Nata for all = Natal

OUUUUuuuu... Nestes días vivimos o sumum do sistema socioeconómico imperante un exemplo que ven sendo multiplicaddo en tódolos ámbitos nos que se instala, que sempre resulta no mesmo e que demostra, en esencia, as imperfeccions do mercado e a dupla oferta-demanda como reguladora de prezos.

Ninguén nega que nestes días os prezos son os mais altos do ano vencellados a un incremento do consumo debido a unha "inducción social". O resultado repetitivo é unha caída expectacular do consumo en Xaneiro que se tenta compensar cunha suposta rebaixa de prezos sobre os restos dos artigos sobrantes... rebaixa no consumo que se prolonga no tempo.

Exactamente como pasou co tema do tixolo ou anteriormente coas accions das TIC ou tantas outras 'crises'. Xerar un ciclo de crecemento de consumo 'artificial' para que o beneficio marxinal sobre cada producto medre (a eles non lles custa mais fabricar porque o teñen planificado) e logo desfacerse dos restos cunha suposta rebaixa de prezo que non é tal... trasladen esa manobra a tódolo demais e teñen o modelo deste "movemento".

A min o tema do gordo vestido de bermello perseguindo nenos agás de pederastia lémbrame unha canción de LPR; "a rebelión dos famentos"...

Y tienen hambre...
y tienen hambre....
pasan hambre mientras nosotros lo estamos tirando
papá noel manda papeo que esto está muy feo.

Como desa non hai vídeo no tubo pois vos poño outra igual de bonita que 25 años despues sigue en vigor:



Pero, a verdade é que salvo a canción do muro de Berlin e algunha frase como "Hiciste nuestras casas al lado de tus fábricas y nos vendes lo que nosostros mismos producimos" (agora fabrican en china) o resto TODO segue en pleno vigor menuda merda de 'progreso'.

Casualmente un extrano este día....

OUUUUuuuu... Así que os grándes pronosticadores, os que teñen os datos e sabían o da burbulla inmobiliaria e financieira, os que aconsellaron subir impostos en fase de bonanza para baixalos nas vacas fracas.... agora, hoxe, "casualmente" insinúan que pode que cecais seica ó mellor é probable que... o estado teña mal botadas as contas.

Casualmente onte que no parlamento se vai consuma-la conversión da burbulla do tixolo en burbulla de fondos pensionistas; a grande ferramenta financiera do noso tempo, cartos libres para especular novamente sen ter que garantir ren... ou si, pero que o paguen outros porque nesto do financieiro os gaños son privados (e libres de impostos) e as perdas son públicas.

Dende xa; e coa decisión tomada: Súbanlle os impostos ós fondos de pensions; ata a metade do que se pagaría noutras ferramentas financieiras, non concedan "excensions fiscais" porque o que non se pague hoxe vai ser débeda mañan.

E nas novas veña a falar de como se toma a bolsa as insinuacions do prostíbulo pronosticador/culificador. Dende cando a bolsa lle importa ó cidadán medio? Quen inviste en bolsa saberá o que pode perder e debera sabelo mellor do que sabe o que pode gañar; e, dende logo, coñece ou sabe onde informarse, do que vai pagar ou desgravar por unha situación ou outra. Pero é que investidores en bolsa a nivel de "pouca tolerancia á volatilidade" son mais ben poucos pero veña a preocuparmonos por eles e polas empresas que cotizan.

Si os medios falasen mais das provisions a conta de amortizacions, a conta de obsolecincia, a conta de mandangas coas que as empresas enganan ó fisco... si falasen da sobrevaloración dos activos inmobiliarios dos bancos/caixas que manteñen altos os prezos das vivendas que eles mesmos financiaron na súa tolemia e que agora queren "socializar"... Non querían liberalismo? Pois si unha doutrina que preconiza que o benenficio privado ha de seguir sendo privado (non pagar impostos) tamén será a que manteña que as débedas privadas, privadas se manteñan.

Resposta rápida ós 'opinadores a sueldo'

OUUUUuuuu...Como outras veces viaxar é escoitar radio e aturar insinuacions ás que só podo dar resposta por esta vía.

Hoxe un comentarista en RNE1 veu a insinuar que a presenza de 30 formacions nas eleccions catalanas era un "dispendio e un derroche"... só lle faltou dicir como Sanchez Dragó que o seu voto vale mais que o de xente sen formación ou o de xente que "non contribue"....

A resposta brindouna o mesmo comentarista intres antes cando dicía que "a sociedade catalana está cansa"... Cansa dos partidos políticos; por iso apareceron novas formacions. Claro que este home como outros periodistas ten ausencia de ética e por iso non pon o fundamento en que cada partido xustifique os seus gastos e ingresos detalladamente por cada acto i evento.

Restrinxi-la participación democrática das opcions politicas, tan sequera insinualo, é o paso próximo da castración social... seguen mirando ó teatrillo bipartidista americano como o sono dunha sociedade futura que combine a explotación social e a espoliación natural que se dá en China coa apariencia de eleccións que se ve nos EEUU.

Dereitos Humanos, Periodismo e hipocresía.

OUUUUuuuu... No día de onte os dereitos humanos se viron ensombrecidos novamente porque quen mais pode facer a prol deles denunciando as situacions de atropelo que se producen son os primeiros atropelados.

Claro que non só os gobernos atropelan os dereitos humanos, non; principalmente son as persoas e os seus intereses quenes cometen as barbaridades que sabemos e as que non coñecemos agora. Vin onte moita teima co periodismo como contrapoder do estado co exemplo de do nobel encarcerado mais, non oin ren de como os periodistas se pregan ós intereses dos que PAGAN nos seus medios.

Sin dúbida os gobernos atacan a liberdade de prensa nos paises de réxime non democrático na súa totalidade ou en aspectos 'sensibles' véxase Wikiliks, o tratamento da monarquia hispánica, Marrocos, Cuba, China... Pero a peor censura é a imposta por quen non publica e non paga mais que o que lle interesa... Hai que recoñecelo; o periodismo de agora é unha profesión sen código ético ou como moito cun código ético "en negativo" que permite que ó periodista non publicar algo que non lle pareza correcto pero lle impide publica-lo correcto que vaia contra os intereses que financian ó medio en cuestión.

Pero agora contamos co medio dos medios, e por iso o ataque furibundo a Wikiliks, porque "o mar non ten cancelas" e a rede nos permite ler aquelo que antes estaba relegado ós fancines e pintadas dándolle, iso si, ó noso xuizo de valor a principal carga pois xa non é cuestión de ter 'un medio' creible senon ter moitas fontes de información das que tomar datos e formarnos unha opinión.

Os secuestros que veñen

OUUUUuuuu.... Así que agora lle imos ver o plumeiro o alarmista estado da nación. En canto os mineiros volten a secuestranos nas estradas veremos a complaciente actuación dos medios de comunicación (encabezados sen vergoña polos que teñen intereses industriais no sector) e a "nórdica" presencia das forzas de seguridade.
Sobor de todo teremos ocasión de comprobar novamente como se botan os cartos públicos nas mans privadas e subvencionamos a queima dun producto sen que se poñan medidas verdadeiras para dotar de alternativas ás zonas afectadas; seguiranse a construir edificios para deixar valeiros ou subempregados (Hospital de Laciana, Centro de discapacitados de Fabero etc.) e vías de comunicación a ningures ou, aínda peor, destrozando o único tesouro perdurable que ten este territorio: A natureza.

