu sin previo aviso e, de seguido, conqueriu o protagonismo por riba dos verdadeiros conflictos como as chamadas de atención de varios dignatarios "da súa corda" sobre a depredación que fan as empresas estranxeiras (senlleiramente 'made in spain') ou o conflito da papeleira entre o Uruguai e a Arxentina (curiosamente con empresa 'made in spain' polo medio). Ou ben pode que todo fose parte dunha estratexia ben definida... Encamiñada a botar ós estados europeos do foro e xustificar nacionalizacions extemporaneas.

Aínda así hai que saberse plantar con mais elegancia; Lin por ahi: "Es para mi un motivo de satisfacción que se calle". Sería algo mais apropiado.
Por iso dín que é rei; non un abuelo calquera na mesa da festa mandando calar ó xenro de turno. Resúltame bastante curioso e alarmante que ningúen chame a atención sobre a intromisión deste home na politica exterior sobre a que NON ten competencia, é mais semalla incompetente para facela. E resúltame curioso que tanta xente o xalee dicindo: "Con dos cojones"... Actuar así indica xustamente "Falta de cojones" ou de 'cuajo'; que un interlocutor descalifique ó teu grupo e non respete o turno de intervencions sería descalificativo para él sen estas saídas de ton.

Defender a lexitimidade das institucions non ten que ver co caracter ou as ideas de quen as ocupa en cada momento; mais a min quédame a dúbida de si o do bigote tería reaccionado así a prol de FG si fose tildado de 'corrupto'. Ser fascista semella na actualidade un insulto tremendo; ou cecais non se trataba deso senon das ínfulas intervencionistas daquel goberno que non só actou no caso do golpe de Venezuela (aclamando ó persoeito títere dos militares títeres) senon, permitome lembrar, no caso do Guinea Ecuatorial... vamos, ó mais puro estilo colonial.

En fin; postos a pedir eu pido que abdiquen a prol do pobo tanto un como o outro.

Forty returns

OUUUUuuuu

My gift of birthday

If the immobility of our castes conducters transfer to the movement of the celestial bodies today the land would have returned for fortieth time to the place that was occupying when I was extracted, at the risk of dying, of the abdomen of my mother.

But, since the path of the stars is the one that is, the most probable thing is that the above mentioned point is too far in the time - space for, at least to look at him.

Let's allow so that, before her rice's passes, the beautiful constitutive lady should transform again in the amalgam of the desires of all and not in the ferreous padlock of a brilliant chain to which they want to call freedom and it's not any more that benefit of some few ones.

Lumes de artificio ó norde do Atlas

OUUUUuuuu

AS cousas curiosas que ten o comportamento político e social.

Ben é coñecido o meu posicionamento respecto ó ente en cuio cimeiro figura o cidadan Juan Carlos de Borbón e tamén é coñecida a miña opinión da adxudicación a unha linaxe da representación máxima dunha sociedade en virtude da herdanza biolóxica, mais nestes días deume pena que o señor este e mais os milleiros de habitantes das "insulas" visitadas se visen utilizados deste xeito.

Os estrategas da zurda con guante de terciopelo consideraron que a campaña de "mais español ca o español" lles estaba a resultar ben e que a xente xa veia no P$o€ o 'pegamento das españas' deixando atrás as súas participacions nas diabólicas alianzas coas forzas centrífugas e as necesarías e mal paradas negociacions para acada-la paz.

Así as cousas prepararon este teatro con tempo e axustaron o seu cronograma para o momento xusto .

Digo o do teatro porque si eu considero un territorio coma própio non monto este rebumbio por unha visita tendo deixado pasar a refortificación da fronteira e actuando de tapón perante un problema que ben podería brindarme os territorios que reclamo en bandexa de prata. Non semella cecais moi levantisco manter tratos comerciais de todo tipo e condición coas empresas do estado 'ocupante' mentras xogo a perdiz mareada cuns pescadores (ós que agora lles tocará paga-lo pato novamente) e sigo ansiando a construcción dunhas macroestructuras que melloren as comunicacions entre ámbolos lados do estreito... Por todo elo a actitude Marroquí seméllame unha ben estudiada cortiña de fume botada xusto por riba do SILENCIO SENTENCIOSO que algúns desexan para o 11-M (i eu non son conspiranoico).

Ó propósito do caso: ¿como é que esta sentenza SI hai que respetala en silencio e moitas outras NON?; e peor, ¿como un partido supostamente democrático quere impor como si dun DOGMA se tratase a creencia no que se consideran feitos probados na sentenza?; ¿haberá que estudala na ESO incluida a coletilla de que "o PP tentou emprega-los atentados en beneficio própio"?. Mágoa de cidadans con criterio própio e liberdade de albedrío.

Que a algúen se lle ocurra que o parlamento se ten que pronunciar sobre unha sentenza xudicial non é mais que a materialización da "morte de Montesquieu" e o absoluto desprezo pola separación de poderes; separación que NON ven consagrada na sacrosanta constitución porque a endogamia de xuices e fiscais depende indirectamente dos partidos políticos do parlamento e non DIRECTAMENTE da sociedade en cuio nome (bueno, non eles sentencian en nome de el-rei) din impartir xustiza.

Na historia da humanidade a dúbida e o estudo teñen botado a baixo "verdades universais", senón preguntadelle a Galileo... Outra cousa é que indicios lenes conduzan a conclusions 'inquebrantables'.