Hai actitudes moi cómodas de xente que vai ben na burra e non move peza nin individualmente nin como colectivo cara a iniciativa, a formación, a innovación... só saben berrar e querer permanecer; o tempo será un xuiz implacable.

A humanidade patrimonio da humanidade

OUUUUuuuu.... Podo entender que certos monumentos e espazos precisen protección 'supranacional' por aquelo da rapiña industrio-empresarial, pero certas manifestacions culturais plenamente en boga e vixentes...

A cousa é que polo mesmo xeito non entendo que outros patrimonios inmateriais non teñan ese recoñecemento e, o peor é que semella que alguhas mostras culturais dos humanos non merecen ser conservadas nin por eles mesmos. Hai moito mamoneo nesto como no nobel da paz.

O preocupante é que ó paso que imos vai a ser preciso facer o que digo no título... antes de que a tolemia humana remate por acabar....cos humanos.

Teorema sobre a fin do noso tempo

OUUUUuuuu... Hoxe remato os 43 anos e inicio os 44.

Levo xa un tempo dandolle voltas á suprema razón escondida no derradeiro sono.

Teño que confesar que as miñas propias experiencias e razons se ven influidas por fontes diversas nas que claro que tamén aparece a relixión como transfondo pero que teñen mais que ver cos coñecementos actuais sobre temas aparentemente desconectados como a física de partículas, a astrofísica, as teorías sobre o espacio-tempo (E.T), a fisioneuroloxía e estudos sobre os sonos. Tamén influen as artes; a literatura e o cinema especialmente, todo elo confluindo no tempo que paso a soas mentres nado, corro ou pedadelo.

Así pois sabemos que a materia que compón o universo que coñecemos en xeral se dispón, por así dicilo, sobre un manto de (E.T) que se ve influido, entre outras cousas pola súa masa e a atracción gravitatoria que xera. Sabemos que, en circunstáncias concretas de grande concentración de gravidade a manta do (E.T) vese arrugada ata cáseque o infinito producindose un "borde exposto" o que é unha singularidade, un paradoxo; nese borde non existe o espazo, mais tampouco o tempo.

As nosas funcions cerebrais organízanse de xeito sinxelo en consciente e subconsciente; cando o noso cerebro entra en estado de reposo as funcions de moderación e razoamento superior do consciente 'baixan' e, pido perdón pero non sei como explicalo, "percibimos" ó noso subconsciente por medio dos sonos. No estado de sono hai intres nos que as conexions neuronais traballan arreo nas áreas coñecidas da linguaxe, da visión; incluso, do movemento. Esas "percepcions" reproducen espazos e visions que coñecemos ou non pero o certo é que nós 'sentímonos' alí.

O xeito no que percibimos o tempo ademais dos coñecidos fenómenos de aceleración ou enlentecemento que se deben ás circunstancias que nos rodean vese influido pola actividade do noso cerebro nese intre. Un cerebro ocupado percebe un tempo acelerado e viceversa. Un exemplo clásico e o do sono no que imos andando e tropezamos; comúnmente se trata dunha experiencia na que 'sentimos' que camiñamos un tempo de tropezamos no intre de despertar e quen nos acompañe nos dirá que pasara moi pouco tempo desque durmiramos.

Evidentemente a morte de outro ser humano é un estado no que o cerebro non presenta actividade ou esta é residual, non en balde a certificación CORRECTA da morte (a cerebral) faise con dous electroencefalogramas planos en 6 horas porque as outras funcions fisiolóxicas poden ser substituidas parcialmente nos medios clínicos.

Para min o fundamental é a idea desa zona/intre na que se produce a derradeira actividade cerebral, as derradeiras "sensacions" e interconexions neuronais antes do cese de actividade. A visión 'dende dentro' (por quen falece) do instante do falecemento é como a entrada nun burato negro, un paradoxo ou singularidade. Para o que falece o tempo elóngase e remata por non transcurrir. Entramos nunha eternidade particular enchida polo noso subconsciente. Non imos a ningures ou si, pero en todo caso sempre se trata de representacions dentro da nosa mente que morre.

Supoño que lle vou dar moitas mais voltas a esto, porque llas dou; así, ás veces, de xeito súpeto xurde unha pregunta no meu interior que trata de "abati-la hipostese". Só un exemplo; pregunteime como distinguir a morte da realidade... polo de agora só se me ocurriu que si achego as mans á boca e o nariz sinto a miña respiración, si non é así debo pensar que ESTOU NO SONO.

Ouro sen cor

OUUUUuuuu... Semellará unha parvada dicir que a auga no país dos galegos ten algún problema e cecais debera centrar este gran de area no Blog Action Day 2010 nos graves problemas que millons dos nosos conxéneres teñen para accederen á este elemento tan esencial coma ignorado.

Pero non; tra-la falsa imaxe de sobre-abondancia que existe respecto da auga en Galicia o certo é que nin nas súas cantidades nin, sobor de todo, nas súas calidades a auga sobra no noso medio.

A principal ameaza para a auga é o consumo irresponsable deste recurso por parte das poboacions e industrias, a súa contaminación cáseque dende as fontes de nacemento por elementos químicos de toda clase tanto os empregados na agricultura como nos fogares ou nas empresas e a falta de rigurosidade á hora do procesado das augas que empregamos. Por outra banda a reiterativa alteración dos cauces de auga superficiais e profundos por obras de infraestructura humana influe negativamente na súa disponibilidade.

Asi que chove si, chove que abonda i enchoupa, pero non sobra.

Outono Morno

OUUUUuuuu... Como un boletín meteorolóxico resultan agora tódolos telexornais con novas de "crispación social" que semellan montaxes documentais.

Tivemos a folga mais 'mansa' da historia da democracia e tamén temos, no bierzo, o tema do Cabrón, perdón Carbón. As traxedias seguen ahí atrás; millons de persoas sen traballo, centos de miles sen protección social (e mais que haberá), xente sen cobrar e que segue traballando e un modelo enerxético sen definir nen reconvertir.

Agás iso hai xente con moito poder que co seu control dos medios e dos concellos e outros poderes conquire que actitudes claramente criminais e estéticas asimilables a "movementos de liberación" pasen como 'xente de ben' que reivindica algo xusto. Non houbo mais que ver cándo remataron as manifestacions: cando o gran señor se asegurou outros catro anos de cobrar subvencions.
Agora pasarán outros catro anos sen prepararse para unha reconversión ineludibel e cando chegue o momento voltarán coa chantaxe de non pagar e sacarán a esta xente á rúa facendolles creer que se pode manter unha industria que non só non ten prezos competitivos senon que ten un alto custe social polas enfermidades que provoca tanto directamente (traballar dentro da mina) como indirectamente (a contaminación) cun balanzo brutalmente negativo si na conta entra a emisión de CO2.
Pero o mais grave é que ningúen resposta á cuestión de ¿para que serviron entón os cartos do plano MINER? Os cursos que se deron, as prexubilacions indiscriminadas, as infraestructuras... seguen entrado novos ás minas porque non saben(?) facer outra cousa, seguen saíndo señores de 45 anos prexubilados que NUNCA baixaron ás galerías, seguen as estradas feitas a ningures. Milleiros de millons DESPILFARRADOS polos derradeiros 4 gobernos do estado nunha sopa boba que non cumple ninguha das súas premisas.