Ah, esquecín unha pregunta: ¿logo non hai un bó sitio para durmir nin en Ceuta nin en Melilla?.

O mono que non queda "mono"

OUUUUuuuu

Cando o pasado domíngo subín ata "el Morredero" xa tiña eu idea do que dende arriba se ia a contemplar ó ollar cara os altos de Compludo...


Aínda así non daba eu apartado a vista do dramatico espectáculo que, ó meu entender, representa semellante actuación no entorno dos montes de León, e mais sabendo que a enerxía que alí se produza non vai suplir a que se puidera producir realizando as mesmas instalacions nas zonas que realmente precisan da enerxía que eiquí se vai producir.

O mais esperpéntico é que os estudos de impacto ambiental esixidos non teñen en conta o que esas instalacións poden influir no territorio que teñen xusto diante...



Nen os efectos sobre a fauna que alí se tenta conservar nen o impacto paisaxistico... é coma se o concello de Ponferrada a tan só 10 metros dos muiños non existise.

Só quero dicir que si espazos singulares como cabo Vilán mereceran ser santuarios os santuarios xa declarados merecen ser protexidos non só no seu interior senon tamén no seu contorno... E sendo hoxe o día da manifestación a prol da modificación do plano acuicola de galiza me parece xusto que as reivindicacións de protección non queden só na costa senon que, rompendo o clásico desequilibrio do país, fagamos conta que tódolos entornos naturais merecen ser tidos en conta á hora de planificaren os usos que os humans queremos facer deles.

Trocame o clima, Primo.

OUUUUuuuu

O 4 de Abril lin unha columna de opinión na edición berciana de "la crónica-el mundo de león" na que alguén que non coñezo con moito sentidiño desgranaba os graves problemas ecolóxicos ós que nos enfrontamos e como estes non poderán ser abordados con éxito, isto é con supervivencia da nosa sociedade, se non deixamos atrás referentes trasnoitados no plano conceptual e non actuamos dende a realidade. Viña esto refrendado pola suposta identificación de ecoloxismo i esquerda á que el tildaba de 'desfasada' non sen razón; porque hai certa terminoloxía que non deixa de manca-los ouvidos no que dín os principais dos partidos de esquerdas. Ainda peor parados saen os representantes do mundo financieiro-empresarial e o seu conglomerado de intereses que durante tanto tempo se burlaron dos avisos que se viñan dando sobre o insostible do modelo económico-social que preconizaron e puxeron en marcha cmo imaxe e semellanza do "American way of life" e agora, sen pudor, se apuntan a calquer estratexia paliativa ou parche que lles permita mante-lo control productivo da enerxía e/ou brinde novas 'oportunidades de negocio' sen facer nen o mais mínimo exame causa-raiz do que está a acontecer e de como desenvoltar estratexias efectivas a longo prazo... A cousa quedou así e non pasei da pre-elaboración do oubeo mais; gracias ó primo do catedrático cientifico voltei a pensar nelo.

Ten o conservacinismo ambiental ideoloxía?; semella que na dereita pensan que sí e por iso ese "globo sonda" moi ó estilo do Abuelo Cebolleta (Profesor Barea) para ver a reacción do público en xeral e dos medios menos afins en particular; porque dos afíns xa se sabe que se pode esperar de todo. Teñen pagados a Pseudo-cronistas que se apúntan a un borbadeo ainda que seña de lixo con tal de complaceren ós seus amos.

Eu se supón que teño unha profesión relacionada coa ciencia e teño aprendido nos anos de exercicio (mágoa que non na miña formación) que unha opinión científica se argumenta con datos; cifras e tendencias dos fenómenos observables que teñen relación demostrada co total do sistema estudado. Para demostrar unha hipótese (mellor dito, refutala) hai que demostrar si existe ou non unha relación causa-efecto entre un dato/valor e un fenómeno observable. E neso, nen o "primo de zumesol" puxo datos na mesa; fixo unha alusión ó indeterminista que é o estudo estatístico do complexo sistema climático tanto a nivel local como global e o fixo cunha frase que coidou intelixente e que, ó que se ve, resultou intelixente de mais.

Que en todo entorno cambiante existen individuos que se adaptan mellor e, polo tanto, aproveitan ese troco para mellora-la súa posición ú un feito biolóxico que ben se pode trasladar á esfera económica de tal xeito que en paralelo ós retos que plantexa a situación ambiental mundial (haxa ou non troco climático hai demasiada contaminación i existe sobre-explotación dos recursos naturais e perigo de desaparición de hábitats) temos un gran conglomerado de intereses económicos que tentan orienta-lo xuizo da situación e as posibles solucions cara ó seu campo de intereses e iso molesta ós que se quedan atrás e ós que non se apuntaron ó carro a tempo e agora precisan pasta para as súas campañas porque o ciclo expansivo do mercado do ladrillo remata e xa non se poden obter fondos a cambio de obras e licencias...

Mais vergoña que o primo do catedrático deberan sentir os que dispondo de unha fiestra para argumentar se descolgan polo seguidismo amarelo axudando a por en dúbida o futuro dos seus fillos (e o dos fillos dos outros); non sería de estranar que tales individuos fumen dicindo "é mentira que fumar aumente as posibilidades de ter cancro" ou que fumiguen con DDT pensando que " non se trata de ningún veleno para os humans".