Os convocantes da folga xeral non tiñan 'plano B' e agora co decepcionante balanzo de que ninguén se beneficiou do seu resultado salvo a dereita fuxen cara adiante ó precipicio da historia; menos mal que a lideresa aínda non se atreveu a toma-lo control, pero pouco lle falta a esta nova Tacher do século XXI entón si que imos coñecer ó neoliberalismo atroz e á desprotección social.

O paripé está servido; negociarase certa rebaixa na reforma que haberá que dar por boa e a seguir a caida deste ciclo e a entrada do seguinte desta bicefalea financieira que rexe na sociedade actual.

Tempo de rebaixas, tempo de silencio e de calmores.

OUUUUuuuu...Hoxe, Pepiño subiu o Tourmalet dos discursos facilmente atacables pero que cáseque todos din coa boca pequena que era preciso, un discurso que xa non se podía demorar mais porque era hora xa de rematar coa teoría Smithsoniana e aceptar a necesidade de recurtar no investimento infraestructural o que non se é capaz de recurtar en postos, representacions e prebendas...departamentos valeiros, xente sen cometido, falta de resultados... e claro, o tema da verdadeira orixe da débeda do estado.

Xogar pechados atrás e corta-lo xogo do rival a patadas ten mais rendibilidade? Si o rival xogara ó 'tiki-taka' non, pero nesa progresía pija que dirixe ó goberno minorizado hai poica inventiva e moita postura.

Doado criticar agora os recurtes, difícil decidilos e da-la faciana. Eu non aprecio a pepiño, pero desta está a facer o que lle corresponde igual que co tema 'controlador', pero tampouco se fala de "abrir" ese mercado.

A sentenza campiona e o vuvucelamento.

OUUUUuuuu... Outra volta os políticos demostran que a súa mente só ten 4 anos de horizonte.

A campiona das sentenzas deixou no aire a aplicabilidade dun texto, dun marco de convivencia elexido por uns cidadans e o fixo tras moita espera e sensación de fracaso, no medio de serias dúbidas sobre o dereito de alguns maxistrados a pertencer ó TC ou sobre a esencia democrática do TC en si mesmo.

Mais non pensedes que vexo que a sentenza traba ó novo estatuto catalán; non, a sentenza traba á constitución marcándolle uns límites a ferro, quitándolle a elasticidade da que se presumía...deixou de ser o cano que se dobra nos trebons para ser árbore que será quebrada.

Agora ben, en que senso virá esa quebra? quen o pode saber?... a miña analista dí que unha futura reforma constitucional eliminará liberdades e conceptos de conciencia social, eu aspiro a unha REPUBLICA FEDERAL LAÍCA na que Educación básica, atención sanitaria, atención social e Defensa/orde pública sexan sectores estratéxicos que non podan ser administrados dende a óptica de mercado.

Agora estan a tocar vuvucelas uns e outros con pouca ou ningunha gaña de percurar estabilidade ou consenso. Xa non existen cousas intocables (a rebaixa das pensions o demostra) e as "inecuacións" están a se-las que marcan as nosas vidas, como esa que dí que a débeda da banca do estado representa a cuarta parte do prestado polo BCE; será por iso que Bruxelas insiste tanto nas 'reformas estructurales'? temen que si os beneficios da banca non pasan de ENORMES a INMORAIS non poderán recupera-lo prestado? Sigo a pedir as cabezas dos analistas que a finais de 2007 insistian na "firmeza" do mercado inmobiliario... que pagen eles esa débeda.

Os medios... son escravos dos seus donos como os politicos o son dos seus "donantes"...ese debate que nunca chega sobre o financiamento porque, a verdade, cada estratexia que se achegue para facer transparentes as contas dos partidos xa vai a estar superada de saída polo que está a pasar.

Por último, gustaríame que a refundación constitucional fose antes de que o cidadan JCI abdicase.

A meta-sentenza

OUUUUuuuu... Como si fose unha revisión sistemática ou, aínda mellor, unha metasíntese o poder non democrático do tribunal XXL (non electo pola cidadanía, co mandato caducado, con sesgo politico manifesto...) redactou un collage satisfatorio para todos e para ninguén.

E conqueriu publicalo en datas obtusas nas que a masa anda ó que anda e lle preocupan circus et panes, panes et circus por igual mais non lerias xuridico-políticas. U-los que querían boicotea-lo cava? hai silencios vergoñentos e, dende logo, o silencio destes meses respecto a non boicotea-lo sistema financieiro (non mercar con tarxeta, non pagar comisions, etc.) é bastante triste.

Como na idade media pensamos que a igrexa impuña cousas ós gobernantes cando a realidade era que había un contínuo asalto dos poderosos á igrexa para que se manifestara a prol dos seus intereses... agora sucede o mesmo coa des-información; xa ninguén se cree as noticias dun medio (dunha única fonte) porque non se trata dun asalto dos medios ó poder senon dun asalto do PODER (económico) ós medios; o control da información, do que dí e do que non dí, é fundamental nesta proto-democracia.

Silencios de verán ó refuxio de berros atroulados, ó refuxio das necesidades crecentes de miles de persoas empuxadas a mercar o que malamente podían pagar e agora non teñen con qué, ó refuxio da incredulidade e a desorientación dos que creiamos no estado do benestar e vemos como vai quedar nun estado do 'salvese quen poida'...

Ós refuxios, escomenza o bombardeo.

A sensación "Titanic"

OUUUUuuuu... Os europeos embarcamos no €uro como si fose no Titanic; pensamos que fose o que fose a afrontar non afundiría. Confiabamos nos "compartimentos estancos" dentro do mesmo barco e na 'Coraza' da unidade.

Dí a miña 'conselleira financieira' que "Spain vai ser 'intervida' esta semana"...seica escoitou falar a "Herr Ángela" e se decatou de que 'puxemos á raposa a coidar das ovellas' e que 'Berlusconi é un paiaso (rico, pero paiaso) e esta -´Herr Ángela- unha raposa endiañadamente mala'; eu digo que si hai que establecer mecanismos de vixiancia dos movementos financieiros habería que empezar polos capitais directa e indirectamente vencellados ós líderes políticos; mais que nada para "demostrar" transparencia e tal.

Ó cabo, que a cousa está "moi malita" e que non sei si haberá chalupas para todos e botarse á auga só co chaleco salvavidas é morrer conxelado.

25 anos coas pensions ó fondo...

OUUUUuuuu...onte, entre fastos austeros (algo así como intelixencia militar, pero en crise) 2 de 4 gobernos ibéricos celebraron que fai 25 anos pasaron a formar parte do mercado financieiro de occidente.

Dende aquela o sistema público de pensions constituía un problema para o sistema financieiro...todos eses cartos fora do alcance dos mercados para poder manobrar con eles...unha mágoa, non se podía permitir.

O asunto é claro; un mercado privado de fondos de pensions xera grandes cantidades de cartos que "teñen que rentar" en teoría, pero que na práctica son empregados polos seus depositarios como arietes nos mercados rebentando equilibrios e reinventando demanda inexistente. Que hai unha acción cun PER interesante? pois alí me meto eu, logo fago que o fondo invista nela amodiño...vai subindo e cando xa non atura mais saiome eu e logo xa veremos como sae o fondo. Así con outros "activos financieiros" ergo mercado internet, mercado inmobiliario etc. etc.

Vaites¡¡¡ vanme acusar de comunismo ou de algo peor...por certo, falando de comunismo. Qué tería pasado si a "flota da liberdade" saíse de Florida para tentar 'rescatar' os oprimidos en Cuba e fose recibida de igual xeito polo exercito revolucionario...? canta regla dupla hai no mundo¡¡¡

Hai casos nos que non queda senon comparar...

OUUUUuuuu...van uns pesqueiros polo índico, pescando en "augas internacionais" e son asaltados por xente armada; deféndense con paos e hai disparos, morren algúns e son "secuestrados por terroristas".

Vai un convoy por "augas internacionais" son asaltados por xente armada; deféndense con paos e hai disparos, morren alguns e son····"agresores que obrigaron ós soldados a actuar en defensa propia".

PERPLEXO non, o seguinte.

Coa igrexia temos topado.

OUUUUuuuu...Outra volta a confusión por non decir indiganción me asalta. Vale que a xente que puxo os cartos en CajaSur non ten culpa de nada, pero é que son moitos cartos os que hai que poñer de TOD@S para que esa xente non perda e, cando menos, penso que habería que investigar non só as actuacions da caixa en cuestión, os seus investimentos e os informes que os fundamentaron, as súas accions sociais e os seus fundamentos senon tamén o patrimonio dos "decisores" e os seus familiares e de contado, que logo teñen a escusa de que os delictos xa se esvaeceron. Porque alguns teñen mooooito morro.

Outros 550 millons que voan...ou non.

Letras con desconto...

OUUUUuuuu...Tal é a sensación de catástrofe neste día das letras que nin esta entrada se escribe o mesmo día 17 senon o 18 como si o mundo tivese dado unha volta de menos por mor da crise.

Hai crise tamén para a lingua galega enfrontada ó reto dunha minoría maioritaria que non só non quere que se lle "impoña" senon que o rexeita e con grupos radicais en ámbolos extremos que ameazan con desmembralo de xeito irreparable.

Fixome gracia que o sitio onde mais escoitei falar galego nestes derradeiros 5 días foi no Parque Warner de Madrid...e o noso sino, o empregamos pero moitos non só non estamos orgullosos del senon que o temos como ferramenta do privado, como xoia ou lencería para empregar só na casa, cos íntimos, como un xeito de comunión.

Non teño dúbida que non haberá ningúnha política presupuestaria que contribua ó emprego natural do galego, que serán os falantes os que o debamos de manter vivo porque nestes tempos que corren os cartos só están para o que están: para salvar ós cartos. Así que é mellor deixar de laiarse polo que non se fixo ou polo que non se fai dende os gobernos e facer lingua cada día como se poda...aínda que só sexa neste oceano de bits...

A ecuación

Crise financieira: a banca española ten beneficios e no quebra mais que a caixa de CM.

Crise da construcción: 100000 pisos (ou mais?) a perder valor no balanzo das entidades.

Crise de crédito: o estado presta para que outros presten (e se lucren con elo).

Crise de emprego: impulsada mais pola espectativa de botar a quen ten mais antiguedade e dereitos e pola espectativa dunha reforma laboral que vai ser durísima (si lle fan esto ós pensionistas que non lle farán @s traballador@s).

Dunha crise que atacou os pilares do neoconservadurismo (mercados de productos secundarios financieiros) sae unha carga de profundidade ó estado do benestar...eso é darlle a volta á tostada? non, a manobra estaba calculada.

Futuro: China.

A democracia que dí que vai a actuar contra os especuladores e reforma-lo mercado financieiro e actúa contra pensionistas e dependentes e reforma (á baixa de dereitos) o mercado laboral non ten futuro; o futuro é o "esquema único" Chinés; o único no mundo que se chama socialista e non recibe as críticas dos medios do capital; por algo será (poden mais 1000 millons de traballadores/compradores que o petroleo).

O dos funcionarios: 1º era de esperar, 2º a ver como o aplican que si o fan taaaaan ben como o dos 400€ podemos estar tranquilos, 3º 'os nosos representantes' deberían presentar contramedidas de aforro menos previsibles e mais efectivas.

A rexencia a distancia ou porqué non fai falla...

OUUUUuuuu...Onte asistimos a unha meticulosa intervención de "marketing social" na que, como sempre, os medios in-comunicativos centraron a mediática atención no interesante para eles segundo o guión que marca o férreo servizo de 'dominio do público' da estirpe gobernante.

Pero, que pasou coas "altas funcions" sobre as que ten 'responsabilidade' o cidadán en cuestión?...pois que quedaron desertas porque a persoa que por herdanza biolóxica (que grande criterio de selección para unha empresa) chamada a exercelas nin foi nomeada transitoriamente nin estaba no territorio da organización política en cuestión.

Seica se tentou dar unha imaxe de normalidade...pero non tiñan claro que podería pasar (a intervención podería ter durado o doble por exemplo si teñen que facer lobectomía) e coa agravante que a zona estivo virtualmente incomunicada por mor do fume de "Voldemort", que Felipín xa o dixo: "cando o volcán nos deixe iremos aló"... supoño que tería dado o mesmo, que si se precisara o meterían na embaixada aló e no despacho do embaixador o proclamarían.

Hai quen dí, que os deixaron ir a Guatemala malia a intervención para ter lonxe á oportunista esa...que seguro que si se achegaba por alí desconectaba todo o que caese na súa mán; a sabe a que tería montado.

Xa non entro a valorar o que se desprendeu da boca do encargado da intervención comparando a "un que vai traballar descargando camions" con outro "que vai un par de horas ó despacho"...cubriuse de glória...as risas na sala de prensa foron moi significativas.

Logo está a outra cuestión: Hipótese "B"; e si fose maligno, teríano dito estando Felipito aló? E si tivese algún problema na intervención (que non sei si foi 'aberta' ou por toracoscopia), estaríase esperando todo ese tempo ata que puidese voltar o outro de aló?... despreocupación total. Inneceseidade do cargo ou da institución.

O efecto chamada da reforma laboral.

OUUUUuuuu..... O igual que cada anuncio de negociación das diversas leis de extranxería que sucesivamente ser foron facendo no parlamento non me cabe dúbida de que o anúncio de unha reforma laboral ten o seu "efecto chamada"...chamada á despedir xente con cargas sociais ou simplemente inoportuna que se poderá sustituir por empregados novos e con menos coberturas sociais e cobrando as correspondentes primas por emprego.

Incluso si unha empresa non ten graves dificultades pola disminución da facturación se sentirá tentada a despedir ós empregados ou a pactar con eles unha "viaxe de ida e volta" ó paro para acadar unhas 'condicions competitivas' tanto nas súas cargas sociais como nas condicions da contratación.

Porque a competitividade é un termo confuso que se emprega para dicir que hai que igualar os custes ós que sexan menores e os prezos ós que sexan maiores... eso sí que xera déficit: fabricar fora para mercalo eiquí...quen leva a ganancia? dende logo o país non. Si a ese déficit estructural propio da globalización se lle engade o provocado pola crise financieira e a grande débeda que a posesión dunha desmesurada masa de vivendas sin vender e cun precio en baixada tras anos de mensaxes sobre a "fortaleza do mercado inmobiliario" e bla, bla, bla...pois xa temos un pais hipotecado pero non polas súas políticas sociais senon por movementos de capital privados.


O mar de petroleo

OUUUUuuuu... A propósito do novo desastre ecolóxico que se esta a vivir no golfo de México unhas pinceladas:

1) Os medios, como sempre, lentos; ou BP e as autoridades americanas ocultaron información, que todo pode ser.

2) A subida do petróleo que esto encubrirá posiblemente xa non nos abandoe...

3) Canto tardará Feijoo en ofrece-la "experta" axuda galega para palia-la situación? recomendarémoslles que prolonguen a tubería da plataforma mar adentro para que o petroleo se disperse? Recomendarémolles que lle chamen "plasticine threads" ó que sae da explotación?


Ay, si gobernasen aínda Bush e Aznar... cantas cousas terían que compartir¡¡¡ Spain estaría no ollo do mundo.

O mundo sucedaneo

OUUUUuuuu... hai fogonazos na vida que deixan ver a realidade do mundo no que habitamos.

Eu coido que esa teima de poñer maquinas de facer café na casa reflectía ben o EGO-EDONISMO promesa e problema da sociedade "servicializada" do século XXI...mais que agora esas máquinas no canto de facer café con café moído (bueno, mais ou menos café e outros paus e cousas) se faga cunha cápsula de pos liofilizados de vai ti saber que cousas...aromatizadas iso si, e que ó facelo faga a espumiña...como a que fai a auga nas depuradoras.

Vaia, que esta é a sociedade sucedánea da que pensabamos vivir con políticos sucedaneos mais con parados de verdade e con débedas moi verdadeiras que non reais porque xa se sabe: A realeza non ten débedas. ou si?

Grandola nova, relixión e liberdade.

OUUUUuuuu...24 de Abril que non 25 pero hoxe quero disgregar sobre confusions que os próceres sobrepasan na súa tola carreira cara ó estatismo no sillón que lles asignamos.

Hai temas que non se poden plantexar ailladamente senon en termos absolutos como o respeto á vida e outros temas que se deben plantexar no seu contexto lonxe de filosofías ampulosas porque entón a liorta pode facer estranos compañeiros de cama...como o tema das prendas que ocultan a cabeza nas aulas.

O plantexamento de idearios para abordar unha simple cuestión de orde pública leva a que sexa imposible resolve-la ecuación plantexada sin emprega-lo termo "Prohibición" adherida a cuestions que afectan á liberdade dos individuos. Unhas persoas que non teñen asumido que o seu papel de educador non lles confire un ABSOLUTO de superioridade en valores senon que, como se está a aprender na sanidade, cada persoa debe ser respetada no seu esquema de creenzas meteronse nunha trampa da que lles vai ser dificil sair sen escaldaduras cando o que querían era, coido, simplemente poder identificar fehacientemente ó alumnnado dentro do recinto escolar en virtude de facerse cargo das responsabilidades que a lesxislación lles asigna. Ou sexa; por mor da seguridade dentro do recinto escolar o alumnado non poderá leva-la faciana nin a testa tapada salvo que se requira como parte da actividade escolar (levar un casco por exemplo, ou unha malla no pelo nun laboratorio)...

Porque NINGUNHA suprestición desas que se agrupan socialmente carece nin pode nin quere evitar signos que exterioricen a súa profesión. E unha liberdade básica é poder profesar cada quen a suprestición que lle veña a ben.

Imaxinemos que chega por fin a nós a relixión JEDI... e que escomenzamos a a andar coa prenda marrón e tapando a testa dese xeito tan característico...



Poderían os mestres prohibir a prenda?... Insisto; síntense superiores éticamente e pensan que poden acabar cunha "imposición" que "humilla" ás mulleres... por ahí non imos ben.

A cuestión acabará derivando cara a outras prendas e relixions...pero a imaxe que temos todos na testa é....


Así pois precisamos unha Grándola nova na que vivir respetando e sendo respetados... si queremos que a nosa identidade sexa respetada debemos comprender cal é a identidade dos demais antes de que esto derive cara a un "colonialismo interior" confundido integración con desintegración.... sería como si os galegos que emigramos nos prohibisen facer Churrascos; estaríamos moi integrados comendo só Zancocho e Hallacas pero ó final non saberíamos quén somos.

Apaja a lus Marilus...ou como deixa-la conciencia tranquila.

1º Abonda dicir que eu tamén apagarei as luces ás 20:30 mais...

Vexo moi descarado que neste tipo de actuacions que son unha chamada de atención da cidadanía ós poderes políticos para que se tomen en serio o problema enerxético-climático se sumen as institucions.

Con iso as institucions non só fan a apariencia de "a nós xa nos preocupa o tema" sinon que envolven este xa de por sí acto simbólico nun papel de agasallo que o transforma nunha especie de doativo miserecordioso, un novo domund.

Si a administración quere facer algo que faga ALGO e si quere participar simbólicamente que o faga, pero en silencio; non facendo delo outro acto mais de propaganda. Porque tendo uns edificios, uns vehículos, alumbrado público de rúas, avenidas e polígonos hai campo mais que dabondo para o aforro enerxético sistemático e continuo e non para apaga-las luces un sábado. Porque existindo tantas e boas alternativas no deseño, execución e avaliación de políticas enerxéticas se cae na parodia constante.

Hoxe apagamo-la luz para enceder o futuro e non o noso sinon dos que veñen detrás...

De Monxes e Xuices

OUUUUuuuu...A verdade é que nin os representantes democráticos nin os membros do poder xudicial se preocupan o mais mínimo de manter as formas...semellan estar conformes coa dicotomía entre a apariencia e a realidade do sistema no que viven.
Un sistema de "Vasos comunicantes" para ter control da sociedade no seu proveito. Iso é o que montaron os 'pais da constitución' un sistema tan incerto como o demostra ser a castidade de certos membros de grupos/sectas relixiosas.
Igual que os monxes/curas/bispos deberan mante-la antinatural castidade os suxeitos da carreira xudicial deberan manter unha antinatural "acidadanía"; un xeito de vivir sin vivir, non mercar, non vender, non interactuar...non ter unha idea propia da sociedade...ou iso nos quixeron vender na biblia; perdón, na constitución.

Pero os suxeitos encargados de facer xustiza non son hermafroditas mecánicos e teñen relacions persoais como todos nós, mercarn vivendas, comida, vacacions... esa aparente clausura na que tratan os feitos das vidas dos demais, na que xulgan aparentemente só coa balanza que lles entrega o poder lexislativo...todo APARIENCIA.

A carreira xudicial non debera permitir nin durante, nin antes, nin dempois a participación na "carreira política", polo menos debera ter unha cadencia de 8 anos. E si se quere seguir mantendo esta participación na vida política de xuices e fiscais o poder xudicial debera estar baixo a capacidade de decisión dos cidadans en forma de elección (non concurrente coas lexislativas) dos nomes dos altos cargos da carreira xudicial.

Certos poderes públicos foron habilmente 'escondidos' de que ostenta o poder democrático polos primeiros lexisladores... moitas cousas das que pasan son froito delo.

Esperanza Chavez no alpendre de Belén...

Hai xente que se enfronta ós problemas con solucions e outra que o fai escapando cara adiante.

Temos o exemplo en persoeiros como Espe a de Madrid que de tan populista que é semella mais ó señor Chavez un cáseque dictador polos seus feitos que a un gobernante consciente do que é a estructura de das administracions e de que o goberno non exerce un poder pola forza (non sempre cando menos) senon pola autoridade que lle outorgamos os cidadans cos feitos mais cotians nos que está o pago das taxas e recargos nos que as administracions obteñen os fondos cos que financiar e facer.

Fai xa mais de 10 anos, cando o servicio militar era obligatorio e a obxeción de conciencia unha (mala) alternativa xa se falaba da obxeción "fiscal" e lembro que o partido de Espe, que digo o partido; o goberno do que formaba parte, lle chamaba fraude a tentar rebaixar a nosa aportación en impostos na porcentaxe que o estado lle adicaba a gastos militares.

Tamén houbo un tempo no que se tentou non pagar os impostos correspondentes ós gastos "fixos" da igrexa sodómica (católica sen nengún sentido do humor ou retranca) mentras esta non pagara o IVE polos seus bens e vendas....

Pero agora Espe sinte a chamada 'do aforro'? e promulga o que antes rexeitaba e ademais a grande escala; nada de non pagar a parte da suba do IVE, non pagar nada e punto. Proposta incendiaria onde as haxa própia do anarquismo mais que da dereitona e que volta a apuntar a un dobre obxentivo: Oporse ás políticas economicas do goberno estatal e... facer estoura-la cabeza de Mariano.

Esta muller non tiña prezo entre os palestinos de Jerusalem. Entón si que a Intifada seria un xogo de nenos... non son capaz de albiscar o que faría pero seguro que montaría o Belén en Belén.

Non si?

A moral e a historia

OUUUUuuuu...Si esta especie de primate que chamamos homo sapiens sapiens chegou o actual estado de "desenrolo" (mais tecnolóxico que como sociedade) se debeu á progresiva evolución non só das especies en termos biolóxicos senon da propia organización das sociedades que os diferentes grupos de humans vimos formando ó longo do tempo.

Non cabe dúbida que unha das principais armazons dos grupos sociais ó longo da historia son os valores que eran importantes para cada grupo e o xeito como eses valores se facían 'regla' social e estaban presentes en tódalas manifestacions da sociedade 'ergo' cultural.

E ese conxunto de valores evoluiu tamén co tempo incluso dentro dos aparentes marcos de "estabilidade política" que son os estados organizados. Non quero poñer exemplos para non contaminar o fio do meu pensamento con odiosas comparacions (ás veces necesarias, pero non imprescindibles); mais si lembrar que, curiosamente, é dentro do marco dos estados proto-democráticos donde se deron as mais rápidas evolucions dos valores das sociedades.

O estado no que actualmente vivimos evoluiu dende un réxime de feroz represión a un réxime que precisaba cada volta mais apertura ó exterior e mais adiante a unha 'dictablanda' e logo a un estado "proto-democrático monarquizado" e con esa sociedade evoluiron os valores morais dos seus moradores e as súas manifestacions culturais.

A moral e a ética dos grupos humanos están íntimamente vencellados a ese conxunto de valores que as sociedades van adoptando e temos que saber apreciar esa evolución e a súa velocidade no noso actual marco de convivencia. Cando un valor 'novo' acada o "activo" de seguida se ergue en referenta para a moral e debe ser contrastado polo rexeite a calquer manifestación, organizativa ou cultural que se opoña a elo sen ter en conta a bagaxe histórica que esta teña. Evidentemente ó falar de sociedade non estamos a falar dun comportamento uniforme ou agrupado localmente (ainda que ás veces o semelle) senon, pido perdón anticipadamente, de estatística social.

Así que non importa o significado que unha manifestación cultural tivera para unha sociedade, si esta contravén a un valor 'activo' tarde ou cedo será rexeitada pola sociedade na que se produce ou simplemente abandoada.

Adiantar un debate de este calibre, ser capaz de facelo con serenidade está ben; falar de prohibicions cando habería tantas cousas que prohibir antes que tamén matan e/ou asesinan (minas antipersoa producidas en vai ti saber qué pequeno pobo...) pois non me resulta moi coherente, pero tamén o acepto. Sair por 'soleares' con goyesca chuleria simplemente: Patético.

Condeados por confiados

Eso lle está a pasar ós "estados do benestar".

Os altos despachos de Londres e NY tiñan sinalado ó modelo de benestar como o enemigo a batir tras a caida do diaño comunista; durante decadas tentaran por tódolos medios atraelos cara á súa ideoloxía de 'menos estado más iniciativa' con éxitos aparentes mais con grande resistencia das sociedades.

Pero chegou o cíclico estourido da burbulla X e as entidades que sosteñen esa ideoloxía tremeron e alzaron as súas voces suplicando que non se lles aplicasen as normas do liberalismo senon os rescates do estado social...e picamos.

Agora, os mesmos analistas que non foran quen de sinalar ese estourido e das súas consecuencias para as economía xulgan as "ineficiencias" dos estados e as mesmas entidades que houbo que socorrer atacan sen piedade á débeda dos estados que a súa propia crise contribuiu a acrecentar.

Será que teñen medo a que no vindeiro estourido, á volta de 3 meses, o estado xa non poda acudir ó seu rescate? eu penso que si, que saben que teñen pouco tempo para o que se lles ven enriba. O Banco de España lles advertiu que teñen moita propiedade inmobiliaria valorada a prezos de 2007 e que eso está a 'desvirtua-los balanzos' da banca e por riba, coa que cae a xente non pode pagar as hipotecas nas que a avaricia fomentada polo sistema lles invitou a meterse.

Os estados do benestar están agora nun xogo liberal 'light' condeados a reducir un déficit que si ben algo ten que ver con ineficiencia e despilfarro tamén ten moito que ver en ter "confiado no enemigo" ese que os ten sinalados dende os ventanais da City ou de Manhatan.

Os disfraces

OUUUUuuuu...debera, pero non vou a escribir do entroido nen sequera das imaxes mais chamativas observadas na baixada da Morena de Laza.

Porque desta os disfraces estan por todas partes e aínda nos van perseguir unha boa tempada. O desgoberno disfrazouse en Verín de algo dificilmente cualificable, O iceberg da economía grega colleu prestado o disfraz que o lobo de wall stret lle prestou só para poder aventalo cando lle quedase pequeno, a reforma liberal froito de todo elo disfrazouse de "Kolectiva" (negociación) na que quen queda en sen bragas é a protección social, O presidente de turno da UE disfrazouse de actor (mágoa de lúa chea) para seguir co conto de carrapuchiña e o lobo das barbas, a propia crise disfrazouse de recuperación; iso sí, só para uns poucos afortunados.

O paradoxo do rescate financieiro que afundirá ó sistema financieiro estase a cociñar lentamente; os bancos están avisados: Olliño co que poñen no activo nos balazos...hai demasiadas cousas que non valen nin o papel que pon o seu valor. Pero quen pagará todo iso? a xente que non ten xa traballo porque quedará sen outras cousas e coa perspectiva de traballar mais por menos como única saida; unha inmigración ilegal interior e restrinxida.

O noso xeito de entende-lo servizo público está no punto de mira dos circulos financieiros; mágoa que non nos vai valer de nada ter un 50% da poboación con estudios medios cursados... están adormilados diante da "caixa porca" (parva era antes que había só 1) a vaca non ten que comer porque llo sisan e xa non chega con muxirlle os tetos, estamoslle valeirando o sangue.

Non sei como será o vindeiro entroido, pero o de dentro de 20 anos terá moitas semellanzas cos de hai 50.

ou si.

E que quitamos primeiro?

OUUUUuuuu... O silencio social semella a rendición ó engano:[Retranca On] A crise foi culpa dos altos salarios e os disparatados gastos sociais e pronto virá un goberno que poña as cousas no seu sitio...[Retranca Off].

Vale, pero que quitarán primeiro? As viaxes do INSERSO? non, que os hoteis teñen que manter os seus gastos no inverno con esta clientela segura. Instaura-lo copago nos gastos farmaceuticos? non, porque mais aló do risco de exclusión, farmaindustria sabe ben ó que xoga e quere que lle pague quen nin prescribe nin recibe as medicacións. nos seguros dos mutualistas cando a administración ten o seu seguro público? non, que de onde van saca-las mutuas mercado mais rendido que aquel que acude a elas por prestixio pero que cando ten problemas vai ó sistema público. As subvencions a grupos empresariais de comunicación? non, que como se van difundi-las campañas de publicidade politica (digo, institucional) si non é asi. En carteis de obras inconclusas? non, que a xente non se entera do que fan 'polo noso ben' ainda que sexa reformar un edificio recién feito...

Será algo sibilino e pouco terá que ver cos centos de organismos paralelos das administracions ou coas 4 ou 5 estructuras administrativas cos seus correspondentes cargos 'desingados', prebendas e pensions...ou os cargos que se nomean nas caixas de aforro que son o verdadeiro motivo da preocupación de alguns por onde queda o "centro de decisons"...

Iso si, os funcionarios na picota malia que, como asalariados das administracions, foron os únicos incapaces de defraudar co seu soldo ainda que quixesen, malia a ser os únicos que tiveron menos incremento salarial que a inflación.

Cemiterio SI pero non para o que din

OUUUUuuuu... Moitas verbas se están a verquir ó redor do tema do "cemiterio nuclear" eufemisticamente chamado "Almacén temporal de residuos" e non me extrana porque delo penduran non só a seguridade dos habitantes da zona en cuestión senon que o transfondo é o propio modelo de producción enerxética que se quera seguir e nese argumento está o erro.

Hai quen pensa que o 'almacén' en cuestión será para darlle pulo a un novo plano de centrais nucleares... posiblemente eso estese a pensar nas altas cúpulas do poder das finanzas e as electricas (todos os mesmos) pero o asunto é que, en realidade o problema xa existe e o que se trata é de implementar unha solución.

Por elo eu digo que o 'almacén' SI pero dentro dun programa de peche progresivo de centrais nucleares a 30-50 anos vista. Dimensionado só con esa capacidade e coas medidas de seguirdade axeitadas... outra cousa que me chama a atención nesto do 'nuclear civil' é porqué temos que pagar TOD@S por uns refugallos que se producen para o lucro de empresas privadas, estaselles a cobrar unha tarifa que cubra os gastos presentes e futuros e os posibles riscos? posiblemente si a factura polos refugallos radioactivos fose a que debería ser as industrias electricas non estarían tan interesadas no nuclear...ou é que a saúde pública non ten LUCRO CESANTE?

Verbas que axudan...

De todo o que atopo sobre o desastre que non me informa quédome co que se escribe no chat de Quantum:
x: 40 camiones-cocinas móviles llegaron a Haiti procedente de Republica Dominicana para alimentar damnificados
15 ene 10, 09:55
X: Los aeropuertos dominicanos que estan próximo a la frontera siguen recibiendo la ayuda para haiti ante la imposibilidad de poder aterrizar en territorio haitiano
15 ene 10, 08:16
X: se requiere AGUA, SAL Y FOSFOROS o CERILLOS. la sal es necesaria junto con el agua para hidratar a los heridos y ante la ausencia de combustible se requieren cerillos o fosforos para encender velas
15 ene 10, 08:13
X: Los generadores energeticos que se han estado instalando en haiti no tienen combustible
15 ene 10, 08:12
X: empresas privadas de telecomunicaciones estan ayudando a reestablecer las comunicaciones en Haiti
15 ene 10, 08:11
X: El mayor problema ahora mismo es la falta de logistica para manejar la ayuda internacional, Haiti no tiene un procedimiento a seguir para estos desastres
15 ene 10, 08:08
X: si deseas ayudar no dones dinero, EL DINERO NO VALE EN HAITI, si vas a donar lo mejor ahora mismo es AGUA, una botella de agua vale 15 dolares en Haiti
15 ene 10, 08:06
X: El centro de traumatologia del Hospital Dario Contreras en Republica Dominicana sigue recibiendo a los hermanos haitianos
15 ene 10, 08:04
X: Se han iniciado los operativos de vacunación en la zona fronteriza con la finalidad de evitar brotes epidémicos
14 ene 10, 10:49
X: busca en las calles de tu pais algun ciudadano haitiano y ayudalo a comunicarse con los suyos, demuestrales que no estan solos, tu puedes hacer la diferencia
14 ene 10, 10:46
X: muchos heridos cruzan la frontera dominico-haitiana para ser atendidos en territorio dominicano
14 ene 10, 10:44
X: De manera temporal el gobierno dominicano ha disminuido los requerimientos migratorios con la finalidad de permitir que ciudadanos haitianos puedan abastecerse al otro lado de la frontera
14 ene 10, 10:38
X: El gobierno Dominicano ha decretado 2 dias de duelo por la tragedia que todavía hoy sigue cobrando victimas
14 ene 10, 10:37
X: Médicos haitianos residentes en republica dominicana junto a homólogos dominicanos con conocimiento de "Creole" -lengua haitiana- marcharon hacia el vecino país para ofrecer sus servicios humanitarios
14 ene 10, 10:33
X: presidente dominicano Leonel Fernández estvo en Haiti para ayudar con equipos pesados para remover escombros, asi como tambien la restauracion de la energia electrica usando fondos dominicanos
13 ene 10, 10:56
X: camiones con alimentos cruzan la frontera desde República Dominicana hacia HAITI pero no es suficiente
13 ene 10, 10:50
X: República Dominicana envía agua y sangre hacia HAITI junto a 200 voluntarios, favor NO DONAR DINERO a ninguna cuenta bancaria
Por cousas como esta coido que hai que defender a liberdade en internet...

Ay de ti, Haiti

O país mais pobre do caribe, con taxas de mortalidade infantil correspondentes non ? s?culo pasado senon ? anterior... e recibe o golpe dun tremor forte que ten efectos devastadores pola situaci?n do pa?s e mais, coido, polo mal que se avaliou a situaci?n das infraestructuras nas primeiras horas... Facer chegar toneladas e toneladas de axuda a quen non as pode distribuir e como tiralas, enviar equipos de rescate que non se poden comunicar, que non poden move-la s?a maquinaria, nin traballar de noite, nin ter un espazo para que descansen os relevos... as "horas de ouro" pasan... escomenza o drama da infraestructura de saneamento, de auga potable.... Uns env?an soldados outros din que m?dicos... por fin, alg?en env?a equipos aut?nomos e paneis solares para ter enerx?a.

Sempre se pode aprender dun desastre, pero para moitos vai ser tarde.
SI A GUERRA TEN MALA PRENSA...

QUE A PRENSA NON FALE DA GUERRA.

As verbas como armas e os carteis como bombas

OUUUUuuuu... 16 días en prisión sen xuizo por poñer en evidencia ós politicastros que se dedicaron a FALAR no canto de facer de líderes e ACTUAR.



Nunha tan audaz como pacífica acción 3 humanos puxeron os puntos sobre os ies e lle demostraron ós medios in-comunicativos que só eles podían creerse que o de Copenhaguen merecía tan sequera o nome de "acordo"...

Cometeron delicto? si, como tantos outros...falsificaron documentos, suplantaron identidades, asocianronse con unha finalidade...nada que non fixeran os banqueiros, CEO de multinacionais e poderosos magnates financieiros. Só que a súa era a finalidade de manternos alerta ante a mentira e a infamia duns grupos de poder que se están a facer fortes na súa riqueza mentras esgotamos o tempo e os recursos da nosa casa; a terra.

16 días (e que días) de cadea porque hai carteis que son como bombas tal e como as verbas son as armas que dicia o poeta.

Repito "A Carta máxica"

OUUUUuuuu... Seica é un pouco de petulancia mais non lle topo cousas que trocar.
CARTA MÁXICA.

a: Proto-dictadores, dictadores, bispos e outros chamanes das metafísicas, reis e pontífices:

Neste día das peticions dos inocentes quero facervos chega-lo meu mais profundo anceiro de que as vosas mentes se iluminen e sigade-lo recto camiño que vos conduza á expersión libre e soberana dos grupos de persoas ós que, por tan diversas vías, mantendes en estados de represión.

A tí Hugo, que estás a piques de remata-la túa transformación a "dictador" só podo indicarche que, por desgracia, ó único xeito de demostraren que non o es é deixando que caduquen os anos da constitución que tí mesmo promulgache e que outra persoa elexida polo pobo venezuelano acade o goberno do pais. Isto non quere dicir que as partes mais populares das reformas que querías implantar se desboten; seguramente si as plantexas nun referendum aparte acadarían unha victoria sen paliativos.

O señor ese de Pakistán, ós de Irán, ó de Quenia, ó de Corea do norte, ó comandante Fidel, e a tódolos dictatores en xeral; non deixdes de vixia-las vosas contas en Suiza, que coa crise financieira do 'lixodrillo' (lixo+ladrillo) nunca se sabe... E pode que ises aforriños que con tanto sangue están tinguidos desaparezan por arte de maxia gracias ós mesmos estafadores que vos puxeron e vos manteñen no poder. Que a morte non vos pille sen xulgar mais iso sí, coa rectitude que vos non aplicastes no exercicio do poder, só coa verdade e sen xustificacions finalistas.

Á tódolos hipócritas que se ven mais altos porque a súa mente elexiu o camiño de creer no que non se ve para poder soportar a realidade da propia desaparición ó morrer; non nos culpedes ós demais por se-lo dabondo lúcidos como adopta-las nosas própias decisions ó respecto e non confundades o voso propio medo á morte coa capacidade de xulgar ás actuacions dos demais no plano etico/moral cando, na realidade, estandes tan aferrados ó poder 'deste mundo' calquer outro humano.

Ós que ocupan os cumes das sociedades e grupos en virtude de herdanzas biolóxicas ou de eleccions restrinxidas; Deixade de empregar eses postos e escanos para proclama-la igualdade dos homes, e unha mofa demasidao grande como para non sentirse un humillado. Cada día que pasades na vosa posición hai outra presoa que coida que a igualdade entre os homes non depende do que fai (o seu traballo, a súa visión, o seu libre albedrio) senon de como se poda aproveitar dos demais... e contribuides a tódalas desgracias que percorren o planeta.

O que había antes e as necesidades do mercado

OUUUUuuuu...Conta Saramago no seu libro da "historia do cerco de Lisboa" como a 'tropa de galegos' tomou a cidade da luz dando un paso fundamental na constitución do futuro reino de Portugal.

Tanto nesa como nas outras conquistas peninsulares hai un aspecto que supoño que os investigadores teñen tratado mais non forman parte de coñecemento xeral; qué lingua falaban os 'conquistados'? por como se desenrolaron as cousas suponse que existía certo xeito de comunicación 'directa' entre ámbalas partes... pero logo da conquista debeu trocar o tema e os conquistadores impuxeron o su código de comunicación (o noso) que logo, coa traumática separación política evoluiu e prosperou pola súa conta. Cecais foi 'culpa' da presencia do suposto corpo do apostol Santiago en Compostela o motivo polo que a coroa de Castela se empecinou en reter a Galicia no seu reino...ou a activa participación da nobreza galega nas trifulcas sucesorias a que provocou ese interese...o certo é que tanto na 'conquista' como na 'doma' as linguas/idiomas dos sometidos levaron a peor parte.

En troques no mundo moderno, o das empresas e o capital é a conquista do mercado a que se impón. Eis por elo que a presencia dunha masa de inmigrantes que falan unha lingua/idioma diferente se aparta do concepto de mercado "marxinal" a peza central en canto acada unha masa relevante.

Neste eido a conducta do goberno e de certas formacions políticas é realmente paranoide; empréganse grandes cantidades de cartos en promocionar e ensinar o castelán en EEUU e non se fai outra cousa que falar do seu amplo recoñecemento e pregoando o valor cultural de multiculturalidade americana presionando ás autoridades locais para a súa inclusión no ensino obrigatorio e por outra banda non se fai mais que manter unha 'guerra' interna para negar o valor da multiculturalidade dentro do estado español e a necesidade de que as linguas propias de cada territorio formen parte sustancial do ensino básico non xa como unha asinatura 'extra' senon como o que son: Vehículos de comunicación e vencello entre humanos de diversos espazos e tempos.

Chegan os "tercios" a tomar unha terra irredenta como antes viñeron as lexions... Dende o Pindo ós Ancares dende Bares ó Couto mixto e mais aló debemos constituir unha masa unificada que defenda a principal ferramenta da nosa cultura e do noso ser das picas desta insensatez.